Actividades 2013

Contos de Chocolate 27/12/2013


Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
Todo un clásico na Biblioteca de Verín…. Por tercer ano consecutivo ofreceremos a actividade o vindeiro venres 27 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de chocolate’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos -terán preferencia os/as menores que participen regularmente nas actividades organizadas pola Biblioteca-. Consistirá na realización de contacontos e de manualidades con chocolate, nas que os/as participantes utilizarán a súa imaxinación para converterse en pequenos/as pasteleiros/as para deseñar numerosas formas a partir deste doce alimento. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca  Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2013/contosdechocolate/index.htm

 


Contos do Nadal. 20/12/2013
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
Contacontos e Manualidades o vindeiro venres 20, de 18 a 19:30horas. Socios/as de 3 a 9 anos. Inscrición obrigatoria.

Imáxes: /actividades/2013/ContosdeNadal/index.htm


———————————————————————————————————————————–

Taller de Impresoras 3D, 14/12/2013
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
Taller explicativo e de montaxe dunha Impresora 3d, sábado 30, de 12:00 a 14:00 horas.  Entrada libre.

Durante o mesmo, amosarase aos asistentes o proceso que vai desde a montaxe desta impresaora ata a elaboración dunha peza. Unha impresora en 3D é un dispositivo capaz de xerar un obxecto sólido tridimensional mediante a adición de material (esta é a principal diferencia cos sistemas de produción tradicionais). Devandita impresora basease en modelos 3D para definir que se vai a
imprimir (un modelo é unha representación dixital do que vamos a imprimir mediante algún software de modelado). Os materiais que actualmente poden utilizarse para ‘imprimir’ son variados e inflúen no custo da impresora. Calquera impresora de baixo custo soe funcionar con termoplásticos como o PLA ou ABS, pero tamén existen impresoras capaces de traballar con metal, fotopolímeros ou resina líquida, aínda que resultan prohibitivas para contornos non industriais. Entre os usos que desta impresora e ámbitos, a lista e moi ampla, desde pezas de instrumental médico ou incluso implantes, pasando por aplicacións en arquitectura, aplicacións aeroespaciais, educación ou uso doméstico e semi-profesional, entre outros. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall


Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

———————————————————————————————————————————– Contos dende o frío, 05/12/2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 05 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dende o frío’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre inverno e como manualidade un pingüín -os/as participantes deberán traer unha cartolina negra A4, ollos, goma eva negra A4-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

Ver fotos: actividades/2013/contosdendeofrio/index.htm

———————————————————————————————————————————–

Contos dos Dálmatas, 29/11/2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínContacontos e manualides destinado para os/as socios/as de 3 a 9 anos da Biblioteca, que realizarase o venres 29, de 18 a 19:30 horas, (sen pais/nais).

 

 

(ver fotos da actividade: clic aquí.) 

———————————————————————————————————————————-

“O Bosque dos Contos” na Biblioteca de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 22 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O Bosque dos Contos’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre animais e como manualidade unha xoaniña -os/as participantes deberán traer dous pratos cartón, goma eva negra tamaño A4, ollos, pintura de témpera líquida en vermello e negro e pincel-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

ver fotos: /actividades/2013/obosquedoscontos/index.htm

Presentación de “Los demonios de un ángel” na Biblioteca de Verín 21-11-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca de Verín acollerá o xoves 21 de novembro, a partir das 19:30 horas, a presentación do libro “Los demonios de un ángel”, del verinense Domingo Herbella Rivero. Nesta obra, o autor implícase no relato que escribe. O protagonista do mesmo vese obrigado a desaparecer dunha sociedade que o afoga e despreza por ser diferente. É unha especie de narración surrealista na que pouco a pouco vaise sumerxendo o lector, ata chegar o punto de ter unha grande afinidade co que lle acontece ao protagonista de “Los demonios de un ángel”.

O relato está escrito en primeira persoa, pois é parte e pertence un pouco a todo aquel que se atreve asomarse ás súas frases; a composición do sentido en cada capítulo cambia sempre en función de quen a le e como a perciba. Pero o que máis fai que este relato sexa unha mutación, é que o lector capaz de finalizalo demostra que é unha persoa con ganas de espertar o seu ser interior que por fin aceptou ese sentimento que hai xa moito tempo pedía ser escoitado. O autor busca relatar aquilo que porta noso interior, e que non obstante esquecemos polo desgusto dunha vida social, que nos escraviza coa doce envoltura do consumo. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall


Contos da Xoaniña’ na Biblioteca de Verín 08/11/13

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 08 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Xoaniña’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre animais e como manualidade un portafotos de paus (depresores médicos ou paus de xeados) -os/as participantes deberán traer pintura verde ou laranxa, goma eva, ollos de plástico e pincel-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: actividades/2013/contosdaxoanina/index.htm

Exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013, do 29 outubro ao 11 de Novembro.
 Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDende o vindeiro 29 de outubro ata o 11 de novembro teremos na Biblioteca do Concello unha exposición itinerante sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño, da man da secretaria de Política Linguística.

