Actividades 2011

‘Contos de chocolate’ na Biblioteca de Verín (27-12-2011)

O vindeiro martes 27 de decembro, de 17.30 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza ‘Contos dechocolate’, no marco da programación de actividades destinadasao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenosas sociosas da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e de manualidades con chocolate como debuxos, piruletas ou formas; coordinadas por nenosas voluntariosas, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na nesta actividade, que será a última das programadas durante este ano e suma un total de 50, é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/contos-chocolate/index.htm

Videoconferencia con Papá Noel e visita á Biblioteca de Verín (14 e 15 de Decembro)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza os días 14 e 15 de decembro, ás 11 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as de infantil do centro educativo Amaro Refojo e Papá Noel. En devandita actividade, que vincula as novas tecnoloxías co Nadal, participa a Rede Cemit (Aulas Multimedia). O remate da mesma, a Biblioteca Pública Municipal organizará unha visita dos/as nenos/as ás instalacións e a realización de manualidades e contacontos para todos/as os/as participantes.

Ver fotos da Videoconferencia e das actividades na Biblioteca

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/videoconferencia-papanoel/index.htm
 

 ‘Contos ao carón da lareira ‘ na Biblioteca de Verín 09/12/2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 9 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos ao carón da lareira’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre criaturas extraordinarias e historias fantásticas, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
Ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/
actividades/2011/contos-ao-caron-lareira/index.htm


Os alumnos do María Inmaculada visitan a Biblioteca de Verín 22, 24, 30 de Novembro e 1 de Decembro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDurante estas duas semanas, un centenar de alumnos/as do colexio María Inmaculada visitarán a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. As visitas que terán lugar hoxe e o 24 de novembro están destinadas a nenos/as con idades entre os 12 e 13 anos, mentres que a o 30 de novembro e 1 de decembro son para alumnos/as de 6 a 9 anos.
Nas mesmas coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as
nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.
Esta visita constitúe a sexta destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos tres anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e tamén do Colexio María Inmaculada.

Ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/visita-colegio-minmaculada/index.htm

Ver fotos na web do Colexio

 

‘Contos para os días de choiva’ na Biblioteca Pública Municipal 17-11-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 17 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos para os días de choiva’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias fantásticas ou criaturas extraordinarias, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as,
de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario
inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/contosparadiasdechoiva/index.htm


Cantacontos con Susa Herrera e Merchy Rozas (11de Novembro 2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 11 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de ‘Cantacontos’ realizados pola pedagoga, docente e compositora Susa Herrera Ruiz, acompañada pola profesora e artista Merchy Rozas. Esta sesión destinada a 30 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos en compañía dos proxenitores -un pai ou nai por neno/a-, na que estas excepcionais cantacontos amosarán, de modo gratuíto, cancións do seu último libro-CD ‘Animais enCantadores’, publicado pola Editorial Primerapersona, así coma os seus anteriores traballos: ‘Cartas que veñen e van’ e ‘Todos os animais ao caixón’. A autora de letra e música de todos eles é a propia Susa Herrera, e no caso do proxecto ‘Animais enCantadores’ cada unha das dez cancións está inspirada nun conto pertencente á colección publicada pola Editorial Corimbo -conformada polos seguintes des títulos: O camaleón, O Dinosaurio, O can, O morcego, O coello, O koala, O pingüín, A ratiña, O porquiño e O pitiño-.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínSusa Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Susa Herrera impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas comunidades autónomas do estado, e tamén en países de latinoamérica. Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776.

fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/cantacontos-susa-herrera/index.htm


Contos do Samain, contacontos e manualidades. 28 de Outubro de 2011.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínAs actividades de manualidade e contacontos da Biblioteca Pública Municipal de Verín, con motivo da celebración do ‘Samhain’, terá lugar o vindeiro venres 28 de outubro, en vez do día 31, xa que non é lectivo nos centros educativos.Esta actividade, que terá lugar de 18 a 19.30 horas, está destinada a nenos/as de 3 a 10 anos, que poden ac…udir disfrazados/as. A mesma consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos, e manualidades relacionadas con esta efeméride.

