O vindeiro venres 11 de novembro, de 18 a 19:30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Magosto na Biblioteca’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada aos socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 9 anos sendo a inscrición obrigatoria dende o luns 7 de novembro a partir das 10h.
Consistirá na realización de contacontos e lendas, como as narradas polos/as avós/avoas ao carón da lareira, ademais de manualidades da mesma temática. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, e o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.