Actividades 2014

Contos e manualidades do Nadal da Ludoteca-Biblioteca  Municipal 29/12/2014

Actividade realizada xunto co Punto Información Xuvenil Concello de Verín, onde os nenos/as da ludoteca municipal acudirán durante varios días ás instalacións da Biblioteca, para realizar xogos, contar unha infinidade de contos e sobre todo coñecer as instalacións municipais.

Cea/Convivencia de Nadal dos/as Voluntarios/as. 22/12/14

Ao igual que noutras ocasións realizamos una actividad propiamente para los/as Voluntarios/as. Xuntanza na Biblioteca, e por fin, todos/as xuntos todolos/as Voluntarios/as, falaremos e compartiremos experiencias de todo o ano. En cada reunión que facemos, sempre una parella encargase de proxectar xogos nos que participaremos todos/as sen excepción. Como decimos moitas veces, non temos un “proxecto de Voluntariado”, tenemos a unhos/as rapaces/as maravillosos/as que nos están facendo vivir os mellores anos de Biblioteca. O seu traballo, constancia e interés están fora de todo proxecto.

Contacontos con Sarabela Teatro: Superhéroes (19/12/2014)

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 19 de decembro, de 18 a 18.45 horas, a iniciativa ‘Superhéroes’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776.  Ao longo de 45 minutos, os/as asistentes se converterán en pequenos superhéroes que, a través dos seus poderes máxicos, axudarán a salvar o mundo.  Esta actividade está incluída dentro da programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal, na que tamén se atopan exposicións, concertos e iniciativas lúdicas para os/as nenos/as do municipio.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook de todas as actividades que se programan nesta instalación.

“Contos dun barco pesquero”, contacontos e manualidades (12/12/14)

Viaxaremos polo mar  a bordo de barcos de pesca da man dos/as nosos/as contadores/as de contos. Sempre intentamos que os nosos contos e manualidades teñan, porque así compleméntanse mellor. A manualidade: Un móvil infantil coa figura dun barco pesquero. Duración: 1’5 horas, socios/as de 3 a 9 anos, sen pais/nais.

Contacontos na Parroquia (12/12/2014)

Una actividad distinta, donde tuvimos que preparar de una forma rápida pero ordenada 3 cuentos navideños que se presentaron en la Parroquia Santa María la Mayor de Verín con motivo del comienzo de los actos Navideños. Fue una invitación que nos realizó el nuevo párroco y donde estuvimos preparando con 3 de nuestras Voluntarias una serie de cuentos navideños.

‘Contos dos Dinosaurios’ na Biblioteca de Verín, 28/11/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 28 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de erín programa a iniciativa ‘Contos dos Dinosaurios’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos deste animais e como manualidade un dinosaurio -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande, dous rolos de papel hixiénico e un ollo-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2014/ContosdosDinosaurios/index.htm

Presentación do ‘Anuario Fol de Veleno nº4’, xoves 28 de novembro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO xoves 27 de novembro, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do “Anuario Fol de Veleno nº4”, a cargo de Rafa Quintía Pereira e Miguel Losada García, presidente e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

A SAGA leva editando este anuario dende o ano 2011 e no mesmo teñen publicado as súas obras uns corenta autores tanto galegos como do resto do estado, ademais de investigadores de Portugal, Francia e Italia. A cabeceira Fol de Veleno sirve de medio de expresión tanto a autores de ampla traxectoria e recoñecido prestixio como a outros que empezan nesta publicación o seu percorrido no xénero do ensaio de divulgación. Todos os artigos publicados, e esta constitúe unha norma editorial, son creacións inéditas ou primeiras adaptacións á lingua galega dos traballos dalgúns autores. Fol de Veleno, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia, pretende ser unha contribución concorrente co esforzo colectivo orientado a poñer de manifesto a magnitude da súa cultura que a sociedade galega desenvolve actualmente. Xunto co Anuario Fol de Veleno, a oferta editorial da SAGA complétase polo de agora cas seguintes publicacións: SAGA Revista electrónica de Investigación (publicación on line), Boletín Cadernos de Campo da SAGA (publicación cuadrimestral on line), Monografías da SAGA (publicación cuadrimestral en papel), e Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega SAGA (publicación cuadrimestral en papel).

A SAGA ten editado e publicado, co seu selo, varios libros e documentais , sendo o mais recente o titulado: O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega de Rafa Quintía, que xa foi presentado o pasado ano na Biblioteca de Verín. Tamén podemos destacar a triloxía audiovisual: Construcións vexetais efémeras do val do Río Tomeza (Gafos) realizada en Pontevedra. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

Visita do Colexio María Inmaculada de Verín, 25 e 26 de novembro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNas dúas últimas xornadas, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do CPR Plurilingüe María Inmaculada visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceron o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Esta visita constitúe a novena destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos cinco anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza e CEIP Princesa de España.

 

———————————————————————————————————————————

Contos dos bonecos travesos, contacontos e manualidades 21/11/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 21 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos bonecos travesos’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de misterio e como manualidade un boneco -os/as participantes deberán traer un brick pequeno de zume e dous ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2014/contosdosbonecostravesos/index.htm 

‘Contos para os días de choiva’ na Biblioteca de Verín, 07/11/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 07 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos para os días de choiva’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos da chuvia e como manualidade un moucho de papel. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver imaxes: /actividades/2014/contosparaosdiasdechoiva/index.htm

 


