Contos ao carón da lareira, contacontos e manualidades.

01/12/2023 to 01/12/2023 18:00 - 19:30

O vindeiro venres 1 de decembro de 18:00h. a 19:30h. teremos unha nova actividade de fomento á lectura para os socios e socias máis pequenos/as. Nesta ocasión empregaremos contos da sección da biblioteca de educar nas emocións e na igualdade que tanto está a gustar entre os nosos usarios e usuarias máis pequenos/as; e na realización dunha manualidade reciclando materiais.

Para poder participar na presente actividade é obrigatorio a inscrición a partir do luns 27 de novembro ás 10h.

Actividade dirixida polos nosos rapaces e rapazas voluntarios e voluntarias da Biblioteca de Verín

Un pouco de Historia: O lume, o magosto e os contos na lareira: Na carta de D. Xesús Taboada Chivite a D. Antonio Fraguas do 16 de outubro de 1954 explica como é o magosto e os tempos na lareira nas terras de Monterrei (ver imaxe):

 

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.