Un ano máis Raquel Queizás,a nosa contadora de contos máis famosa, volta ás piscinas de Verín, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.
A actividade levarase a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.
Mariña. Contos nados no mar
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias con nós e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).