O vindeiro venres 18 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa «O dinosaurio tragón», no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Actividade conxunta con FEMURO, na que será unha actividade integradora para nenos/as e ademais nos adiantaremos e leremos contos sobre o Día de Non Violencia contra as Mulleres.
Data: 18 de Novembro 2016, na Biblioteca do Concello de Verín de 18:00 a 19:30h.
Inscrición obrigatoria, máximo 20 nenos, de 3 a 9 anos.