Actividades 2009

4, 5 e 6 de Febreiro: Lectura e Manualidades en relación co Quixote,para nenos/as de 3 a 8 anos.


18 de Febreiro: Actividade coa temática do Entroido, o día 18 de Febreiro de 18 a 20 horas. (entrada libre).


19 e 20 de Febreiro: Videoconferencia entre o Concello de Foz e a Biblioteca de Verín, de 18 a 20 horas. (grupos de
15 nenos/as).


9 de Marzo: Explicación do portal 060, Trámites coa Administración. de 18 a 20 horas.


8 de Marzo. Concurso narrativo. O CIM (Cento Información
á Muller) e a BPM do Concello de Verín, organizan un concurso sobre o día da Internacional
da Muller.


16 e 17 de Abril: Visita do Colexio Rural Agrupado de Monterrei á Biblioteca Municipal de Verín.


22 de Abril: Videoconferencia impartida por Gonzalo Sancho, presidente da Asociación Vaipolorío
de Pontevedra, que consistirá nun relatorio titulado: “O Río dos Gafos de Pontevedra, flora e fauna dun río galego”. D
iferentes especies botánicas que se poden encontrar nun río galego… ameneiros, freixos, fentos, prÍmulas,etc… e de fauna como insectos, paxaros, etc… Dende Verín interveñen: Miguel Losada, Asoc. Cultural Camiño de Monterrei, que fará unha reflexión sobre a situación dos ríos na Comarca de Verín en especial ao Támega.


23 abril: Día do Libro: Contacontos e Manualidades para celebrar esta data.


24 de abril: Excursión a Ourense para asistir a un partido do COB.

Actividade conxunta entre a Biblioteca Municipal e o Servizo de Deportes do Concello de Verín.


15 de maio: Celebración do Día das Letras Galegas. Toda a actividade, a presentación da Videoconferencia co Concello de Marín correrá a cargo de Esther Vaz Dieguez, de 12 anos, socia número 75 da Biblioteca Pública
do Concello de Verín, quen tamén vai ler o comezo do Ensaio de Filosofía “Saudade en Rosalía” de Ramón Piñeiro.
Así mesmo tamén vai ler a poesía ” Ise neno da rúa” de Xosé María Álvarez Blazquez, homenaxeado
o ano 2008
Guión do Acto:

  1. Videoconferencia co Concello de Marín, onde acudiremos en directo a presentación do Libro Titulado
    ““A nosa memoria”, obra que recolle vivenzas e cantigas populares, que recolleron dende o servizos de atención
    ao mallor do citado concello. Neste acto adicaranos aos/as nenos/as da Biblioteca unha Cantiga.
  2. Canción adicada ao homenaxeado Ramón Piñeiro López, composta e interpretada por Elena Dapena Souto, de socia da Biblioteca do Concello de Verín.
  3. Ensaio e poesía
  4. Contacontos, interpretados polo persoal da Biblioteca nenos/as de 3 a 10 anos.
  5. Manualidades para os/as nenos/as.

22 de maio: Concurso de narrativa da Biblioteca Pública Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura es os valores culturais e deportivos entre os/as nenos/as da comarca. Neste concurso poderán participar todos/as alumnos/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos. O relato debe ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática : A Biblioteca de Verín, e o fomento de valores como a Cultura e o Deporte, e ten que presentarse en letra manuscrita lexíbel; a súa extensión non superará, en ningún caso, 4 DIN A4 escritos por unha cara. Cada traballo debe ir asinado cun lema, no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos,
curso, centro, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade está comprendida entre 10 e 14 anos, dentro do mesmo sobre introducirá unha  fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase no Rexistro de Entrada
da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12 horas do día 19 de xuño. O proceso de selección dos traballos, no que cada participante só pode presentar un traballo, realizarao a Biblioteca Pública
Municipal de Verín, convocando un xurado con membros externos ou co seu propio persoal. O número de traballos selecciónados farase en función do número de obsequios doados polas entidades deportivas participantes.
Os
premios consistirán en sortear entre todas e todos os participantes seleccionados obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de baloncesto e de fútbol (Primeira, Segunda,Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente).
Na realización desta actividade, promovida pola Biblioteca Pública do Concello de Verín, participaron numerososclubes de baloncesto -Club Ourense Baloncesto- e fútbol: R.C. Celta de Vigo, R.C. Deportivo de La Coruña (a través da peña
‘Pablo Amo’ de Verín), Lugo C.F., Racing Club de Ferrol, Verín C.F., Monterrey C.F, Pontevedra C.F, Sevilla C.F. e Barcelona C.F. e Osasuna C.F (a través do seu porteiro Roberto Fernández), e sobre todo colaboración da Federación Española de Fútbol.
31-07-2009 ver fotos da entrega dos premios


06 de Xuño: Invitación da Real Federación Española de Fútibol á Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, pola labor ao Fomento á Lectura.


17 de Xullo. Bibliopiscina Verán 2009
ver fotos

bibliopiscina2009Actividade dirixida a ampliar o servizo bibliotecario, coa característica que estará dirxida
por voluntarios/as (nenos/as de 10 a 18 anos) coa supervisión do persoal da
Biblioteca e o Servizo de Voluntariado dos Servizos Sociais.
Esta
actividade lévase a cabo gracias á colaboración da Eurocidade “Chaves-Verín”,
Educadora Social e Servizo de Voluntariado dos Servizos Sociais do Concello
de Verín.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Importancia de que sexan os/asnenos/as quen estén ó frente da citada actividade
radica en que son unha imaxe a seguir por outros nenos e nenas e tamén dende
o punto de vista de incremento do sentido da responsabilidade dos/as voluntarios/as.


Xadrez na Biblioteca (verán 2009) VER FOTOS

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO xadrez é unha materia formativa de primeiro orde, xa que por unha parte desenrola
capacidades intelectuais que axudarán a comprender os coñecementos de materias
de tipo técnico-científico e por outra banda axuda a formación integral da persoa
mediante unha serie de valores e pautas de conducta que dan ó individuo a capacidad
de pensar e valerse por sí mesmo. En base o exposto anteriormente a Biblioteca Pública Municipal e os Servizos Sociais do Concello de Verín, dentro do programa de Voluntariado, organizan conxuntamente o: TALLER DE APRENDIZAXE E PERFECCIONAMENTO DE XADREZ.

-Público Obxetivo.
Sendo o Xadrez unha formación tan importante dentro no aprendizaxe integral da persoa o público obxetivo deste programa serán os/as nenos/as en idades comprendidas de 10 a 15 anos. Así mesmo entendendo a oferta cultural dentro do noso Concello, consideramos oportuno dedicar un día as persoas maiores que xa puxuen coñecementos ou que desexen aprender a xogar, ou ben aumentar os seus coñecementos.
Sendo a primeira vez que imos emprender esta actividade, debemos entender que todo estará en función da demanda que exista.

-Obxetivos do Taller.
a.Desenrolo intelectual e persoal na formación de nenos/as e xovenes.
b.Fomento da coperación da aprendizaxe e xogo en grupo.
c.Inculcar nos rapaces e rapazas a empatía.
d.Perfeccionamento en nenos/as que teñan unhas nocións básicas.
e.Perfeccionamento/Aprendizaxe en persoas maiores.

-Organizadores
A Biblioteca Pública Municipal e os Servizos Sociais do Concello de Verín, dentro do programa de Voluntariado,
organizan conxuntamente o: TALLER DE APRENDIZAXE E PERFECCIONAMENTO DE XADREZ.
Programa de Voluntariado:
A persoa encargada de impartir o Taller terá como actividad principal a formación dos participantes, fomentando os valores que o Xadrez proporciona os/as seus practicantes.
O horario estará en función da demanda colectiva, sempre de mañá, pero adaptándose as demandas
dos/as usuarios/as.
O lugar indicado para impartir o Taller será unha sala da Biblioteca, onde habilitarase material os/as participantes
(Tableiros, libretas, etc…) Tamén se poderá utilizar a Aula Multimedia para realizar simulación de xogadas nos equipos informáticos e chegado o caso algunha partida en rede. Si fose posible, si existe interés, poderánse compartir experiencias con outros grupos de Xadrez vía Videoconferencia.

Sendo este proxecto a primeira vez que se leva a cabo, con persoal voluntario e na Biblioteca, o periodo de execución serán os meses de verán, Xullo e Agosto, en horario de mañá (de 10:30h. a 12:30h) e 3 días a semana de Luns a Venres.
De este xeito as clases repartiránse da seguinte forma:
•Luns – Mércores: Nenos/as Aprendizaxe.

•Martes- Xoves: Avanzado
•Venres: Persoas maiores – Aprendizaxe- Avanzado.

-Inscrición
Prazo: do 24 de Xuño
Lugar de Inscrición: Biblioteca Pública Municipal
do Concello de Verín
Límite: Ata cubrir prazas (máximo grupos de 10 persoas)

-Avaliación. A avaliación do
proxecto levarase a cabo ao remate do mesmo, onde os distintos departamentos
valorarán toda a actividade. Así mesmo non se descarta ao finalizar este proxecto
facer un torneo de xadrez no que participen os/as alumnos/as do mesmo.

VER FOTOS


I TORNEO INTERNACIONAL
DE XADREZ EUROCIDADE CHAVES—VERÍNE BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO
DE VERÍN

Stand na Feira do Lázaro, 28 29 de marzo 2009, Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA Eurocidade Chaves—Verín e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín,
organizan o I TORNEO INTERNACIONAL DE XADREZ EUROCIDADE CHAVES—VERÍN E BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VERÍN, con motivo dos cursos que se levaron a cabo durante o presente verán 2009, deste xeito, terá lugar unha competición
interna, para os/as alumnos/as do curso, os días 20 e 21 de Agosto, onde os4 primeiros clasificados participarán no Torneo Aberto Internacional que terálugar os días 24 e 25 de Agosto, na Biblioteca Pública Municipal de 16:00 a 20:00 horas, sendo o día 24 semifinais e o día 25 a gran final. Dentro do marco da Eurocidade Chaves—Verín o Luns día 17 celebrarase unha actividade Educativa e de Convivencia entre nenos/as de Chaves e Verín onde se levarán a cabo partidas de xadrez. Nesta primeira iniciativa hai que destacar a colaboración da Federación
Galega de Xadrez, que dende un primeiro momento mostráronse totalmente interesados en colaborar co citado evento.

Desta forma remata o I Curso de Xadrez, Biblioteca Pública Municipal de Verín, cunha participación de 15 alumnos/as, organizado conxuntamente polos Servizos Sociais, dentro do programa de Voluntariado, e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, esperando que a participación no Torneo sexa elevada e onde terá lugar a entrega de premios (medallas aos/as participantes dos dous torneos e diplomas acreditativos aos/as alumnos/as do curso,e trofeos aos/as 4 finalistas) o Mércores 26, 11:00 horas no salón de actos da Casa da Xuventude. Así a valoración final foi moi positiva:
1. Aprendizaxe dunha materia formativa de primeiro orde, xa que por unha parte desenrola capacidades intelectuais que axudarán a comprender os coñecementos de materias de tipo técnico-científico e por outra banda axuda a formación
integral da persoa mediante unha serie de valores e pautas de conducta que dan ó individuo a capacidad de pensar e valerse por sí mesmo.

2. Unha actividade de participación colectiva, onde os/as alumnos/as expresaban e compartían técnicas, xogadas, etc…
Para inscribirse no Torneo Aberto é necesaria inscricción previa na propia Biblioteca Pública Municipal, no horario propio da Biblioteca, cun máximo de 10 persoas ata o día 19 de Agosto.

Stand na Feira do Lázaro, 28 29 de marzo 2009, Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
A Xadrez como encontro de convivencia entre nenos/as de Chaves e Verín Luns 17 de Agosto de 2009

No día de hoxe, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín foi escenario dun encontro entre nenos/as na Eurocidade Chaves—Verín, dentro do marco de actividades relacionadas co mundo da Xadrez, como complemento aos cursos celebrados na Biblioteca no Verán 2009. Deste xeito tuvo lugar unha charla previa sobre coñecementos de xadrez, con aportacións dos/as distinotos/as nenos/as. Tras esta presentación máis teórica, tivo lugar unha ronda práctica onde se levaron a cabo un total de 25 partidas de xadrez. Así mesmo informar que os próximos días 20 e 21 terá lugar un torneo interno entre os/as nenos/as do curso de Xadrez, onde os catro primeiros participarán no I TORNEO INTERNACIONAL DE XADREZ EUROCIDADE CHAVES—VERÍN
E BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VERÍN, que terá lugar os días 24 e 25 de Agosto na Biblioteca Pública Municipal.
ver fotos

Stand na Feira do Lázaro, 28 29 de marzo 2009, Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínClasificados/as Alumnos/as do Curso de Verán de Xadrez para o I Torneo de Xadrez.
Verín, 20 de Agosto de 2009 No día de hoxe, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín foi escenario da final do Torneo Interno de Xadrez, no que participaban os/as alumnos/as que acudiron o Curso de Xadrez no presente verán 2009. Deste xeito clasificáronse para
o I TORNEO INTERNACIONAL DE XADREZ EUROCIDADE CHAVES—VERÍN E BIBLIOTECA
PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VERÍN, en primeiro lugar, MANUEL PAZ VAZ
, en segundo lugar: ROI GÓMEZ GARCÍA, en terceiro lugar a puntos co cuarto clasificado: ESTHER VAZ DIEGUEZ, e o cuarto clasificado: ALBERTO SANTAMARINA NOGUEIRAS. O vindeiro luns comeza o Torneo de Xadrez, de 16:00 a 20:00 horas e rematará coa final o martes no mesmo horario. O prazo de inscrición será ata o venres día 21, na propia Biblioteca Pública Municipal. A entrega de premios, así como a entrega dos diplomas do curso de Xadrez terá lugar o
vindeiro mércores día 26, 11 horas, no salón de actos do Concello de Verín. Na imaxe: O Concelleiro de Deportes, Víctor Baladrón, o Titor do Curso Pedro Leonel e algúns dos clasificados para o Torneo e participantes do curso
de Xadrez.


24 Xullo: ‘Unha noite de piratas’ na Biblioteca de Verín

Stand na Feira do Lázaro, 28 29 de marzo 2009, Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA noite do venres 24 ao sábado 25 de xullo, a Biblioteca Pública Municipal
de Verín organiza ‘Unha noite de piratas na Biblioteca’, unha actividade
que consiste en pasar unha noite nestas instalacións municipais.

Esta actividade, destinada a 15 de nenos/as de idades comprendidas entre 10 e 15 anos, comezará ás 21 horas, onde tras a cea enmarcada no programa Concellos Saudables, realizaranse unha gymkana cultural -con diversos xogos- e un percorrido en grupo polas salas con diferente temática cultural -onde os/as voluntarios/as interpretarán a personaxes históricos-. Para participar nesta actividade
innovadora, incluída en Concellos Educativos, é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, a partir do mércores 15 de xullo.
(verfotos)


Martes 04 de Agosto: IV Festival Internacional da Palabra

Verín acollerá entre o xoves día 6 e o domingo día 9 de agosto a cuarta edición do Festival Internacional da Palabra. Teatro-circo, concertos, teatro infantil, narradores e unha exposición multidisciplinar que son os atractivos deste festival.
Doce actos en catro días, dos que a cuarta parte están promovidos na sección ‘ + Festival’, e unha exposición que se prolongará ata o día 22, forman a programación da cuarta edición do Festival Internacional da Palabra, que organiza o Concello de Verín coa colaboración da Deputación de Ourense. Coa performance Palabra en Movemento, de poesía, danza, música e creacións audiovisuais, abrirase o festival o xoves día 6 ás 20.30 horas na Casa do Escudo. Tamén o xoves comezarán as actividades ao aire libre que acollerá entre ese día e a clausura a praza García Barbón, coa posta en escena da obra Kataplúm pola compañía Los Estrambóticos (Madrid). Na segunda xornada do festival, para nenos entre 2 e 5 anos, actuarán das 12.30 ás 13.30 horas na Casa da Cultura as narradoras Ana Victoria Hervella , Carla Alonso, Milagros Bahamonde e Miriam Barreira. Na Biblioteca Pública Municipal ás 19 horas celebrarase o coloquio en forma de taboa redonda aberta “Autores e problemáticas das edicións” que coordinará José Manuel Barbosa (Co-autor
do Atlas Histórico da Galiza e membro do Clube dos Poetas Vivos). Na Casa da Cultura ás 20.30 horas, o grupo de teatro La Caja de Pandora presentará as obras infantís La historia de Bayrina y Fermin Nomelavonada, Bon Apetit e Tifina, una princesa poco fina. E ás 22.30 horas na praza García Barbón actuará a compañía Projecto Anagrama (Aveiro) coa obra Jôglitron. Para fechar os actos do venres día 7, na sección ‘+ Festival’ de La Casa de los Sueños, actuará o monologuista Miguel Lago. Para o sábado día 8 están programados dous actos. Na praza García Barbón ás 23 horas o grupo Brañas Folk presentará os temas do seu segundo disco de longa duración titulado Alalá do Cebreiro. Ás 23.45 horas pechase a programación do + Festival, cun concerto de Xanonanoto en La Casa de los Sueños. A clausura
da cuarta edición do Festival Internacional da Palabra será o domingo día 9 co concerto Noite das músicas de tradición oral que acollerá a praza García Barbón a partir das 22.30 horas, no que actuarán os grupos Quinteto Reis 84, de Miranda do Douro-Portugal, e Brixel. Como lembranza do carácter multidisciplinar deste Festival, ata o día 22 permanecerá aberta de luns a sábado na Casa do Escudo a exposición homónima á performance inaugural, Palabra en movemento, con esculturas, pinturas, fotografías, instalacións e vídeos de diversos autores coa palabra como fío condutor. Na sección + Festival, que promove e acolle La Casa de los Sueños, actuarán en concerto a partir das 23.45 horas Tonhito de Poi e Rosa Loba. Das 12.30 ás 13.30 horas, na Casa da Cultura, actuarán, para nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos, as narradoras Margarita Justo e Olalla Blanco.


