O vindeiro 25 de Abril ás 18h, teremos a actividade «Chocolate co cociñeiro Antón e a pastelera Tomasa». Teatro e Manualidade Infantil para tódolos/as socios/as da Biblioteca (de 3 a 9 anos), previa inscrición a partir das 10h. do luns 21 de abril.
Sinopse: O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa amósannos o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e atreverse a afrontar novos retos.A pasteleira Tomasa contarnos como gañaron o Premio “Máster Comellón” grazas á súa orixinal receita “Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue”.
Despois do conto realizamos un obradoiro de cociña de chocolate co público asistente.
*Nota importante: Tódolos pais/nais dos/as socios/as participantes deben indicar por escrito (documento na propia biblioteca) sobre posibles intolerancias alimentarias dos/as seus fillos/as.
A presente actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO da Consellería de cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia.