Dentro do ciclo de conferencias do o “Outro Camiño de Santiago”, Paco López Barxas, abordará a temática do «Erotismo no Camiño de Santiago», un aspecto canto menos pouco coñecido. A citada conferencia terá lugar o vindeiro día 2 de xuño ás 20:00h. no salón de actos do Concello de Verín.
Paco López Barxas: Nado en Ponte Barxas é Licenciado en filosofía e letras, escritor, xornalista e exdirector xeral do Libro e das Bibliotecas na Xunta de Galicia. Ten editados máis de trinta obras, sumando ensaios, novela e obra infantil.
A súa conferencia estará centrada na «Erotismo no Camiño de Santiago». Parte desta ponencia xa foi presentada no ano Xacobeo do 1993, dentro dos Cursos de Verán da Universidade Complutense de Madrid, celebrados no Escorial.