Carta de Servizos

 

triptico1 triptico2

CARTA DE SERVIZOS.

INDICE:

PRÓLOGO

A) DATOS DE CARÁCTER XERAL

I. Datos identificativos
II. Servizos
III. Dereitos e obrigas dos/as usuarios/as dos servizos
IV. Suxerencias e queixas
V. Direccións e formas de acceso
B) DATOS DERIVADOS DE COMPROMISOS DE CALIDADE E DA NORMATIVA APLICABLE

I. Compromisos de calidade

C) DATOS DE CARÁCTER COMPLEMENTARIO

I. Horarios.
II. Outros datos de interese


PRÓLOGO

A Carta de Servizos da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín ten como propósito facilitar ás persoas a obtención de información e os servizos proporcionados pola Biblioteca.
Así mesmo é o compromiso para a mellora continuada, acadando o nivel optimo de calidade en todos e cada un dos servizos ofertados.


A) DATOS DE CARÁCTER XERAL

I. DATOS DE IDENTIFICADOS
I.I Datos identificativos da B.P.M. do Concello de Verín.

A B.P.M. do Concello de Verín é un Servizo que depende do Ilmo. Concello de Verín.

I.II. Misión da Biblioteca.

A B.P.M. do Concello de Verín constitúe un punto de formación e información para a comunidade onde se integran. Segundo o Manifesto da UNESCO de 1994, “a biblioteca pública é un centro local de información que facilita aos seus usuarios toda clase de coñecementos e información”. Sobre esta premisa, as bibliotecas municipais fomentan o acceso á cultura e pretenden ser o referente cultural da comunidade, adaptándose ás necesidades de ocio e espallamento dos/as seus/súas usuarios/as.

I.III. Identificación da Unidade responsable da elaboración, xestión e seguimiento da Carta de Servizos.

A B.P.M. do Concello de Verín é a unidade responsable da coordinación operativa nos traballos de elaboración, xestión e seguimiento da presente Carta de Servizos.

I.IV. Formas de colaboración y participación con la BPM do Concello de Verín.

A persoas usuarias dos servizos que presta a B.P.M. do Concello de Verín podrán colaborar na mellora da prestación do servizo a través dos siguientes medios:

Páxina Web: www.bibliotecadeverin.es
Correo-electrónico: biblioteca@verin.net
Escritos dirixidos ao Ilmo. Concello de Verín – Praza do Concello 1 – 32600 Verín
II. SERVIZOS

Introducción:
A B.P.M. do Concello de Verín é unha entidad dependente do citado concello, que ofrece dende os seus inicios TODOS os seus servizos de xeito GRATUITO (exceptuando o servizo de reprografia que ten o coste fixado na Ordenanza Municipal da Biblioteca).
Esta característica fai que sexa o principio de universalidade e acceso público ao coñecemento, realmente estricto e veraz.

II.I. Relación de Servizos que presta en base ás tareas esixibles ao seu funcionariado.

A B.P.M. do Concello de Verín correspondelle as seguintes funcións, distribuidas nos diferentes Servizos integrados na mesma:

1. INFORMACIÓN E REFERENCIA

• Orientación no uso dos recursos de información. Orientación personalizada, presencial e remota nas áreas de coñecemento do usuario.
• Información presencial e remota sobre a Biblioteca, os seus servizos e recursos.
• Asesoramento para buscar e localizar información tanto na Biblioteca Municipal de Verín coma noutras bibliotecas.

2. FORMACIÓN DE USUARIOS

• Sesións formativas sobre a Biblioteca, os seus servicios e recursos.

3. CONSULTA E BIBLIOTECA DIXITAL

• Consulta de materiais orixinais e reproducidos.
• Acceso e consulta de recursos de información electrónicos (bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos suscritos).

4. PRÉSTAMO A DOMICILIO

• Préstamo dos documentos existentes na Biblioteca (sempre que gocen desta condición)
• Renovar os préstamos.
• Reservar materiais prestados.

5. PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO
• Petición de préstamo que realiza á Biblioteca de Verín a outra Biblioteca, de documentos, orixinais ou copias, que non se atopen na colección da Biblioteca de Verín. (os costes derivados desta petición podrán ser revertidos ao/á usuario/a).
• Envío de documentos solicitados por outras Bibliotecas.

6. ADQUISICIÓN DE DOCUMENTOS

• Garantizar, na medida do posible, a adquisición de novos documentos.

7. REPRODUCCIÓN DE DOCUMENTOS

• Reproducir, coas restricións que dispoña a lexislación vixente, os documentos existentes.

8 . ACCESO AOS ORDENADORES / INTERNET / WIFI

• Posibilidade de acceso aos ordenadores/Internet para os/as socios/as da Biblioteca de Verín, sempre atendendo á normativa da Ordenanza municipal que distingue socios/as empadroados/as dos/as non empadroados/as e os/as socios/as menores de idade dos/as maiores de idade.
• Posibilidade de acceso aos ordenadores da sala de cursos para asociacións, grupos ou colectivos diversos, sempre e cuando exista unha petición formal no rexistro do Concello de Verín.
• Posibilidade de acceso a Internet coa WIFI, solicitando usuario e contrasinal.

9. SERVIZO DE PRENSA

• Consulta de xeito gratuito dos xornais que dispoña a Biblioteca de Verín.
• Posibilidade de reserva de algún xornal, para levar en préstamo.

10. HEMEROTECA DOS RECORTES DE PRENSA.
• Consulta, previa petición aos/as funcionarios/as, aos recortes de prensa que sobre Verín foron publicados.

11. BIBLIOPISCINA

• Servizo bibliotecario que se presta nas instalacións das piscinas municipais do Concello de Verín, nos meses do verán (xullo e agosto), pero cun funcionamento distinto de préstamo ao da biblioteca tradicional.

12. BIBLIO-RÚA

• Servizo bibliotecario pensado para dar a coñecer non só a instalación senon todos os servizos que nela se ofertan, realizado normalmente nos meses de verán (xullo e agosto), coincidindo cós días de maior afluencia de xente a nosa vila.

II.II. Relación de Servizos que presta en base ás tareas NON esixibles ao seu funcionariado.

ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN BIBLIOTECARIA

A. Fomento da Lectura en idades tempranas con actividades de contacontos e manualidades.
B. Club de Lectura.
C. Exposicións.
D. Conferencias.
E. Presentacións de libros.
F. Visitas guiadas á Biblioteca a grupos.
G. Cursos de informática.
H. Xestión de web da biblioteca e as súas redes sociais.

II.III. Normativa reguladora dos servizos prestados pola Biblioteca.

Xeral:
• Lei 16/85, do 25 de xuño de patrimonio histórico español.
• Pautas da IFLA ( The International Federation of Library Associations and Institutions) sobre bibliotecas públicas de 1986.
• Real decreto 582/1989, do 19 de maio, polo que se aproba o regulamento de bibliotecas públicas do Estado e do sistema español de bibliotecas.
• Manifesto da UNESCO sobre biblioteca pública de 1994.
• Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, texto refundido da propiedade intelectual.
• Directrices 2001 IFLA-UNESCO para o desenvolvemento do servizo de biblioteca pública.
• Regulación rede Unesco de bibliotecas asociadas (Unesco Network of Associated Libraries). UNAL, adhesión 5 de xuño de 2011.
• Lei 21/2014, de 4 de novembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1996,
de 12 de abril, e a Lei 1/2000, de 7 de enero, de Enxuizamento Civil.

Especifica:
• ORDENANZA DA B.P.M. DO CONCELLO DE VERÍN.
Facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 156 de data 09.07.2012.

III.I. Dereitos dos usuarios e das usuarias

En base ao disposto na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e o Procedemento Administrativo Común, as persoas usuarias teñen dereito, entre outros, a:
1. Ser tratadas có debido respeto e consideración.
2. Recibir información de interese xeral e específica nos procedementos que lles afecten, que se tramiten neste Centro de xeito presencial, telefónica, informática e telemáticamente.
3. Ser obxeto de una atención directa e personalizada.
4. Obter información administrativa de xeito eficaz e rápidamente.
5. Recibir unha información administrativa real, veraz e accesible, dentro da máis estricta confidencialidade.
6. Obter unha orientación positiva.
7. Coñecer a identidade das autoridades e o personal funcionario que tramitan os procedementos.
8. Recibir atención personalizada presencial, por medio do teléfono ou correo electrónico.
9. Recibir información e asesoramiento sobre a Biblioteca, os seus servizos e recursos. 10. Acceder libre e de balde aos espazos destinados aos/as usuarios/as da Biblioteca nas condicións establecidas pola normativa vixente.
11. Dispor de espazos para a lectura, o estudo e o aprendizaxe.
12. Acceder e consultar os fondos e recursos de información da Biblioteca de acordo á normativa vixente.
13. Dispor de recursos de información de calidade, adecuadas ás distintas áreas de coñecemento, tanto impresos coma electrónicos.
14. Dispor de equipamientos e infraestructuras adecuados.
15. Así coma todos DEREITOS reflexados na ORDENANZA DA B.P.M. DO CONCELLO DE VERÍN.
III.II. Deberes dos/as usuarios/as.
Son deberes das persoas usuarias da Biblioteca Pública Municipal de Verín:

1. Cumplir có disposto na normativa da ORDENANZA DA B.P.M. DO CONCELLO DE VERÍN.
2. Respetar o patrimonio da Biblioteca e facer un correcto uso das súas instalacións, equipos e recursos.
3. Os/as usuarios/as deben evitar calquer comportamento que interfira nos dereitos dos demais usuarios/as (como reservar postos de lectura, uso inadecuado dos medios informáticos, non respetar o silenzo, etc..).
4. Para facer uso do servizo de préstamo estarase en posesión do carné validado pola Biblioteca de Verín (socio/a non empadroado/a) ou da Eurocidade, a este efecto.
Dito carné é persoal e intransferible.
5. As persoas usuarias deberán velar polas súas pertenzas xa que a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín no se fará responsable das pérdidas, roubos ou deterioros.

IV. SUXERENCIAS E QUEIXAS

IV.I. Suxerencias e Queixas

1. As persoas usuarias da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, teñen recoñecido o seu dereito a formular suxerencias e queixas sobre o funcionamento dos servicios prestados.
2. Os sistemas de Suxerencias e Queixas son tamén un instrumento que facilita a participación de tódalas persoas nas súas relacións coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, xa que poden presentar as queixas oportunas cando consideren ter sido obxeto de desatención, tardanza ou cualquer outra anomalía, así coma formular cantas suxerencias estimen convintes de xeito a mellorar a eficacia dos servizos.

IV.II. Formas de presentación das Suxerencias e Queixas

Quen pretenda formalizar unha Suxerencia ou Queixa, deberán formalizarla a través de:
Páxina Web: www.bibliotecadeverin.es ; apartado contacta con nós
Correo-electrónico: biblioteca@verin.net
Escritos dirixidos ao Ilmo. Concello de Verín – Praza do Concello 1 – 32600 Verín

V. DIRECCIÓNS

V.I. Direccións postais, telefónicas e telemáticas

Dirección da Biblioteca

Biblioteca Pública Municipal de Verín
Avda. Portugal, 11
Verín , 32600
Ourense Galicia
España
Tel: (988) 413624
Correo electrónico: biblioteca@verin.net

Dirección do Concello de Verín

Ilmo. Concello de Verín
Praza do Concello 1
32600 Verín, Ourense
España
Buzón do Cidadán:
http://www.verin.es/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=67


