O vindeiro día 9 de abril ás 19:30h no Salón de Actos, teremos a presentación de dous libros referentes aos templos da Tamagania. A obra está separada en dous libros porque son dous temáticas diferentes. A primeira trata de igrexas e mosteiros, onde o autor intenta facer unha descrición completa de todas as igrexas da comarca engadindo un bo capítulo dos mosteiros da mesma, tanto dos que aínda temos constancia como dos que xa desapareceron hai tempo. O segundo libro, aínda que tamén recolle historias, lendas e descricións de templos, éstes son diferentes.
As capelas, ermidas e santuarios non son exactamente o mesmo que as igrexas e mosteiros, pois responden máis á devoción popular que mestura tradicións pagás con cristianas arredor deses pequenos edificios moitas veces perdidos no monte, en lugares onde antes tamén se veneraban outras divinidades. Con esto o autor trata de facer una visual completa, tanto dos templos existentes como dos que temos constancia pero non restos físicos.