Actividades 2018

“Raposadas “, contacontos de Raquel Queizás. (15/06/2018)

raquel-queizasO vindeiro venres 15 de xuño ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade de final de curso, e por este motivo que mellor que Raquel Queizás.
A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 9 de abril.
Sinopse: A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Raposadas é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.
Hora: de 18:00h. a 19:00h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

Ciclo adicado a D. Eloy Luis André (07/06/2018)

Eloy-luis-andre• 07/06/18. Inauguración Exposición temática adicada a D. Eloy Luis André.
Presentación do libro que acompaña a exposición: Eloy Luis André
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín, ás 19:30h.
A presente exposición estará ata finais de Agosto.

• 08/06/18. O civismo como paixón
Conferencia de D. Xosé Ramón Soto.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
Hora: 19:30h.

• 21/06/18. Eloy Luis André, un home comprometido co seu país
Conferencia de D. Alberte Blanco Casal.
Lugar: Salón de Actos do Concello de Verín
Hora: 19:30h.

• 22/06/18. Conferencia de D. Carlos Thiébaut (neto de Eloy Luis André).
Lugar: Salón de Actos do Concello de Verín
Hora: 19:30h.

 

Scooby-Doo e o misterio da costureira, teatro dos/as Voluntarios/as da Biblioteca de Verín (06/06/2018)

Os/as Voluntari@s da Biblioteca do Concello de Verín, teñen o pracer de presentarvos a obra de teatro “Scooby-Doo e o misterio da costureira”,  guión realizado pola tamén voluntaria desta instalación Dona Noelia Gallego Campos, estudante de 4º da ESO, que adaptou aos personaxes da mítica serie televisiva un guión que tiña escrito fai un ano.
Sinopses: Os cinco protagonistas da serie orixinal, deciden investigar a desaparición de María Silva Lousada, unha veciña de Verín que é raptada por un misterioso monstro de cores.
Resolverán o caso os nosos amigos?, asiste á representación o vindeiro mércores 6 de xuño ás 18h, na Biblioteca do Concello de Verín.

Esta actividade está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 4 de xuño.

 

PORTUGALIDADE / AFASTAMENTO, exposición de pintura de Carlos Dias. (02/05/2018)

PORTUGALIDADE_IMAGEMPortugalidade/Afastamento retrata e homenaxea á poboación transmontana, que viu marchar aos seus fillos, na procura de melloras, a países veciños e afastados. Para saciar nostalxias ou recrear memorias, utiliza coma soportes materiais tradicionais (panos de la ou liño); e a actividade pastoril e a agricultura manual coma temática.

A mostra estará na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín dende o día 2 maio, mércores, ata o día 31 (luns a venres, 10 a 13:30 e 16 a 20:30 h; sábado, 11:30 a 13:30 h).

“O león e o páxaro”, contacontos e manualidades (04/05/2018)

9788494182570O vindeiro venres 4 de maio, a Biblioteca do Concello de Verín, realizará a actividade de contacontos e manualidades, que leva por título “O León e o Páxaro”, baseada na obra homónima de Marianne Dubuc, que foi o mellor álbum ilustrado infantil no 2015 polo Gremio de Libreiros, emana sensibilidade, clasificado na nosa Biblioteca na sección de educar nas emocións.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados e relacionados co libro que da título a este contacontos. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 31 de maio.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

Mulleres e escrita: o amor polas palabras en Mª Víctoria Moreno, conferencia de Carme Adán. (11/05/2018)

Maria-Victoria-MorenoO vindeiro venres 11 de maio, ás 19:30h., teremos na Biblioteca Municipal, a conferencia “Mulleres e escrita: o gusto polas palabras en Mª Víctoria Moreno”, impartida por María do Carme Adán Villamarín, Licenciada en Filosofía e Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.

María Victoria Moreno, a quen se lle adica as Letras Galegas 2018, <<contribuíu, xunto a outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno; a pór en valor o uso da lingua galega, falándoa e escribíndoa ben, a meterse na pel dos personaxes e a gozar coa literatura, coa beleza das palabras>> (extraido da biografía publicada na web da Real Academia Galega por Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey; ver biografía completa: https://academia.gal/letras-actual.

María do Carme Adán Villamarín (Donostia, 1966) filósofa, ensaísta e política. Catedrática de Ensino Secundario de Filosofía no IES Politécnico de Vigo:

Licenciada en Filosofía e Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresa no Corpo de Profesorado de Ensinanza Secundaria como profesora de Filosofía en setembro de 1990, para máis tarde, no 2009, ingresa no Corpo de Catedráticos de Secundaria de Filosofía. Incorporase á Aula Castelao de Filosofía no 1992, no que na acutalidade é Presidenta de Honra da mesma. No 2005 formou parte da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega. Desde o 2017 pertence en calidade de membro a Comisión de Igualdade do CCG.

Encabeza a candidatura do BNG póla província de Pontevedra en xuño de 2005, sendo elexida Deputada ao Parlamento de Galiza. En agosto de 2005 deixa o Parlamento para asumir a responsabilidade de Secretaria Xeral da Igualdade na Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Desde o 2009 até o 2016 foi deputada no Parlamento galego. Na VII lexislatura for Vicesecretaria da Mesa do Parlamento e secretaria da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Obra:
É autora de obras de carácter pedagóxico e didáctico como Autonomía e Heteronomía (1995) e Os feminismos (1995)
Colaboradora en obras colectivas como Estudios de lógica borrosa y sus aplicaciones (1993), Filosofía e Xénero (1996), Mujeres e Institución Universitaria en Occidente (1996), e Género y Ciudadanía (1999).
Traductora xunto coa filosofa M Xosé Agra do libro Ecología y feminismo (1998).
En 2003 publica Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao cíborg, obra que sería traducida ao castelán en 2006.
En 2011 recopila en Cartografías do derrubo os artigos xornalisticos de dous anos de colaboracións co desaparecido Xornal de Galicia.

Obra recente:
“Sobre verdade e posverdade en sentido extrapolítico” en Grial, nº 216, 2018
“Galiza: o ideal que nos aloumiña” de próxima publicación en O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos polo Museo do Pobo galego.
“Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?” en Revista Andaluza de Antropología. Número 14. “IRRUPCIONES FEMINISTAS. PROBLEMÁTICAS EPISTEMOLÓGICAS Y POLÍTICAS. MARZO DE 2018. ISSN: 2174-6796.
“Conceptos y violencias: espacios para el debate sobre la violencia obstétrica” en El concepto “violencia obstétrica” y el debate actual sobre la atención al nacimiento de próxima publicación en Tecnos.
“How many shades does femicide have? Reflections from feminist epistemology” en Knowledges, Practicies and Activism from Feminist Epistemologies de próxima publicación en Vermon Press.

Outros méritos:

Membro do comite organizador do congreso “O exilio galego” celebrado en Pontevedra do 25 ao 27 de xaneiro do 2001.
Membro do comite organizador do congreso “Castelao. Co pensamento en Galiza” celebrado en Pontevedra do 19 ao 21 do outubro do 2000.
Membro do xurado da XIX edición dos Premios da Crítica Galicia na modalidade de Iniciativas Culturais.
Membro do xurado dos Premios da Critica edición 2017 na modalidade de Investigación.

 

Día das Letras Galegas, contacontos e manualidades (16/05/2018)

978849782358O vindeiro 16 de maio, celebraremos na nosa Biblioteca cun contacontos e manualidades o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea María Victoria Moreno Márquez.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados e relacionados co libro que da título a este contacontos. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 14 de maio.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

I Xornadas de Novela Histórica 25/05/2018)

CARTEL NOVELA HISTORICA

Os vindeiros 25 e 26 de maio, a vila de Verín será sen lugar a dúbidas o centro cultural máis importante do país, no referente a novelistas do xénero histórico. Aquí teremos aos grandes mestres que compartirán con nós a súa paixón, inquedanzas, segredos e coñecementos nunhas xornadas que marcarán a nosa Biblioteca e a Comarca de Monterrei.
Para a nosa Biblioteca, organizar estas xornadas, supón un gran reto, pero tamén un orgullo e unha satisfacción, porque estamos a contar con poñentes moi destacados, moi galardoados e moi respectados.

O presente ciclo está organizado por: Biblioteca do Concello de Verín, Sociedade Antropolóxica Galega i Escritores con la Historia.
Colaboran: Deputación de Ourense, Denominación de Orixe Monterrei, A Casa do Pulpo, O Retiro do Conde, Regueiro da Cova, Casa Manola, Casa Zapatillas, Panaderia Germán, A Casa das Bicas e Carlin.

Venres 25 de maio:

Alejandro-Corral

Alejandro Corral. Imaxe de: http://madeinzaragoza.es

  • 11-13 h.: Taller intensivo de escritura creativa, “Cómo escribir unha primeira novela e publicala”, con Alejandro Corral, modera e  coordina Noa González Sousa.