Devandita iniciativa, enmarcada dentro do programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura, está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca, e para participar é necesario inscribirse nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776.


Día Internacional da Biblioteca (21/10/2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do Día Mundial das Bibliotecas, (24 de Outubro) unha actividade cultural o vindeiro venres 21 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.

Esta iniciativa, para nenos/as de 3 a 10 anos, consistirá realización de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776. ver fotos da actividade: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/24outubrodiabiblioteca/index.htm


Presentación do libro ‘Guía das Libélulas de Galicia’ en Verín (18-10-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro martes 18 de outubro, ás 19 horas,  Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro ‘Guía das Libélulas de Galicia’ do naturista e biólogo Miguel Ángel Fernández Martínez. A ‘Guía das Libélulas de Galicia’ ten como obxectivo facilitar a identificación destes insectos mediante a observación directa sen necesidade da captura dos animais que na actualidade é unha actividade regulada pola lexislación; así como ofrecer unha introdución á bioloxía e ecoloxía das libélulas e incrementar o número de naturalistas e amantes da natureza que sumen esforzos para o estudo e conservación destes animais e dos fráxiles e ameazados medios húmidos onde se reproducen.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínMiguel Ángel Fernández Martínez (Vigo, 1970) investiga na actualidade as comunidades de libélulas do Parque Natural do Xurés e Baixa Limia, no ENIL da Xunqueira de Alba de Pontevedra e do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A súa presenza en Verín débese a súa participación como docente no Curso de Monitores de Educación Ambiental que
este ano ten levado adiante o Concello de Verín buscando formar profesionais capacitados para por en valor o rico valor ambiental do termo municipal. No eido editorial conta con máis de media ducia de libros sobre a natureza de Galicia. En 1998 deixou definitivamente o laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo para dirixir durante 5 anos a sección de ciencias da Enciclopedia Galega Universal.

fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/GuiadasLibelulasdeGalicia/index.htm


Contacontos e Manualidades do Outono. 14 de Novembro 2011.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 14 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Outono na Biblioteca’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de monicreques, por parte dos/as alumnos/as do Curso de Animador Sociocultural de Medio Ambiente, e de manualidades como un centro de mesa de outono deseñado con follas, ramas ou flores secas -que debe ser portado polos/as propios/as nenos/as-. Esta última actividade estará coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca
Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín——————————————————————————————————————————————————————————-

Presentación de ‘Guía Arqueolóxica do Alto Támega’. 28 de Setembro de 2011.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle o vindeiro 28 de setembro, a partir das 19:30 horas, a presentación do libro ‘Guía Arqueolóxica do Alto Támega’, de Bruno Rúa Martínez.
Unha guía-catálogo que ten como obxectivo fundamental divulgar o patrimonio arqueolóxico e cultural co que conta a comarca de Verín-Monterrei e que abrangue desde o …paleolítico á romanización, pasando polo legado suevo-cristiano, subliñando aspectos de interese como son os petroglifos, mámoas, pedras abaladoiras, castos ou os numerosos vestixios da romanización (aras, estelas ou miliarios), entre outros. Ademais, o autor incorpora
a este catálogo o abondoso corpus lendario que rodea á maioría destes achados, acrecentando o acervo etnográfico
desta zona do sur de Galicia.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBruno Rúa Martínez (Verín, 1972) é filósofo, músico e arqueólogo. Estudou filosofía en Santiago de Compostela ao tempo que formación musical en canto, participando en 11 óperas e incontables concertos de música coral e sinfónica. 

 

———————————————————————————————————————————–

Os nenos da Ludoteca Municipal visitan a Biblioteca Pública de Verín (4 y 10 de Agosto).

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínUn total de 150 nenos/as da Ludoteca Municipal, organizada durante os meses de verán polo Concello de Verín, visitan durante estas semanas as instalacións da Biblioteca Pública de Verín e a exposición ‘Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Pontevedra.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEsta actuación está enmarcada dentro do ciclo de visitas guiadas organizadas pola Biblioteca de Verín ao longo do ano, e que xa permitiu que un total de cincocentos alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP Princesa de España, Colexio María Inmaculada e CEIP O Castiñeiro de Laza coñeceran de primeira man o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPor outra banda, devandita visita permite que estes 150 menores, con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, coñezan a mostra ‘Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’, cunha interpretación adaptada a súa idade. A mesma rende homenaxe tanto a un escritor identificado coa terra como o libro Memorias dun neno labrego, o máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas (contabilízanse unha vintena de traducións). ‘Querido Balbino’ articúlase a partir de dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos transcendentes da súa biografía. E doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNeste sentido, a exposición lembra as edicións adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego, do que xa se imprimiron máis de 600.000 exemplares, e conta cunha sala onde se proxecta un documental sobre Balbino. Ademais, presenta tamén 10 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego. Os autores que colaboran nesta iniciativa son: Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e Xaquín Marín.


‘BiblioRúa’ en Verín. (semana do 1 ao 12 de Agosto)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNa xornada de hoxe, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volveu saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.

 

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPor este motivo voluntarios/as da instalación situaron, de 11 a 13 horas, un stand fronte ás instalacións da biblioteca, no que se colocaron os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.

Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.


Exposición “Querido Balbino”, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego. ver pdf (9mb)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDo 28 de xullo ao 15 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a exposición itinerante ‘Querido Balbino: 1961-2011. “Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego”, un percorrido pola vida e obra de Xosé Neira Vilas, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración
da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rura…l e a Deputación de Pontevedra. Con esta mostra réndese homenaxe tanto a un escritor identificado coa terra como o libro Memorias dun neno labrego, o máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas (contabilízanse unha vintena de traducións).

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínTras visitar A Coruña, Pontevedra e Lugo, esta exposición chega a esta instalación verinense, nomeada recentemente membro da Rede de Bibliotecas UNESCO, para viaxar máis tarde ata Vigo e Santiago de Compostela. ‘Querido Balbino’ articúlase a partir de dous eixos que guían
ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos transcendentes da súa biografía. E doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista. Neste sentido, a exposición lembra as edicións adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego, do que xa se imprimiron máis de 600.000 exemplares, e conta cunha sala onde se proxecta un documental sobre Balbino.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínAdemais, presenta tamén 10 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego. Os autores que colaboran nesta iniciativa son: Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e Xaquín Marín.

 

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es//actividades/2011/exposicion-neira-vilas/index.htm

 


Bibliopiscina 2011 (do 1 de Xullo ao 5 Setembro)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínApertura da Bibliopiscina de Verín
A Biblioteca Pública Municipal de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, pon en funcionamento por terceiro ano consecutivo o servizo da Bibliopiscina, nas piscinas descubertas de A Granxa. Unha iniciativa destinada a estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais,
fóra do curso escolar. Este servizo oferta un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín. Esta iniciativa estará atendida por 19 voluntarios/as, once deles mozos/as con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 10 anos, e que xa foron recoñecidas, durante tres anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María
Moliner-. A Bibliopiscina funcionará desde o 1 de xullo ata a primeira ou segunda semana de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20.30 horas, de luns a domingo.


Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNo ano 2010 este servizo abriouse ao público máis de 170 horas e o número de préstamos
realizados ascendeu a 2.200, un relevante incremento con respecto ao ano anterior, sen esquecer os obradoiros de debuxo e xogos realizados para os nenos/as. Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os
meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16:30 a 19:30 horas.