———————————————————————————————————————————–

Charla-coloquio sobre Roberto Vidal Bolaño e o teatro en Galicia con Manuel Quintáns Suárez

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro 6 de Novembro ás 19:30 horas, entrada libre na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, conferencia a cargo de Manuel Quintáns Suárez,realizando unha  viaxe pola vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, nunha conferencia cercana, emotiva e cargada de sentimento.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

SAMAIN 2013, Contacontos e Manualidades na Biblioteca. 31-10-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCon motivo da celebración do ‘Samain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, o vindeiro xoves 31 de outubro, de 18 a 19.30 horas, unha sesión de contacontos e manualidades. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos -algúns de eles en inglés-; así como unha manualidade especial: un monstruo de Samain -os/as participantes deberán traer unha oveira de media ducia, pinturas e pincel-.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar nesta actividade, a que é necesario acudir disfrazado para non caer enfeitizado, deben  inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

 


Xoel González Sousa, gañador do II Concurso  ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa, promoveu a segunda edición do concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’, co obxecto de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre os público infantil e xuvenil, que foi vencido por Xoel González Sousa (13 anos e 2º ESO).

Este mozo verinense resolveu todas as probas nun tempo de marca, tan só cinco días. Como segundas clasificadas quedaron Marta Caneiro Losada e Inés García Novoa. Neste concurso, cuxos premios foron entregados durante o Día Internacional das Bibliotecas, participaron unha ducia de nenos/as e mozos/as da comarca de Verín, do municipio de Chaves e socios/as da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos. No mesmo, cada participante tiña que fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial, histórica e cultural).

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPara descubrir cada un dos sete espazos, facilitábase unha pista previa (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección Local da Biblioteca). Cada vez que resolvese unha das pistas, a mesma para todos/as concursantes, dábaselle ao/á concursante unha nova, até o total de sete. Devandito concurso, que comezou o pasado 12 de setembro, permitiu ao gañador conseguir una Tablet Thanos e as segundas clasificadas, como premio indiviso, un teléfono móbil SONY Xperia L. Nesta ocasión, a instalación municipal puido ofrecer estes premios grazas a aportación dunha empresa operadora de telefonía, tras presentarlle o proxecto de todas as actividades desenvolvidas durante o ano na Biblioteca de Verín.

 


Contacontos e Manualidades co gallo do DÍA DA BIBLIOTECA (24 outubro)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 24, celebraremos xunto aos/as nosos/as socios/as máis novos o Día da Biblioteca, realizando manualidades e tendo contacontos da man dos/as nosos/as Voluntarios/as e o persoal da Biblioteca.

Actividade dirixida a 20 nenos/as entre 3 e 9 anos, socios/as da Biblioteca, previa inscrición.

Ver fotos: /actividades/2013/24outubro/index.htm

———————————————————————————————————————————–

Presentación do libro ‘Alicornio. O poder de corno de unicornio na medicina tradicional galega’ 18-10-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 18 de outubro, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro ‘Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega’, a cargo de Rafa Quintía Pereira e Miguel Losada García.

Esta obra, publicada por Sociedade Antropolóxica Galega, recolle o traballo de oito anos de investigación ao redor do alicornio, un dos obxectos de poder e amuleto sandador máis versátiles e interesantes da medicina popular galega. O unicornio é, posiblemente, un dos animais míticos máis universais. Ó seu corno –o alicornio- atribúenselle dende a máis remota antigüidade propiedades sandadoras contra tódolos velenos e moitos máis prodixios. En Galicia, a crenza nos poderes curativos do alicornio callou fondo converténdose a máxica hasta no amuleto por excelencia para cura-lo mal de pezoña e outras doenzas da pel. Neste traballo etnográfico o autor do mesmo, o antropólogo Rafael Quintía, fai un extenso percorrido polo mundo do alicornio e as súas virtudes e ofrécenos unha viaxe na procura dalgúns dos poderosos alicornios que aínda están activos na nosa terra.Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

Conferencia de Luís Manuel García Mañá sobre o COUTO MIXTO. 18-10-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínRadiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza político-administrativa complexa estivo xeograficamente  enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio; reflexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto; expón os privilexos dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais); rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

                                                                                                                                                               ———————————————————————————————————————————–

Contos do Outono, contacontos e manualidades o venres 11 de Outubro, 18 a 19:30 horas

O vindeiro venres 11 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Outono’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática: xoaniñas de cores -os/as participantes deberán traer pinturas e pincel-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: actividades/2013/contosdooutono/index.htm

Poemas de amor para tempos difíciles. Xosé Carlos Caneiro. 10/10/2013, 12 horas

Actuación-encontro Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín“Poemas de amor para tempos difíciles” co verinense Xosé Carlos Caneiro. Nesta actividade o escritor dará unha clase maxistral de como recitar poesía e declamará os poemas de amor deste libro, ademais os/as asistentes poderán facer preguntas sobre esta e outras obras de Caneiro. Esta actividade está enmarcada dentro do programa de dinamización de lectura ‘Ler conta moito’, organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Devandito programa ten por obxecto fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer, fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade, promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo, e valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

‘Contos da Selva’ na Biblioteca de Verín 04/10/2013

O vindeiro venres 04 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Selva’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas cos animais, en concreto un león de cartolina, para o que os/as participantes deberán traer pegamento e tres cartolinas. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse, a partir do luns, na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

Ver Fotos: actividades/2013/contosdaselva/index.htm

 


Contos para todos/as. 27-09-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

O vindeiro venres 27 de setembro, de 18 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promoven a iniciativa Ler conta moito’.

A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. O programa de dinamización de lectura ‘Ler conta moito’ ten por obxecto fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer, fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade, promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo, e valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión. Por este motivo, os/as asistentes poderán coñecer as historias máis asombrosas e inexplicables, a través da figura dun contador de contos profesionais, que transportará aos/ás nenos/as por todos os mundos, vivencias e soños imposibles e posibles.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín‘Ler conta moito’ é a primeira iniciativa do curso escolar que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

II Edicición do Concurso “A  busca do patrimonio na biblioteca(bases do concurso PDF)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCoa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, grazas  a participación do investigador e escritor Bruno Rúa, promove o concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’. Neste concurso poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos, ambos inclusive, e socios/as da Biblioteca de Verín. A inscrición será individual, (por cada neno/a ou mozo/a) podendo ser acompañado por pai/nai ou outra persoa maior de idade. A persoa que se inscribe  deberá presentar na biblioteca os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico -se o ten-, e concello no que está empadroado (o empadroamento servirá para que os organizadores contrasten que a súa idade lle permite concursar). Así mesmo, é necesario crear un correo electrónico e un perfil na rede social Facebook, dado que a mecánica do concurso así o esixe. O obxectivo do concurso é que a persoa que participa consiga fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial e cultural). Para descubrir cada un dos sete espazos, daráselle unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección local da biblioteca), que conducirá ao/á participante a un libro en cuestión (da sección indicada anteriormente nesta instalación cultural) que lle indicará o lugar exacto no que se atopa a peza ou lugar no que se terá que fotografar. A pista será a mesma para todos/as os/as participantes. Cada vez que resolva unha das pistas, daráselle ao/á concursante unha nova, até o total de sete. O/a gañador/a do concurso será o/a que consiga fotografarse con todas as pistas primeiro. Co fin de potenciar o uso das novas tecnoloxías, cada participante, demostrará que estivo no lugar en cuestión, fotografándose no lugar ou peza. A imaxe será enviada ao seguinte correo electrónico biblioteca@verin.net , indicando onde se atopa a peza, (hai que ser o máis concreto posible, por exemplo, interior ou exterior, retablo, fachada, etc.) o lugar (núcleo
de poboación), e algún comentario sobre a dificultade da proba, que lle pareceu a mesma e o aspecto patrimonial – cultural.
Ademais, crearase unha conta na rede social Facebook, onde o/a participante deberá subir unha imaxe coa peza ou lugar en cuestión, sempre aportando as mínimas pistas: dado que os/as demais participantes poden seguirlle o rastro (isto se realizará ao mesmo tempo que se envíe o correo electrónico á Biblioteca de Verín).

O concurso comezará o 12 de setembro, estando o prazo de inscrición aberto ata o 20 do mesmo mes. O prazo de tempo para resolver as pistas será ata o 15 de outubro, se a chegada desta data non se conseguirán resolver os sete espazos, declararase vencedor/a ao/a concursante que máis pistas teña resolto.

O premio ao gañador/a consistirá na entrega de material dunha Tablet Thanos (características técnicas: pantalla LCD: 10,2 tft (1024×600), Android 4.0., procesador Cortex A9 1 Ghz., pantalla capacitiva de 10 puntos e multitáctil, saída HDMI para conexión a televisión, Wifi b/g/n, memoria de 1024 Mb. tipo ddr 3 a 1 Gb., disco duro de 8 Gb., ampliable até
32 Gb. vía tarxeta MicroSD e cámara integrada. O segundo premio consistirá nun teléfono móbil SONY Xperia L (características técnicas: Dual Core, pantalla 4.3., cámara de 8.0 megapíxels, HDR e Wifi).

 


Convivencia dos/as voluntarios/as da Bipliopiscina de Verín (24 Agosto)
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNa xornada de mañá 24 de agosto, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín promove unha actividade de convivencia, destinada aos/ás voluntarios/as do servizo da Bibliopiscina. A mesma efectuarase en Vilaza (Monterrei) e consistirá nunha xornada de xogos populares -brilé, chave, pano- para os 22 mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos-, e que tamén inclúe un almorzo conxunto conformado por produtos tradicionais da zona. Unha xornada que permitirá unir xogos, diversión e deporte para pechar esta quinta edición da Bibliopiscina e as actividades realizadas ao longo do curso, que permitiron, durante cinco anos consecutivos,
ser recoñecidas na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación
de Gremios de Editores de España-. A Bibliopiscina, organizada por quinto ano consecutivo pola Biblioteca
Pública Municipal de Verín, tivo como obxectivo estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación
deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización
de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEste servizo que funciona ata o mes de setembro, en función da climatoloxía, xa realizou máis dun millar de préstamos nestas semanas e o seu horario é de 17 a 20 horas (durante os sete días da semana).

 

 

———————————————————————————————————————————–

Servizo da ‘BiblioRúa’ en Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDurante os días 3, 11, 23 (xullo) e 2, 12 e 23 (agosto), a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volveu saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral e dar a coñecer os servizos da biblioteca.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDurante as mañás desas seis xornadas, de 11 a 13 horas, voluntarios/as desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter
xeral.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínAdemais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.

———————————————————————————————————————————–

 


BIBLIOPISCINA 2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento, por quinto ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas descubertas de A Granxa. Esta iniciativa ten por obxecto estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEste servizo oferta un fondo de máis de 250 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, contos infantís, cómics e revistas, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa . Esta iniciativa estará atendida por persoal da Biblioteca de Verín e vinte e dous mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.

A Bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas(durante os sete días da semana). No ano 2012 este servizo abriuse ao público unhas 200 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.500, é dicir, 500 máis que no 2011, o que reflicte un incremento constante no número de préstamos desde a apertura deste servizo cultural.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCon todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

BIBLIOPISCINA 2013 (FINAL)

A Bibliopiscina 2013, chegou ao seu fin. Máis dun millar de préstamos, 63 días abertos de forma consecutiva, son os números que certifican ao noso servicio estival nas instalacións das piscinas municipais. Este servizo non podería ser ofrecido sen a presencia dos/as nosos/as Voluntari@s, a todos/as, moitas gracias!!!!!

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínFOTOS: actividades/2013/bibliopiscina2013/index.htm

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

Concurso debuxos de Susa Herrera

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDavid A. Sola, vencedor do concurso ‘Susa Herrera’ da Biblioteca de Verín

A Biblioteca Pública Municipal de Verín promoveu o concurso de debuxo ‘Susa Herrera’ entre menores socios/as desta instalación cultural, no que o vencedor do mesmo foi o menor David A. Sola, de seis anos de idade, polo seu debuxo sobre o libro ‘En Cabárceno
se oye cantar’. O debuxo gañador deste concurso foi elixido pola propia Susa Herrera Ruiz, pedagoga, docente e compositora que realizou varios cantacontos na biblioteca verinense, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas. No último destes cantacontos, realizado o pasado mes de xaneiro, os 50 menores asistentes tiveron que realizar un debuxo dos animais que aparecen no último libro CD desta autora, ‘En Cabárceno se oye cantar’ -un álbum ilustrado, publicado por Montañas de Papel Ediciones, que incorpora un CD e DVD coas 10 cancións que compoñen o libro e que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista-. Entre todos os debuxos de animais realizados, Susa Herrera seleccionou o vencedor que recaeu en David A. Sola.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínSusa Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica
da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Herrera Ruiz impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas Comunidades Autónomas de España, e tamén en países de Latinoamérica.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

