O vindeiro sábado 29 de outubro, ás 12.00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Verín estará, a actriz e contadora de contos Raquel Queizás, para facer unha contada que leva por título «O medo hai que entretelo», contos para superar os medos, e seguir celebrando na biblioteca, o Samaín, son actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é amiga da nosa Biblioteca e coñece ben o noso proxecto de Voluntariado, e ela mesma ofreceuse de xeito desinteresado a facer unha contada nas nosas instalacións.
A mesma está destinada nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos que deben vir acompañados, e terá unha duración aproximada de 40 minutos.
Para participar na mesma non é necesario inscribirse. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca www.bibliotecadeverin.es e nas redes sociais.