‘Contos do Verán’ na Biblioteca de Verín 23/06/2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro xoves 23 de xuño, de 17 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos do Verán’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación e empadroados/as no municipio de Verín, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades coa temática do verán. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

‘Contos do Verán’ conforma a última actividade de contacontos e manualidades que pechará o curso 2010-2011, o que supón a número catorce deste ciclo, dun total das 25 actuacións realizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, entre exposicións, presentacións de libros, visitas de tres centros educativos, videoconferencias ou cursos de informáticas, entre outras, que supera as cifras das organazidas, nas mesmas datas, no ano 2010, sen diminuír a calidade e programación das mesmas.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/contosdeveran/index.htm

 


III Concurso de Narrativa “Eurocidade Chaves-Verín 2011” e BPM de Verín Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Pública Municipal organizan un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura es os valores culturais e deportivos entre os/as nenos/as da comarca. Neste concurso poderán participar todos os/as usuarios/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, ambos inclusive. O relato debe ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática: “A Biblioteca Fantástica”, e ten que presentarse en letra manuscrita lexíbel, en idioma galego, portugués ou castelán; a súa extensión non superará, en ningún caso, 4 DIN A4 escritos por unha cara. Cada traballo debe ir asinado cun lema, no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade está comprendida entre 10 e 16 anos, ambos inclusive, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase no Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12.00 H. do 15 de xullo, venres. O proceso de selección dos traballos, no que cada participante só pode presentar un traballo, realizarao a Biblioteca Pública Municipal de Verín, convocando un xurado con membros externos ou co seu propio persoal. O número de traballos selecciónados farase en función do número de obsequios doados polas entidades deportivas participantes. Os premios consistirán en sortear entre todas e todos os participantes seleccionados
obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de fútbol (Primeira, Segunda, Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente). Na realización desta actividade, promovida polo Concello de Verín, participaron o F.C. Barcelona,
Monterrey C.F., R.C. Deportivo de La Coruña, Lugo C.F., R.C. Celta de Vigo, Verín C.F. e a Selección Española de Fútbol.


Inicio dos cursos de informática na Biblioteca do Concello de Verín, 6 de Xuño de 2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNa xornada de hoxe comezaron os Obradoiros de Alfabetización Dixital, organizados pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Rede Cemit (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), nas materias de iniciación á informática e internet, procesadores de textos, follas de cálculo ou base de datos, e busca de emprego na rede. Estes obradoiros impártense na nova aula multimedia desta instalación municipal nos horarios

de 10 a 12, de 16 a 18 horas e de 20 a 22 horas -ésta última quenda destinada a xente traballadoras-. O obxectivo da Rede Cemit é ser un elemento vertebrador e camiño de futuro dentro das novas tecnoloxías, que baixo unha estratexia global de coordinación permitirá que todas as persoas interesadas poidan formarse e mellorar os seus coñecementos en diversas áreas como a alfabetización dixital, orientación laboral, as redes sociais, o comercio e a banca electrónica, ou a Administración electrónica.

Para máis información, deben dirixirse á Biblioteca de Verín (situada na Avenida de Portugal, 11), no teléfono 988-414776 (no horario de 10 a 13.30 e de 16 a 20.30) ou no mail dinamizacion@verin.net 


Contos do Circo na Biblioteca de Verín 27/05/2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, organiza a actividade ‘Contos do Circo’, dentro do programa de actuacións de fomento da lectura.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contos referentes ao mundo circense, xogos, manualidades e globoflexia. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario
inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/contosdocirco27-05-11/index.htm

 

Encontro con Xosé Carlos Caneiro, mércores, 25 de Maio · 20:00-22:00h. na BPM  do Concello de Verín Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Dentro do Ciclo “Letras Vivas”, no que participa o Concello de Verín, gracias á axuda da Subdirección Xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia, o noso escritor, Xosé Carlos Caneiro, realizará un encontro cos/as integrantes dos/as diferentes Club’s de Lectura da Vila así como integrantes da Biblioteca de Chaves e membros do seu club de Lectura, e público en xeral.