 


‘Festa Hawaiana’ na Biblioteca de Verín (21-06-2013)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 21 de xuño, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de  Verín programa a iniciativa ‘Festa Hawaiana’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada aos/ás nenos/as que participaron de modo activo e regular nas 41 actividades de fomento á lectura organizadas por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2012-2013. Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA iniciativa ‘Festa Hawaiana’ é unha gymkana conformada por distintas probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, Facebook.



ver vídeo: https://vimeo.com/122084158
 
ver fotos: actividades/2013/festahawaiana/index.htm

 


‘Contos dos Paxaros’ na Biblioteca de Verín 07-06-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 07 de xuño, de 18 a 19.15 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Paxaros’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas cos paxaros, para que os/as participantes deberán un prato de cartón, témpera líquida de cor azul e un ollo (realizado con blister de pastillas baleiro de forma redonda). A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2013/contosdospaxaros/index.htm

 


Contacontos e Manualidades para celebrar o Día das Letras Galegas 16/05/2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO xoves 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades -un taboleiro de avisos-, para o que os/as participantes deberán levar dous anacos de cartón, un dun tamaño similar a unha cartolina grande e outro a unha pequena-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

 


Contos das Bolboretas. (10-05-2013)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 10 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos das Bolboretas’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas coas bolboretas, para que os/as participantes deberán levar dúas láminas de goma eva en tamaño A4 (unha debe ser negra e a outra a escoller polo/a neno/a asistente) e pegamento. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
ver fotos: /actividades/2013/contosdasbolboretas/index.htm

 


“Contos do sol a sal e o son” 03-05-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 03 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do sol, a sal e o son’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas coa primaveira, que estarán acompañadas de música, para que os/as participantes deberán levar un tarro de cristal (de tamaño de medio), sal e xices de cores. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: actividades/2013/contosdosolasaleoson/index.htm

‘Viaxa no tempo e descubre o Barroco’ na Biblioteca de Verín (maio 2013)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín promove para o mes de maio a iniciativa ‘Viaxa no tempo e descubre o Barroco’, un curso de iniciación á arte barroca que será impartido pola investigadora Nuria Álvarez Font. O mesmo, que terá lugar todos os xoves de maio de 18 a 19.30 horas, está destinado a persoas con inquietudes culturais pero sen ningún coñecemento previo no mundo da arte. ‘Viaxa no tempo e descubre o Barroco’ terá lugar na aula de informática da propia Biblioteca de Verín e durante este curso amosaranse as nocións claves para entender o Barroco, considerado como a arte da aparencia: esse est percipi (abrangue o século XVII e metade do XVIII), como as súas orixes, definición dun novo concepto, xéneros ou estilos, entre outros.

Este curso contará coa coordinación da licenciada en Historia da Arte e concelleira María Corona Meixeira Romasanta, e correrá a cargo da barcelonesa Nuria Álvarez Font, que posúe formación académica e experiencia laboral neste eido artístico.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín                                                                                                                                                                                 ——————————————————————————————————————————————————————————

ABRIL MES DO LIBRO:  23 de Abril: Día do Libro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO martes 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, coincidindo coa conmemoración do ‘Día Internacional do Libro’, a Biblioteca  Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de cantacontos realizado pola profesora e artista Merchy Rozas.

Nesta sesión, realizada pola relación de amizade coa biblioteca de Verín e de modo gratuíto, Merchy Rozas realizará un percorrido interactivo por varios dos libros CD, dos que é coautura, como ‘Animais enCantadores’ (da editorial Corimbo e conformado por dez cancións adicadas a animais como camaleón, dinosaurio, can, morcego, coello, koala, pingüín, ratiña, porquiño e poliño), ‘Cartas que veñen e van’ ou ‘Todos os animais ao caixón’ -os dous publicados pola editorial Primerapersona ou ‘En Cabárceno se oye cantar’, publicado por Montañas de Papel Ediciones, con cancións que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCon todo esta iniciativa lúdico-cultural tamén contará tamén coa realización dunha manualidade especial: un libro personalizado por cada participante. A mesma está destinada a un máximo de 35 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar nesta actividade é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos:actividades/2013/23abrildiadolibro/index.htm

19 de Abril: “Contos Viaxeiros”, contacontos e manualidades.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 19 de abril, de 18 a 19.30 horas. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas con esta temática (un avión) para que os/as participantes deberán un tubo de papel de cociña, un tubo de papel hixiénico, pintura de témpera líquida (mínimo dúas cores) e pegamento.

 

ver fotos: actividades/2013/contosviaxeiros/index.htm

10 e 11 de Abril visita do CEIP Princesa de España

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNa xornada do mércores e o xoves máis de setenta alumnos/as de 2º e 3º de Primaria do Colexio Princesa de España visitarán a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están  destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma. Esta visita constitúe a novena destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.
ver fotos: actividades/2013/visitacolexioprincesa/index.htm

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, martes 2 de Abril

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro martes 2 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que nesta ocasión deberán estar acompañados do pai ou nai. Consistirá na realización de contacontos e manualidades destinadas a recordar esta efeméride, e na que tamén se busca que os/as máis pequenos/as compartan unha xornada cos/coas seus/súas pais/nais nestas instalacións municipais. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: actividades/2013/diainterlibroinfantil/index.htm

Presentación do libro “Sentimentos Difusos”, de Hilda Fernández Rodríguez.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín acolle o vindeiro martes 26 de marzo, ás 19.30 horas, a presentación do libro Sentimentos Difusos, de Hilda Fernández Rodríguez, enmarcada dentro do programa de actividades de fomento da lectura. A obra desta moza verinense de 18 anos está conformada por poesía e narrativa corta e é definida pola autora como “unha versión mellorada da obra Absurdos Sentimentos, ordenada por categorías e engadindo pequenos discursos filosóficos a modo de ponte a posteriores obras”. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

Ver vídeo: http://www.facebook.com/photo.php?v=451346658276417&set=vb.104133986331021&type=2&theater
Visita os seus blogs: 
http://absurdos-sentimientos.blogspot.com.es/
http://fenestrasdepedra.blogspot.com.es/

“Contos da Primavera”: Venres 22, de 18 a 19:30 h.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 22 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Primavera’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas con esta temática, para que os/as participantes deberán levar un prato de cartón, unha cartolina branca recortada e pintada con 10 formas de mans e témpera amarela. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: actividades/2013/contosdaprimavera/index.htm

 


“Contos dos trasnos do bosque”: Venres 15, de 18 a 19:30 h.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 15 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Trasnos do Bosque’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos

e manualidades relacionadas con esta temática, para que os/as participantes deberán levar pratos de cartón, pegamento
e témpera líquída. A actividade será coordinada entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: /actividades/2013/contosdostrasnos/index.htm

 


“Contos da Igualdade”, Contacontos e Manualidades, Venres 8 de marzo, de 18 a 19:30 horas

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 08 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Igualdade’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contaconto non sexistas e manualidades relacionadas con esta temática, xa que durante esa xornada conmemórase o Día Internacional da Muller. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
ver fotos: actividades/2013/contosigualdade/index.htm

 


Presentación da obra colectiva: “Historia e Memoria do Réxime de Franco” por González – Ares, José Agustín (Coordinador da publicación) 06-03-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín-INTRODUCIÓN María Lameiras Fernández -BREVE ANÁLISE NORMATIVA DA INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA NA INDUSTRIA DESDE O ESTADO INTERVENTOR DE 1939 ATA O ACTUAL ESTADO REGULADOR. María Antonia Arias -A CONFORMACIÓN DO SISTEMA DE SEGURIDADE SOCIAL ESPAÑOL. Jaime Cabeza Pereiro -A DEMOCRATIZACIÓN NO ÁMBITO LABORAL: DO FRANQUISMO Á ETAPA CONSTITUCIONAL. Ignacio Caseiro Gómez -AS MULLERES NO FRANQUISMO: “EN CASA E COA PATA CREBADA” Cristina Ferreiro Gómez -A LEI DE PRENSA DE 1966 ¿UNHA FIESTRA Á DEMOCRACIA? Jesús Manuel García -NATUREZA E PERFÍS IDEOLÓXICOS DO FRANQUISMO. José Agustín González-Ares Fernández -OS COLEXIOS DE AVOGADOS E PROCURADORAS NA NOSA HISTORIA, DITADURA
E DEMOCRACIA: UNHAS BREVES CONSIDERACIÓNS. Miguel Ángel González Trigás -O GRAN PROCESO: VIOLENCIA, XENOCIDIO E REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA. Antonio Miguez Macho -A XURISDICIÓN DE GUERRA COMO INSTRUMENTO REPRESIVO. ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS DENDE A HISTORIA E O DEREITO.
Julio Prada Rodríguez -AS CÁRCERES DE FRANCO NA POSGUERRA. Domingo Rodríguez Teijeiro -EVOLUCIÓN DA NORMATIVA ESPAÑOLA REGULADORA DO TRANSPORTE PÚBLICO DE MERCANCÍAS E VIAXEIROS POR ESTRADA: DA LEXISLACIÓN DO SÉCULO XIX Á PROMULGACIÓN DA VIXENTE LEI 16/1987, DE 30 DE XULLO, DE ORDENACIÓN DOS TRANSPORTES TERRESTRES. Patricia Valcárcel Fernández -A ECONOMÍA DO RÉXIME FRANQUISTA.Alberto Vaquero García.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

 

 

———————————————————————————————————————————–

“Contos do Fondo do Mar”. Contacontos e Manualidades. Venres 1 de marzo, de 18 a 19:30 horas

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 01 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dende o fondo do mar’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas con esta temática, para que os/as participantes deberán levar unha caixa de cartón de zapatos, pintura de témpera azul e papel celofán. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: actividades/2013/contosdofondomar/index.htm

“Cometas ao Vento”. Contacontos e Manualidades na Biblioteca.
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 22 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública  Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Cometas ao Vento’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas con esta temática, para que os/as participantes deberán levar papel de seda, paos de espetos e pinturas de cores. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

ver fotos: /actividades/2013/cometasaovento/index.htm

 


Miradas de Muller (14/02/2013)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro 14 de febreiro, a Aula CeMIT de Verín acollerá, de 16 a 20 horas, a realización da iniciativa ‘Miradas de Muller’, destinada a ofertar formación e solucións de autoemprego a mulleres desempregadas co obxectivo de axudalas na súa incorporación ao mundo laboral. Devandita iniciativa, asentada na utilización de servizos dixitais no campo da fotografía, está destinada a mulleres desempregadas do ámbito rural ou de zonas periféricas das cidades con dificultades para o desenvolvemento profesional ou incorporación no mundo empresarial. A iniciativa constará de catro fases:

– Unha xornada de presentación (ese mesmo día e hora) impartida mediante os sistemas de videoconferencia e videocolaboración a través das Aulas CeMIT participantes. Na mesma terá lugar a  seguintes actividades: presentación do proxecto e da plataforma “Miradas de Muller” -que se porá á  disposición das usuarias-, sensibilización das usuarias
a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital, e presentación dun referente
en fotografía dixital para que expoña de primeira man as súas experiencias – así como as vantaxes e retos que implica profesionalizarse no mundo da fotografía.

– Impartición nas aulas CeMIT de cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital:
* Iniciación á fotografía dixital. Cámara de fotos dixital (18 e 19 de febreiro de 2013). Curso básico de catro horas, no que se impartirán contidos como: Que é unha cámara fotográfica dixital?, imaxe dixital: píxeles, tamaños e formatos; cámara dixital versus cámara tradicional, compoñentes técnicos e principais accesorios, funcións e selección dos axustes, fotografar, algo máis que premer o disparador ou E agora que fago coas miñas fotos?.
* Retoque fotográfico: GIMP (20 ao 25 de febreiro de 2013). Curso básico de 10 horas, asentado na seguinte materia: Que é o retoque fotográfico?, túa mellor imaxe -tamén en papel-, o segredo está no retoque, acción!: retoca con GIMP ou é hora de amosar o resultado. Vaia álbum xeitoso!

– Inscrición das usuarias na plataforma web “Miradas de Muller” a través do cal poderán: acceder a pílulas informativas, dispoñer dun titor e difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo.

– Participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.

As mulleres interesadas no programa, terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT e solicitar a matriculación na iniciativa a través da web, antes do 28 de xaneiro. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou
no mail : dinamizacion@verin.net


Entroido na Biblioteca de Verín 06-02-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO mércores 06 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Entroido na Biblioteca’, dentro do ciclo de actividades programadas para o Entroido 2013 e no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, manualidades, maquillaxe infantil e loboflexia sobre esta temática. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: actividades/2013/contosdeentroido2/index.htm

 


Entroido na Biblioteca (1ª parte), venres1 de febreiro, de 18 a 19:30 h.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 01 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Entroido’, dentro do ciclo de actividades programadas para o Entroido 2013 e no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre esta temática, así como dunha dunha careta de Entroido, para que os/as participantes deberán levar un un prato de cartón, témperas líquidas e purpurina. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

