«Día Internacional do Libro Infantil», contacontos e manualidades.

06/04/2018 to 06/04/2018 18:00 - 19:30
Roberto Castro, voluntario da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2011.

Roberto Castro, voluntario da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2011.

O vindeiro venres 6 de abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará unha actividade de contacontos e manualidades co gallo do «Día Internacional do Libro Infantil».

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 2 de abril.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.