BIBLIOTECAS EN IGUALDADE

✍️ 📄 || A DE VERÍN, PRIMEIRA BIBLIOTECA GALEGA EN SUMARSE AO PROXECTO “BIBLIOTECAS EN IGUALDADE”
Nota de prensa 9 de marzo 2020.
89199239_3075522902499172_2231115014964510720_oA Biblioteca Pública Municipal de Verín súmase ao Proxecto “Bibliotecas en Igualdade” promovido pola Asociación Clásicas y Modernas, converténdose así na primeira Biblioteca en adherirse a esta iniciativa na comunidade autónoma de Galicia.
En convenio de adhesión foi formalizado esta mañá por Diego Lourenzo Moura, alcalde en funcións, e por Rosa María Rodríguez Magda, vicepresidenta de investigación e cultura da asociación Clásicas e Modernas ( CyM), entidade responsable da iniciativa. Tamén estiveron presentes a actriz e directora, Mariana Carballal, como secretaria da asociación; e Aurora Prieto Tarrío, responsable da Biblioteca.
89133665_3075522562499206_7180403776598048768_oO obxectivo deste proxecto é outorgar unha maior visibilidade ás escritoras, en especial ás propias de cada comunidade, completando vos seus fondos bibliográficos, en relación cos baleiros e as ausencias de obra literaria e intelectual escrita por mulleres de todos os tempos.

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.