Miguel Pérez Parada, gañador do terceiro concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa, promoveu a terceira edición do concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’, co obxecto de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, que foi vencido por Miguel Pérez Parada (11 anos). Este mozo verinense, que xa se alzara coa vitoria na primeira edición deste concurso, resolveu todas as probas nun tempo de marca, tan só tres días. Como seguintes clasificados quedaron Noelia Gallego Campos, Nerea Pérez Domínguez e Lara Páez Rodríguez. O concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’,
estaba aberto a menores da comarca de Verín, do municipio de Chaves e socios/as da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos (cumpridos ou que cumpran dentro do ano 2014). No mesmo, cada participante tiña que fotografarse en tres lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial, histórica e cultural). Para descubrir cada un dos tres espazos, facilitábase unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección local da biblioteca), que conducía ao/á participante a un o varios libros en cuestión que lle indicaba o lugar exacto no que se atopa a peza ou lugar, e no que se tiña que fotografar ou recabar a información suficiente para realizar o que se lle solicitaba en cada caso. Devandito concurso, que comezou o pasado 20 de setembro, permitiu ao gañador acadar unha Tablet Samsung Galaxy Tab de 7” (patrocinado por Ordenadores Verín e o Concello de Verín), ademais os primeiros clasificados tamén recibiron un pequeno agasallo informático, de parte da concelleira de Cultura, María Corona Meixeira Romasanta, que foi a encargada de anunciar o vencedor do concurso.


Samaín 2014 (29, 30 e 31 de outubro)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCon motivo da celebración do ‘Samain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades:
                                                                                                                            

– Obradoiro para a decoración de cabazas (29 e 30 de outubro, de 18 a 19.30 horas). Actividade consistente en adornar as cabazas con trazos humanos e cunha vela dentro, para que cando sexa situada na entrada da casa traia bos augurios a quen habite nela (os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa). Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de cinco participantes participantes por día -socios/as da biblioteca, empadroados/as no Concello de Verín e con idades comprendidas entre 3 e 9 anos-. Os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa pero deben levar roupa que se poida ensuciar e acudir acompañados dun adulto.

– Contacontos e manualidades relacionadas co Samain (31 de outubro, de 18 a 19.30 horas). A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos; así como unha manualidade especial: Contos do Samain -os/as participantes deberán traer témpera líquida en cor negra, pincel, oveira de cartón (das de media ducia) e dous ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar nas dúas actividades é necesario inscribirse, a partir do luns 27 de outubro, na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/a usuarios/as poden informarse de todas as novidades tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.


24 de Outubro DÍA DA BIBLIOTECA

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Día da Biblioteca’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Permitirá conmemorar a efeméride do ‘Día da Biblioteca’ entre os/as socios/as máis novos/as das instalación cultural verinense, e consistirá na realización de contacontos e dúas manualidades realizadas con materiais naturais: vaca recipiente e marcapáxinas -os/as participantes deberán traer un cartón de leite limpo cortado á metade-. Para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Trátase da quinta actividade do curso escolar que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse de todas as novidades tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver imaxes: /actividades/2014/24outubro-diadabiblioteca/index.htm

‘Contos cos nosos maiores”, 17-10-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 17 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos cos nosos maiores’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Con todo, nesta ocasión esta iniciativa conta cunha importante novidade: os/as menores poderán acudir acompañados dos seus/súas avós/avoas ou familiares maiores. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un centro de outono e un marco cunha foto dos/as nenos/as e avós/avoas xuntos/as -os/as participantes deberán traer unhas follas secas, e frutos típicos das datas do outono para confeccionar un centro de mesa desta temática-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Esta iniciativa ademais de enmarcarse na programación de actividades ao fomento da lectura se inclúe na campaña de sensibilización social ‘¡¡¡Dona AMOR!!! do Plan Xerontolóxico Municipal de Verín (destinada a alzar a voz sobre unha das situacións que transitan en silencio un número cada vez maior de persoas maiores: a soidade non desexada). Trátase da cuarta do curso escolar, tras a ‘A Biblioteca Máxica’, ‘Contos do Bosque’ e ‘Contos Espress’, que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.Todos/as os/as usuarios/as poden informarse de todas as novidades tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: /actividades/2014/Contoscosnososmaiores17-10-2014/index.htm

Visionado de la película “14Km.” e coloquio (semana del 13 al 19 de oct. de 2014)

Na Biblioteca Pública Municipal de Verín terá lugar mañá xoves 16, ás 19 horas, a proxección e coloquio da película ’14 Kilómetros’ do cineasta Gerardo Olivares. Devandita iniciativa está organizada pola propia biblioteca e o departamento de Inclusión Social Poboación Inmigrante do Concello de Verín. Tras o visionado do filme, gañador da Espiga de Ouro na Semana Internacional de Cine de Valladolid 2007, realizarase un coloquio sobre a realidade actual da inmigración. A película ’14 Kilómetros’ conta no seu reparto con Adoum Moussa, Iliassou Mahamadou Alzouma e Aminata Kanta. Catorce quilómetros é a distancia que separa África de Europa, pero tamén é a barreira que separa os sonos de millóns de africanos/as que ven en Occidente a súa única saída para escapar da fame e da miseria. Da mande tres mozos africanos -Buba Kanou, Violeta Sunny Sunny e Mukela Kanou- percórrese unha longa e perigosa viaxe cara a Europa a través de Mali, Níxer, Alxeria e Marrocos e mostran certos aspectos non moi coñecidos da realidade africana. Esta película quere ser unha homenaxe aos que triunfaron e aos que fracasaron, aos que viven e aos que morreron no empeño.

 


“Culturas para compartir, Gitanos hoxe” (do 13 ao 19 de oct. de 2014)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínActividade realizada conxuntamente co departamento Plan Xitano dos Servizos Sociais do Concello de Verín. Recurso para formar ao público infantil, xove e adulto no coñecemento da historia, tradicións, cultura e a realidade actual da comunidade xitana, poñendo de manifesto o enriquecimiento recíproco entre xitanos e non xitanos. Exposición cedida pola Fundación Secretariado Gitano.

Exposición: http://www.gitanos.org/publicaciones/culturasparacompartir/
 

———————————————————————————————————————————–

Sarabela Teatro chega co seu ‘Conto Express’ a Biblioteca de Verín, 10/10/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 10 de outubro, de 18 a 18.45 horas, a iniciativa ‘Conto Express’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776. Ao longo de 45 minutos, os/as asistentes verán como Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E xa de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos. A iniciativa ‘Conto Express’ de Sarabela Teatro está incluída no programa Ler conta moito, e trátase da cuarta actividade deste programa que se realiza ao longo do ano 2014 en Verín, xa que durante o mes de agosto as instalacións municipais foron testemuñas doutras tres actividades lúdico-culturais para menores a cargo de Raquel Galavís, Xanela Ocio e Raquel Queizás.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínLer conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Con esta programación, a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Ler conta moito ofrece un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente. O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook  de todas as actividades que se programan nesta instalación.

Ver imaxes: /actividades/2014/ler-conta-moito-sarabela-teatro/index.htm

Presentación do libro: “Viaxe sen retorno” de Manuel Mandianes 9/10/2014 (19:30horas)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín<>.

Manuel Mandianes Castro

É doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía, e en Teoloxía. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Foi colaborador do programa da TVG Luar, Columnista del diario El Mundo.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

 

“Contos do bosque”, contacontos e manualidades (03/10/2014)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDuración: 1’5 horas, socios/as de 3 a 9 años. De 18 a 19:30 horas

O vindeiro venres 03 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Bosque’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Consistirá na realización de contacontos sobre a flora e fauna dos nosos bosques e como manualidade un elefefante -os/as participantes deberán traer un tupo de papel de cociña e unha cartolina beige oscura-. Trátase da seguna iniciativa do curso escolar, tras a ‘A Biblioteca Máxica’, que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: actividades/2014/contosdobosque/index.htm

 


III Edición do Concurso: A busca do patrimonio na biblioteca

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCoa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do investigador e escritor BRUNO RÚA, promove o III Concurso: A busca do patrimonio na biblioteca, que se axustará ás seguintes: Bases do Concurso PDF

 

———————————————————————————————————————————–

“A Biblioteca Máxica”, 18-09-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 18 de setembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘A Biblioteca Máxica’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, onde a maxia e as bibliotecas serán as protagonistas, e como manualidade un lapis cartel para a porta da habitación -os/as participantes deberán traer palitos de polo, pegamento, gomaespuma e pintura-. A actividade ten por obxecto que os/as menores aprendan a crtar e reciclar, ademais de axudarlles a organizar o seu material persoal. ‘A Biblioteca Máxica’ é a primeira iniciativa do curso escolar que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos,  na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2014/biblioteca-maxica/index.htm

 


Convivencia e entrega de diplomas aos/as Voluntarios/as da Bibliopiscina

Na xornada do sábado 30 de agosto, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín promove unha actividade de convivencia, destinada aos/ás voluntarios/as do servizo da Bibliopiscina. A mesma efectuarase en A Pousa (Monterrei) e consistirá nunha xornada de xogos populares para os 22 mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos-, e que tamén inclúe un almorzo conxunto conformado por produtos tradicionais da zona. Unha xornada que permitirá unir xogos, diversión e deporte para pechar esta sexta edición da Bibliopiscina e as actividades realizadas ao longo do curso, que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación  á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento  da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. A Bibliopiscina ten como obxectivo estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo  a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo que funcionará ata o mes de setembro, en función da climatoloxía, xa realizou máis de dous mil préstamos nestas semanas e o seu horario é de 17 a 20 horas (durante os sete días da semana). O mesmo oferta un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas: castelán, galego e portugués -conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais -de distinta temática como historia, científica, saúde ou moda, entre outras-, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as do territorio da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.

 


“A Orixe”, con Raquel Queizás. 15/08/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDurante o mesmo unha exploradora compartirá as historias que escoitou nas súas expedicións polo mundo a través da manipulación de obxectos e monicreques. Esta iniciativa, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén trouxo a Verín a Raquel Galavís e Xanela Ocio.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio nas Piscinas de A Granxa de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO sábado 09 de agosto, o Servizo de Bibliopiscina, (nas piscinas descubertas de Verín) acollerán, ás 18 horas, a iniciativa ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio (no caso de condicións climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca Pública Municipal de Verín). Da man de Xanela Ocio, os/as nenos/as serán transportados a un mundo de ilusión e ledicia grazas a música dunha discoteca móbil, coa que bailarán e realizarán xogos lúdicos e educativos.

Ao longo dunha hora e vinte minutos, todos e todas gozarán dun tempo de lecer no que os soños se converterán en realidade, e no que os/as menores serán os verdadeiros protagonistas.A asociación cultural Xanela Ocio nace no ano 2012, creada por mozos/as con moitas ganas de traballar e formación en ámbitos relacionados co lecer, tempo libre e desenvolvemento social. Entre os obxectivos principais de devandita asociación atópanse:  realizar actividades que fomenten o bo aproveitamento do tempo de lecer e de ocio para todos os sectores da poboación, promover o desenvolvemento intelectual dos nenos e nenas e o envellecemento activo dos nosos maiores, promover o desenvolvemento artístico, a imaxinación e a creatividade, realizar lúdicas que promovan e fomenten as tradicións populares de Galicia e realizar obradoiros para o traballo de valores, a igualdade e o respecto mutuo.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEsta iniciativa cultura e lúdica, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén traerá a Verín a Raquel Queizás.

———————————————————————————————————————————–

‘Cantacontos’ de Raquel Galavís. 02/08/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNa xornada do sábado 02 de agosto, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal de  Verín acollerán, ás 18 horas, a iniciativa ‘Cantacontos’ de Raquel Galavís. Os contos de Raquel Galavís levarán aos nenos/as a un mundo de fantasía para poder soñar e crecer imaxinando. As verbas mistúranse coas imaxe das ilustracións dos libros e coa música do guitarrista Mato Armada para dotar a receita dun universo propio, o universo das historias narradas, escoitadas e sentidas dende o corazón que atraparán a todos/as nenos/as participantes e lograrán que se levanten do chan para cantar e bailar animadamente.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínRaquel Galavís, actriz e presentadora de televisión, conta cunha importante experiencia no sector audiovisual e publicitario, entre outros. Esta iniciativa, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén traerá a Verín a Xanela Ocio e Raquel Queizás.

 


Servizo da ‘BiblioRúa’ 2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínOs días 23 de xullo e 4, 11 e 22 (agosto), a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volverá saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.

Durante as mañás desas catro xornadas, de 11 a 13 horas, voluntarios/as desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral. Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.


“Día do Avó e da Avoa” 23/07/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO Concello de Verín, a través do departamento de Servizos Sociais (Área de Maiores), Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a Biblioteca Pública Municipal de Verín
promoven, con motivo do “Día do Avó e da Avoa”, unha serie de actividades lúdico-educativas durante o día 23 de xullo.

Aínda que o propio día desta actividade é o 26 de xullo, coincidindo coa festividade de San Xoaquín e Santa Ana, en Verín adiantase a mesma  ao día 23 de xullo, co obxecto de homenaxear aos avós e avoas, alicerce fundamental na institución familiar e recoñecer publicamente a importante labor social que realizan. Para celebrar esta xornada e co fin de fomentar a convivencia interxeneracional, o Concello de Verín promoverá por primeira vez esta conmemoración para a que organizará as seguintes actividades: contacontos, manualidades, xogos populares e entrega de agasallos aos avós/as por parte dos seus/súas netos/as. As mesmas desenvolveranse, durante o horario de mañá, na Ludoteca de Verán – Campamento urbano de Verín (Módulos do CEIP Amaro Refoxo).

 


Presentación de ‘Proxectos aldeas de Monterrei’, 18-07-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle este venres 18 de xullo, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro ‘Proxecto aldeas de Monterrei’, de Bruno Rúa Martínez.

Esta obra ten como obxectivo fundamental divulgar o patrimonio arqueolóxico e cultural, lendas, anécdotas que compilou o autor en máis de 170 aldeas desta comarca do sur de Ourense.

Bruno Rúa Martínez (Verín, 1972) é filósofo, músico e arqueólogo. Estudou filosofía en Santiago de Compostela ao tempo que formación musical en canto, participando en 11 óperas e incontables concertos de música coral e sinfónica. Non se trata da primeira obra que publica, xa que no ano 2011 tamén presentou nesta instalación municipal o libro ‘Guía Arqueolóxica do Alto Támega’, que ademais de divulgar o patrimonio da zona incorporaba un corpus lendario que rodea á maioría destes achados, acrecentando o acervo etnográfico desta zona do sur de Galicia.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

Bibliopiscina 2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPor sexto ano consecutivo teremos o servizo da Bibliopiscina nas piscinas muncipais do Concello de Verín. Apertura o 1 de Xullo ata o 31 de agosto, de luns a domingo de 17:00 a 20:00 horas.Teremos contos en 3 idiomas (portugués, español e galego), revistas e xogos. Ademais coma novidade contaremos con activiades para nenos as seguintes datas:
“Cantacontos” con Raquel Galavís (02/08/2014). Actividad enmarcada dentro del programa “Ler contamoito” de la Xunta de Galicia y la Biblioteca de Verín, con el atractivo de que serán realizadas en la Bibliopiscina, fuera del entorno normal donde realizamos todas nuestras actividades.
“Cuentos al revés”, con Xanela Ocio (09/08/2014). Actividad enmarcada dentro del programa “Ler contamoito” de la Xunta de Galicia y la Biblioteca de Verín, con el atractivo de que serán realizadas en la Bibliopiscina, fuera del entorno normal donde realizamos todas nuestras actividades.

“A orixe”, de Raquel Queizás (15/08/2014). Actividad enmarcada dentro del programa “Ler contamoito” de la Xunta de Galicia y la Biblioteca de Verín, con el atractivo de que serán realizadas en la  Bibliopiscina, fuera del entorno normal donde realizamos todas nuestras actividades.

Imaxes da presentación:

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

“Un Conto, unha Cultura” na Biblioteca de Verín, 26/06/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEste xoves 26 de xuño, de 18 a 19.30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a iniciativa “Un conto, unha cultura”, promovida por este departamento así como polos Programas de Inclusión Social do Concello de Verín. Esta iniciativa está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Durante a mesma darase lectura a contos de diversas culturas, co obxecto de amosar tradicións e maneiras de vivir que non son iguais as nosas, ademais de ensinarlles
aos/ás menores participantes que, a pesar de esas diferencias, todos somos iguais. Esta actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín e dos Programas de Inclusión Social do Concello de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: actividades/2014/uncontounhacultura/index.htm

Festa fin de curso: ‘O Libro da Selva’ na Biblioteca de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínMañá 19 de xuño, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa lúdica ‘O Libro da Selva’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada aos/ás nenos/as que participaron de modo activo e regular nas 53 actividades de fomento á lectura organizadas por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2013-2014 (como contacontos e manualidades, presentacións literarias e culturais, exposicións ou relatorios, entre outras). Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín. A iniciativa ‘O Libro da Selva’ é unha gymkana conformada por distintas probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

Ver fotos: /actividades/2014/festa-findecurso/index.htm

Ver vídeo

 


“A chave máxica”, contacontos e manualidades, 06/06/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 06 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘A chave máxica’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, onde as chaves serán as protagonista á hora de abrir as portas do misterio, e como manualidade un chaveiro de goma eva onde cada neno/a seleccionará a forma do mesmo -os/as participantes deberán traer goma eva e unha anel de chaveiro-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776

fotos: /actividades/2014/contacontos-achavemaxica/index.htm

 


