«O león e o páxaro», contacontos e manualidades

04/05/2018 to 04/05/2018 18:00 - 19:30

9788494182570O vindeiro venres 4 de maio, a Biblioteca do Concello de Verín, realizará a actividade de contacontos e manualidades, que leva por título «O León e o Páxaro», baseada na obra homónima de Marianne Dubuc, que foi o mellor álbum ilustrado infantil no 2015 polo Gremio de Libreiros, emana sensibilidade, clasificado na nosa Biblioteca na sección de educar nas emocións.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados e relacionados co libro que da título a este contacontos. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 31 de maio.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.