4 de Setembro: CONVIVENZA COS VOLUNTARIOS/AS

O vindeiro venres día 4 de setembro, faise entrega dos Diplomas acreditativos da labor de VOLUNTARIADO, que levaron a cabo 9 rapaces/zas con idades comprendidas entre os 11 a 18 anos na Bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Deste xeito quérese recoñecer toda a labor o entusiasmo e a dedicación dos nosos voluntarios, que amosaron unha grande responsabilidade a hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina. Este servizo aberto ao público por vez primeira neste verán 2009, cunha grande aceptación, cun total de case 150 horas aberto ao público e case 2000 prestamos realizados (libros, tebeos, revistas, xogos, etc…).

Para rematar esta actividade e agradecerlle aos/as voluntarios/as, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza unha xornada de convivenza entre os/as voluntarios/as e os titores no Albergue de Peregrinos nas instalacións do Castelo de Monterrei, dentro do programa de APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS. Esta actividade terá lugar dende a tarde do venres 4 ao sábado 5 setembro.

Todo o persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, quere mostrarlle o seu respeto, cariño e admirarión a estes/as voluntarios/as, cos que compartimos traballo e dos que nos mostramos especialmente
orgullosos.
A TODOS/AS ELES MOITAS GRACIAS.

fotos da convivencia: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/convivencia_monterrei_04-09-09/index.htm


Do 14 ao 18 de Setembro: Taller deInformática: Internet en tu vida Stand na Feira do Lázaro, 28 29 de marzo 2009, Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

O día 14 de setembro temos o curso Internet en tu vida, que trata de dotar duns coñecementos básicos aos/ás usuarios/as, de cómo moverse por Internet. Para asistir
ao curso é necesario inscribirse na Biblioteca, cun máximo de 10 usuarios/as, sabendo que o curso terá a súa presentación ás 12 horas do día 14, e logo é de caracter AUTOFORMATIVO, podendo acudir á aula para realizar o curso de 12 a 13:30 horas ata o 18 de setembro.


28 Setembro: Videoconferencia co poboNicaragüense.

Stand na Feira do Lázaro, 28 29 de marzo 2009, Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO día 28 de setembro realizaremos unha videoconferencia coas compañeiras da fundación
nicaraguana FUNDEMUNI, que o pasado mes de maio nunha visita a España, estiveron
na nosa biblioteca e quedamos para posteriores encontros e intercambio de iniciativas.
Nesta ocasión trátase de que sobre todo os/ás máis pequenos/ás acudan a coñecer a realidade doutros/as nenos/as e o traballo que están a levar a cabo a ONG, Axuda en Acción. A entrada é libre a partir das 18 horas, pero búscase sobre todo a asistencia de nenos/as dado que é importante o intercambio de vivencias entre os/ás máis pequenos/as. Intercabiaranse preguntas, de caracter moi cotiá.ver fotos:

http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/videoconferenciaNICARAGUA28-09-09/index.htm


Sábado 10 de Outubro: Contos e Manualidades na Biblioteca Pública Municipal

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínActividade organizada xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura de
Centros Educativos fóra do horario Lectivo) Contacontos-Manualidades-Relatos Durante os meses de Outubro e Novembro, os sábados pola mañá en horario de 11:30 a 13:30, a Biblioteca Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar realizarán actividades de contacontos, crea a túa propia historia, manualidades, etc. enmarcadas dentro do Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario lectivo para nenos, en idades comprendidas entre 5 e 10 anos. As inscricións realizaranse na Biblioteca Pública Municipal dentro do seu horario de apertura, todas as semanas os xoves e venres.
Ver Fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/sabado10-10-09/index.htm


Sábado 17 Outubro: “OUTONO NA BIBLIOTECA”, Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca
Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario Lectivo) O sábado 17, de 11:00 a 13:30 horas, vamos a realizar unha actividade con especial atención ao Outono, leeremos contos e faremos manualidades que estén relacionados/as con esta estación.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/outono-na-biblioteca/index.htm


TALLER DE LECTURA (19-10-2009)
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario Lectivo) Esta actividade que xa levaba tempo planificada por fin farse realidade, en Outubro con 10 usarios/as aproximadamente. Unha actividade de fomento e fidelización
de lectores de maior idade, consistente en reunións periódicas para comentar, discutir, comentar partes ou no seu conxunto libros (castelán e galego) que se lesen no presente Club de Lectura.


23 e 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario Lectivo) É unha das datas clave para nós e a nosa Biblioteca, por todo o significado que para nós leva consigo esta celebración, dado que foi a primeira actividade que a Biblioteca festexou dende a súa reapertura alá polo 2007.Neste ano 2009, decidimos realizala en dúas partes, para poder adaptarnos mellor os/as asistentes. Venres 23 dedicado a nenos/as de 3 a 7 anos, de 18:00 a 19:30 horas. Sábado 24 de 11:30 a 13:00 horas para nenos/as de 8 a 12 anos. ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/24outdiabiblioteca/index.htm


SAMAIN (Halloween). 27, 28, 29 e 30 Outubro

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura
de Centros Educativos fóra do horario Lectivo)

 


 

27 -28 de Outubro: TALLER DE DECORACIÓN DE CABAZAS. Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Nos últimos anos observaramos o interese que entre os/as máis pequenos/as espertaban as cabazas con que decorabamos a biblioteca así que este ano decidimos realizar un taller de decoración de cabazas. A maiores o mércores 28, a actividade será compartida con nenos/as de étnia xitana.


29 de Octubre: Samain para nenos/as de 3 a 8 anos.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínContos de medo, misterio, feitizos, bruxarías e demais encantamentos, que farán vibrar aos/ás máis pequenos/as, onde contaremos coa colaboración dos/ás voluntarios/as.

 


30 de Outubro: NOITE DE TERROR NA BIBLIOTECA.
Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínOs contos de Terror chegan á Biblioteca e estenderanse
toda a noite, con xogos e actividades. Feitizos e feiticeiros farán que máis
dun/a teña que renderse co medo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de
idades comprendidas entre os 9 e 14 anos. A inscrición é obrigatoria, cun máximo
de 15 nenos/as, socios/as da biblioteca, e empadroados/ás no Concello de Verín, comezando a partir das 20:30 horas. Lémbrase a todos/as pariticipantes que o disfráz é importante para non caer enfeitizado.

fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/samain2009/index.htm


Sábado 7 Novembro: “Clásicos na Biblioteca”.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO vindeiro sábado día 7 de 11:30 a 13:00 horas, terá lugar unha actividade para nenos/as de 3 a 9 anos na Biblioteca, dentro do Proxecto de Apertura de Centros Educativos fora do horario Lectivo. Levará por título “Clásicos na Biblioteca”, e consistirá en rememorar contos, adivinanzas, xogos e cancións populares. Para poder participar nela todos os/as pequenos/as teñen que estar empadroados no Concello e será obrigatoria a inscrición na propia Biblioteca en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/clasicosnabiblioteca/index.htm


Mércores 11, Venres 13 e Mércores 18 de novembro: Coñecendo a Biblioteca. Colexio María Inmaculada de Verín.

Biblioteca Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura de Centros Educativos
fóra do horario Lectivo) Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínABiblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, recibirá a visita dos escolares do Colexio María Inmaculada o Mércores 11, Venres 13 e Mércores 11 de novembro,
un total de máis de 100 nenos/as pasarán polas instalacións dá Biblioteca, onde aprenderán a praxe do funcionamento para os distintos servizos e tamén se realizarán contacontos e manualidades.Toda esta actividade ten por obxectivo achegar a Biblioteca aos/as máis pequenos/as, aprendendo o funcionamento da mesma e que a relacionen sempre como algo divertido e útil e que sirva para o Fomento da Lectura. Esta visita constitúe a segunda destas características dado que o Colexio rural Agrupado de Monterrei compartiu connosco varias xornadas no mes de abril do presente ano 2009.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/colexiomariainmaculada2009/index.htm


