I Xornadas de Novela Histórica, Biblioteca de Verín – Programa do Ciclo de Conferencias:
Os vindeiros 25 e 26 de maio, a vila de Verín será sen lugar a dúbidas o centro cultural máis importante do país, no referente a novelistas do xénero histórico. Aquí teremos aos grandes mestres que compartirán con nós a súa paixón, inquedanzas, segredos e coñecementos nunhas xornadas que marcarán a nosa Biblioteca e a Comarca de Monterrei.
Para a nosa Biblioteca, organizar estas xornadas, supón un gran reto, pero tamén un orgullo e unha satisfacción, porque estamos a contar con poñentes moi destacados, moi galardoados e moi respectados.
O presente ciclo está organizado por: Biblioteca do Concello de Verín, Sociedade Antropolóxica Galega i Escritores con la Historia.
Colaboran: Deputación de Ourense, Denominación de Orixe Monterrei, A Casa do Pulpo, O Retiro do Conde, Regueiro da Cova, Casa Manola, Casa Zapatillas, Panaderia Germán, A Casa das Bicas e Carlin.
– Venres 25 de maio:
Inscrición obrigatoria na Biblioteca do Concello de Verín, tendo prioridade os socios desta entidade.
O presente obradoiro de escritura creativa pode desenvolver a capacidade creativa e as habilidades de escritura dos máis novos, (aínda que está aberto ao todo o público en xeral) potenciando o pensamento diverxente ao finalizar o mesmo. Tamén tratarase o proceso de edición dun libro ata chegar a súa publicación.
-19,00 h.: José Calvo Poyato: “A novela histórica en España a comezos do s. XX”.
José Calvo Poyato, autor de novelas como «Sangre en la calle del Turco» ou «El espía del rey», dará a conferencia inaugural sobre “A novela histórica en España a comezos de século XXI”. Calvo Poyato falará sobre a importancia deste xénero no panorama literario español actual e o fenómeno de ventas e autores que colocou á novela histórica coma o tema literario máis demandado e vendido en España nos últimos vinte años.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
-19,45 h.: José Luis Corral: “Los Austrias”, da historia á novela.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
José Luis Corral, autor de «El Cid» ou «La prisionera de Roma», presentará a súa serie sobre os Austrias, e repasará a importancia desta dinastía no cambio transcendental que provocou na historia de España nos primeiros decenios del século XVI.
-20,30 h: Mesa redonda: “¿Pódese aprender historia coa novela histórica?”, con José Calvo Poyato e José Luis Corral; modera Miguel Ángel Losada García.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Sábado 26 de maio:
-12 h.: Toti Martínez de Lezea: “As minorías e os marxinados na novela histórica”.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Toti Martínez de Lezea, con obras publicadas coma «La abadesa» ou «La universal», é unha das autoras de referencia da novela histórica. Os seus libros normalmente están protagonizados por personaxes anónimos e esquecidos; deles falará nunha charla na que repasará cómo os trata nas súas novelas que son un gran éxito de público.
-13 h.: Presentación «Batallador», de José Luis Corral e Alejandro Corral: Alfonso I de Aragón e de Castela e a súa presenza en Galicia.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
José Luis e Alejandro Corral, (xove autor de «El cielo de Nueva York»), presentarán a súa novela Batallador, escrita a catro mans co seu pai. A novela ten coma protagonista a Alfonso I de Aragón, Pamplona e Castela, un monarca moi controvertido e de convulsa vida, que casou con Urraca de León e protagonizou boa parte da historia de Galicia na segunda década do século XII.
-18,30 h.: Antonio Piñero: “Os Evanxelios e o Santo Grial”.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Antonio Piñero, autor de «Herodes el Grande» e «El trono maldito», é un dos maiores especialistas europeos sobre Jesucristo, os primeiros anos do cristianismo e do Novo Testamento. Piñero fará unha introducción ao tema do Santo Grial e o papel que desta reliquia, a máis sagrada da cristiandade, cumpre nos Evanxelios.
-19,15 h.: Presentación «El fuego invisible», de Javier Sierra, premio Planeta 2017.
Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Javier Sierra, autor de obras tan coñecidas coma «La cena secreta» ou «El maestro del Prado», presentará en Verín a súa novela «El fuego invisible», unha fascinante viaxe en torno ao misterio do Santo Grial. Javier Sierra gañou con esta novela o último premio Planeta. Na súa charla desvelará os grandes misterios da procura que o levou a escribir esta obra.
-20 h.: Mesa redonda: “O Santo Grial na novela histórica”, con José Calvo Poyato, José Luis Corral, Antonio Piñero e Javier Sierra; modera Miguel Ángel Losada García.
-21,15 h.: Clausura das Xornadas