Centenario da revista Nós

imaxe-fondolocal-NOS<<Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós>>.
Deste xeito fai hoxe 100 anos nacía a Revista Nós da man de Vicente Risco e Arturo Noguerol, Director e Xerente respectivamente, e coma redactor xefe Xavier Prado (Lameiro) e secreetario da redacción Xulio Gallego. No elenco de redactores asinaban: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas.
Na Biblioteca de Verín contamos con 18 orixinais, procedentes da doazón da biblioteca de D. Eloy Luis André, sendo o primeiro deles cronolóxicamente o número 19, do 25 de xullo de 1925, que é o primeiro número que se imprime na Coruña da man de Ánxel Casal, despois de que o Nós fose prohibido na ditadura de Primo de Rivera xustamente dóus anos antes.
Deste xeito queremos compartir convosco a ledicia de contar con estes orixinais, así coma toda a edición facsímil editada por Ed. Edivar no ano 1988 cun magnífico prólogo de Filgueira Valverde:
<<Velaiquí, pois, unha verdadeira antoloxía das letras galegas e un ideario da galeguidade, no intento de refacer para todos unha vizosa colleita que hoxe non tiña ninguén, para que, de novo, poida ser lecer e guieiro, como foi para cantos vivimos as luminosas xeiras do Nós e dos seus mestres verdadeiros «País da Patria»

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.