Cincuenta alumnos/as do Colexio María Inmaculada de Verín visitan a Biblioteca de Verín, nas xornadas do martes 24 e mércores 25, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.