O venres 19 de outubro, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, celebraremos o noso DÍA, o “DÍA DAS BIBLIOTECAS”, que realizaremos de xeito adiantado, dado que é o 24 de outubro.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 15 de outubro.
Hora: de 18:00h. a 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín