«A cadeliña Ramona», contacontos de Flor Fernández, acompañada por Jose Manuel Salgado

16/06/2017 to 16/06/2017 18:00 - 19:00

SONY DSC

Actividade de contos con música, onde escoitaremos de primeira man o conto de Flor Fernández «a cadeliña Ramona«. Dirixido aos/as socios/as da Biblioteca do Concello de Verín de 3 a 9 anos, para un máximo de 40 nenos/as, inscrición obrigatoria. Duración 40 min.

Flor Fernández:

Flor Fernández Santamarina naceu en Estevesiños (Concello de Monterrei) en Abril de 1953, aínda que de pequena emigrou xunto aos seus pais ao País Vasco.

Tras unha década adicada ao fotoperiodismo, inicia a súa carreira como escultora e ceramista en 1995. Combina a escultura coa fotografía documental e artística e a literatura infantil.

No ano 2009 publicou a súa primeira obra de literatura infantil «Contos que no son contos» editado pola Asociación Galega de Arte e Cultura.

As súas obras figuran no Casino de Bermeo (Vizcaya), Escola de Inxeñeiros (Logroño), Concello de Basauri (Vizcaya), Concello de Verín (Ourense), Faro de Castro Urdiales (Cantabria), Museo Municipal de Ourense (Ourense), Casino de La Toja (Pontevedra) e Les Rencontres de Maubourguet (Francia).

PREMIOS:

-Premio Mención de Honor Certamen Internacional Acea´s 2003.

-Finalista no Premio de Artes Plásticas ‘Ayuntamiento de Basauri’ (Vizcaya).

-Premio mulleres artistas, Concello de Basauri (Bizcaya).

-Finalista foto-ilustración axenda, Concello Algete-Madrid (2008 y 2009).

Jose Manuel Salgado: Exdirector do Conservatorio Elemental de Música de Verín, é profesor de música que acompañou ao escritor Xosé Carlos Caneiro en múltiples ocasións en recitais e presentacións das súas obras, sobre todo destada é a súa colaboración no disco: “De bar en bar. Os poemas prohibidos”.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.