O vindeiro venres 4 de xaneiro, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a Presentación e Contacontos “Amaro sin mar” obra de Silvia Pazos e ilustracións de Cristina Nogales.
A mesma está destinada a un máximo de 35 nenos/as socios/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que Deberán vir Acompañados polos pais/nais….
Consistirá na “lectura” musicada e con imaxes, de dous contos por parte da propia autora, mais unha actividade por cada conto, que deberán realizar os nenos. Eso si do conto “Amaro sin mar”, non desvelaremos o final.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do mércores 2 de xaneiro.
Silvia Pazos (Laza -Ourense- 1978) é profesora de Xeografía e Historia, especializada en Historia da Arte, e con estudos de Ilustración pola Escola de Artes de Ourense.
Interesada pola escritura e a lectura dende moi nova, decantouse polo xénero fantástico e infantil-xuvenil.
Publicou algúns contos infantís en galego coas editoriais Baía Edicións (O Conto dos Silencios) e Xerais (A Carreira de Sacos), ademais de colaborar nun libro de contos titulado Los Cuentos de Mingabe, no que traballaron diferentes escritoras, ilustradoras e comunicadoras como Anne Igartiburu, Elena Odriozola, Ángeles Caso, Manuela Vellés, Toti Martínez de Lezea, Almudena Cid…. entre outras.
Interesada tamén polo mundo audiovisual, cooperou como co-guionista na curta de animación 3D O Pintor de Ceos gañador de numerosos galardóns nacionais e internacionais.
O seu último traballo en papel é un conto infantil titulado Amaro sin Mar, publicado pola editorial libros.com.
Ademáis, tamén traballou coa editorial Tinta Púrpura, na súa colección Sangre Digital, de relatos para o móbil, co seu texto Entre el Maíz.
En canto a súa labor como investigadora de antropoloxía, tén un artigo publicado pola revista Pontenova, titulado Mitos e Ritos relacionados coa Natureza no Concello de Laza.
A súa páxina de Facebook é a seguinte
https://www.facebook.com/silviapazoscuentos/
A autora: Silvia Pazos (Laza -Ourense- 1978) é profesora de Xeografía e Historia, especializada en Historia da Arte, e con estudos de Ilustración pola Escola de Artes de Ourense.
Interesada pola escritura e a lectura dende moi nova, decantouse polo xénero fantástico e infantil-xuvenil.
Publicou algúns contos infantís en galego coas editoriais Baía Edicións (O Conto dos Silencios) e Xerais (A Carreira de Sacos), ademais de colaborar nun libro de contos titulado Los Cuentos de Mingabe, no que traballaron diferentes escritoras, ilustradoras e comunicadoras como Anne Igartiburu, Elena Odriozola, Ángeles Caso, Manuela Vellés, Toti Martínez de Lezea, Almudena Cid…. entre outras.
Interesada tamén polo mundo audiovisual, cooperou como co-guionista na curta de animación 3D O Pintor de Ceos gañador de numerosos galardóns nacionais e internacionais.
O seu último traballo en papel é un conto infantil titulado Amaro sin Mar, publicado pola editorial libros.com.
Ademáis, tamén traballou coa editorial Tinta Púrpura, na súa colección Sangre Digital, de relatos para o móbil, co seu texto Entre el Maíz.
En canto a súa labor como investigadora de antropoloxía, tén un artigo publicado pola revista Pontenova, titulado Mitos e Ritos relacionados coa Natureza no Concello de Laza.
A súa páxina de Facebook é a seguinte
https://www.facebook.com/silviapazoscuentos/
Data: 4 de Xaneiro.
Hora: de 18:00h. a 19:00h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín