Actividades 2010

 Club de Lectura (Reunións Periódicas) Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

A continuación desta actividade manterase no tempo, e o ánimo non decaeu aínda que sufrimos algunhas baixas, pero tamén se compensaron con algunhas altas co cal o resultado é de 10 membros estables. A aposta dun club de lectura sabemos que é complicada pero paga a pena e como temos falado nas reunións aínda que sexamos tres membros continuaremos con esta actividade.

Contos de Inverno (23 e 30 de Xaneiro)

Primeira actividade deseñada e realizada na súa totalidade con todos/as os/as Voluntarios/as. As tarefas repartiranse en función da súa dispoñibilidade, sen menoscabo das súas actividades e obrigas escolares. Os contos terán relación co inverno, porque neste ano aínda non lle dedicamos ningunha actividade, e búscase a máxima participación dos/as nenos/as asistentes. A actividade ten como obxectivo aos/ás nenos/as de entre 3 e 8 anos, e celebrarase os días 23 e 30 de Xaneiro, en horario de 11:30 a 13:00 horas.

ver fotos: /actividades/2010/contosdeinverno/index.htm

“A grande aventura do Libro”, (1 de Febrero 2010)

Durante un día enteiro a Consellería de Cultura facilitounos un autobús para a promoción da lectura entre todos os colectivos sociais. O Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, veu a promover o evento, e acudiu, tras o convite realizado en Nadal polos/as Voluntarios/as Culturais da biblioteca, a realizar unha visita ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

Contos do Entroido e Maquillaxe Infantil 11 e 13 de Febreiro

Xuntar os contos con temática do Carnaval e a Maquillaxe infantil é unha mestura que sempre resulta atractiva e por iso esta actividade realizarse en dous días dado a gran demanda que temos.

ver fotos: /actividades/2010/ContosdoEntroido/index.htm

Club de Lectura (Reunións Periódicas: 24-02-10)

A segunda reunión do mes de Febreiro viuse afectada polo Entroido, que a nosa vila se vive con devoción, pero aínda así, foi unha das reunións onde máis criterios e comentarios xurdiron. Debates intensos sobre a obra a tratar “O cabaleiro da armadura oxidada” de Robert Fisher. A obra, independentemente dos gustos de cada un dos asistentes, xerou gran cantidade de comentarios que fixeron da reunión unha das mellores, onde todos/as os/as asistentes quixeron achegar algo. Tamén aproveitamos para fixar o seguinte libro a tratar que será “EL ULTIMO ENCUENTRO” de Marai, Sandor.

Actividade de Contos e Manualidades: “CONTOS DO VENTO”, sábado 27 de Febreiro de 2010

 Os “Contos do Vento”, é unha actividade que recupera contos do inverno cunha manualidade simple e orixinal, como foi dende sempre o muíño de vento.

ver fotos: /actividades/2010/CONTOSDOVENTO/index.htm

CONTOS DAS CRIATURAS MISTERIOSAS (Sábado 13-03-2010)

Continuando coas actividades de Fomento da Lectura, o Sábado 13 de Marzo dedicamos unha actividade de misterio que sempre atrae moito máis a atención dos/ás máis pequenos/as. A actividade está dedicada a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 a 8 anos. Como sempre contamos cos nosos/as Voluntarios/as que colaborarán tanto na elaboración das manualidades, selección de contos, lectura destes e axudando aos/ás asistentes na confección das manualidades. Os contos seleccionados seguiron a temática que titulaba á actividade, con moitos dragóns, fadas, gnomos, etc…Sobre todo destacamos a figura do “PELELLIÑO”, ser máxico, creado por Anxo Fariña, publicado pola Editorial A Nosa Terra, 2007.

ver foto: /actividades/2010/contosdascriaturasmisteriosas/index.htm

 Vídeo de APOIO A CHILE (sábado 13 de marzo de 2010)

Tras a traxedia acontecida en Chile cun Terremoto desvastador, decidimos realizar un vídeo de apoio ao pobo chileno, onde os/as Voluntarios/as da Biblioteca, leron un manifesto, onde todos e todas nos solidarizábamos con este país irmán. Así mesmo dedicamos este aos nenos/as da Escola María Villalobos Arteaga na Municipalidade de Olivar na VI Rexión de Chile e á profesora e encargada dos servizos Bibliotecarios Rosita Peña, coa que colaboramos intercambiando experiencias dende fai máis de 1 ano.

ver vídeo: http://microsites.centromultimedia.net/microsite/verin/videos_novas/apoyo_chile/apoyo_chile.htm

Por esta iniciativa a Embaixada de Chile en España, realizou un convite formal para acudir á súa sede en Madrid o 25 de Xuño 2010. Así mesmo o Claustro de profesotes da Escola María Villalobos Arteaga na Municipalidade de Olivar na VI Rexión de Chile, acordou que os seus alumnos/as, comezarán as súas clases, presenciando o vídeo que realizamos con todo cariño dende Verín – España.

 Concurso “A MAXIA ESTÁ EN TI”. (15 Marzo 2010)

A Fundación Antena 3 e a Fundación Abracadabra queren seguir achegando a Maxia aos máis pequenos e convocan a todos os nenos menores de 14 anos e, dun xeito especial, a nenos hospitalizados e nenos con calquera tipo de minusvalidez a presentarse ao concurso “A Maxia está en ti”. Os obxectivos deste concurso de maxia infantil son: inculcar nos nenos os aspectos positivos da maxia e a ilusión, espertar unha nova afección creativa e imaxinativa e fomentar o uso da linguaxe audiovisual entre eles. Para os nenos hospitalizados que están a pasar por un momento difícil, a maxia posúe un efecto terapéutico e ilusionante. Os/as pequenos e rapazas Voluntarios/as, participan neste concurso en distintas modalidades.

http://www.antena3.com/PortalA3com/Magia-accion/Trucos-Magia/S_9934981_10071330

 Reunión do Club de Lectura. 08-04-2010

Tras a Semana Santa, a reunión do Club de Lectura versou sobre a obra de Sandor Marai, “O ULTIMO ENCONTRO”. Esta obra suscitou un interesante debate sobre a cuestión da amizade e o rancor e xerou distintas interpretacións sobre estes extremos. Cada reunión do Club de Lectura, asenta máis as súas bases, onde se empezan a enxergar lazos de amizade e camaradaría entre os seus membros, o que xera que exista unha maior confianza á hora de rebater comentarios ou puntos de vista contrapostos, o que nos está a levar a un maior valor das nosas reunións periódicas. A seguinte reunión fixouse para o mércores 21 de abril, onde trataremos a obra de DARÍO XOHÁN CABANA, “Galvan en saor’, libro revive as sagas “Artúricas” tan presentes en escritores clásicos galegos como Álvaro Cunqueiro, como por exemplo “Merlín e Familia”, pero a literatura artúrica xa existe na literatura medieval galego – portuguesa.

 Contos da Natureza e a Primavera. 10-04-2010

O sábado 10 de abril, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos da Primavera’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca. Contacontos, manualidades e a confección dun mural coa temática da natureza e a primavera serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a 20 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e realizadas por nenos/as voluntarios/as e o persoal da Biblioteca Pública Municipal.

ver fotos: /actividades/2010/contosdaprimavera/index.htm

Convocatoria: “Concurso de Narrativa da Biblioteca Pública”

A Biblioteca Pública do Concello de Verín convoca un concurso de Narrativa, onde busca que os nenos/as de Verín, Bisbarra e Chaves (Portugal), fomenten a escritura e os valores culturais e deportivos. O prazo para entregar os traballos xa está fixado como máximo para o 28 de Maio ás 12 horas e o depósito efectuarase no rexistro do Concello de Verín.Na presente Edición do Concurso Narrativo, realízase co apoio da Eurocidade Chaves-Verín, onde este ente supranacional busca unha unidade sociocultural para dúas cidades veciñas, e onde un proxecto como este fomenta esta cohesión.

BASES DO CONCURSO:

Concurso de Narrativa ‘Eurocidade Chaves-Verín 2010’ e Biblioteca Pública MunicipalChaves/Verín, 14 de abril de 2010. A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Pública Municipal organizan un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura es os valores culturais e deportivos entre os/as nenos/as da comarca.Neste concurso poderán participar todos os/as usuarios/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos. O relato debe ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática: A Biblioteca Fantástica, e ten que presentarse en letra manuscrita lexíbel; a súa extensión non superará, en ningún caso, 4 DIN A4 escritos por unha cara.Cada traballo debe ir asinado cun lema, no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade está comprendida entre 10 e 14 anos, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase no Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12 horas do día 28 de maio.O proceso de selección dos traballos, no que cada participante só pode presentar un traballo, realizarao a Biblioteca Pública Municipal de Verín, convocando un xurado con membros externos ou co seu propio persoal. O número de traballos selecciónados farase en función do número de obsequios doados polas entidades deportivas participantes. Os premios consistirán en sortear entre todas e todos os participantes seleccionados obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de fútbol (Primeira, Segunda, Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente).Na realización desta actividade, promovida polo Concello de Verín, participaron o F.C. Barcelona, Monterrey C.F., R.C. Deportivo de La Coruña, Lugo C.F., R.C. Celta de Vigo, Verín C.F. e a Selección Española de Fútbol.