“Cuándo ver aves en Galicia”, autores Antonio Sandoval Rey e Cosme Damián Romay Cousido 30/05/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPresentación prevista para o día 30 de maio, durante a mesma os autores Antonio Sandoval Rey e Cosme Damián Romay Cousido amosará o libro “Cuándo ver aves en Galicia. Propuestas mes a mes para familias, aficionados y expertos”. Este libro é valido para a organización de excursións ao encontro de acontecementos ornitolóxicos. No seu interior atópanse para cada mes numerosas propostas destinadas tanto para os que dan os seus primeiros pasos na ornitoloxía como para os paxareiros máis entusiastas e as familias con nenos. Ademais, inclúe unha lista das aves de Galicia en catro idiomas, as coordenadas GPS de máis de 290 lugares citados no texto e unha relación de recursos bibliográficos e en internet.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

‘O Cempés Bailarín’, contacontos e manualidades. 23/05/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 23 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O Cempés Bailarín’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas

entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, entre os que se atopa o que lle da nome a esta actividade “El Ciempiés Bailarín” de Begoña Ibarrola, e como manualidade un cempés -os/as participantes deberán traer unha oveira, ollos e pintura-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO noso máis sincero agradecemento a Natalia González, do gabinete de  comunicación do Concello de Verín, que foi a nosa contadora de contos aos/as nosos/as nenos/as.Moitas grazas Natalia, sempre é un pracer que estés con nós na Biblioteca!!!

 

 

Fotos do contacontos: /actividades/2014/ocempesbailarin/index.htm

Semana adicada ás Letras Galegas

Contacontos e Manulidades con motivo do Día das Letras Galegas (16/05/2014)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades -unha bolboreta-, para o que os/as participantes deberán levar un tubo de rolo papel, cartolina, dous ollos, goma eva e témpera líquida da mesma cor que a goma. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse, a partir de hoxe luns 12 de maio, nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

O noso máis sincero agradecemento a Eduardo Atanes, que foi o noso contador de contos aos/as nosos/as nenos/as. Moitas grazas!!!

Fotos: actividades/2014/LetrasGalegas2014/pages/DSC05152.htm

“O sentir dos adentros” de Eduardo Atanes Álvarez, 15/05/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínAo día seguinte, 15 de maio, será a quenda para Eduardo Atanes Álvarez que falará da súa obra máis recente “O sentir dos adentros”, ademais de recitar algúns dos seus poemas. Este libro atópase publicado na editorial madrileña Liber Factory e recolle en 88 páxinas 78 poemas), e ten por obxecto a transmisión dos sentimentos dunha persoa que se define como autodidacta no ámbito literario e que busca a felicidade dentro das súas limitacións físicas.

 


Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

———————————————————————————————————————————-

Presentación do libro “Economía e recursos Comarca de Monterrei: Crónicas  Rexiomontanas II” de Xerardo Dasairas Valsa 14/05/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA primeira das actividades terá lugar o vindeiro 14 de maio coa presentación do libro  “Economía e recursos Comarca de Monterrei: Crónicas Rexiomontanas II” de Xerardo Dasairas Valsa, que abordará cuestións sobre notas económicas, feiras e mercados, a banca, sanidade, viticultura, o téxtil, o comercio, a minería, comunicacións e transportes, urbanismo e a casa.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

23 de Abril Día Internacional do Libro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínConmemoración do Día Internacional do Libro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos

e como manualidade unha árbore dos libros -os/as participantes deberán traer un cartolina verde e tubo de rolo de papel hixiénico-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Por outra banda, tamén os/as nenos/as asistentes continuarán a decoración das “árbores dos contos”, dúas árbores que se atopan na instalación municipal, coas súas propias manualidades.  Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2014/23deabrilDiadoLibro/index.htm

 

“Cantos Animales”, cantacontos das profesoras Susa Herrera e Merchy Rozas   11/04/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 11 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de cantacontos realizados pola pedagoga, docente e compositora Susa Herrera Ruiz, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas. Esta sesión destinada a 50 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos en compañía dos proxenitores -un pai ou nai por neno/a-, na que estas excepcionais cantacontos amosarán, de modo gratuíto, cancións do seu último libro CD ‘Cantos Animales’. Recolle 10 cancións de animais nas que aparecen moi diversos estilos musicais. No animalario deste volume están presentes os seguintes: raposo, ra, elefante (asiático), oso, gato, crocodilo, poni, panda, xoaniña e cangrexo. A Letra e música é da propia Susa Herrera e está ilustrado por María Noel Toledo. Os arranxos e a produción musical son de Carlos Calviño, que xa traballou con Susa Herrera no álbum anterior “En Cabárceno se oye cantar”, do que xa se encontra á venda a segunda edición. O libro vén acompañado por un CD e un DVD cuxa produción correu a cargo de José Manuel Jambrina. Os anteriores libros de Susa Herrera son ‘En Cabárceno se oye cantar’, ‘Cartas que vienen y van’, Todos los animales al cajón’ -de la editorial Primerapersona- e ‘Animales enCantadores’ -de la editorial Corimbo-. Sara Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Herrera Ruiz impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas Comunidades Autónomas de España, e tamén en países de Latinoamérica.
Fotos: actividades/2014/cantacontos-susa-herrera/index.htm

 


Visita do Colexio Rural Agrupado Monterrei (8 e 9 de Abril 2014)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCincuenta alumnos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei visitarán a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñecerán  servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEsta visita constitúe a novena destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.


