A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros. Nela vive a memoria entre libros, bonecas de millo, chapeus… e tamén adiviñas. Velaí unha: Redondo como o pé dun cabaliño, ten cen mil follas e non as conta ninguén. Que é? A resposta agarda na vosa biblioteca….
Actividade nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).