Actividades 2012

Relación de algunhas das actividades levadas a cabo no ano 2012

Contos de chocolate’ na Biblioteca de Verín 21-12-2012
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 21 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de chocolate’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.



A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos -terán preferencia os/as menores que participen regularmente nas actividades organizadas pola Biblioteca-. Consistirá na realización de contacontos e de manualidades con chocolate, nas que os/as participantes utilizarán a súa imaxinación para converterse en pequenos/as deseñadores/as de piruletas, debuxos ou formas a partir deste doce alimento. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal
da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2012/contoschocolate/index.htm

Videoconferencia con Papá Noel e visita á Biblioteca de Verín 19-12-2012


Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o mércores 19 de decembro, ás 11 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as do colectivo xitano de Verín. En devandita actividade, que vincula as novas tecnoloxías co Nadal e se realiza por quinto ano consecutivo, participa a Rede CeMIT de Verín (Aulas Multimedia). O remate da mesma, a Biblioteca Pública Municipal organizará unha visita dos/as nenos/as ás instalacións e a realización de manualidades e contacontos para todos/as os/as participantes, que se inclúe dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

‘Contos ao carón da lareira’ na Biblioteca de Verín 14-12-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 14 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos ao carón da lareira’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de historias e lendas tradicionais, así como unha manualidade decorativa conformada por un pingüín cunha botella de plástico, cartolina e algodón. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca , como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2012/contosaocarondalareira/index.htm
Visita dos/as Alumnos/as do Colexio María
Inmaculada de Verín 04-12-2012
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Na xornada de hoxe cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do Colexio María Inmaculada visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores de 6 anos de idade coñeceron o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma. Esta visita constitúe a oitava destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.

ver fotos: actividades/2012/visitamariainmaculada041212/index.htm

‘Contos do espantallo’ na Biblioteca de Verín (30-11-12)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 30 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do espantallo’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre esta temática, así como unha manualidade decorativa conformada por un floreiro cun espantallo. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca
Pública Municipal de Verín.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPara participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca,  como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

fotos actividades/2012/contosdoespantallo/index.htm

“Contos dos Peixes de Cores” 23-11-12

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 23 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Peixes de cores’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre os peixes de cores, así como manualidades da mesma temática: Peixes de distintos cores, feitos con platos de cartón e pintura. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca

ver fotos: /actividades/2012/contosdospeixesdecores/index.htm

Contos de Outono 16-11-12

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 16 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Outono’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática: un centro de mesa adornado con froitos desta época do ano. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca

Ver fotos: /actividades/2012/contosdooutono/index.htm

Contos e Manualidades do Magosto (09-11-12)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 09 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Magosto’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e lendas, como as narradas polos/as avós/avoas ao carón da lareira, ademais de manualidades da mesma temática, elaboradas con castañas, noces e pintura tempera líquida. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

ver fotos: actividades/2012/contosdomagosto/index.htm

Oídos que no escuchan. Ojos que no quieren ver (07-11-12)

 Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínFrancisco Iglesias Martínez, despois de regresardo País Vasco a súa aldea natal como xubilado, presentaranos o seu primeiro libro (Abano Editores, Ourense, 2012), un ensaio-crónica sobre a España de Franco e a actual.
 
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
 
 
 
 
 
 
———————————————————————————————————————————–
SAMAIN (29, 30 e 31 de Outubro 2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCon motivo da celebración do ‘Samhain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades:– Obradoiro para a decoración de cabazas (29 e 30 de outubro, de 18 a 19.30 horas). Actividade consistente en adornar as cabazas con trazos humanos e cunha vela dentro, para que cando sexa situada na entrada de casa traia bos augurios a quen habite nela. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de cinco participantes por día -socios/as da biblioteca, empadroados/as no Concello de Verín e con idades comprendidas entre 3 e 10 anos-, é necesario inscribirse nas mesmas instalacións (os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa).– Contacontos e manualidades relacionados co Samhain (30 de outubro, de 18.00 a 19.30 horas).

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínVarios/as voluntarios/as, xunto co persoal da Biblioteca, contarán contos de medo, bruxería, meigallos e demais feitizos. Esta actividade, a que é necesario acudir disfrazado para non caer enfeitizado, está destinada a 20 socios/as da biblioteca e empadroados no Concello de Verín, que teñan entre 3 e 9 anos; e para participar na mesma deben inscribirse na Biblioteca Pública Municipal.

ver fotos Obradoiro: /actividades/2012/samain2012/luns/index.htm
fotos: actividades/2012/samain2012/mercores/index.htm


24 de Outubro “Día da Biblioteca” 24-10-2012 de 18 a 19:30 horas

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do ‘Día Internacional das Bibliotecas’, unha actividade cultural o vindeiro mércores 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura. Esta iniciativa, que xa chegou a súa sexta edición, está destinada a nenos/as de 3 a 10 anos. Consistirá realización de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca de Verín. Para participar nesta iniciativa, destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da Biblioteca, é necesario inscribirse desde hoxe 18 de outubro nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall.
ver fotos: /actividades/2012/diainternacionalbtcas/index.htm

“Contos dos Caracois”, venres 11 de Outubro, de 18 a 19.30 horas

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 11 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Caracois’ no marco da programación de actividades destinadas ao fomento
da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre caracois, así como manualidades da mesma temática, para a que deberán traer dúas cartolinas grandes e un blister de pastillas ‘Baleiros’ de forma redonda -o máis grandes posibles-. Para participar nesta iniciativa, que será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
ver fotos da actividade: actividades/2012/contosdoscaracois/index.htm

‘Contos de dragóns’ 05-09-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 05 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Dragóns’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre dragóns, así como manualidades da mesma temática, a partir de pinturas e caixas de cartón de ovos. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
 

‘Mar de Marionetas’ na Biblioteca de Verín (28 de setembro, de 18 a 19.30 horas)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 28 de setembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Mar de Marionetas’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre marionetas, así como manualidades da mesma temática, a cal consistirá na elaboración de monicreques elaborados con calcetíns e la. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776
ver Fotos actividade: actividades/2012/mardemarionetas/index.htm

 O señor das dunas – sábado 22, ás 18:00 horas.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Hai moitos anos, durante unha viaxe intercontinental, un barco naufragou á altura da Costa da Morte. As correntes mariñas arrastraron a un vello bibliotecario, amante da literatura e das historias ben contadas, ata a praia de Corrubedo. Alí comezou a contar contos tradicionais, que acompañaba e enriquecía con debuxos feitos con area…

E de Corrubedo ás vilas de Galicia. O Señor das Dunas visítanos contando cinco contos populares galegos, xunto cun alumno aventaxado que ilustra sobre a area a historia que nos narra a medida que se vai relatando. Todos os asistentes recibirán un libro que recolle cinco historias para que tamén eles se convertan en fontes de coñecemento e espallen a cultura e a lingua galega aos máis pequenos. Complementariamente, na web do programa estarán ao dispor dos usuarios os Contos ao redor do microondas en versión dixital, unha iniciativa encamiñada a mellorar as técnicas de expresión oral. Todos os públicos. Duración de 50 minutos. Local pechado.

SÁBADO 22, ás 18:00 horas,  SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE VERÍN

Información Biblioteca Pública do Concello de Verín


Obradoiro de Hip-Hop na Biblioteca de Verín

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDo 23 de xullo ao 03 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal e a Aula CeMIT de Verín organizan un obradoiro gratuíto de Hip-Hop, destinado a 12 mozos/as da localidade e socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 10 e 16 anos.Devandito obradoiro terá lugar na aula multimedia do Concello de Verín, de 12 a 13 horas, e estará impartido por Arístides Losada Veiga, un mozo de 16 anos e voluntario da Biblioteca verinense durante os últimos cursos. No mesmo amosarase a definición de Hip-Hop, o seu significado (ritmo e poesía), orixe, desenvolvemento, actualidade e tendencia futura; así como valores e gravación das rimas (descarga da base musical, programa de gravación, retoque e montaxe).Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, a partir do luns 9 de xullo. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall

link's interesantes: http://www.youtube.com/watch?v=3wADdnL-OzY&feature=relmfu

BIBLIOPISCINA

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, pon en funcionamento por cuarto ano consecutivo o servizo da Bibliopiscina, nas piscinas descubertas de A Granxa. Unha iniciativa destinada a estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo oferta un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa . Esta iniciativa estará atendida por persoal da Biblioteca de Verín e doce mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 10 anos, e que xa foron recoñecidas, durante catro anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. A Bibliopiscina funcionará desde o 2 de xullo ata o 9 de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas, de luns a domingo. No ano 2011 este servizo abriuse ao público máis de 200 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.000, un relevante incremento con respecto ao ano anterior, a pesar de que foi un verán climatolóxicamente adverso.  Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

Festa de Piratas na Biblioteca (22-06-2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 22, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Festa Pirata’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada aos/ásnenos/as que participaron de modo activo e regular en todas as actividades lúdico-culturais organizada por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2011-2012. Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 10 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín. A iniciativa ‘Festa Pirata’ está conformada por dez probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
VER FOTOS: /actividades/2012/festapiratas/index.htm
 

Celebración do Día das Letras Galegas na Biblioteca de Verín (16-05-2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO mércores 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz-Andrade. Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actuacións para o fomento da lectura, está destinada a 20 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades, coordinados nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPara participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall
 
 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

ver fotos: /actividades/2012/letrasgalegas2012/index.htm





‘O canto dos paxaros’ na Biblioteca de Verín 11-05-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 11 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos dos paxaros’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos relacionados con aves e unha manualidade dun pavo real con cartolina e plumas, coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
ver fotos: /galego/actividades/2012/Ocantodospaxaros11-05-2012/index.htm
 
 

‘Contos dende o aire’ na Biblioteca de Verín 04-05-2012

O venres 04 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos dende o aire’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades como unha avioneta cunha botella de plástico . Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall
 

Día do Libro na Biblioteca de Verín (23-04-2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínCon motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización de actividades culturais e lúdicas durante a xornada do vindeiro 23 de abril, como son colocación de stand fronte ás instalacións da biblioteca, entrega dos premios do concurso ‘Debuxos para o cartel do Día do Libro’ ou contacontos e manualidade, entre outras.
 
 

-Colocación dun stand fronte ás instalacións da biblioteca (de 11 a 13.30 horas)
Colocaranse os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral (dependendo das condicións meteorolóxicas). Trátase dunha actividade onde libros saen a rúa para acercarse o máis posible aos/ás lectores/as, intentando subliñar, de modo simbólico, a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.
-Entrega dos premios do concurso ‘Debuxos para o cartel do Día do Libro’
(ás 12 horas, no stand anterior).
Ofertarase información sobre todas as novidades do mundo editorial e das librerías-imprentas de Verín: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín.Nas mesmas se realizará, do 23 ao 29 de abril, un desconto do 10% nos libros, previamente recollido nas instalacións da Biblioteca de Verín.
-Inauguración dunha exposición, nas instalacións da biblioteca.
Todos os debuxos que participaron no concurso ‘Debuxos para o cartel do Día do Libro’ y que se desenvolverá do 23 de abril ao 5 de maio.
-Contacontos e manualidades na Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Terá lugar de 18 a 19.30 horas, nas instalacións da propia biblioteca, e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para 25 nenos/as de entre 3 a 10 anos, socios/as da instalación e empadroados/as en Verín. Ao finalizar terán lugar manualidades impulsadas por voluntarios/as da biblioteca, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
 

Fotos da entrega de premios:

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
 
                                                                                                                                                             ———————————————————————————————————————————-
 Contos da Primavera 13-04-2012
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 13 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos da Primavera’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos, manualidades e un gran mural coa temática da natureza.
 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínSerá realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
 
 
 
 
ver fotos: /actividades/2012/contosdaprimavera13-04-12/index.htm


Convivenza Voluntari@s da Biblioteca en Laza (04-04-2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO mércores 4 de abril, terá lugar unha convivencia dos rapaces/zas voluntarios/as da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que acompañados do persoal da instalación realizarán unha andaina ata Laza, e con posterioridade pasarán a noite no albergue desta localidade e visitarán as instalacións da BRIF de Laza.

 

ver  fotos da Convivenza: actividades/2012/convivenzalaza04-04-12/index.htm


2 de Abril “DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL” (30 de Marzo – 2 de Abril)

 
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDentro do ciclo de actividades adicado a este día, realmente comezamos o día 23 e rematamos o día 2 de Abril. Está composto por un conxunto de iniciativas:
 
 
 
 
 
 
 Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín– Contos á carta (23 Marzo), dado que a manualidade de ese día era confeccionar un libro, o contido: Ilustración e Texto.-Taller de Decoración do Libro (30 de Marzo). Na Actividade do día 30 de Marzo fixemos a decoración exterior do libro, onde realmente temos como resultado un verdadeiro libro infantil.
– Stand na Rúa e día de Portas abertas na Biblioteca (2 de Abril, Día Internacional do Libro Infantil)
 verfotosdaActividade:actividades/2012/diainterlibroinfantil/decoracionlibroinfantil/index.htm


Contos á Carta 23-03-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 23 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a novidosa iniciativa lúdico-cultural ‘Contos á Carta’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 24 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Baixo o nome ‘Contos á Carta’ realizarase unha actividade, extrapolada dunha realizada pola Biblioteca da Escola María Villalobos de Arteaga (municipalidade de Olivar – Chile), a través de Rosita Peña, coa que comparte experiencias e iniciativas culturais á Biblioteca de Verín desde fai varios anos. Esta actividade será unha carta, similar ás de restauración, conformada por Entremeses, Primeiro Prato, Segundo Prato e Sobremesa; e que permitirá aos/ás participantes percorrer as distintas estancias da biblioteca onde se atoparán os menús -que son contos e relatos infantís- preparados e listos para escoitar. Así mesmo, terá lugar unha manualidade con cada grupo coa árbore como protagonista, ao coincidir coa semana adicada efeméride. Esta iniciativa será coordinada polo persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos.

ver fotos: actividades/2012/contosacarta/index.htm

Concurso ‘Debuxos para o cartel do Día do Libro’ en Verín (Bases PDF)

MODIFICACIÓN NA DATA DE ENTREGA: MÉRCORES 11/04/2012, NOVA DATA LÍMITE

Coa finalidade promocionar o Día Internacional do Libro, as librerías de Verín conxuntamente coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, convocan un concurso de debuxos para o cartel do Día Libro (23 de Abril).

O mesmo, que se promocionará ese día en Verín, axustarase as seguintes bases:

1. CONCURSANTES.- Poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, de infantil, primaria e secundaria.

2. SELECCIÓN DOS TRABALLOS.- Cada participante poderá enviar un traballo como máximo á selección. Cada traballo irá asinado cun lema; no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro de ensino, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade, dentro do mesmo sobre introducirá  unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase en: Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12.00 horas do 9 de abril, MÉRCORES..

3. OBXECTIVOS E CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO.- O obxectivo do concurso é promocionar o Día do Libro e con elo promoción da lectura, así mesmo a temática do debuxo é libre, onde unicamente pídese que debe aparecer un libro como protagonista que é no 23 de abril.

4. DATAS: O concurso comezará o 16 de marzo, rematando o mesmo o día 11de abril.

5. XURADO E PREMIOS.- O xurado estará composto por un membro de cada librería, podendo delegar entre eles mesmos. O premio ao único gañador/a, da súa categoría correspondente, consistirá nun lote de 3 libros, adaptados a idade do gañador, cada libro aportado por cada unha das librerías de Verín que a continuación indicamos: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín.

A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade a través dos canais de comunicación do Concello de Verín.


Contos da Rana Gustavo 09-3-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 09 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Rana Gustavo’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas  entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e a realización de manualidades, tendo como motivo a ‘Rana Gustavo’ -un personaxe ficticio creado polo produtor de televisión Jim Henson, que é a figura central do show británico-americano The Muppet Show-, coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre  11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
ver fotos: /actividades/2012/ContosdaRanaGustavo09-03-12/index.htm

Visita dos escolares do Colexio Público de Oimbra 8-3-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, recibirá a visita dos/as escolares do Colexio Público de Oimbra. En concreto será o Xoves día 8, onde máis de 40 nenos/as de primaria pasarán polas instalacións da Biblioteca, onde aprenderán a práxis do funcionamento para os distintos servizos e tamén se realizarán contacontos e manualidades. Toda esta actividade ten por obxetivo acercar a Biblioteca aos/as máis pequenos/as, aprendendo o funcionamento da mesma e que a relacionen sempre coma algo divertido e útil e que sirva para o Fomento da Lectura, a Cultura en xeral e o Lecer.
 ver todas as fotos: /actividades/2012/visita-colexio-oimbra-08-03-12/index.htm

Contos do Fondo do Mar na Biblioteca de Verín (02-03-2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 02 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Fondo do Mar’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades sobre a flora e fauna mariña, coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín“As cores de Silvano”. Conto adaptado, preparado e narrado por Miguel Quintas: (PDF 550KB).

