Exposición fotográfica: «Toro, lembranzas dunha aldea», de Beni Rodríguez

07/08/2017 to 11/08/2017 10:00 - 20:00

mn0002Dende o 7 ao 11 de agosto, teremos a exposición fotográfica «Toro, lembranzas dunha aldea», de Beni Rodríguez, título homónimo ao libro que a propia autora, vai presentar e facer a clausura da exposición o día 11 de agosto ás 20:00h na propia Biblioteca.

A exposición recolle un traballo de recopilación fotográfica, que fixo Beni Rodríguez e que máis tarde materializouse no libro que leva o mesmo nome. A propia autora reflexa o agradecemento: <<a toda a xente que me axudou neste traballo, que me contou historias da súa vida, que compartiu conmigo as súas vivencias, que me prestou fotos para poder achegarme a esos tempos pasados. Foron moitos os que me deron datos, os que me falaron dos seus recordos. Por eso este libro é de todos e para todos>>. 

A exposición estará aberta ao público no mesmo horario que a biblioteca municipal, de Luns a Venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.