Venres 14 de Novembro: “Contos do Circo”.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínBiblioteca Pública Municipal xunto co Programa de Educación Familiar (Proxecto de Apertura
de Centros Educativos fóra do horario Lectivo)

O vindeiro sábado día 14, de 11:30 a 13:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, dedicará a actividade programada ao Circo, con contos referentes, manualidades e xogos. Esta actividade
está enmarcada dentro do Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario Lectivo, para nenos/as de entre
3 a 8 anos, empadroados no Concello de Verín, sendo a inscrición obrigatoria e cun máximo de 20 nenos/ás.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/contosdocirco/index.htm


Sábado 21 de Novembro: “A Biblioteca Máxica”.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínO sábado día 21, de 11:30 a 13:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello
de Verín, realizará a actividade: “Unha Biblioteca Máxica”. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario Lectivo, para nenos/áa de entre 3 a 8 anos, empadroados no Concello de Verín.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/bibliotecamaxica/index.htm


17 de novembro: Concurso de Felicitacións de “Nadal” na Biblioteca de Verín.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín participará no “Concurso de Postais Do Nadal de Fernando Alonso”, Todas as postáis que se fagan polos nenos/as o vindeiro día 17 de novembro na Biblioteca Pública de Verín serán enviadas o “Concurso de Postais Do Nadal de Fernando Alonso”.ver postais (2,11mb)


Sábado 28 de Novembro: A Bibliotecada Igualdade e a Vida”.Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

O sábado día 28, de 11:30 a 13:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, realizará a actividade “A Biblioteca da Igualdade e da Vida”. Trátase dunha actividade onde se quere concienciar da importancia da igualdade, dende moi pequenos/as, sendo a semana a favor da igualdade e contra a violencia de xénero. Toda esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Apertura de Centros Educativos fóra do horario Lectivo, para nenos/ás de entre 3 a 8 anos, empadroados no Concello de Verín.ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/BibliotecadaIgualdadeeaVida/index.htm


Primeiro Concurso de Fotografía Dixital na Rede de Telecentros (Chegou ou Outono), entrega de traballos máximo 4 Decembro.

A rede de dinamización de telecentros da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, organiza conxuntamente cos telecentros o Primeiro Concurso de Fotografía Dixital. Toda a organización, realízase dende a Biblioteca así como a recepción das fotografías.


2, 3 e 4 de Decembro: “O mundo en galego”

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínA quen non lle apetece viaxar a outros países e descubrirse bailando un tango en Bos Aires, comendo moussaká ata fartarse diante do Partenón ou mollándose os pés nunha lagoa da sabana? Ímolo facer, sen perder o rumbo nin a nosa lingua, a través dos libros en galego. “Ou mundo en Galego”, é unha campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con OQO editora, vai alimentar o interese dos/as pequenos/as e maiores por outros pobos, costumes, linguas e culturas sen necesidade de desprendernos da nosa. Talleres de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual serán o medio a través do cal visitar países de todo o mundo, dende Galicia e en galego; unha viaxe en que pais e nais, mestres e bibliotecarios tamén teñen tarxeta de embarque.

Mércores día 2 de Decembro:“A GRANDE VIAXE: Surcando mares, achegando historias” 18 horas. (A partir
de 8 -10 años).

<>

Coa gran viaxe percorreremos países de todo o mundo e coñeceremos cidades, culturas, animais, monumentos…
Colle a maleta porque, coa cámara ao ombro, imos de aventura! 18 horas – Duración: 60 minutos. Máximo: 25 participantes por sesión.

ANIMAR A LER DENDE A CASA
19 horas: (Para pais e nais) Nesta viaxe, os pais e as nais van xogar un papel importante. Aquí terán as pautas de lectura creativa que farán que o percorrido polo mundo, e en galego, siga na casa.
19 horas – Duración: 60 minutos. Entrada libre


Xoves día 3 de Decembro: TREMELICANTEMENTE TREMELICANTE, 18 horas: (Para nenas e nenos de 9 -12 anos)

– Tremelicantementetremelicante!
-dixo o avó.
– Tre… que? -preguntou Miguel.
Aquí descubriremos o divertido que é xogar a inventar palabras e coñecer algunhas tan esquecidas que ata se poden
pensar que son inventadas. 18 horas – Duración: 60 minutos. Máximo: 25 participantes por sesión

CONTA COMIGO, Xoves 3 de Decembro 2009, 18 horas, para familias. Unha viaxe en familia pode servir para que pais
e nais, fillos e fillas se coñezan mellor e estreiten lazos afectivos creando todos xuntos un conto que como todos os contos, espera ser contado. 19 horas – Duración: 60 minutos. Idade dos cativos: de 4 a 7 anos.