Reunión do Club Lectura (21 de abril de 2010)

Esta reunión centrouse na obra de DARÍO XOHÁN CABANA, “Galván en Saor’, libro que revive as sagas “Artúricas” tan presentes en escritores clásicos galegos como Álvaro Cunqueiro, como por exemplo “Merlín e Familia”, pero a literatura artúrica xa existe na literatura medieval galego – portuguesa. Foi unha reunión onde todos coincidiron nos comentarios e máis salientable foi a sorpresa pola obra, os saltos no tempo, a simbiose do mito celta coa lenda artúrica.

“23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO” 23-04-2010

Para celebrar o día mundial do libro, realizamos unha actividade de cuentacontos e manualidades, para nenos e nenas de entre 3 a 8 anos. Os contos seleccionados por nosos/ás Voluntarios/ás e o persoal da Biblioteca foi moi variado. Como manualidade recorremos a unha realizada en varias ocasións anteriores, como é a confección dun libro con tapas de cartolina, cosido con fío e folios por follas, onde os/as participantes na actividade decoraron ao seu gusto. Ao tempo que foron rematando a decoración do seu libro e sobre todo os/as máis pequenos/as, realizaban outras actividades como ler contos ou colorear.

ver fotos: /actividades/2010/DIAMUNDIALDOLIBRO/index.htm

Reunión do Club Lectura (5 de maio de 2010)

A reunión do Club centrouse na obra de Pablo Neruda “20 poemas de amor e unha canción desesperada”, onde se superaron as reticencias á lectura de poesía e a obra de Neruda se adaptou perfectamente ao entendemento de todos/as. As conclusións do grupo centráronse no propio título da obra un “amor desesperado” moi en relación coa idade de Neruda cando escribiu a obra.

III CONGRESO DE LITERATURA INFANTIL CHAVES (14-05-2010)

A Biblioteca de Verín foi invitada ao III Congresso Internacional de Literatura Infantil de Chaves (Portugal) organizado pola Universidade de Tras os Montes e Alto Douro e o Concello de Chaves (Portugal).

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínDesta forma o persoal da Biblioteca así coma parte dos seus voluntarios/as participaron nunha sesión de contos infantís que foi moi ben acollida polo público asistente ao congreso e que valorou en boa medida do traballo de Fomento da Lectura entre os/as máis pequenos/as que levado a cabo na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín así como o traballo de Voluntariado Cultural.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vínculo entre a Biblioteca de Verín e a de Chaves (Portugal), non só existe a nivel administrativo, dentro do programa de acción da Eurocidade Chaves-Verín, senón que vai máis alá e actividades como a realizadas anteriormente así póñeno de manifesto.

Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010 (15/05/2010)

Todos os anos a Biblioteca celebra o día das Letras Galegas, este ano dedicadas a Uxío Novoneyra. Desta forma organizamos unha actividade dirixida a nenos e nenas, de entre 3 a 8 anos, onde se contarán contos e farán manualidades.

Os contos seleccionados foron os mesmos que os contados no día anterior no CONGRESO DE LITERATURA INFANTIL DE CHAVES, dado que esta actividade se realizou o día seguinte, pero Ana García Nóvoa, contou un conto inédito, que resultou premiado no propio día das Letras, no Certame que realiza o Concello de Verín. Respecto á manualidade, confeccionamos unha raza de animal novidosa, só vista na Biblioteca de Verín, como é o “GLOBO-PAXARO”, manualidade moi simple que sorprendeu aos/ás nenos/as.

ver fotos: /actividades/2010/LETRASGALEGAS2010/index.htm

FOMENTO DA LECTURA COA FUNDACIÓN PREESCOLAR NA CASA (24-05-10)

A Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza, en colaboración coa Fundación Preescolar na casa, unha actividade de animación á lectura para pais e nais e nenos/as de 0 a 2 anos de idade. Con esta iniciativa, que tivo lugar o luns 24 de maio, ás 18 horas, preténdese incentivar o fomento da lectura, interacción entre pais e nai cos seus pequenos/as e xerar un hábito de acudir a estas instalacións municipais.

Na actividade como é habitual acudiron algúns dos nosos/as Voluntarios/as dado que a hora coincidía cós horarios de clases e outras actividades, non puideron estar presentes todos/as eles/as.Os contos seleccionados foron especialmente seleccionados dada a idade dos/ás nenos/as e a manualidade foi a realización dun mural con pintura de dedos que sempre é algo que chama moito a atención dos/ás pequenos/as.

ver fotos: /actividades/2010/FOMENTODALECTURAPREESCOLARNACASA/index.htm

Reunión do Clube da Lectura (26 de maio de 2010)

A reunión do Clube centrouse sobre a obra de MARÍA REIMONDEZ, “O CLUB DÁ CALCETA”, un libro moi recomendado en moitos outros Clubes de Lectura.En ningunha das reunións anteriores un libro suscitou tantos comentarios, debates, suxestións e puntos de vista, como a presente obra. Foi un libro que en xeral gustou, moito máis ao público feminino do Clube, sen que isto sexa indicativo de machismo ou que o libro sexa catalogado como feminista.

Contos do Universo (Xoves 3 de Xuño de 2010)

Actividade de fomento da lectura cunha temática moi distinta, pero que acompaña á estación na que nos atopamos e sobre todo na que imos entrar onde é nesas noites de verán onde nos sentamos a observar o universo. Realizarase en horario de tarde, de 18 a 19:30 horas cun límite de asistentes (máximo 20 nenos/as, de 3 a 8 anos), que compartirán connosco e os/as nenos/as Voluntarios/as os soños de viaxar polo espazo e ver as estrelas.

A manualidade centrámola en traballos manuais con arxila que sorprendeu a todos/as os/as nenos/as porque era a primeira vez que traballamos con ela.

ver fotos: /actividades/2010/cuentosdeluniverso03-06-10/index.htm

 Acto de presentación da novela “UNICROM” de Juan Tallón e Rosa Enríquez (Venres 4 de Xuño de 2010).

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o 4 de xuño a partir das 20 horas a presentación da novela “Unicrom” de Rosa Enríquez. Unicrom, novela de ciencia ficción e aventura destinada a un público xuvenil adulto -entre 16 e 24 anos.É o primeiro achegamento á narrativa publicada por Rosa Enríquez (A Rúa, 1969). Con anterioridade a esta obra, a autora publicou “Vestíbulo” da devastación (Editorial Espiral Maior, 2007) e “Nas aforas” (editado no ano 2006 polo Concello de Outes, por conseguir o Premio Francisco Añón de Poesía 2005). Este acto, organizado por Sotelo Branco Edicións en colaboración co Concello de Verín, tamén participará o escritor e xornalista Juan Tallón.

Visita, Premio e Recoñecemento da FUNDACIÓN ANTENA 3 (25-06-2010)

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, foi premiada pola Fundación Antena 3, polo seu labor con mozos e mozas Voluntarios e Voluntarias Culturais (con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos) que nesta Biblioteca participan, no Fomento da Lectura, nas distintas actividades levadas a cabo neste ente municipal sobre todo con nenos/as de idades entre 3 e 8 anos.

Por este motivo o persoal da Biblioteca e sobre todo os seus Voluntarios/as foron invitados a realizar unha visita ás instalacións da citada cadea de televisión nacional para recoñecerlles o traballo realizado e a importancia do seu labor altruísta. Có obxectivo de animar aos/as voluntarios/as a continuar co seu valioso labor, a Fundación Antena 3, manterá unha conferencia sobre a importancia do voluntariado corporativo dentro do Grupo Antena 3. Recepción na Embaixada de Chile en Madrid (25-06-2010)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínTras a gravación do vídeo de “Apoio ao pobo Chileno”, albergado na web: http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/videos_novas/apoyo_chile/apoyo_chile.htm (dentro da web www.verindixital.org) a Embaixada Chilena en Madrid, ofrécelles unha recepción a estes/as Voluntarios/as, onde o seu Asesor Cultural na Embaixada de Chile en España, o Sr. D. Sergio Macías Brevis, quere agradecer a solidariedad mostrada no presente vídeo, así como o traballo que leva realizando con anterioridade coa Escola María Villalobos Arteaga na VI Rexión de Chile, co intercambio de experiencias no ámbito do fomento da lectura, a través da súa profesora Dna. Rosa Pena Duarte, desde o ano 2008.

Convivencia en Madrid e visita ao Parque Warner de Madrid. (26-06-10)

Con motivo da nosa visita a Madrid aproveitamos para realizar unha convivencia cos nosos/as Voluntarios/as, cun día no parque de atraccións e visita a Madrid dado que a maioría non coñecía a capital. Así logo das visitas concertadas en Antena 3 e na Embaixada de Chile, paseamos por Madrid e nos lugares máis emblemáticos.

Nesta viaxe temos que volver agradecer ás Hnas. do Amor de Dios de Alcorcón, por cedernos as súas instalacións e o ben que nos trataron.

O parque Warner foi a recompensa máis divertida de toda a viaxe para os/as mozos/as e puxo o colofón a toda a viaxe.

Ludoteca (Cursos de Informática Xullo-Agosto- Setembro 2010)

Conxuntamente co Punto de Información Xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza do mesmo xeito que no ano 2009, os cursos formativos de informática para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 a 12 anos. As novas tecnoloxías son unha preocupación constante e sempre que é posible tratamos de incentivar os cursos formativos a todas as idades, pero con especial atención nos/ás máis pequenos/as. O presente curso achega o mundo das novas tecnoloxías a 60 nenos/as divididos en 2 grupos de 30 nenos/as, en horario de 10 a 11:30h. e de 11:30 a 13:00h. Os cursos celebraranse desde o 23 de Xuño (coincidindo co final de curso) ao 8 de Setembro no Aula Multimedia do Concello de Verín, sita na Casa da Mocidade, lindeira á Biblioteca Pública Municipal e desde onde xestionamos todas as reservas da aula, así como colaboramos, cando nolo solicitan na confección de manuais e/ou temarios.

Entrevista e Colaboracións en ONDA CERO Verín, 29 de xuño de 2010

Tras a experiencia de coñecer a Embaixada Chile e ver a realidade do Voluntariado na Fundación Antena 3, a Emisora local de Onda Cero realizou unha entrevista aos nosos/as Voluntarios/as.

http://www.ondaceroverin.blogspot.com/ Por mor desta entrevista, realizarase unha colaboración entre os/as Voluntarios/as e Onda Cero Verín, na cal acudirán todos os mércores de verán e contarán contos, orixinais ou do propio fondo da Biblioteca de Verín. http://ondaceroverin.blogspot.com/search?updated-max=2010-07-05T04%3A02%3A00-07%3A00&max-results=7 Os ensaios realizámolos na propia Biblioteca e grávanse nos estudos de Onda Cero Verín.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínNa imaxe Ana García Nóvoa, na gravación do conto que ela mesma escribiu con referencia ao Camiño de Santiago.

Tras esta primeira participación nas ondas, realizouse unha obra de teatro na radio, que parecía as antigas emisións radiofónicas, obra seleccionada e ensaiada polos nosos/as Voluntarios/as na Biblioteca Pública Municipal. Tamén Esther atreveuse a interpretar co seu violín nas ondas varias melodías, do mesmo xeito que fai na Biblioteca en moitas ocasións. De igual forma, estamos traballando para que os/as Voluntarios/as realicen un traballo de estudo das noticias que aparecen nos medios e ao final de cada semana sexa emitido en ONDA CERO VERÍN.

Club de Lectura (30 Xuño 2010)

A última reunión do Club de Lectura, no ciclo 2009-2010 celebrouse o 30 de xuño, dado que coa época estival, suspendemos esta actividade ata o próximo mes de Outubro onde volveremos reunirnos. A obra a tratar na presente reunión foi “O amor nos tempos do cólera” de Gabriel García Márquez.

O debate sobre a obra foi moi interesante, onde se expresaron distintos puntos de vista de todos/as os/as participantes. Tamén aproveitamos para facer un pouco de resumo do que foi o Club de Lectura neste ano, a visión que cada un/a tivo sobre o mesmo e o importante de continuar no futuro. O colofón púxoo a Concelleira de Cultura Dna. Coroa Meixeira Romasanta, que ratificou a importancia desta iniciativa.

Bibliopiscina 2010 (Xullo-Agosto-Setembro)

Presentación 08-07-2010. O 8 de Xullo presentamos no Concello de Verín, xunto ao Alcalde, D. Juan Manuel Jiménez Morán, e o Concelleiro de Festexos, Víctor Baladrón, e gran parte dos/ás Voluntarios/as. Foi un acto de presentación pero tamén de recoñecemento do labor destes/as mozos/as e tamén dos/ás Titores que integramos este equipo de traballo altruísta. Contamos con 8 nenos/as Voluntarios/as con idades entre os 11 e 15 anos. Desta forma están repartidos en 3 grupos traballando 2 días á semana e o Domingo en rotación para cada grupo, ata setembro. Os cuadrantes de traballo xa están confeccionados e pola experiencia do ano 2009, sabemos que a disciplina que estes/as mozos/as é excepcional. A maiores completamos os grupos de traballo os/as Voluntarios/as TITORES, maiores de idade, que somos os/as que acompañamos aos/as nenos/as e velamos porque todo transcorra correctamente. Nós tamén temos o noso cuadrante de traballo e desde Xullo a Setembro repartímonos os días de Voluntariado.

Biblopiscina día a día. O traballo na Bibliopiscina comezou o pasado venres, 9 de Xullo, con horario de 17 a 20 horas, de luns a venres ata o próximo 5 de Setembro. O horario modificouse respecto ao ano anterior dado que o público empeza a acudir a partir das 17horas e as 19h. do ano pasado, era moi cedo a hora de peche. En total serán 58 días, ou o que é o mesmo 174 horas de intenso traballo onde todos/as os/as Voluntarios/as prestaremos o noso tempo a favor do fomento da lectura. Tamén a parte de prestar libros, contos, cómics, revistas, etc.., levamos xogos de mesa, parchis, xadrez, etc… A maiores realizamos pequenos talleres de pintura e colorear entre os/as máis pequenos/as.Este ano a nosa actividade é máis coñecida e por iso estamos convencidos que o número de prestamos será superior ao ano 2009, que tivo a incrible cifra de máis de 1980 prestamos.

