O vindeiro xoves 15 de Decembro, ás 20:00h. a Biblioteca do Concello organiza a presentación do libro «A galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela», do noso autor, Xosé Carlos Caneiro, editado pola Deputación de Ourense, que terá lugar no salón de actos do Concello de Verín.
O libro de Caneiro está centrado no estudo na obra de D. Camilo José Cela «Mazurca para dos muertos» e relación coa provincia de Ourense. Parte deste estudo xa foi presentado na nosa Biblioteca no ciclo temático a obra de D. Camilo José Cela no pasado mes de Setembro, actos realizados en colaboración coa Fundación Camilo José Cela.