«A maleta da mestra», actividade fomento á lectura con Raquel Queizás

03/10/2025 to 03/10/2025 18:00 - 19:00

O vindeiro 3 de outubro ás 18:00h na Biblioteca de Verín, dentro do conxunto de actividades de fomento á lectura da Biblioteca de Verín, no programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia; teremos a actividade de narración oral «A maleta da mestra» realizada pola actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias RAQUEL QUEIZÁS.

Prazas limitadas para socios/as de 3 a 9 anos, podendo ser que os/as nenos/as veñan acompañados por avós e avoas. Prazo de inscrición a partir das 10h. do luns 29 de setembro.

Senopse da actividade: Á mestra substituta chamábamoslle Pisapouquiño, era divertida e agarimosa, non como Dona Clarisa.
Chsss! Que agocha a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño….
Moitas follas de papel escritas, voan e quedan ciscadas polo chan. A mestra non se enfada, sorrí e di: Estamos na Horta das nosas letras. Vexo, vexo, un A… Adiviñas, cantigas, contos e lendas!

RAQUEL QUEIZÁS, (Queirugás), unha pequena aldea preto de Verín (Ourense). Das historias que escoitaba aos meus avós xurde a miña paixón pola narración oral, pola lingua, pola lectura e polo teatro. Naquela época, sabía a hora exacta polo sol, xogaba con bonecas feitas con carozos de millo e hipnotizaba galiñas. A pesar da miña timidez, no patio do colexio reproducía para as miñas compañeiras e compañeiros esas historias escoitadas á carón da lareira. (LER MÁIS)

 

 

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.