 

Síntese do desenrrolo da actividade:
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO escritor verinense acudiu á Biblioteca para ter unha charla cos/as distintos/as integrantes/as  dos club’s de lectura locais (o propio da Biblioteca e o do Instituto Taboada
Chivite). Caneiro falou da traxectoria da súa obra literaria, das súas experiencias persoais e alabou aos club’s de lectura como unha ferramenta imprescindible para o fomento da lectura.
En definitiva foi unha charla amena, distendida, e divertida, onde Xosé Carlos deixou claro a súa paixón pola literatura e por Verín e o seu Castelo coma fonte de inspiración.

Público asistente:
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínMembros dos club de lectura (o propio da Biblioteca e o do Instituto Taboada Chivite), responsables da Biblioteca Pública Municipal de Chaves (Portugal), así coma público en xeral, aproximadamente unhas 50 persoas.

 

 

Imaxes: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/encontroconcaneiro/index.htm


17 de maio Día das Letras Galegas na Biblioteca de Verín (actividade o 16/05/2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO luns 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta Lois Pereiro. Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actividades para o fomento da lectura, está destinada a 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades por parte do persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as da biblioteca.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Stand fora da Biblioteca:

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Ver Fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/17maioletrasgalegas/index.htm


Presentación do libro ‘Absurdos sentimientos’ Mércores 11 de maio de 2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín acolle o vindeiro mércores 11 de maio, ás 20 horas, a presentación do libro Absurdos Sentimentos, de Hilda Fernández Rodríguez, enmarcada dentro do programa de actividades de fomento da lectura. A obra desta moza verinense de 16 anos está conformada por poesía e narrativa corta e é definida pola autora como “unha obra sumida na imperfección da miña corta idade. Un momento de reflexión cheo de sentimentos absurdos que un día brotaron da miña mente”.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/PresentacionAbsudossentimientos/index.htm


‘Día das Flores’ na Biblioteca Pública de Verín, (06-05-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 6 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Día das Flores’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento
da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades coa temática das flores. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es//actividades/2011/diadasflores/index.htm


Contos da Avoa na Biblioteca Pública de Verín 29-04-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, dentro do conxunto de actividades do fomento da lectura, organiza a actividade de contacontos e manualidades, adicada a figura da avoa e a nai. Será levada a cabo polos Voluntarios/as (grupo de nenos/as de entre 11 e 16 anos) da Biblioteca e o persoal da mesma que se convertirán en narradores de historias. A actividade será levada a cabo na Biblioteca Pública do Concello de Verín o Venres de 18:00 a 19:30 horas, estando dirixida a rapaces/zas de 3 a 10 anos, con inscrición obrigatoria na Biblioteca Pública Municipal e non poden superar os 20 asistentes, debido a gran demanda que existe sempre en todas e cada unha das actividades da Biblioteca. Todas estas actividades que se levan a cabo na Biblioteca buscan o fomento da lectura e xerar o hábito de asistencia a mesma. ver imaxes da actividade:

23 de Abril: Día do Libro na Biblioteca de Verín (20-04-11)

Con motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización de actividades culturais e lúdicas durante a próxima semana:

– Luns 18 e martes 19 de abril. Colocación dun stand fronte ás instalacións da biblioteca, onde se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral (dependendo das condicións meteorolóxicas). Trátase dunha actividade onde libros saen a rúa para acercarse o máis posible aos/ás lectores/as, intentando subliñar, de modo simbólico, a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral. O stand estará a cargo dos/as voluntarios/as da instalación de 11 a 13 e de 17 a 19 horas.

– Mércores 20 de abril (de 18 a 19.30 horas). Constitúe unha actividade clásica na Biblioteca Pública Municipal de Verín, que se celebra fai desde cinco anos en compañía dos máis pequenos/as. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para nenos/as de entre 3 a 10 anos, socios/as da instalación e empadroados/as en Verín. Ao finalizar terán lugar manualidades impulsadas por voluntarios/as da biblioteca, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos.