Venres 4 de Decembro: EU TAMÉN ANIMO! , a partir de 8 anos.

O conto non remata nas marxes dos libros. Podemos converternos en autores, ilustradores e porque non, en directores
de cine e facer que o conto, neste caso Mariluz Avestruz, cobra vida dunha forma diferente. Preparados, listos….Acción! 8 horas – Duración: 120 minutos. Máximo: 25 participantes por sesión.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/omundoengalego/index.htm


11 de Decembro: Videoconferencia – Taller “Arte Floral”.

Videoconferencia co Concello de Abengodo (A Coruña), onde as novas tecnoloxías volven ser un instrumento enormemente útil para a formación. Neste caso trátase dun curso de 2 horas de duración onde se ensinará aos/ás asistentes a realizar, con materiais sinxelos, nada custosos, a crear centros de mesa tan propios destas datas. Requisito inscrición previa na Biblioteca cun máximo de 15 usuarios/as. De novo as novas tecnoloxías eliminan barreiras xeográficas para acceder a cursos, independentemente da súa tipoloxía.


14 de Decembro: Videoconferencia co Papa Noel e Contacontos e Manualidades na Biblioteca.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínEste é o segundo ano que realizamos esta actividade e tras o bo resultado obtido o ano pasado, quixemos ir un pouco máis alá, combinando as novas tecnoloxías, co tradicional como son os contacontos e manualidades. Desta forma os/as convidados/as este ano foron os/as 57 nenos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei (antigas Escolas Unitarias), que pola súa dispersión xeográfica teñen menor acceso ás instalacións da Biblioteca e as Novas Tecnoloxías e os/as nenos/as e pais e nais inscritos no programa de Preescolar na Casa (12 familias). Tras a Videoconferencia con Laponia, teremos unhas manualidades na Biblioteca, onde pintaremos un gran mural dedicado ao Nadal e onde participarán todos/as os /as nenos/as. ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/videoconferenciapapanoel/index.htm


17 Decembro: Videoconferencia -Taller de Curso de Iniciación á edición de Audio (Audacity).

Curso intensivo de 4 horas, de Iniciación á Edición de Audio (Programa Audacity).
Este é o tipo de curso, que estamos máis interesados, debido a que pola súa tipoloxía non hai acceso ao salvo que sexa por Videoconferencia, porque non existe oferta en Verín.
É o exemplo perfecto de que as novas tecnoloxías rompen a brecha dixital no referente a que tendo acceso á rede non existe unha formación en determinados ámbitos.


19 de Decembro: Contos de Chocolate:

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínActividade moi novidosa e atractiva para os/as máis pequenos/as, xuntamos dúas cousas que
lles encantan aos/ás nenos/as, os contos, neste caso referentes ao chocolate, a súa orixe, etc… e por outro lado a manualidade de realizar figuras con chocolate. Isto é posible grazas á colaboración desinteresada de Javier Domínguez Blanco, cociñeiro profesional, da Escola de Vilamarín e unha persoa cunha paciencia infinita cos/ás nenos/as, e a Escola de Hostalaría de Vilamarín, Ourense, que
participa nesta actividade, doando todos os produtos necesarios para o desenvolvemento deste evento novidoso e doce. A actividade levarase a cabo o Sábado 19, de 11:30 a 13:00 horas con inscrición obrigatoria, máximo 20 participantes con idades de 8 a 12 anos. ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/contosdechocolate/index.htm


29 e 30 de DecembroManualidades e Contos de Nadal, .

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínUnha actividade que se converteu nunha tradición e que nos encanta gozar e compartir
cos/ás máis pequenos/as nestas datas. A actividade realizarase o 29 e 30 de Decembro, en horario de tarde de 18 a 19:30 horas, para nenos/as de 3 a 8 anos. Para esta actividade, xa temos preparados/as aos/ás Voluntarios/as, que van realizar un Teatro conxuntamente co persoal da Biblioteca e a maiores contos do Nadal, todo isto ambos os dous días.

ver fotos: http://www.bibliotecadeverin.es/actividades/2009/nadal2009/index.htm

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.