«Lobo bobo»

08/05/2015 to 08/05/2015 18:00 - 18:45
lobo-bobo

Gonçalo Guerreiro en «lobo bobo»


Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a Madrastra de Branca de Neve se convertise nun
dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas do Elefante Elegante.
 
Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís.
Destinado ao público infantil entre os 3 e 7 anos.
 

———————————————————————————————————————————–

Inscrición obrigatoria a partir do Luns 4.

Hora de 18:00h a 18:45h

Lugar:   Salón de Actos, e os/as nenos/as deben vir acompañados/as, salvo que por necesidades electorais, tivese que desenrolarse na Biblioteca, onde quedarían coma calquer outra actividade que esta mesma organiza.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.