Actividades 2015

Presentación “En Cabárceno se sigue cantando” de Susa Herrera, 18/12/2015

SONY DSC

Susa Herrera e Merchy Rozas no 2011 na Biblioteca de Verín

Actividade para socios/as de 3 a 9 anos, acompañados, previa inscrición na Biblioteca a partir do luns 14. Os/as asistentes poderán mercar o libro CD, así como levalo adicado pola autora.

O vindeiro venres 18 de decembro, a compositora e pedagoga Susa Herrera, visitará a nosa Biblioteca para presentar o seu último traballo, titulado “En Cabárceno se sigue cantando”. Seguindo fiel ao seu formato, nesta nova entrega consta dun libro que inclúe os textos e as partituras de dez cancións adicadas a outros tantos animais do Parque Natural de Cabárceno, contendo un CD coas cancións e un DVD no que aparece o concerto en directo polo cuarteto “As comadres” na Biblioteca Pública de Zamora, así coma as cancións interpretadas polos nenos e nenas en aulas de Galicia, Asturias e Castela e León. Tamén inclúe algunha outra sorpresa para poder disfrutar en familia. Outra novidade importante respecto aos traballos anteriores é que o libro tamén ten os textos das cancións en galego, catalán e euskera.

Contacontos e manualidades: “Contos do mundo”, 30/11/2015

cuentos-del-mundo

Campaña de Educación Intercultural para nenos/as. (Xunta de Galicia 2008)

En todas as culturas, e dende tempo inmemorial, as persoas máis cualificadas para contar contos foron as avoas. Hai avoas sabias capaces de inventar historias marabillosas. Hai avoas máxicas que cada día tecen fantasías. […]
Prólogo de Charo Oñate (comentarista da Cadena Ser)

Actividade de contacontos e manualidades para nenos/as de 3 a 9 anos, socios/as da biblioteca. Inscrición a partir do luns 30 de novembro.

 

 

Conferencia: “Ser zamorano e falar galego”, por Felipe Lubián

cartelConferencia no Salón de Actos do Concello de Verín.

O vindeiro venres 20 de novembro, teremos o pracer de ter na Biblioteca de Verín a un conferenciante de primeira e un defensor da lingua galega nos territorios da Galicia histórica.

Felipe Lubián, mestre de profesión, alcalde de Lubián, diputado provincial, membro da Real Academia Galega dende o 2004, escritor,  gran defensor do rural zamorano, ten participado como conferenciante desde hai máis  de trinta anos en xornadas e congresos sobre a lingua galega organizados pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Consello da Cultura Galega, as Universidades de Vigo e Santiago e outros entes culturais.

Cincuenta alumnos/as do Colexio Princesa de España visitarán a Biblioteca de Verín, 17 e 18 de Novembro

visitaCEIP-PRINCESA-ESPANA2Nas vindeiras xornadas, o 17 e 18 de novembro, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria Colexio Princesa de España visitarán a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.

Durante a mesma, estes menores coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita forma parte do plan de acercamento da instalación municipal aos/as escolares, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos dez anos, e en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza e CEIP Princesa de España.

Contacontos e Manualidades do Magosto, 13/11/2015

DSC05075O vindeiro venres 13 de Novembro, celebraremos unha actividade de contacontos e manualidades en torno á temática do Magosto, para socios/as de 3 a 9 anos. Inscrición obrigatoria a partir do luns 9.

 

 

Conferencia: Setas fungos e cogomelos: Cómo e por qué, 5-11-2015

MICOLOXIA_1Rafael Castro, Pastor Santamarina e Miguel Losada farán un percorrido dende a perspectiva da súa ecoloxía, bioloxía e etnoloxía no contexto galaico.

 

 

MICOLOXIA_3Na conferencia intervirán Pastor Santamarina, experto en farmacoloxía e taxonomía dos cogomelos e das plantas, Rafael Castro, enxeñeiro e experto en formación aplicada ó mundo da micoloxía e Miguel Losada, Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA, técnico en xestión ambiental e etnógrafo.

 


 Samhain na Biblioteca, contacontos e manualidades, 30/10/15

DSC00120

Contacontos do Samhain

Con motivo da festa do Samhain, teremos unha sesión de contacontos e manualidades o 30 de outubro, para nenos/as de 3 a 9 anos, previa inscrición a partir do LUNS 26, cun límite de 20 nenos/as.

O horario da actividade será de 17 a 18:30 horas.

 

 


  Presentación da obra “Amigo miedo”, de Javier López Rodríguez

cartel-amigo-medo“AMIGO MEDO” é a novela das escusas. Tamén das ganas de falar que pasan os vellos, e dos segredos que acompañan e tinguen a vida.

O paso dun xeneral republicano por Zamora, coa intención de chegar a Portugal en xullo do 36, sírvelle ó escritor Xavier López como escusa para cederlle a palabra a un vello, que tamén utiliza o seu testemuño como escusa para revelar un segredo de cinco estrelas e repasar en alto a lección da vida. O protagonista da narración é un personaxe que goza do especial atractivo da experiencia dos avós, e desa sinxeleza e debilidade que converten a un home en humano. Por Mercedes González

“¿Pode un home pasar a maior parte da súa vida amordazado polo medo? Non debe, pero pode, claro que pode. Seino por propia experiencia”, comeza a Cara A da primeira das cintas que o vello utiliza para contarlle a un investigador unha anécdota de adolescencia que o marcaría para sempre. O destino ofrecéralle, para ben ou para mal, o papel de guía do xeneral Caminero, cando este pasou pola súa aldea coa intención de dirixirse a Portugal. Caminero era un xeneral republicano, e eran tempos vestidos de medo e dominados polo instinto de supervivencia. Esa fora a razón pola que o protagonista fixera pública unha obstinada mentira que o facía parecer un heroe entre os mozos do lugar e un mentireiro ante si mesmo.

Escenas de morte, amizade, amor e culpa intercálanse e dominan este relato inicialmente histórico. A morte accidental do seu irmán piquiño, un amor nunca correspondido, unha amizade verdadeira, o amor pola familia. Como a mesma VIDA. O vello ve próximo o seu final e adoece por falar, igual que o seu segredo adoece por saír á luz. “(…) Pero así teremos oportunidade de írmonos acostumando ó frío que nos agarda na cova”, conclúe a derradeira cinta.

LOPEZ, XAVIER: “Amigo medo”, Vigo: A Nosa Terra, 2002

LOPEZ, XAVIER: “Amigo miedo, Ediciones de La Discreta, 2015


  Obradoiro de cabazas do samhain, 27 e 28 de Outubro

DSC00074

Obradoiro de cabazas no 2014

Os días 27 e 28 de outubro teremos un obradoiro de cabazas do samhain, para 5 nenos/as cada un deles, previa inscrición, con idades de 3 a 9 anos. Será obrigatoria a presenza de acompañantes.

Horario de 17:00 a 18:30 horas

 


 Día da Biblioteca, contacontos e manualidades 23/10/15

24outubro

24 Outubro día da Biblioteca

O venres 23 de outubro celebraremos de xeito anticipado o día da Biblioteca que é o 24 de outubro. Deste xeito teremos un obradoiro de manualidades e contacontos, para nenos/as de 3 a 9 anos, previa inscrición a partir do LUNS 19, cun límite de 20 nenos/as.

O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 horas.

 


“O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega”, conferencia a cargo de Miguel Losada 21/10/15

DSC04505O vindeiro 21 de outubro, Miguel Losada, membro da Sociedade Galega de Antropoloxía (SAGA), fará un achegamento á cultura no respecto aos defuntos, a morte e as ánimas.

 

 


“A traxedia da Emigración”. Conferencia do Dr. Manuel Mandianes 15/10/15

manuel-mandianesO antropólogo D. Manuel Mandianes, achegaranos a realidade da emigración coma o que é unha traxedia persoal, familiar, social e económica.

Manuel Mandianes: É doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía, e en Teoloxía. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Foi colaborador do programa da TVG Luar, Columnista del diario El Mundo.

 


 Contos do pavo real, contacontos e manualidades, 09/10/15

00106539220282___P1_1000x1000

“O pavo real”, de Marta Osorio

O vindeiro venres 2 de outubro teremos unha sesión de contacontos e manualidades, para nenos/as de 3 a 9 anos, previa inscrición a partir do LUNS 28 de setembro, cun límite de 20 nenos/as.

O horario da actividade será de 17 a 18:30 horas.

 

 


  Club de Lectura (curso 2015/2016)

banner7-b-n

Reunión do club de lectura

O inicio do curso escolar é o punto de partida para o Club de Lectura da Biblioteca de Verín, que por setimo ano consecutivo reanuda as súas reunións quincenais.

A obra selecciona foi: “Hombres buenos”,  é unha novela de Arturo Pérez-Reverte publicada no ano 2015 pola editorial Alfaguara.

 


“Ti tamén chegarás a vello”, actividade interxeracional de contacontos e manualides. 02-10-2015

DSC09873

Día do avó, na edición do 2014

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou no ano 1990, ó día 1 de Outubro como día Internacional das persoas maiores. É un feito máis que constable, a revolución demográfica das persoas maiores no século XXI, sendo partícipes activos en tódalas esferas sociais.

A Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios xunto coa Biblioteca Pública Municipal de Verín faise eco, un ano máis, da conmemoración de este día e programou unha actividade interxeracional co obxectivo de render unha homenaxe a este colectivo de poboación.

O día 2 de Outubro dende as 17:00 h ata as 18:30 h., a Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios e a Biblioteca Municipal de Verín, acollerá a actividade interxeracional que leva por título “Ti tamén chegarás a vello”. Consistirá na realización dunha manualidade conxunta (nenos e avós) e un contacontos posterior, namentres as persoas maiores terán lectura e charla-coloquio sobre diversos temas. A tarde rematará co reparto das manualidades realizadas que simbolizarán a solidariedade e compromiso de coidado que atestiguan os cativ@s cara os seus ancestros.

A actividade estará dirixida a 20 socios/as da Biblioteca, de 3 a 9 anos, e os seus correspondentes avós, abríndose o prazo de inscrición o vindeiro luns 28, podendo facela a citada inscrición na propia Biblioteca, por teléfono (988.41.36.24) ou por correo electrónico (biblioteca@verin.net).

Precisamos estar a carón das persoas maiores para ter conciencia da súa valía, do seu esforzo diario no coidado dos cativos, o espírito altruísta na súa economía, o sacrificio en horas de axuda os seus pais e nais dependentes, en definitiva, son o engranaxe vital no que se sustenta a “poboación activa”. Por todos estes motivos e moitos máis, debémoslle dar unha visibilidade a todo ese esforzo e agradecer, aínda que sexa dun xeito sinxelo, a súa constancia.

Traballar arreo na procura dun cambio cultural e social cara os maiores da bisbarra de Verín é un dos obxectivos de éxito cara o futuro inmediato. A sociedade terá que por en valor a este colectivo como recurso humán activo e capaz porque así o está amosando a realidade cotiá


 Entre rúas e contos, (contacontos na rúa) 18-09-2015

entre-ruas-e-contos_“Entre rúas e contos” é un itinerario cultural no que se le camiñando. Unha actividade para descubrir recunchos das nosas vilas e gozar con fermosos contos. Pero tamén un xogo no que un gran dado decidirá que conto imos escoitar…. Actividade que se inicia e remata na Biblioteca Muncipal, pero que visitará distintos recunchos da nosa vila. Inicio ás 18:00 horas e remate ás 19:30h., para socios/as de 3 a 9 anos. Inscrición obrigatoria a partir do LUNS 14, e ter asinado e entregado na Biblioteca a autorización para que participe o/a socio/a.

lercontamoitoOrganiza: Biblioteca do Concello de Verín.  Colabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).


 

  Presentación do libro “Los demonios de un ángel” de Domingo Herbella 11/09/15

capture-20141022-19114411

“Los demonios de un ángel” de Domingo Herbella

O vindeiro 11 de setembro, contaremos con Domingo Hervella, que virá a presentarnos a continuación da súa obra “Los demonios de un ángel”.A presentación terá lugar na mesma Biblioteca ás 19:00 horas.

 

 

 


 

Entrega diplomas aos/as Voluntari@s 04/09/15

Imaxe despois da entrega dos diplomas de Voluntariado na Bibliopiscina 2015.

Imaxe despois da entrega dos diplomas de Voluntariado na Bibliopiscina 2014.

O vindeiro venres día 4 de setembro, farase entrega dos Diplomas acreditativos da laboura de VOLUNTARIADO, que levaron a cabo 16 rapaces/zas con idades comprendidas entre os 9 a 21 anos na Bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Deste xeito quérese recoñecer toda a labor o entusiasmo e a dedicación dos/as nosos/as voluntarios/as, que amosaron unha grande responsabilidade a hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina.

Este servizo aberto ao público por setima vez consecutivamente dende o verán do 2009, cunha grande aceptación, cun total de case 177 horas aberto ao público e máis 2200 prestamos realizados (libros, tebeos, revistas, xogos, etc…), datos que reflexan un incremento respecto ao ano 2014, sen contar os talleres de debuxo e xogos que se realizaron para os/as máis pequenos/as.


  A maleta da avoa. 08-08-2015

raquel-queizasA maleta da avoa está chea de pequenos tesouros. Nela vive a memoria entre libros, bonecas de millo, chapeus… e tamén adiviñas. Velaí unha: Redondo como o pé dun cabaliño, ten cen mil follas e non as conta ninguén. Que é? A resposta agarda na vosa biblioteca….

 Actividade nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).


   Presentación da obra “Uso simbólico do cuarzo na cultura galega” 07/08/15

capa uso simbolico do quarço

“Uso simbólico do cuarzo na cultura galega” de Rafael Quintía.

O antropólogo Rafael Quintía achéganos ao mundo simbólico do uso do seixo en Galicia. Un percorrido diacrónico dende as diferentes formas nas que aparece o seixo no rexistro arqueolóxico galego, centrándonos sobre todo no seu aspecto simbólico e no seu posible uso ritual, ata o mundo da antropoloxía e das aplicacións deste mineral en diferentes contextos da cultura popular galega. Na presente monografía o autor propón hipóteses esclarecedoras coas que poidamos avanzar na senda da interpretación do uso do cuarzo dende épocas antigas e en contextos rituais e simbólicos cronoloxicamente distantes.

 


  “BRINCA VAI! de aquí a acolá”. 02-08-2015

paco-nogueiras“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…

 Actividade nas Piscinas Municipais (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOI

 


  Conferencia “Lendas da raia” (29/07/2015)

conferencia-Jose-LamelapqO vindeiro 29 de xullo, ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a conferencia “Lendas da raia”, a cargo de D. José Lamela Bautista, inxeñeiro industrial, investigador, escritor, etnógrafo, e autor do libro “O Xurés e os seus misterios” e de multitude de artigos en diversas revistas galegas, das que destacamos Auria, Arraianos, Nós, Xurdimento e Lúa Nova, na que forma parte do consello de redacción, así mesmo conta con máis dun millar de artigos de opinión publicados en diversos xornais, sendo colaborador permanente de La Región e Geresâo (Portugal). Así mesmo destaca a súa labor no programa radiofónico cultural “Sempre en Galicia” de Radio Cornellá, do que é director e presentador. Tamén sobresaiu na súa labor política sendo alcalde do Concello de Lobios (2007-2011), e promovendo o parque natural do Xurés.

Así mesmo estará acompañado do etnógrafo José Rodríguez Cruz que naceu na veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. Autor de varios libros como Terras das Frieiras, que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora, Así falan na Gudiña ou Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca (xunto co Padre Fontes no que se recolle boa parte dunha cultura ligada a mitos, crenzas ou celebracións relixiosas conservadas desde tempos inmemoriables polos habitantes do sur de Galicia e a rexión portuguesa de Tras-Os-Montes. Este escritor tamén conseguiu o XVI Premio de Investigación Antón Fraguas, polo seu traballo Indumentaria e fala (escolma de fraxeoloxía relacionada).


  Bibliopiscina,  (Xullo e Agosto, Luns a Domingo de 17:00 – 20:00h).

IMG_2262A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento, por sétimo ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas descubertas de A Granxa, co obxecto de estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar.

 Devandito servizo oferta un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas: castelán, galego e portugués -conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais -de distinta temática como historia, científica, saúde ou moda, entre outras-, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as do territorio da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa. Esta iniciativa estará atendida por persoal da Biblioteca de Verín e vinte e dous mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.

 A Bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas (durante os sete días da semana). No ano 2014 este servizo abriuse ao público unhas 200 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.500. Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas


“O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” 18-06-2015

Anton_e_Tomasa

Asociación Cultural Fuco Buxán (Teatro Calavera )

A Biblioteca de Verín clausura o curso cunha sesión de contacontos e manualidades doces.

 O xoves 18 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove unha sesión de contacontos e manualidades “moi doces”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

 

 

DSC04205  Esta iniciativa porá o broche final ao ciclo de actividades realizado durante o curso 2014-2015. Un total de 40 iniciativas culturais e lúdicas, coma contacontos e manualidades, cursos de informática, relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros.

 

 

DSC04259A actividade que terá lugar o vindeiro 18 de xuño correrá a cargo da compañía de Teatro Calavera, que representarán “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”. Trátase da escenificación dunha historia de amor entre o cociñeiro e a pasteleira –Antón e Tomasa son algo máis que amigos, por iso Tomasa convidouno á súa casa; ás oito, a comer biscoito. Non foi de comer biscoito, senón por culpa do viño e do touciño polo que o cociñeiro Antón caeu de fociños-. Unha actuación moi divertida de 35 minutos seguida dun obradoiro de pasta de azucre, “fondant”, cunha duración de uns 40 minutos.

 

DSC04299Esta iniciativa atópase enmarcada en Ler Conta Moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Imaxes en Flickr (clic aquí)

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).


 

‘Babamor’, contacontos na Biblioteca de Verín para conmemorar o Día das Letras

 O venres día 15, ás 18 horas, a Larraitz Urruzola presenta na Biblioteca Pública Municipal o contacontos infantil Babamor, para un público preferente de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e que conmemora o Día das Letras Galegas adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

O contacontos é de acceso gratuíto, previa inscrición na Biblioteca, ao ser as prazas limitadas (ou no teléfono 988-413624). O acto está financiado polo Concello de Verín e a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a través do programa Cultura no Camiño 2015.

O espectáculo

Babamor é un espectáculo para público infantil (preferente 3 a 12 anos de idade) de 40 minutos de duración. Babamá ven de recoller miles de historias que nacen en moitas familias cheas de amor. Esas historias falan sobre as diferentes maneiras de amar. Contos do amor que implican emocional e activamente a audiencia infantil, e que proceden de libros publicados ou inéditos. Historias que deixan como mensaxes subliminais entre os espectadores que o amor é a enerxía que libera a humanidade, e que os libros poden ser unha fonte na que nutrirse de historias tinxidas desa preciosa substancia.

 A narradora

 Actriz e titiriteira, María Larraitz Urruzola Tolosa crea propostas escénicas para público infantil e familiar desde o ano 1989. De formación autodidacta e cun longo percorrido por varias compañías profesionais de teatro e títeres, destaca pola súa capacidade de conexión e comunicación co espectador. Domina varias técnicas de manipulación de títeres, tanto para artes escénicas como para o formato audiovisual: variña, sombras, guiñol, marionetas de fío, luz negra, monicreques de luva e mesa, bunraku.

Como contadora de historias, caracterízase pola diversidade estética e variada tipoloxía da voz á hora de proxectar os seus personaxes, utilizando o xogo dramático como recurso para contribuír á formación integral da persoa. Con máis de 20 anos de experiencia en espectáculos de títeres para público familiar e formando parte desde o 2008 da compañía Teatro Babaluva, no seu percorrido profesional María Larraitz Urruzola Tolosa traballou tamén con Buratini, Cachirulo, Teatro do Liló, Os Quinquilláns. Coa Produtora Lúa Films fixo 60 capítulos, co papel do personaxe Pencas, para o programa emitido na TVG “Planeta Fantasía”.

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  Contacontos ‘Lobo bobo’ de Elefante Elegante na Casa da Cultura de Verín       

DSC02427

‘Lobo bobo’ de Elefante Elegante

O vindeiro venres 08 de maio, ás 18 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín o contacontos ‘Lobo bobo’ de Elefante Elegante, enmarcado no programa Cultura no Camiño, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal de Verín (no caso de que tivese lugar algún acto electoral a actividade sería trasladada ás instalacións da Biblioteca).

Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a Madrastra de Branca de Neve se converterse nun dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico? A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas do Elefante Elegante.

Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música. Un espectáculo interactivo, destinado onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís. Está destinado a un máximo de 50 nenos/as socios/as da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, que deben acudir cun dos seus proxenitores ou familiar.

Para participar no contacontos ‘Lobo bobo’, que tamén se inclúe na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal, é necesario inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou no teléfono 988-413624.

DSC02449 DSC02437

 

 

 

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  “Os Maios”, conferencia a cargo de Clodio Glez. Pérez e José Rguez.Cruz, 30 abril.

afestadosmaios

“A festa dos maios”, obra de Clodio Glez.

O vindeiro xoves 30 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a Conferencia: “OS MAIOS”, a cargo do profesor, etnógrafo E escritor CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ e o etnógrafo e escritor JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ CRUZ. Estes dous refutados expertos na nosa etnografía darán nos unha aproximación histórico-antropolóxica ao ciclo de maio.

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  Conferencia sobre a Inmunoloxía, 29 de abril Día Mundial da Inmunoloxía.

O mércores 29 de abril, e coincidindo coa celebración do Día da Inmunoloxía, terá lugar na Casa da Cultura de Verín un relatorio sobre a inmunoloxía, organizado polo Biblioteca Pública do Concello de Verín.

O mesmo será impartido, a partir das 12 horas, por integrantes do grupo de investigación de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, que está dirixido pola doutora África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo.

A esta sesión informativa asistirán alumnos/as dos centros educativos do municipio (bacharelato e módulos da rama sanitaria), e durante a mesma se achegará aos/ás presentes a presentación do libro Los misterios del sistema inmunitario. Cómo protege nuestro cuerpo, que naceu co obxecto de axudar aos/ás menores, con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, a entender o funcionamento do sistema inmunitariao. Este libro, cunha linguaxe divulgativa, foi editado no ano 2008 pola Sociedade Xaponesa de Inmunoloxía, un ano despois ofertouse en inglés e o pasado editouse en castelán.

Neste proxecto tamén colabora a Sociedade Española de Inmunoloxía (SEI), o proxecto institucional europeo BIOCAPS e a Fundación Dr. Antonio Esteve.

DSC02030

Doutora María Elina Garet Fernández e a Doutora Silvia Lorenzo Abalde, do grupo de investigación da Universidade de Vigo e Dña. Corona Meixeira Romasanta concelleira de cultura do Concello de Verín

DSC02012

Doutora María Elina Garet Fernández e a Doutora Silvia Lorenzo Abalde, do grupo de investigación da Universidade de Vigo e  Dña. Corona Meixeira Romasanta concelleira de cultura do Concello de Verín

 

 

 

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  DÍA DO LIBRO, contacontos e manualidades, 24 abril

DIA-DO-LIBRO

DIA DO LIBRO

Con motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización dun contacontos e manualidades a xornada do vindeiro 24 de abril. Terá lugar de 18 a 19.30 horas, nas instalacións da propia biblioteca, e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para 20 nenos/as de entre 3 a 9 anos, socios/as da instalación. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-41.36.24. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  Presentación de “Vaivén de recuerdos”, obra de Doli Pereira, 23 de abril.

vaivenderecuerdos

Presentación de “Vaivén de recuerdos”, obra de Doli Pereira

O vindeiro 23 de abril, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro “VAIVÉN DE RECUERDOS”, da novel autora DOLI PEREIRA,coa que celebraremos o Día do Libro.
Doli Pereira levaranos a unha viaxe polo camiño onde lembra os poemas que escribiu para os seus amigos nas primeiras situacións da vida. É un canto á amizade , amor e, por suposto , ao desamor.

 

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  “Animais de conto”, contacontos e manualidades, 17abril.

O vindeiro venres 17 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa “ANIMAIS DE CONTO”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos basados en animais en contos moi coñecidos. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook. 

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  Visita do CEIP Princesa de España 14 e 15 de abril

visitaCEIP-PRINCESA-ESPANA2

Anterior visita do CEIP Princesa de España

Cincuenta alumnos/as do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitan a Biblioteca de Verín Nas xornadas do martes 14 e mércores 15, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitaran a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  O xigante sen corazón, contacontos e manualidades, 10/04/2015

xiganteO vindeiro venres 10 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O XIGANTE SEN CORAZÓN’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos basados nun vello conto alemán que trata dun xigante que aterrorizaba ao reino-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
Inscrición obrigatoria a partir do LUNS 6/04/2015

————————————————————————————————————————————————————————————————————————————

  ‘A aventura dun osiño panda’, contacontos e manualidades, venres 27 de marzo

DSC00415

‘A aventura dun osiño panda’, contacontos e manualidades

O vindeiro venres 27 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘A aventura dun osiño panda’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de un contaconto basado na historia dun pequeno oso panda. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-41.36.24. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

DSC00417

‘A aventura dun osiño panda’, contacontos e manualidades

DSC00396

‘A aventura dun osiño panda’, contacontos e manualidades

 

 

 

 

 

—————————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

  ‘O tren dos números’, contacontos e manualidades, Luns, xoves 19 de marzo.

DSC08568

‘O tren dos números’, contacontos e manualidades

O vindeiro xoves 19 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O tren dos números’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre números e operacións matemáticas; e como manualidade unha  calculadora -os/as participantes deberán traer unha unha goma eva de cor rosa ou vermella (tamaño A4), unha goma eva de cor azul claro (tamén tamaño A4), unha cartolina branca grande, un cartón (pegado á cartolina anterior, ben enteiro ou en dúas metades) e un velcro adhesivo (30 centímetros)-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624.  Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

DSC08538

‘O tren dos números’, contacontos e manualidades

DSC08490

‘O tren dos números’, contacontos e manualidades

DSC08555

‘O tren dos números’, contacontos e manualidades

 

 

 

 

 

—————————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

  ‘O barco dos contos’, contacontos e manualidades, Luns, 13 Marzo 2015.

