Actividade de dinamización con música, teatro e danza, que terá lugar na Biblio-Piscina o vindeiro 6 de Agosto, ás 18:00h., dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos.
A actividade: As Irmáns Prodixio viaxan polo mundo desde que eran pequenas cunha maleta chea de curiosos obxectos que agochan as máis peculiares e divertidas historias. Son moitas as nenas e nenos que tiveron a sorte de coñecelas por todas partes, pero…só hai un detalle…nunca ninguén as viu xuntas nunha mesma habitación… Que curiosos poderes agochan As Irmáns Prodixio?
Actividade dentro do programa Ler Conta Moito. Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).