Esta iniciativa porá o broche final ao ciclo de actividades realizado durante o curso 2015-2016. Un total de 60 iniciativas culturais e lúdicas, coma contacontos e manualidades, cursos de informática, relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros.
Dende fai máis de 6 anos, realizamos unha actividade especial para 50 socios/as, e así celebrar o fin do curso e despedirnos ata setembro dos/as nenos/as que nos estiveron acompañado durante todo o curso.
En concreto contaremos con Luís Vallecillo, cantante e cantador de contos, (www.luisvallecillo.es) e teremos un espectáculo de 1h. sen pais/nais.
O prazo de inscrición comezará o luns 6 de xuño, a partires das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.36.24, ou por mail: biblioteca@verin.net.