Ver imaxes da Actividade: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/23abrildiainterlibro/index.htm

 


Visita dos escolares do Colexio María Inmaculada de Verín (14-04-2011)

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, recibirá a visita dos/as escolares do Colexio María Inmaculada de Verín. En concreto será o Xoves día 14, onde máis de 50 nenos/as de primaria pasarán polas instalacións da Biblioteca, onde aprenderán a práxis do funcionamento para os distintos servizos e tamén se realizarán contacontos e manualidades. Toda esta actividade ten por obxetivo acercar a Biblioteca aos/as máis pequenos/as, aprendendo o funcionamento da mesma e que a relacionen sempre coma algo divertido e útil e que sirva para o Fomento da Lectura, a Cultura en xeral e o Lecer. Esta visita constitue a Cuarta de estas características dado que tamén participaron en anos anteriores o Colexio Rural Agrupado de Monterrei, o Colexio Princesa de España e o propio Colexio María Inmaculada de Verín en anos anteriores. ver fotos:

https://picasaweb.google.com/colegiominmaculada/VisitaABiblioteca1EP14abr11#slideshow/5595418375409485538


Día Internacional do Libro Infantil na Bibliotecade Verín (01-04-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Con motivo do día Internacional do Libro Infantil, a Biblioteca de Verín programa para o vindeiro 1 de abril, de 18 a 19.30 horas, unha actividade de contacontos e manualidades da man de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Esta actividade está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Estará coordinada e realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Ver imaxes: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/diainterlibroinfantil/index.htm

ver vídeo: parte 1parte 2


Visita dos escolares do Colexio Princesa de España, 22 e 23 de Marzo.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNos próximos días a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, recibirá a visita dos escolares do Colexio Princesa de España. En concreto será o Martes 22 e o Mércores 23, cerca de 100 nenos/as pasarán polas instalacións, onde aprenderán a práxis do funcionamento para os distintos servizos e tamén se realizarán contacontos e manualidades. Toda esta actividade ten por obxetivo acercar a Biblioteca aos/as máis pequenos/as, aprendendo o funcionamento da mesma e que a relacionen sempre coma algo divertido e útil e que sirva para o Fomento da Lectura, a Cultura en xeral e o Lecer. Esta visita constitue a Terceira de estas características dado que tamén participaron en anos anteriores o Colexio Rural Agrupado de Monterrei e o Colexio María Inmaculada de Verín.

Día 22: ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/visita_princesa_espana/index.htm


“Fundación Preescolar na Casa”e a Biblioteca de Verín (21-03-2011)


Contos da Primavera 18-03-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 18 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos da Primavera’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.  A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Mural da Primavera



Consistirá na realización de contacontos, manualidades e un gran mural coa temática da natureza. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa
da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/primaveranabiblioteca/index.htm

                                                                                                                                                                                                                                                                                    

——————————————————————————————————————————————————————————- ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil” na Biblioteca de Verín (04-03-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 4 de marzo, de 17 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil’, enmarcado dentro do ciclo de actividades lúdico-culturais programadas para o Entroido 2011 e destinado a fomentar o interese pola lectura entre os/as nenos/as do municipio. Globoflexia, contacontos, maquillaxe infantil, cancións ou manualidades como decoración de caretas serán algunhas das actuacións previstas e destinadas para 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios/as da Biblioteca e persoal da mesma.

Para participar nas mesmas é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, e indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil –recomendando traer os produtos de casa- .

Ver Fotos:

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/entroidonabiblioteca/selec_1/entroidonabiblioteca_2011.htm

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/entroidonabiblioteca/selec_2/entroidonabiblioteca_2011.htm


“Fundación Preescolar na Casa”e a Biblioteca de Verín (23-02-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Todo un conxunto de actividades e contos levados a cabo en 2 horas (aproximadamente). As actividades de hoxe coa temática do Entroido, con cancións, xogos, adiviñas, etc…

———————————————————————————————————————————– Club de Lectura, reuniones periódicas (23-02-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO éxito literario do Nadal de 2010, é o libro de lectura do noso Club de Lectura. << Unha novela de amor e espionaxe no exotismo colonial de África>>.

