Inicio | Event | A porta dos contos, contacontos e manualidades.
A porta dos contos, contacontos e manualidades.
10/02/2017 to
10/02/2017
18.00 - 19.30
Roberto Castro, voluntario da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2011.
O vindeiro venres 10 de febreiro, teremos a actividade «A porta dos contos», no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal