O vindeiro venres 20 de maio, ás 18:00, celebraremos as Letras Galegas cunha actividade dirixida a un máximo de 20 socios e socias de 3 a 9 anos, na que participarán os Voluntarios e voluntarias da Biblioteca de Verín na súa organización e realización.
A actividade consistirá na realización dunha manualidade, realizada con materiais a reciclar e un contaconto, todo elo cunha duración dunha hora e media sen que sexa preciso a presencia de pais nin nais.
A inscrición é obrigatoria e será posible a partir do luns 16 de maio ás 10h.
——————————————————————————————————————————
Actividade das Letras Galegas.
Data: 20 de maio
Hora: 18:00h.
Duración: 1’5horas.
Inscrición obrigatoria