                                                                                                                                                                               ——————————————————————————————————————————————————————————  Videoconferencias: ‘Entroidos Máxicos: Xinzo e Verín’ 21-02-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínOs días 21 e 22 de febreiro, ás 20 horas, os departamentos de Cultura dos concellos de Verín e Xinzo de Limia, a Asociación O Cigarrón e a Asociación A Pantalla promoven a realización de dúas conferencias, emitidas para a rede de aulas de Cidades Dixitais, sobre o Entroido no sur da provincia de Ourense, en concreto, o de Xinzo de Limia e Verín. A primeira delas, que será o 21 de febreiro, leva por título ‘O Entroido de Verín’, e na mesma participarán Xosé Manuel González, presidente da Asociación do Cigarrón, Álvaro Ferreira, profesor do Obradoiro do Cigarrón, Víctor Manuel Baladrón, concelleiro de Festexos de Verín e varios cigarróns. Durante unha hora e media abordaranse os seguintes aspectos: historia e orixe da máscara, sentimento de ser un cigarrón, partes do traxe e os días e significado do Entroido de Verín. Mentres que a segunda videoconferencia,‘O Entroido de Xinzo’, terá lugar o 22 de febreiro e nela participarán Suso Fariñas, presidente da Asociación A Pantalla, Alfonso Carlos Lois, do departamento de cultura do Concello de Xinzo de Limia, Daniel Blanco, concelleiro de cultura do municipio e diversas pantallas.
 

“A natureza e os animais’ 18-02-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 18 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a actuación ‘A natureza e os animais’, dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación cultural. Realización dun mural, contacontos, cancións e manualidades da natureza en xeral e dos animais, en particular, serán algunhas das actividades principais desta iniciativa, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da mesma. Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776 988-414776. ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/Anaturezaeosanimais/index.htm
 

“Clásicos Disney” na BIBLIOTECA 12-02-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO próximo sábado 12 de febreiro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Clásicos de Disney’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación verinense. Contacontos e manualidades coa temática dos contos da factoría Disney, conformarán as actuacións principais desta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da mesma. Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/ClasicosDisney12-02-11/index.htm

 

Reunión do Club de Lectura: “La Sombra del Viento” de Carlos Ruiz Zafón 09-02-2011

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínUn libro xenial, que analizaremos o vindeiro mércores 9 ás 19:30 horas. O Club de Lectura sigue aberto a todos/as os/as queran vir.

                                                                                                                                                             ———————————————————————————————————————————–

“Fundación Preescolar na Casa” e a Biblioteca de Verín (actividade 09-02-2011)
 Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínUnha nova reunión na Bibliteca Pública Municipal do Concello de Verín, onde se contaron contos, cancións, diversos xogos, inventados e populares, etc…

ver imaxes da actividade:

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/preescolarnacasa/09-02-11/index.htm


“UN MUNDO IMAXINARIO” NA BIBLIOTECA (04-02-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 4 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a iniciativa ‘Un mundo imaxinario’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades sobre viaxes imaxinarios e mundos fantásticos organizados por nenos/as voluntarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.  fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/unmundoimaxinario/index.htm
 

Club de Lectura, reuniones periódicas (02-02-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNapresente reunión remataremos co tema da novela negra sueca, expoñendo
os distintos puntos de vista que cada un/unha fumos obtendo.