Ver la Noticia en el Blog de Onda Cero Verín:
 http://ondaceroverin.blogspot.com/2010/07/los-voluntarios-de-la-bibliopiscina-de.html

Aspectos da Bibliopiscina. A importancia desta actividade radica, non só no fomento do hábito de lectura fóra das instalacións da Biblioteca, senón no compromiso, actitude, constancia e traballo deste grupo de Voluntarios/as, tanto dos/ás nenos/as como dos/ás titores que todos/as comprometémonos con esta actividade que sen dúbida é a que máis tempo e dedicación lévanos en todo o ano, pero que sempre tantas satisfaccións ofrécenos.

ver fotos: /actividades/2010/bibliopiscina/index.htm

 Curso de Coidador Sociosanitario de persoas dependentes nas institucións sociais. Do 16 ao 23 Xuño 2009

A Deputación Provincial de Ourense promove e desenvolve un Proxecto de formación – Inserción baixo o nome de INNOVA Emprego OURENSE de implantación en todo o territorio da provincia cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Esta formación ten por obxectivo a integración socio-laboral que permita favorecer o acceso a un posto de traballo das persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción e reinserción laboral. A colaboración da Biblioteca de Verín céntrase no apartado das novas Tecnoloxías, prestando o aula de computadores e apoio con manuais e explicacións puntuais.

Convivencia cós/ás Voluntarios en Vilaza (31-07-2010)

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, do mesmo xeito que as grandes compañías, que buscan a maior implicación dos seus empregados e fomentar os lazos de compañeirismo e traballo en equipo, nós tamén intentamos consolidar a amizade e fomento de valores, e como non, tamén facer un pouco de exercicio cos nosos/as Voluntarios/as. Desta forma realizamos esta saída en bicicleta á poboación próxima de Villaza, contiguo Concello de Monterrei, onde tras o paseo en bicicleta de 12km. (ida e volta), xogaremos un partido de fútbol 7, e varios xogos populares. A concelleira de Cultura, Coroa Meixeira, tamén participou connosco na comida campestre, onde tras o exercicio da mañá demos boa conta das empanadas recentemente saídas do forno de Vilaza. Pola tarde dada a intensa calor e xa que o río estaba en perfectas condicións acabamos todos/as na auga. A actividade terminou sendo un éxito onde compartimos un día no campo con todos/as Voluntarios/as

A Biblioteca Pública Municipal de Verín entrega os premios do II Concurso de Narrativa (12-08-10)

A concelleira de Cultura de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, e o Concelleiro de Deportes Víctor Baladrón, entregaron esta mañá os premios do II Concurso de Narrativa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, destinado a fomentar a escritura e os valores culturais e deportivos.Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Nesta segunda edición, asentada na temática ‘A Biblioteca Fantástica’ e aberto a nenos/as dos municipios de Verín e Chaves, os gañadores do mesmo foron Esther Vaz Diéguez (14 anos), Ana García Nóvoa (12 anos) e Paula Fernández Pérez (13 anos). Todos eles recibiron obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de fútbol (Primeira, Segunda, Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente).

Os traballos gañadores estarán expostos na Biblioteca Pública Municipal nas próximas datas.

Presentación literaria (13-08-2010)

Presentación do libro “La comarca de Monterrei en el Antiguo Régimen”, de Isaac César González Abellas, profesor de Historia no IES Xesús Taboada Chivite. Ás 19 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Organiza Andavira Editora co apoio do Concello de Verín.

Nativo de Ourense e radicado na comarca de Verín desde a década dos oitenta, o autor formouse como historiador na Universidade de Vigo. Desde 1996, é profesor de ensino secundario, actualmente no IES Xesús Taboada Chivite de Verín. Tamén é profesor asociado da Universidade de Vigo, no Area de Historia Moderna, desde o curso 2009-2010.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínLa Comarca de Monterrei en el Antiguo Régimen, tese de licenciatura do autor, pretende analizar a evolución deste territorio entre os séculos XVI e XVIII.Comeza González Abellás estudando a estrutura económica do val a mediados do século XVIII, así como as complementarias declaradas, e unha análise da estrutura social resultante. A parte demográfica do estudo analiza a dinámica poboacional desde finais do século XV ata os nosos días. A partir da estrutura da poboación a mediados do século XVIII, analizá a evolución das taxas de natalidade, nupcialidad e mortalidade. González Abellás dedica unha atención especial ás crises demográficas detectadas e aos movementos migratorios. Finalmente, como célula básica de produción e reprodución no Antigo Réxime, estuda a familia a mediados do século XVIII. Os datos aos que González Abellás lle aplica a metodoloxía historiográfica foron recollidos en libros de rexistro parroquiais, libros de visitas pastorais, censos (entre os que destaca o Catastro de Ensenada de 1753) e protocolos notariais.