Obra orixinal: “COLORES DE SILVANO” de ROBERTO ALIAGA , ALMADRABA INFANTIL Y JUVENIL (HERMES), 2009, ISBN 9788492702428 

 

 

fotos da actividade: actividades/2012/contosdofondodomar-02-03-12/index.htm

———————————————————————————————————————————–

Contos do Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil, (10 e 15 de Febreiro de 2012)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínOs días 10 e 15 de febreiro, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil’, dentro do ciclo de actividades programas para o Entroido 2012 e destinada a fomentar a lectura entre os/as nenos/as do municipio.
 
 
  • Venres 10 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, as actividades se centrarán nunha temática Entroideira coa realización de contacontos e dunha máscara de cigarrón en cartolina.

 

  • Mércores 15 de febreiro, á mesma hora, terá lugar un obradoiro de maquillaxe infantil, por cuarto ano consecutivo, e outro de globloflexia, que tamén se centran no ciclo do Entroido de Verín. Esta iniciativa está destinada a nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e será coordinada por voluntarios/as da  Biblioteca.
Para participar en devandita iniciativa, 20 nenos/as para o 10 de febreiro e 30 menores o 15 de febreiro, é necesario inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou no teléfono 988-414776 -así como indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil-.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

 

———————————————————————————————————————————–

Contos de Dragóns 03-02-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres día 3 de Febreiro terá lugar unha actividade  de contacontos e manualidades na iblioteca do Concello de Verín, de 18 a 19:30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións
destinadas ao fomento da lectura. Esta iniciativa, para nenos/as de 3 a 10 anos, consistirá realización
de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse na mesma ou no teléfono 988-414776.

ver fotos: /actividades/2012/contosdedragons/index.htm

Contos da media luniña 27-01-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro día 27 de Xaneiro, a Biblioteca Municipal de Verín realizará a activiade ” Contos da media luniña” A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre a lua o sol e as nubes así como manualidades da mesma temática coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776
ver fotos: actividades/2012/Contos-da-media-lunina/index.htm

‘O abZOOdario ‘ na Biblioteca de Verín 20-01-12

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 20 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O abZOOdario’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias de inverno, animais, coincidindo coa semana na que se celebra San Antón, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

ver fotos: actividades/2012/abZOOdario/index.htm

Concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’ (bases do concurso PDF)

Coa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, grazas a participación do historiador e escritor Bruno Rúa, promove o concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’. Neste concurso poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, ambos inclusive. A inscrición será individual, podendo ser acompañado por pai/nai ou outra persoa maior de idade, a persoa que se inscribe deberá presentar ou enviar á Biblioteca os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico -se o ten-, e concello no que está empadroado (o empadroamento servirá para que os organizadores contrasten que a súa idade lle permite concursar). O obxectivo do concurso é que a persoa que participa consiga fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial e cultural). Para descubrir cada un dos sete espazos, daráselle unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección Local da Biblioteca). A pista será a mesma para todos/as os/as participantes. Cada vez que resolva unha das pistas, daráselle ao concursante unha nova, até o total de sete. O/a gañador/a do concurso será o/a que consiga fotografarse con todas as pistas primeiro. O concurso comezará o 16 de xaneiro, estando o prazo de inscrición aberto ata o 31 do mesmo mes. O prazo de tempo para resolver as pistas será ata o 9 de abril, se a chegada desta data non se conseguirán resolver os sete espazos, declararase vencedor/a ao/a concursante que máis pistas teña resolto. O premio ao gañador/a consistirá na entrega de material deportivo da Selección Española de Fútbol, Lugo C.F., Celta de Vigo, Verín C.F. ou Monterrei C.F. , repartindo entre os/as participantes, ata agotar o mesmo, comezando polo vencedor.


‘Contos do Espacio ‘ na Biblioteca 13-01-2012

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNo marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias do espacio, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma, a primeira das actuacións da instalación no ano 2012, é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
ver fotos actividades/2012/contos-espacio-13-01-12/index.htm

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.