                                                                                                                                                               ———————————————————————————————————————————-

“Fundación Preescolar na Casa” e a Biblioteca de Verín (actividade 31-01-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Unha nova reunión na Bibliteca Pública Municipal do Concello de Verín, onde se contaron contos, cancións, etc…


 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

———————————————————————————————————————————–

“Anacos de Papel” na Biblioteca de Verín (28-01-11) 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro venres 28 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Anacos de Papel’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación verinense. Contacontos e manualidades coa temática da papiroflexia, arte de realizar figuras con papel, conformarán as actuacións principais desta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776. ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/anacosdepapel/imaxes/index.htm

“Fundación Preescolar na Casa” e a Biblioteca de Verín (actividade 26-01-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínUnha nova reunión na Bibliteca Pública Municipal do Concello de Verín, onde se contaron contos, cancións etc…

ver fotos:

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/preescolarnacasa/preescolarcasanabiblioteca26-01-11/index.htm

———————————————————————————————————————————–

‘Trasnos’ na Biblioteca de Verín (21-01-11)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 21 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Trasnos na Biblioteca’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación.

Contacontos e manualidades coa temática dos trasnos serán algunhas das actuacións realizadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal.

 

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPara participar nestas actividades é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.

ver fotos:

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2011/trasnosnabiblioteca/TRASNOSNABIBLIOTECA21-01-11/index.htm

 


“Fundación Preescolar na Casa” e a Biblioteca de Verín (actividade 12-01-2011)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín(12 Xaneiro – 23 Maio)

 

A Fundación Preescolar na Casa (http://www.preescolarnacasa.org/blog/) e a Biblioteca de Verín realizarán actividades conxuntas nas instalacións desta última.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín                                                                                                                                                                               Deste xeito os/as nenos/as de 1 Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verína 3 anos tomarán contacto coa biblioteca e a lectura, con actividades moi entretenidas e adaptadas ás idades dos/as pequenos/as.

As actividades están diseñadas dende o 12 Xaneiro – 23 Maio un día por semán, en horario de mañá, cun total de 15 nenos/as acompañados polas súas/seus nais/pais, cunha duración de 2 horas.

———————————————————————————————————————————–

EXPOSICIÓN: “ELEMENTAL QUERIDA SALANDER” “A NOVELA NEGRA SUECA”: DENDE MAJ SJÖWALL E PER WAHLÖÖ A STIEG LARSSON e HENNING MANKELL

do 12 ao 31 de Xaneiro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, organiza a exposición: ‘Elemental Querida Salander’. ‘A novela negra sueca dende Maj Sjöwall e Per Walhöö a Stieg Larsson e Henning Mankell’, desde o 12 ao 31 de xaneiro.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDevandita exposición, que se inaugurará o mércores 12 de xaneiro, ás 19 horas, complementa a reunión do Club de Lectura, realizada ese mesmo día e que, ademais de iniciar os encontros do 2011, levará a debate a novela negra sueca. Está conformada por distintos plotters coas portadas das obras máis significativas, biografías do/as autores/as máis puxantes, información xenérica de Suecia e un percorrido polos lugares onde se desenvolven todas as tramas.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA mesma conta con material diverso, cedido pola propia Embaixada de Suecia, que formou parte da caseta da Feira do Libro de Madrid no ano 2009, e estivo adicada a Literatura Escandinava. Así mesmo, tamén colaboraron as distintas editoriais nacionais que editan estas obras no noso país, como Maeva ou Tusquets, o escritor Martínez Lainez, cun artigo do porque do éxito en España, ou a propia escritora sueca Camilla Lackberg -autora de Hijas del Frío
ou Crimen en Directo-, que dun xeito excepcional respondeu en total primicia a unha serie de preguntas realizadas por persoal da instalación municipal.

A exposición pódese visitar de luns a venres das 10 ás 13.30 horas e das 16 ás 20.30 horas -no mesmo horario de apertura ao público da Biblioteca Municipal de Verín-


Club de Lectura (Reunións Periódicas 12/01/2011)  

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín A continuación desta actividade manterase no tempo, e o ánimo non decaeu aínda que sufrimos algunhas baixas, pero tamén se compensaron con algunhas altas co cal o resultado é de 10 membros estables. A aposta dun club de lectura sabemos que é complicada pero paga a pena e como temos falado nas reunións aínda que sexamos tres membros continuaremos con esta actividade.

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.