DSC08412

O barco dos contos’, contacontos e manualidades

O vindeiro venres 13 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O barco dos contos’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre mariñeiros e historias do mar e como manualidade unha un barco pesqueiro -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624.  Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

DSC08378

O barco dos contos, contacontos e manualidades

DSC08373

O barco dos contos, contacontos e manualidades

 
 
 
 
 
———————————————————————————————————————————————————————————————————–

  O escritor Miguel Moreira presenta “Contra a morte das linguas”. O caso do galego” Venres, 6 Marzo.

DSC08060

Miguel Moreira, autor da obra: “Contra a morte das linguas”

 O vindeiro 06 de marzo, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro “Contra a morte das linguas. O caso do galego ” do escritor naronés Miguel Moreira Barbeito.
Baixo este título, editado por Xerais, preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no local. Devandito ensaio é resultado da tese de doutoramento de Moreira Barbeito (Ferrol, 1983) dirixida pola escritora e profesora Teresa Moure; e a mesma supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo metodolóxico que vai do xeral ao particular, alén de facer fincapé en cuestións fundamentais como o concepto de dereito lingüístico ou os procesos de normalización.  
Este novo enfoque advirte, entre outras cousas, da perda de falantes da lingua galega e enfatiza sobre a importancia de establecer pautas normalizadoras que garantan o porvir tanto deste coma dos outros idiomas do mundo.  Pero a pesar de este eido da sociolingüística ser considerado tradicionalmente como pesimista, a obra enmárcase na liña do entusiasmo comprometido e de liberación.

DSC08061

Miguel Losada, secretario da SAGA, presentado ao autor Miguel Moreiras

Polo tanto, trátase dunha proposta de análise en chave positiva que desbota as visións catastrofistas e que pretende, neste momento crítico, tirar proveito dos argumentos que sinalan unha alternativa de futuro para as linguas minorizadas nos innúmeros contextos de conflito lingüístico.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

———————————————————————————————————————————————————————————————————

  ‘O abZOOdario ‘, contacontos e manualidades, 27 Febreiro.

DSC07979

Contacontos realizado polas nosas Voluntarias

O vindeiro venres 20 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O abZOOdario’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias de inverno, animais. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

DSC07960 DSC07943

                                                                           

—————————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

  ‘Contos do Entroido’, contacontos e manualidades, 9 Febreiro.

DSC06205

Contacontos realizado polas nosas Voluntarias

O vindeiro mércores 11 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Entroido’, dentro do ciclo de actividades programadas para o Entroido 2015 e no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre festa ancestral e como manualidade un anteface -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

DSC06168 DSC06166

——————————————————————————————————————————————–

  Presentación das actas das “I Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, 3 de Febreiro

DSC05112

Miguel Losada e Corona Meixeira, imaxe da conferencia

O vindeiro 03 de febreiro, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación das actas das “I Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, a cargo de Miguel Losada e Rafael Quintía, da  Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).O libro no que se recollen estas actas, inclúe os textos de cada relator, entre os que se atopan ‘O Carnaval de Pontevedra’ (Antonio Vázquez), ‘As madamas e o sacrificio do Galo’ (Xosé Anxo Rosales González), ‘O Entroido en Terras de Ourense (Miguel Losada), ‘O traxe do Cigarrón’ (Benito Salgado), ‘A fabricación de máscaras do Cigarrón’ ( Benito Salgado e Miguel Losada) ou ‘A recuperación da figura do Merdeiro’ (Xerardo Santomé), entre outros. Ademais deste textos, no libro tamén se atopa un DVD cos vídeos de todas os relatorios e da exposición sobre o Entroido organizada no marco das xornadas do 2013.Estas sesións terán a súa continuación, os días 20 e 21 de febreiro, coa realización das  “II Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, en Pontevedra. As mesmas teñen por obxecto afondar no coñecemento dunha das festas de maior arraigo da nosa cultura, e contarán coa presentación de relatorios sobre os Xenerais do Ulla, proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón, Semblanza de Francisco Añel (Xastre de Castro), Antroido das Mariñas dos Condes ou Entroidos singulares da provincia de Lugo.Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

DSC05100

Miguel Losada e Corona Meixeira, imaxe da conferencia

DSC05103

Miguel Losada e Corona Meixeira, imaxe da conferencia

———————————————————————————————————————————–

  ‘Contos da ra Gustavo’, contacontos e manualidades, 2 Febreiro.

DSC05521

Contacontos realizado polas nosas Voluntarias

O vindeiro venres 06 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da ra Gustavo’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre este personaxe televisivo e como manualidade unha rá -os/as participantes deberán traer un tubo de papel hixiénico-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

DSC05500 DSC05497

———————————————————————————————————————————–

“Contos de fondo de Bikini”, Contacontos e manualidades: 30 de Xaneiro.