 Fotos da visita: actividades/2014/visitaCRAMonterrei/index.htm

Semana da Novela Negra na Biblioteca de Verín, do 31 de marzo ao 4 de Abril

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal, promove a Semana da Novela Negra, que terá lugar do 31 de marzo ao 04 de abril. Este ciclo de Novela Negra xurde co obxecto de aproximar aos/ás lectores/as e espectadores/as a esta literatura, e para lograr este fin, as persoas participantes nesta iniciativa coñecerán, de primeira man, o traballo real dos profesionais que aparecen neste tipo de novela. A mesma, definida por Raymond Chandler no seu ensaio El simple arte de matar (1950), debe o seu nome a que orixinalmente foi publicada na revista Black Mask de Estados Unidos e na colección Série Noire da editorial francesa Gallimard, pero tamén ao carácter escuro dos ambientes en que transcorre, lonxe das casas señoriais que ambientaban as novelas policíacas típicas da época. Este terma atópase asociado a un tipo de novela policíaca na que a resolución do misterio non é o obxectivo principal e os argumentos son habitualmente moi violentos, cunha división supérflua entre bos e malos, uns protagonistas como individuos derrotados e en decadencia en busca da verdade ou, cando menos, algún indicio dela.
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA primeira xornada da Semana de Novela Negra da Biblioteca de Verín será o 31 de marzo, a partir das 19.30 horas, na propia instalación bibliotecaria. Terá lugar o relatorio “Metodoloxía de Investigación” a cargo de Carlos Fernández Sueiro -policía xudicial da Garda Civil-, que versará sobre la labor policial de investigación.
 
 
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínConferencia “O corpo do Delito, de Fernando Serrulla (01/04/14) -Unidade de Antropoloxia Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia-, sobre a labor de los forenses a la hora de aportar pruebas a la investigación.

 
 
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínMércores 02 de abril, á 19.30 horas e no Salón de Actos da Casa da Cultura, proxectarase a película “O crime da legua dereita”, de Luis Noriega. Trátase dun thriller de acción baseado nun terrible suceso real acontecido na localidade vilalbesa de Nete en 1911, onde un home foi esfolado en vida e brutalmente asasinado por encargo da familia dunha muller adiñeirada de Humanes (Madrid) que agonizaba por mor dun cancro de pel e á que, seguindo as recomendacións dun curandeiro, pretendían curar coa pel da vítima. A historia de ficción comeza cen anos despois na mesma zona, cando aparecen uns corpos coas mesmas características do crime acontecido cen anos antes. Unha parella de policías intentará dar caza ao asasino, que parece seguir o mesmo modus operandi.
 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínConferencia de Domingo Villar, venres 4 de Abril.

Crónica da SEMANA DE NOVELA NEGRA: blog “Leyendo en mi Rincón” por Noa González Sousa:

http://leyendoenmirincon.blogspot.com.es/2014/04/cronica-semana-novela-negra-en-verin.html

‘Día Internacional do Libro Infantil’, 28/04/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 28 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que nesta ocasión deberán estar acompañados do pai ou nai. Consistirá na realización de contacontos e manualidades destinadas a recordar esta efeméride. Como  manualidade programase un marcapáxinas en forma de gato -os/as participantes deberán traer un cartolina pequena branca, cinta de lazo e unha fotografía tamaño carné-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Por outra banda, tamén os/as nenos/as asistentes iniciarán a decoración das “árbores dos contos”, dúas árbores que se atopan na instalación municipal, coas súas propias manualidades -nesta xornada realizaranse flores cunha foto de cada neno/a participante na  actividade-. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: actividades/2014/diainterlibroinfantil/index.htm

 


“Contos da Primavera”, contacontos e manualidades 21-03-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 21 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Primavera’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre esta estación e como manualidade móbil cunha lúa, sol e estrelas -os/as participantes deberán traer un cartolina grande branca e dous paus de espetos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
Fotos da actividade de contacontos e manualidades: /actividades/2014/contosdaprimavera/index.htm

 


“Contos de Dragóns”, contacontos e manualidades. 14-03-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 14 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín
programa a iniciativa ‘Contos dos Dragóns’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de  contacontos sobre estes animais fantásticos e como manualidade un dragón chino -os/as participantes deberán traer un vaso reciclable, cintas de papel de cores e unha “pajarita”-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

Fotos da actividade: actividades/2014/contosdedragons/index.htm

Encontro — Charla con Xosé Carlos Caneiro, martes 18, ás 19:30 horas (entrada libre)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá mañá 18 de marzo, ás 19.30 horas, un encontro co escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, que estaba previsto para a semana anterior e foi suspendido por enfermidade do autor. Neste encontro presentará a súa última novela “Las arañas en Berlín”, publicada o pasado mes de setembro, é de carácter esotérico e posúe a particularidade de pertencer a un xénero pouco transitado entre os autores galegos, posto que o fenómeno non xurdiu ata o ano 2000 en países do ámbito anglosaxón e tardaría uns anos máis en estenderse ao noso país. O argumento de “Las arañas en Berlín” céntrase na época do nazismo en Alemaña, tendo como protagonista a unha muller, Katrina Luzatto, cuxa nai foi vítima dun dos máis famosos verdugos alemáns da época: Joseph Schneider. Afeccionada á numeroloxía, esta muller decide dedicar a súa vida a encontrar os nazis que permanecían ocultos en diversos países baixo falsas identidades, para desenmascaralos e evitar a instauración do IV Reich por parte destes (unha conspiración que cre ter descuberto e coa que vive obsesionada). Os numerosos desequilibrios psicolóxicos deste complexo personaxe feminino acabarán convertendo parte da trama, a ollos dos lectores, en delirio e en ocasións farán que este dubide da veracidade dos feitos narrados. Por esta novela, cuxa acción transcorre en Alemaña, Italia e Santiago de Compostela, desfilan entre outros personaxes, algúns dos peores carniceiros da Alemaña nazi, como foron o coronel Joseph Schneider ou o tristemente famoso doutor Mengele.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEste encontro co escritor Xosé Carlos Caneiro, de carácter aberto ao público, plantexouse dentro da iniciativa do Club de Lectura da Biblioteca de Verín, que naceu fai catro anos para converterse nun estímulo para a interacción entre os/as asistentes que acoden a instalación municipal. A primeira lectura desta tempada foi o libro “Las arañas en Berlín” de Caneiro, que tamén se puxo a disposición dos membros doutros clubs de lectura de bibliotecas ou asociacións.

 Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

“Na flor da pel”, exposición sobre os pergameos. Do 10 ao 21 de marzo

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle do 10 ao 21 de marzo ‘Na flor da pel’, unha exposición sobre pergameos, na que colabora o Museo do Pobo Galego. A mostra ven determinada polo material, o pergameo, a pel de animal que, debidamente tratada, se utiliza como materia e scriptórea. Seguindo unha orde cronolóxica, móstrase a ampla variedade temática: bulas, documentos de compravenda, testamentos, partituras musicais, entre outros, e os  diferentes formatos: desde documentos pequenos que aproveitan ao máximo o material ata a utilización completa da pel do animal. Tamén pode comprobarse como o uso de este soporte se prolonga no tempo, entre os séculos XII e XX. Devandita exposición documental, que está acompañadas por unha serie de paneis que subliñan a importancia do pergameo a través da historia, forma parte do acervo documental do Museo, conformado grazas aos depósitos e doazóns que pouco a pouco foi recibindo, sendo ao mesmo tempo unha mostra de sensibilidade dos autores desas contribucións cara ao patrimonio cultural do noso país. A mesma poderá visitarse no horario de apertura ao público da Biblioteca de Verín: de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas -de luns a venres- e de 11.30 a 13.30 horas -sábado-.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEsta exposición será inaugurada o vindeiro luns 10 de marzo, ás 19.30 horas, pola escritora e profesora Fátima Braña Rey e Francisco Luis Fariña Busto, que é o presidente da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego do que foi membro fundador ademais de académico correspondente da Real Academia da Historia e membro do Consello da Cultura Galega.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínTodos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

 

 ———————————————————————————————————————————-

Contos do Entroido, MÉRCORES 26/02/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín“Contos do Entroido”, contacontos, manualidades e maquillaxe infantil o MÉRCORES 26, de 18 a 19:30 horas. Socios/as de 3 a 9 anos, inscrición obrigatoria.

 

 

Fotos: actividades/2014/contosdoentroido/index.htm

Club de Lectura, reunión 18-02-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPrimeira reunión do Club de Lectura, na que se tratou a obra “Las arañas de Berlín” de Xosé Carlos Caneiro.

 

 

 


Contos en Inglés (4ªparte), sábado 22 de Febreiro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a terceira actividade educativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización a instalación municipal. A mesma terá lugar o sábado 15 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas.

 

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDurante a súa realización, os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés, ademais de actividades educativas e lúdicas -a través de cancións, recortables e xogos-. Ao igual que nas anteriores sesións, devandita iniciativa está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 6 anos, e para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

  Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 


 vídeo: https://www.facebook.com/photo.php?v=603146219763126&set=vb.104133986331021&type=2&theater

‘O gran lío do Polbo Orlando’. 21-02-2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 21 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O gran lío do Polbo Orlando’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da  instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un polbo -os/as  participantes deberán témpera líquida na cor que queiran, dous ollos grands e pincel-. A  actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, e para participar na mesma será necesario inscribirse nesta instalación municipal.

ver fotos: /actividades/2014/OgranliodoPolboOrlando/index.htm

No día de hoxe tivemos coma invitada, para lerlle aos/as nosos/as nenos/as a Carmen Gallego, “Ama da súa casa”, brillante lectora de contos e profesional de mil e unha cousas.

Moitísimas grazas Carmen…

 


Contos en Inglés (3ªparte), sábado 15 de Febreiro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a terceira actividade educativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma terá lugar o sábado 15 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas. Durante a súa realización, os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés, ademais de actividades educativas e lúdicas -a través de cancións, recortables e xogos-. Ao igual que nas anteriores sesións, devandita iniciativa está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos, e para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

 


CONTO VIAXEIRO TRANSFRONTEIRIZO. Venres 14, de 18 a 19:00 horas. 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 14 de febreiro, de 18 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a iniciativa ‘O Conto Viaxeiro Transfronteirizo’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Esta iniciativa desenvolvida polo Correo do Vento (Enrique Mauricio e Carlos Taboada) recolle a participación dos nenos e nenas de diferentes vilas, dez galegas e dez portuguesas (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra do Miño, Arbo, Xinzo, Verín, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Castelo, Moledo, Caminha, Vila Nova da Cerveira, Paredes de Coura, Valença, Monçao, Melgaço, Arcos de Valdevez e Chaves), para así conformar entre todos unha única historia e as moitísimas variantes e bifurcacións que se poidan recoller. Os/As nenos/as construirán unha historia e os seus compoñentes, crearán personaxes, elaborarán escenarios e as tramas, e eles/as mesmos/as ilustrarán os seus contidos, guiados/as por Enrique Mauricio e Carlos Taboada, que dividirán este proceso creativo en dous eixos e tres bloques que corresponden a estrutura clásica de presentación, nó e desenlace.

