Proxecto Voluntariado Cultural

Lorena Carnero Pérez, Esther Vaz Dieguez e Roberto Castro voluntari@s da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2012.

Lorena Carnero Pérez, Esther Vaz Dieguez e Roberto Castro voluntari@s da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2012.

(PDF Castelán 480kb)

 Voluntariado Cultural para a animación á Lectura (2009 – 2015)

 

 

 

Definición do Proxecto:

  • Orixe do Voluntariado Cultural

A Biblioteca de Verín é de caracter municipal, polo tanto a variedade dos servizos que debe ofertar aos/as usuarios/as non se limita únicamente ao préstamo ou utilización das instalacións como sala de consulta e estudo, senón que debe ser entendido coma un espazo multidisciplinar aberto a todos/as os/as veciños/s (o que implica unha variedade de idades moi ampla), promovendo unha gran iniciativa en actividades, converténdose nun centro cultural de referenza no pobo.

Cunhos recursos limitados, nos plantexamos no primeiro trimestre de 2009, a posibilidade de ampliar os servizos bibliotecarios coa apertura dunha BIBLIOPISCINA, nas piscinas descubertas de A Granxa, de titulariedade municipal, sendo atendida polo propio persoal da Biblioteca e tamén por Voluntarios/as.

bibliopiscina2009

Presentación da Bibliopiscina, no ano 2009

Deste xeito recurrimos aos/as rapaces/zas que acudían regularmente á Biblioteca, e tras unha reunión cos/as seus pais/nais, plantexamos a posibilidade de que traballaran voluntariamente no verán de 2009 (xullo e agosto). O resultado da devandita reunión foi magnífico, non só estaban conformes senón que se mostraban agradecidos de que tivésemos unha iniciativa semellante para os/as seus fillos/as.
Así a posta en funcionamento deste novo servizo foi todo un éxito, tendo no verán de 2009 unhos datos de máis de 2000 préstamos cun horario de LUNS a DOMINGO de 17:00 a 20:00 horas.
(O servizo de Bibliopiscina é un referente e mantense dende o 2009 de xeito continuado)

eusonvoluntarioA figura do/a Voluntario/a da Biblioteca de Verín empezou a súa andadura no verán do 2009, manténdose no tempo, ata a data actual, en todas e cada unha das actividades de Fomento da Lectura que celebra a Biblioteca.

Que é o Voluntariado cultural?

Vimos observando, que cando son os/as nosos/as Voluntarios/as (máis novos/as) realizan o contacontos ou manualidades a atención dos/as nenos/as que asisten aos mesmos increméntase exponencialmente.

  • Definición do Voluntariado:

Son aqueles/as rapaces/zas menores/maiores de idade, que prestan o seu tempo libre en actividades de carácter cultural-educativo na Biblioteca de Verín sen menoscabo das súas obrigas escolares, familiares….
A súa participación vai en función do seu tempo libre, na época lectiva é máis difícil contar coa súa participación, (aínda que os venres, día xa asentado coma de Actividades na Biblioteca sempre están presentes), pero na época estival, xeneranse unhos cuadrantes de traballo para a súa participación na Bibliopiscina e na Biblio-Rúa.

O Voluntariado Cultural é o principal proxecto da Biblioteca de Verín, porque por medio do mesmo estamos aportando valores e responsabilidade a rapaces/zas e tamén có seu traballo realizamos actividades de Fomento de Lectura para os/as máis cativos/as.

  • Quen pode ser Voluntario/a da Biblioteca?
DSC08555

Voluntarias nunha sesión de contacontos na sala infantil

En principio calquer rapaz/za que teña ganas de aportar o seu tempo nas actividades da biblioteca e que conte coa autorización dos seus pais/titores. Normalmente o persoal da biblioteca sempre dará prioridade a aqueles/as chicos/as que acudan regularmente ás nosas instalacións ou que eran socios/as e viñan os contacontos e manualidades. Trátase de que compartan traballo, responsabilidades, traballo en grupo, etc…

 

Podríamos resumir o Voluntariado Cultural como nenos/as que lle len a outros/as nenos/as, pero vai moito máis alá: colaboran no diseño das manualidades que acompañan aos contacontos (todo o ano lectivo), traballan na Bibliopiscina e na Biblio-Rúa no verán, seleccionan contos, evalúan os resultados, etc….

 

  • Evolución do voluntariado cultural nos anos posteriores o seu nacemento.

Trala posta en marcha no ano 2009 da Bibliopisicina os/as Voluntarios/as mostraron gran interés en seguir participando nas actividades da instalación. Deste xeito iniciouse un novo capitulo no que ao paso dos anos sería o proxecto estrela da nosa biblioteca, a colaboración, destes rapaces/zas na realización de contacontos, manualidades e demais actividades da biblioteca, pero con toma de decisións e posterior evaluacións de resultados nas distintas convivenzas que temos ao cabo do ano.

O proxecto de Voluntariado Cultural, nacido un pouco a casualidade, atópase completamente asentado, con renovación dos/as Voluntarios/as iniciais e funcionando ao cen por cen. O crer no proxecto, pero sobre todo crer neles/as fixo que estamos constantemente gañando adeptos/as, e esas gañas por facer cousas contáxiounos e impúlsanos a seguir promovento iniciativas cada vez máis ambiciosas.

datoscuantitativos2009-2014

Fai clic para ver ampliado os datos cuantitativos 2009-2014

Nos últimos anos: 2009-2015, realizou cada ano máis de 40 actividades de Fomento á Lectura, cunha asistencia media de 25 a 30 nenos/as, de unha duración de 1:30 horas, sen que estivesen os pais/nais dos/as asistentes. Tendo en conta que a plantilla da Biblioteca de Verín é de dúas persoas enténdese sen problemas a importancia do Voluntariado Cultural.

 

DSC07240

Presentación da Bibliopiscina 2014

DSC03780

Convivenza de Nadal 2014

image3

Bibliopiscina 2014

image4

Convivenza verán 2014

IMG_2357

Bibliopiscina 2014

IMG_2260b

Biblio-Rúa 2014

IMG_2262

Bibliopiscina 2014

IMG_2336

Bibliopiscina 2014

IMG_2401

Bibliopiscina 2014

 

  • Próximos Eventos

    • Ciclo adicado a D. Eloy Luis André

      07/06/2018
      31/08/2018
      19:30 - 20:30

      Eloy Luis André, é sen dúbidas un dos grandes eruditos que deu a comarca de Monterrei. A súa análise científica, o seu tesón, rigor,...   Ler máis

    • Biblio-Piscina 2018

      01/07/2018
      31/08/2018
      17:00 - 20:00

      A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento conxuntamente coa Eurocidade Chaves-Verín e por decimo ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas...   Ler máis

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.