DSC05080

Contacontos realizado polas nosas Voluntarias

O vindeiro venres 30 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de fondo de Bikini’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre fauna e flora do fondo do mar, e como manualidade un Bob Esponxa -os/as participantes deberán traer unha esponxa amarela-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver Imaxes: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2015/xaneiro/contosdefondodebikini/index.htm

Conferencia “Prantas medicinais e cultura popular” 28 de Xaneiro.

DSC05037

“Prantas medicinais e cultural popular” do Padre Fontes e José Rodríguez

O vindeiro mércores 28 de xaneiro, ás 18 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín o relatorio ‘Prantas medicinais e cultura popular’, a cargo dos escritores e etnógrafos Antonio Lourenço Fontes (Padre Fontes) e José Rodríguez Cruz.

Ao longo do relatorio, os escritores luso e ourensán explicarán Os diferentes tipos de prantas medicinais existentes nas comarcas de Verín e Conso-Frieiras, así como na rexión lusa de Tras-Os-Montes, os seus usos e a relación coa cultura popular destas dúas aéreas raianas. Este relatorio tamén recolle as experiencias presentadas no Congresso de Medicina Popular, que se celebra todos os anos na localidade portuguesa de Vilar de Perdizes, e que xurdiu xa fai 27 anos da man do Padre Fontes, co obxecto de recuperar as tradicións e medicina popular antiga que caeu no esquecemento coa chegada da medicina moderna.Antonio Lourenço Fontes (Padre Fontes) naceu en Cambezes do Rio (Barroso-Portugal) no ano 1940. Ingresou no seminario dez anos máis tarde, onde se formou ata o 1962 e ao ano seguinte ordenouse sacerdote en Tourém. Nesta mesma localidade creou unha escola na que se impartiron cursos aos veciños e veciñas e na que se repartiron alimentos entre os/as máis necesitados/as. Oito anos despois marchou para Vilar de Perdizes, onde ademais desta parroquia ten ao seu cargo Mexide e Soutelinho da Raia. Fundador e director, desde 1980 e durante 25 anos, do xornal “Notícias do Barroso”, colaborou con outros periódicos rexionais e nacionais; ademais de publicar libros de usos e costumes como Etnografia Transmontana. O etnógrafo José Rodríguez Cruz naceu na veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. Autor de varios libros como Terras das Frieiras, que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora, Así falan na Gudiña ou Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca (xunto co Padre Fontes no que se recolle boa parte dunha cultura ligada a mitos, crenzas ou celebracións relixiosas conservadas desde tempos inmemoriables polos habitantes do sur de Galicia e a rexión portuguesa de Tras-Os-Montes). Este escritor tamén conseguiu o XVI Premio de Investigación Antón Fraguas, polo seu traballo Indumentaria e fala (escolma de fraxeoloxía relacionada).

DSC05040 IMG_2773

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

: “Contos do Universo”, Contacontos e manualidades, 23 de Xaneiro:

Actividade realizada polos/as Voluntarios/as da Biblioteca e o persoal da mesma, con contos con temática do universo e as galaxias lonxanas e unha manualidade semellante.Horario de 18:00 a 19:30 horas, para socios/as de 3 a 9 anos, máximo 20 nenos/as, previa inscrición.Lugar: Bibloteca do Concello de Verín

: “Contos da neve”,contacontos e manualidades, 12 de Xanerio

DSC04529

“Contos da neve”, contacontos e manualidades

Actividade realizada polos/as Voluntarios/as da Biblioteca e o persoal da mesma, con contos con temática do inverno e a neve e unha manualidade semellante. Horario de 18:00 a 19:30 horas, para socios/as de 3 a 9 anos, máximo 20 nenos/as, previa inscrición.Lugar: Bibloteca do Concello de Verín

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2015/xaneiro/contosdaneve12-01-15/index.htm

 

  ‘Iopu Iei’, Contacontos con Sarabela Teatro, 2 de Xaneiro

DSC03810

Sarabela Teatro. Contacontos e Manualidades na Biblioteca do Concello de Verín

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 02 de xaneiro, de 18 a 18.45 horas, a iniciativa ‘Iopu Iei’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776. Durante 45 minutos, os/as menores vivirán historias que lles permitirán desprazarse no tempo e no espazo, converténdose en pequenos/as exploradores do real e do fantástico. Esta actividade está incluída dentro da programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal, na que tamén se atopan exposicións, concertos e iniciativas lúdicas para os/as nenos/as do municipio. (ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2015/xaneiro/Iopu-Iei-02-01-15/index.htm)

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.