Entrega dos Diplomas acreditativos da laboura de VOLUNTARIADO e Convivenza en Monterrei (10-09-2010)

O venres día 10 de setembro, faise entrega dos Diplomas acreditativos da laboura de VOLUNTARIADO, que levaron a cabo 12 rapaces/zas con idades comprendidas entre os 11 a 19 anos na Bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Deste xeito quérese recoñecer toda a labor o entusiasmo e a dedicación dos/as nosos/as voluntarios/as, que amosaron unha grande responsabilidade a hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina.

Este servizo aberto ao público por vez segunda neste verán 2010, cunha grande aceptación, cun total de case 177 horas aberto ao público e máis 2200 prestamos realizados (libros, tebeos, revistas, xogos, etc…), datos que reflexan un incremento respecto ao ano 2009, sen contar os talleres de debuxo e xogos que se realizaron para os/as máis pequenos/as.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínPara rematar esta actividade e agradecerlle aos/as voluntarios/as, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza unha xornada de convivencia entre os/as voluntarios/as e os titores no Albergue de Peregrinos nas instalacións do Castelo de Monterrei.

Esta actividade terá lugar dende a tarde do venres 10 ao sábado 11 setembro, con diversas actividades culturais e xogos populares e unha excursión nocturna polo Castelo de Monterrei onde contaremos diversas lendas.

ver imaxes /actividades/2010/convivenza_10-09-09/index.htm

Contos dos Números (17-09-2010)

Actividade enmarcada dentro do Plan de Fomento da Lectura, adicada a nenos/as de idades comprendidas entre os 2 a 4 anos, onde buscamos atraer a primeiros lectores e os sus pais. Esta actividade organizada conxuntamente cos/cas Voluntarios/as, cos que preparamos contos, cancións sobre os números con paneis, pintados por nos e realizouse un gran mural de números para que os/as máis pequenos/as pintaran nel con pintura de dedos que sempre lles resulta moi atractivo. Na actividade participaron os/as pais/nais, que ao remate da mesma tamén se sentaron a ler contos.

Ver fotos: /actividades/2010/contosnumeros/index.htm

Outono na Biblioteca (1-10-2010)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO venres 1 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a actividade ‘Outono na Biblioteca’, para nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Contacontos interpretados por voluntarios/as e persoal da Biblioteca, manualidades e a confección dun gran mural coa temática do outono de fondo serán algunhas das actuacións programadas. Unhas manualidades que se converteran nun agasallo para os maiores da localidade, coincidindo co Día do Maior. Para participar nestas actividades, destinadas a un máximo de 20 nenos/as, é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.

ver fotos: /actividades/2010/Contosdooutono/index.htm

Club de Lectura en Verín (Outubro 2010)

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en funcionamento, por segundo ano consecutivo, o seu Club de Lectura. Este proxecto, adicado ao fomento da lectura, busca converterse nun estímulo para a interacción e participación entre os/as lectores que acoden á instalación municipal; que compartirán en xuntanzas, varias veces ao mes, as vivencias obtidas tras a lectura do mesmo libro. A primeira obra seleccionada para iniciar esta actividade é “Arraianos” de Xosé Luis Méndez Ferrín. O prazo de inscrición para participar neste Club de Lectura finaliza o 8 de outubro, e está destinado a un máximo de 15 usuarios/as socios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín e maiores de idade -teñen prioridade os/as participantes do ano anterior.

Reunión do Club de Lectura 13-10-2010

A primeira reunión do Club de Lectura no presente curso 2010 – 2011, celebrouse o 13 de Outubro onde foi presentadose os/as novos/as integrantes o club, tamén acordouse como primeiro libro “Arraianos” do escritor galego Xosé Luis Méndez Ferrín.

‘Día Mundial das Bibliotecas’ 23 de Outubro de 2010

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do Día Mundial das Bibliotecas, unha actividade cultural o vindeiro sábado 23 de outubro, de 11.30 a 13.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura. Esta iniciativa, para nenos/as de 3 a 9 anos, consistirá realización de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse na mesma ou no teléfono 988-414776.

ver fotos: /actividades/2010/diadabibliteca-2010/index.htm 

7º Concurso de Debuxo de Postais do Nadal

Por outra banda, os/as nenos/as menores de 14 anos que desexen participar no 7º Concurso de Debuxo de Postais do Nadal de Fernando Alonso, no que colabora a Biblioteca verinense, deberán acudir a estas instalacións municipais antes do 15 de novembro, momento no que serán remitidas todas as postais. No ano 2009, participaron un total de 13 nenos/as do municipios e as súas creacións estiveron colgadas na páxina web do piloto de Fórmula 1.

