Venres 28 de Abril, conferencia a cargo de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol en lembranza de D. Fermín Fernández Penzol Labandeira ás 19:30h na Biblioteca Municipal.
[…] Libros sobre todo: sobre o viño, sobre a pesca, sobre as meigas, sobre os tesouros, sobre as aves.
E escoitando falar ó Fermín decateime de que esta interesantísima biblioteca, dun modo ou de outro, estaba destinada a Galicia. Non se debía perder, non se perdería. Na inefable sorrisa de Fermín estaba o seu destino.
Anxel Fole, Lugo 8/III/1981
Grial, Revista Galega de Cultura