Todo co obxecto de reducir esta fronteira que a veces separa, mellorando así o coñecemento mutuo entre as dúas partes e poñendo en valor o traballo nun proxecto común, é dicir, a través dun xogo esta actividade incentivará a creación literaria favorecendo un marco de cooperación transfronteiriza producíndose unha comunicación entre eles o realizar un proxecto común co que se mellorará a expresividade artística dos/as nenos/as buscando unha maridaxe entre imaxe e texto, e producindo unha mellora da cohesión social e competencial da Eurorrexión. Para  participar nesta actividade, destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación -con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos- será necesario inscribirse nesta instalación municipal.

ver fotos:  actividades/2014/CONTOVIAXEIRO-transfronteirizo/index.htm

 


Club de Lectura.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO Club de Lectura de Verín retoma, por cuarto ano consecutivo, a súa actividade de fomento da lectura Un ano máis, e xa van catro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín retomou a súa actividade anual de fomento da lectura, co obxecto de converterse nun estímulo para a interacción entre os/as asistentes que acoden a instalación municipal. A decena de participantes actuais seguirá a compartir xuntanzas, todos os martes, e as vivencias obtidas tras a lectura do mesmo libro, tamén analizarán temas de actualidade e experiencias do día a día. Neste ano a primeira lectura do club será Las arañas en Berlín do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, que tamén se comprometeu a manter un encontro cos integrantes do mesmo. Por outra banda, e con relación a este libro, a Biblioteca de Verín tamén o porá a disposición dos membros doutros clubs de lectura de bibliotecas ou asociacións.
Todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa cultural -deben ser socios/as da instalación e maiores de idade- poden inscribirse na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal número 11, ou no teléfono 988-414776.

 


Contos en Inglés (2ªparte), sábado 8 de Febreiro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínTras o éxito da primeira xornada, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a segunda actividade educativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma terá lugar o sábado 08 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas. Durante a súa realización, os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés, ademais de actividades educativas e lúdicas -a través de cancións, recortables e xogos-. A iniciativa ‘Contos en Inglés’ está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos, e ao igual que na de ‘Contos das Criaturas Mariñas’ para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

 

 

———————————————————————————————————————————–

‘Contos das Criaturas Mariñas’ 07/02/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 07 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos das Criaturas Mariñas’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un medusa -os/as participantes deberán traer un prato de cartón, témpera líquida na cor que queiras, dous ollos grandes e pincel-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, e para participar na mesma será necesario inscribirse nesta instalación municipal. ‘Contos das Criaturas Mariñas’ será a cuarta actividade que contará, na sesión de contacontos, coa participación de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. Mentres que nas anteriores semanas participaron persoal da área de xustiza, efectivos da Policía Local de Verín e do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca de Verín.

Moitísimas grazas a: Andrea Vaccari Mackay, médica do Hospital de Verín, por vir a lerlle aos/as nenos/as na Biblioteca.

ver fotos: /actividades/2014/contosdascriaturasmarinas/index.htm

“Contos en Inglés” (1ªparte), sábado 1 de Febreiro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín inicia, a partir deste sábado 01 de febreiro, a iniciativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A realización desta actividade
educativa, que se programa por primeira vez na instalación verinense, ten por obxecto a aproximación á lingua inglesa dos/as menores que na mesma participen. Desenvolverase os días 01, 08, 15 e 22 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas. Un total de corenta minutos nos que os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEsta sesión estará adaptada as idades dos/as menores, e tras a súa finalización, os/as pequenos/as realizarán diversas actividades educativas e lúdicas, a través de cancións, recortables e xogos. A mesma está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos, e para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.


Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
  Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
  Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————-

‘Contos dos Monstros’ na Biblioteca de Verín 31/01/14

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 31 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Monstros’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un monstro -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca e ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776

‘Contos dos Monstros’ será a terceira actividade que contará, na sesión de contacontos, coa participación de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. Se nas anteriores semanas participaron persoal da área de xustiza e efectivos do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca de Verín, nesta ocasión estará presente un membro de Forzas e Corpos de Seguridade. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínMotísimas grazas ao Policia Local do Concello de Verín, Jorge Fdez. Sueiro, que veu lerlle aos/as nosos/as nenos/as de forma totalmente desinteresada.

ver fotos: /actividades/2014/contosdemonstruos/index.htm

 

 

Conferencia e presentación de libro: “Consideracións constitucionais sobre os partidos políticos”, de José Agustín González-Ares, profesor de Dereito Constitucional e Concelleiro do Concello de Verín. 29-01-2014

Conferencia de José Agustín González-Ares, profesor de Dereito Constitucional e concelleiro en Verín, e presentación do libro “Dereito de sufraxio, réxime electoral e partidos
políticos. Da Constitución de Cádiz aos nosos días”, do que é coautor e coordinador o conferenciante Organizador: Asociación Galegade Estudos Xurídicos

Apoios: Deputación de Ourense e Concello de Verín cartel pdf

 


“Contos con marionetas”. 24/01/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 24 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos con marionetas’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade unha marioneta -os/as participantes deberán traer unha cartolina beige, e encadernadores-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776

‘Contos con marionetas’ será a segunda actividade que contará, na sesión de contacontos, coa participación de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. Se na anterior semana participou Ángel Barrio, efectivo do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca de Verín, nesta ocasión estará presente persoal da área de xustiza.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca,  como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2014/contosconmarionetas/index.htm

 


Contos ao carón da lareira. 16/01/2014

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 16 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos ao carón da lareira’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de historias e lendas tradicionais, e como manualidade un porquiño xa que ao día seguinte terá lugar a celebración da festividade do San Antón -os/as participantes deberán traer unha cartolina rosa, ollos, e catro pinzas de madeira para tender a roupa-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPor outra banda, ‘Contos ao carón da lareira’ será o preludio da realización dunha nova iniciativa nesta instalación municipal: a lectura de contos por parte de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. A mesma terá lugar durante as próximas catro semanas e nela participarán efectivos de bombeiros, policía ou medicina de Verín. Todo co obxecto de promover, ademais do fomento da lectura entre os/as máis pequenos/as e a atraer visitantes á biblioteca, a realidade profesional de cada un deles. Durante a realización do seu contacontos, para o que irán vestidos co seu uniforme laboral, explicarán as actuacións que realizan ao longo do día, a importancia do seu traballo e solventarán todas as dudas que os/as nenos/as lle plantexen.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

Agradecemento para Ángel Barrio, bombeiro do parque de Verín, por vir a ler aos/as nenos/as. GRAZAS!!!

ver fotos: 

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.