POSTAL DE MANUEL QUINTAS MARTINEZ

TERCEIRO PREMIO

(http://www.fernandoalonso.com)

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínVer Postais:

PDF 1 (7,6MB)

PDF 2 (5,5MB)

Nota de Prensa

O neno verinense Manuel Quintas, terceiro premio no concurso de felicitacións de Nadal da Web Oficial de Fernando Alonso

Manuel Quintas Martínez, un neno verinense de sete anos de idade, obtivo o terceiro premio no VII Concurso de felicitacións de Nadal da Web Oficial de Fernando Alonso. Unha actividade na que participaron máis de douscentos nenos/as de diferentes países, entre eles cincuenta do municipio, e que foi impulsada desde a Biblioteca Pública Municipal de Verín, co obxcecto de impulsar ás actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación, onde os/as interesados/as entregaron as postais antes do 15 de novembro.

‘Samhain 2010’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Con motivo da celebración do ‘Samhain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades:

– Obradoiro para a decoración de cabazas (28 e 29 de outubro, de 18 a 19.30 horas). Actividade consistente en adornar as cabazas con trazos humanos e cunha vela dentro, para que cando sexa situada na entrada da casa traia bos augurios a quen habite nela. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de cinco participantes por día -socios/as da biblioteca, empadroados/as no Concello de Verín e con idades comprendidas entre 9 e 12 anos-, é necesario inscribirse nas mesmas instalacións (os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa).

– Contacontos e manualidades relacionados co Samhain (30 de outubro, de 11.30 a 13 horas). Varios/as voluntarios/as, xunto co persoal da Biblioteca, contarán contos de medo, bruxería, meigallos e demais feitizos. Esta actividade, a que é necesario acudir disfrazado para non caer enfeitizado, está destinada a 20 socios/as da biblioteca e empadroados no Concello de Verín, que teñan entre 3 e 9 anos; e para participar na mesma deben inscribirse na Biblioteca Pública Municipal.

ver fotos: /actividades/2010/samhain-2010/index.htm

Club de Lectura, reunións periódicas (3-11-2010)

Na reunión do 3 de novembro tratamos a obra “Arraianos” de Xosé Luis Méndez Ferrín, que foi obxecto de estudo no Ciclo Conferencias “VER, LER, FALAR E AMENIZAR” (25-28 Out), nas que tamén colaborou esta Biblioteca. O libro a tratar nesta reunión obtivo comentarios semellantes, onde todos/as os/as asistentes deixaron claro que a obra en cuestión resultou un pouco complexa, pese a tratar de lugares moi pretos a nosa vila. O Club de Lectura está estable, mantendo o número de socios/as do ano pasado, o que xenera un vínculo de amizade moi importante labrado na campaña do 2009-2010. Tamén se acordou o seguinte libro a tratar “Made in Galicia” de Sechu Sende, así como a data da mesma que se marcou o 17/11/2010.

Club de Lectura, reunións periódicas (17-11-2010)

A reunión celebrada o mércores 17 de novembro tratou sobre a obra “Made in Galicia” de Sechu Sende. En xeral a conclusión foi moi positiva e a todos os membros do clube pareceulles un libro interesante e obtivo uns comentarios, moi centrados, ao igual que a obra, sobre a cuestión idiomática en Galicia, pero en xeral a todos/as gustounos a obra.

Tamén se acordou a seguinte obra a tratar. “Misericordia” de Benito Pérez Galdós e completamente distinta á anterior. A seguinte reunión quedou datada para o 9 de decembro.

Videoconferencia co Papa Noel e Contacontos e Manualidades na Biblioteca, 15 de Decembro.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o Mércores día 15 ás 11:30 horas unha videoconferencia entre os nenos/as da Fundación Preescolar na Casa e Papa Noel, esta actividade vinculará unha actividade de Nadal coas novas tecnologías e que o remate da Videoconferencia, teremos unha actividade na Biblioteca Pública Municipal, con contacontos e manualidades, para estes rapaces/zas Actividade conxunta entre a Dirección Xeral de Comunicación e os distintos Telecentros de Galicia, entre eles o Telecentro – Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

/actividades/2010/videoconferencia-papa-noel/index.htm

Club de Lectura, reunións periódicas (22-12-2010)

A reunión celebrada o mércores día 22, tratou a obra “Misericordia” de Benito Pérez Galdós. Así mesmo acordouse a seguinte obra a debatir, non centrada en ningún autor senón na temática da novela negra sueca. (Stieg Larsson, Mankell, Assa Larsson, Camila Lackbeg, etc…), o mércores 12 de Xaneiro 2011.

Nadal na Biblioteca de Verín (27-12-2010)

Actividade clásica na Biblioteca de Verín, na que xuntamos ao redor de unhos/as 20 rapaces/zas, de idades entre os 3 a 9 anos, con contos e manualidades especialmente seleccionados coa temática do Nadal.

ver fotos: /actividades/2010/NADAL2010/index.htm

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.