O presente libro, editado pola propia Biblioteca Municipal, contén o conxunto de separatas que publicou D. Xesús Taboada Chivite en multitude de revistas especializadas na etnografía e a arqueoloxía, pero que foi completado cunha biografía intimista que lévanos a coñecer ao noso escritor dun xeito máis próximo, todo elo relacionado coa correspondencia que este mantivo cos seu coetáneos ao longo da súa vida.
Por primeira vez se consegue a unificación da obra de D. Xesús Taboada, máis dun cento de artigos publicados en distintas revistas profesionais e, por outra banda, é unha obra realizada co todo o agarimo e rigorosidade que o noso arqueólogo, etnógrafo e mestre merece e que estivo baixo o maxisterio dos grandes da Xeración NÓS, e que tanto contribuíu ao Seminario de Estudios Galegos e a cultura galega.»
Así mesmo, esta obra ven a solucionar o problema de que toda estas publicacións non residían nun único espazo, senón que estaban espalladas en multitude de arquivos e museos.
O libro vén avalado co limiar do Presidente da Real Academia Galega, D. Víctor F. Freixanes e o Director do Museo do Pobo Galego, D. Manuel Vilar.
Curriculum da Autora: Lorena Carnero Pérez. (Verín, 1995.)
Estudou Dereito e Administración e Dirección de Empresas en A Coruña. Tamén participou en distintos proxectos: Jóvenes estudiantes en Europa do programa Comenius, convivindo durante unha tempada coa cultura danesa e italiana; ou no voluntariado Conecta Joven para a alfabetización dixital de persoas adultas e, nunha segunda edición, na orientación segura de Internet para adolescentes.
Desde os trece anos participa activamente no proxecto de voluntariado cultural para o fomento da lectura da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Considerando esta iniciativa coma «un claro exemplo de que se poden facer grandes cousas -aínda dende lugares pequenos- cando hai colaboración, iniciativa, ganas, creatividade e motivación; mais tamén moito esforzo, constancia e implicación.».