Descrición da B.P.M. do Concello de Verín

pano020bbbA Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín atópase ubicada no centro da vila, no antigo colexio Irmans La Salle. É un edificio que non deixa indiferente a ninguén e hoxe é un centro cultural con vida propia, onde acuden a diario xoves, nenos/as e persoas maiores a estudar, ler ou navegar por internet.

A Biblioteca está distribuida en dúas plantas e diferentes salas; na planta inferior está adicada aos temas multimedia, e contamos con dúas salas de ordenadores con conexión a Internet, completamente gratuito.

DSC02701

Sala de ordenadores na planta baixa da biblioteca.

A primeira das salas de ordenadores está pensada para o libre acceso dos/as socios/as a Internet, sendo necesario solicitar autorización para o seu uso, (usario e contrasinal que cambian diariamente para cada socio/a)

 

 

salaordenadores-cursos

Sala de Ordenadores (cursos ou traballos en grupos)

A segunda sala de ordenadores ten coma destino a impartición de cursos (asociacións ou colectivos que a soliciten) ou para a realización de traballos polos/as rapaces/zas que acuden a diario á biblioteca.Toda a Biblioteca é unha zoa wifi , onde acuden os/as usuarios/as, cos seus portátiles e conéctanse a Internet, incluso dende os bancos situados no exterior da Biblioteca, cando o tempo acompaña.

DSC08041

sala de estudo

A parte superior da Biblioteca é a zona máis tradicional, onde temos diferentes salas de estudo, lectura e sala infantil, sala de prensa e a sala de reunións, traballos en grupos ou a sala do club de lectura.

 

 

saladeestudo03

Sala de estudo

Contamos cunha sala de estudo con capacidade para 35 ususarios/as, e varias salas de consulta-estudo con capacidade para uns 40 ou 50 usuarios/as.

 

 

saladeprensa

Sala de prensa

Diariamente acuden multitud de usuarios/as a ler a prensa, este é outro dos servizos que oferta a biblioteca de xeito gratuito.

 

 

 

contacontos23abril2014

Contacontos: 23 abril 2014

A sala infantil cumple varias funcións, sendo o lugar onde a diario veñen os/as máis cativos/as a facer os deberes ou a buscar libros para levar en préstamo, así coma o lugar onde realizamos os contacontos e manualidades.

 

 

salainfantil

Imaxe da sala infantil, cunha rapaza facendo os deberes.

O Catálogo da Biblioteca está clasificado en base á CDU (clasificación decimal universal), salvo a novela, teatro e poesía).

 

 

 

bebeteca

Sección bebeteca, situada na sala infantil

Temos unha sala infantil con clasificación CDU e tamén por idades, de 0 a 3 anos (BEBETECA), de 4 a 12 e logo Xuvenil. É nesta sala onde celebramos as actividades infantís, contacontos, manualidades, teatro, etc…

  • Próximos Eventos

    • Ciclo adicado a D. Eloy Luis André

      07/06/2018
      31/08/2018
      19:30 - 20:30

      Eloy Luis André, é sen dúbidas un dos grandes eruditos que deu a comarca de Monterrei. A súa análise científica, o seu tesón, rigor,...   Ler máis

    • Biblio-Piscina 2018

      01/07/2018
      31/08/2018
      17:00 - 20:00

      A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento conxuntamente coa Eurocidade Chaves-Verín e por decimo ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas...   Ler máis

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.