O vindeiro venres 13 de abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: «Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?», baseada na obra homónima de Raquel Díaz Reguera.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades en forma de mural e tamén con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 9 de abril.
Hora: de 18:00h. a 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín