Lara Páez Rodríguez, Noa Lombao González, e Lucia Rodríguez Lozano e Lolita Castro, voluntarias da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2014.
O vindeiro mércores 22 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Entroido’, dentro do ciclo de actividades programadas para o Entroido 2017 e no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, manualidades. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca, por mail: biblioteca@verin.gal ou no teléfono 988-413624.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.