Conferencia: O Entroido e a figura do Cigarrón

26/01/2016 to 26/01/2016 19:30 - 20:30

CARTELO vindeiro martes 26 de xaneiro a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a conferencia “O Entroido e a figura do Cigarrón”, a cargo dos etnógrafos D. José Rodríguez Cruz e D. Miguel Losada.
Hora: 19:30
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

 

Curriculum ponentes:

D. José Rodríguez Cruz:

O etnógrafo José Rodríguez Cruz naceu na veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. Autor de varios libros como: “Terras das Frieiras”, que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora, “Así falan na Gudiña” ou “Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca” (xunto co Padre Fontes no que se recolle boa parte dunha cultura ligada a mitos, crenzas ou celebracións relixiosas conservadas desde tempos inmemoriables polos habitantes do sur de Galicia e a rexión portuguesa de Tras-Os-Montes. Este escritor tamén conseguiu o XVI Premio de Investigación Antón Fraguas, polo seu traballo Indumentaria e fala (escolma de fraxeoloxía relacionada).

D. Miguel Losada:

Nado na Pobra de Trives no ano 1967. Licenciado en Dereito, Diplomado en Xestión Medioambiental e Técnico Proxectista en Aplicacións de Enerxía Solar. Cursou tamén estudos de Antropoloxía e actualmente cursa o Grado de Xeografía e Historia. É membro fundador e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega
(SAGA) onde, ademais de labores de investigación, opera tamén como realizador audiovisual, redactor
e tradutor da lingua francesa.
É redactor xefe da publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza e como investigador independente é autor de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas especializadas. É realizador numerosas pezas audiovisuais para o proxecto Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.
  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.