B) DATOS DERIVADOS DE COMPROMISOS DE CALIDADE

I. COMPROMISOS DE CALIDADE

I.I. Niveles de compromisos de calidade ofrecidos

A relación de servizos prestados pola Biblioteca Pública Municipal de Verín recollidos nesta Carta prestaranse e recoñecerán conforme aos seguintes compromisos de calidade, sempre na medida do posible, coñecendo as limitacións presupuestarias e de funcionarios/as:

1. Mantener actualizada a información da web, do apartado de OPAC do Catálogo On-Line.
2. Atención e información personalizada.
3. Responder nun plazo máximo de 2 días hábiles ás consultas realizadas electrónicamente.
4. Realizar acciones formativas suficientes para os/as usuarios/as.
5. Ofrecer ordenadores suficientes por número de usuarios (sempre na medida económica posible).
6. Realizar o trámite de préstamo a domicilio nun tempo máximo de 15 minutos.
7. Realizar renovacións telefónicas e electrónicas.
8. Tramitar solicitudes de préstamo interbibliotecario nun máximo de 6 días en período lectivo.
9. Colaborar e participar en actividades culturais con distintas entidades, asociacións, colectivos, etc…


C) DATOS DE CARÁCTER COMPLEMENTARIO

I. HORARIOS:

I.I. Horarios de atención ao público

O horario de apertura é:
Normal:
Luns a Venres de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:30 horas. Sábados de 11:30 a 13:30 horas
Reducido:
Horario de Verán De Luns a Venres: de 10:00 a 13:30 h. de 16:30 a 19:30 h. do 1 de Xuño ao 30 de Setembro.

Horario BIBLIOPISCINA:
Luns a Domingo de 17:00 – 20:00h. (xullo e agosto)
II. OUTROS DATOS DE INTERESE:

• CERTIFICACIÓN UNESCO.

A Biblioteca do Concello de Verín, foi nomeada en 2011, “Unesco Network of Associated Libraries”, é decir: membro da Rede de Bibliotecas UNESCO, polo que se certifica que a nosa biblioteca cumpre todos os principios de Fomento da Lectura, Desenrolo da Cultura, Solidariedade-Voluntariado, e Cooperación con distintas entidades (Colexios, Asociacións, etc…), tal e como indican as bases da Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura, para poder adherirse a esta Rede de Bibliotecas.

• PREMIOS MARÍA MOLINER AO FOMENTO DA LECTURA.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, foi Premiada por 6º ANO CONSECUTIVO (2008, 2009, 2009, 2010, 2012, 2014) no Premio María Moliner de Animación a la Lectura que organiza o Ministerio de Cultura.

• MELLOR INICIATIVA DE ESPAÑA AO FOMENTO DA LECTURA 2011.

A Federación de Gremios de Editores de España concedeu á Biblioteca Pública Municipal de Verín o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011.

• PREMIO DA FUNDACIÓN ANTENA 3 POLA LABOR CÓS/AS VOLUNTARIOS/AS 2010.

A Fundación Antena 3 premiou á Biblioteca de Verín e os/as seus/súas Voluntarios/as pola labor de voluntariado que levaron a cabo para o fomento da lectura.

Carta de Servizos realizada en Verín 11 de marzo de 2015


biblioteca-universitaria-GrAgradecemos a colaboración de Dña. María José Ariza Rubio, Directora de la Biblioteca Universitaria de Granada, na confección desta Carta de Servizos.

  • Próximos Eventos

    • Ciclo adicado a D. Eloy Luis André

      07/06/2018
      31/08/2018
      19:30 - 20:30

      Eloy Luis André, é sen dúbidas un dos grandes eruditos que deu a comarca de Monterrei. A súa análise científica, o seu tesón, rigor,...   Ler máis

    • Biblio-Piscina 2018

      01/07/2018
      31/08/2018
      17:00 - 20:00

      A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento conxuntamente coa Eurocidade Chaves-Verín e por decimo ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas...   Ler máis

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.