Todos os anos ao chegar estas datas do Natal, sempre queremos ter unha actividade especial. Nesta ocasión serán os amigos de Teatro Calavera, que voltan a nosa Biblioteca, coa continuación das aventuras e desventuras do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.
<<O Cociñeiro Anton e a pasteleira Tomasa volven nesta ocasión para contarnos como gañaron o Premio «Master Comellón», grazas a súa orixinal receita «brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue». Esta receita atopada nun antigo libro, lévaos a vivir a aventura máis aloucada para procurar o mellor chocolate>>.
Venres 23 de Decembro ás 18:00h. Duración de unha hora.
Máximo 40 socios/as da Biblioteca Municipal de Verín. Inscrición obrigatoria.
Débese informar aos responsables da Biblioteca sobre posibles alerxias dos/as nenos/as.