CLUB DE LECTURA (reunións periódicas)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínUn ano máis, e xa van catro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín retomou a súa actividade anual de fomento da lectura, co obxecto de converterse nun estímulo para a interacción entre os/as asistentes que acoden a instalación municipal. A decena de participantes actuais seguirá a compartir xuntanzas,  varias veces ao mes, e as vivencias obtidas tras a lectura do mesmo libro, tamén analizarán temas de actualidade e experiencias do día a día. Neste ano esta iniciativa cultural fomentará a lectura de obras clásicas como Madame Bovary de Gustave Flaubert ou La importancia de llamarse Ernesto de Óscar Wilde e o impulso utilización do libro electrónico. Todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa cultural -deben ser socios/as da instalación e maiores de idade- poden inscribirse na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal número 11, ou no teléfono 988-414776.

 


CONTOS DO ESPACIO, venres 25-01-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 25 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Espacio’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias do espacio, así como de manualidades relacionadas con esta temática, para que os/as participantes deberán levar un prato de cartón, unha botella de plástico grandez, un trozo de plastilina verde, pintura e un pincel. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as
os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook

ver fotos: actividades/2013/contosdoespacio/index.htm

 


Contos dos Animais (16-01-2013)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínContos e Manualidades na Biblioteca de Verín. Mércores 16 de 18 a 19:30 horas, nenos/as de 3 a 9 anos, socios/as da Biblioteca e empadroados/as no Concello de Verín Máximo 25 nenos/as, INSCRICIÓN OBRIGATORIA.

 

 

fotos: actividades/2013/contosdosanimais/index.htm

———————————————————————————————————————————–

‘Cantacontos’ da pedagoga e escritora Susa Herrera na Biblioteca de Verín (04-01-2013)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 4 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de ‘Cantacontos’ realizados pola pedagoga, docente e compositora Susa Herrera Ruiz, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas. Esta sesión destinada a 50 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos en compañía dos proxenitores -un pai ou nai por neno/a-, na que estas excepcionais cantacontos amosarán, de modo gratuíto, cancións do seu último libro CD ‘En Cabárceno se oye cantar’, publicado por Montañas de Papel Ediciones. Trátase dun álbum ilustrado que incorpora un CD e DVD coas 10 cancións que compoñen o libro e que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista. Ademais do texto das cancións de Susa Herrera e das ilustracións de Violeta Monreal inclúense as partituras dos 10 temas e unhas propostas didácticas para poder traballar na aula. A autora e letra de todos eles é a propia Susa Herrera, que tamén realizou outros tres libros CD como ‘Cartas que vienen y van’, Todos los animales al cajón’ -de la editorial Primerapersona- y ‘Animales enCantadores’ -de la editorial Primerapersona.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínSusa Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica
da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Herrera Ruiz impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas Comunidades Autónomas de España, e tamén en países de Latinoamérica. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————– Presentación da curta “Mr. Smith & Mrs. Wesson” en Verín 03-01-2013

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o vindeiro xoves 3 de saneiro, a partir das 19.30 horas, a presentación da curta “Mr. Smith & Mrs. Wesson”, a cargo do seu productor executivo o verinense Gutier Rolán. Durante a mesma, ademais de visualizarse este proxecto, realizarase un pequeno relatorio onde se explicarán os pormenores da súa realización, no que os/as asistentes poderán realizar todas as preguntas que consideren oportunas sobre “Mr. Smith & Mrs. Wesson”. Unha produción arriscada e practicamente sen precedentes no sector audiovisual español,  segundo indica Gutier Rolán, que demostra a capacidade dos nosos profesionais para crear un proxecto de pura acción e atractivo para a audiencia. Cunha duración de 24 minutos, o/a espectador non poderá pestanexar xa que destila acción por todas as partes. Case douscentos planos de efectos visuais, disparos, persecución de coches e pelexas corpo a corpo, “Mr. Smith & Mrs. Wesson” homenaxea ao mundo do cómic, videoxogos e películas de acción. A rodaxe, de tan só seis días, foi un reto para os máis de 60 profesionais que colaboraron desinteresadamente. Sen diálogos e cun estilo narrativo baseado nos flashbacks, este
proxecto tamén supuxo un desafío interpretativo e físico para a experimentada repartición. Nesta curta, dirixida por Jorge
Saavedra, participan actores e actrices coma Octavi Pujades, Camila Bossa, Luis Iglesia B, Xabier Deive, María Mera, Daniel Currás, Iván Marcos e Axel Fernández

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.