Inscrición obrigatoria na Biblioteca do Concello de Verín, tendo prioridade os socios desta entidade.

O presente obradoiro de escritura creativa pode desenvolver a capacidade creativa e as habilidades de escritura dos máis novos, (aínda que está aberto ao todo o público en xeral) potenciando o pensamento diverxente ao finalizar o mesmo. Tamén tratarase o proceso de edición dun libro ata chegar a súa publicación.

  • -18,30 h. Inauguración das Xornadas.

jose-calvo

José Calvo Poyato

-19,00 h.: José Calvo Poyato: “A novela histórica en España a comezos do s. XX”.

José Calvo Poyato, autor de novelas como “Sangre en la calle del Turco” ou “El espía del rey”, dará a conferencia inaugural sobre “A novela histórica en España a comezos de século XXI”. Calvo Poyato falará sobre a importancia deste xénero no panorama literario español actual e o fenómeno de ventas e autores que colocou á novela histórica coma o tema literario máis demandado e vendido en España nos últimos vinte años.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo

jose-luis-corral

José Luis Corral. Imaxe de http://www.europapress.es/

-19,45 h.: José Luis Corral: “Los Austrias”, da historia á novela.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo

José Luis Corral, autor de “El Cid” ou “La prisionera de Roma”, presentará a súa serie sobre os Austrias, e repasará a importancia desta dinastía no cambio transcendental que provocou na historia de España nos primeiros decenios del século XVI.

-20,30 h: Mesa redonda: “¿Pódese aprender historia coa novela histórica?”, con José Calvo Poyato e José Luis Corral; modera Miguel Ángel Losada García.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo

Sábado 26 de maio:

Toti-Mtnez

Toti Martínez de Lezea. Imaxe de: http://barakaldodigital.blogspot.com.es

-12 h.: Toti Martínez de Lezea: “As minorías e os marxinados na novela histórica”.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Toti Martínez de Lezea, con obras publicadas coma “La abadesa” ou “La universal”, é unha das autoras de referencia da novela histórica. Os seus libros normalmente están protagonizados por personaxes anónimos e esquecidos; deles falará nunha charla na que repasará cómo os trata nas súas novelas que son un gran éxito de público.

jose-luis-alejandro

José Luis Corral e Alejandro Corral. Imaxe de http://www.elperiodicodearagon.com

-13 h.: Presentación “Batallador”, de José Luis Corral e Alejandro Corral: Alfonso I de Aragón e de Castela e a súa presenza en Galicia.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
José Luis e Alejandro Corral, (xove autor de “El cielo de Nueva York”), presentarán a súa novela Batallador, escrita a catro mans co seu pai. A novela ten coma protagonista a Alfonso I de Aragón, Pamplona e Castela, un monarca moi controvertido e de convulsa vida, que casou con Urraca de León e protagonizou boa parte da historia de Galicia na segunda década do século XII.

antonio-piñero

Antonio Piñero. Imaxe de: www.march.es

-18,30 h.: Antonio Piñero: “Os Evanxelios e o Santo Grial”.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Antonio Piñero, autor de “Herodes el Grande” e “El trono maldito”, é un dos maiores especialistas europeos sobre Jesucristo, os primeiros anos do cristianismo e do Novo Testamento. Piñero fará unha introducción ao tema do Santo Grial e o papel que desta reliquia, a máis sagrada da cristiandade, cumpre nos Evanxelios.

javier_sierra

Javier Sierra. Imaxe de: http://www.lavanguardia.com

-19,15 h.: Presentación “El fuego invisible”, de Javier Sierra, premio Planeta 2017.

Lugar: Salón de actos.
Entrada libre ata completar o aforo
Javier Sierra, autor de obras tan coñecidas coma “La cena secreta” ou “El maestro del Prado”, presentará en Verín a súa novela “El fuego invisible”, unha fascinante viaxe en torno ao misterio do Santo Grial. Javier Sierra gañou con esta novela o último premio Planeta. Na súa charla desvelará os grandes misterios da procura que o levou a escribir esta obra.

-20 h.: Mesa redonda: “O Santo Grial na novela histórica”, con José Calvo Poyato, José Luis Corral, Antonio Piñero e Javier Sierra; modera Miguel Ángel Losada García.

-21,15 h.: Clausura das Xornadas

Día Internacional do Libro, contacontos e manualidades. (20/04/2018)

CONTACONTOS-E-MANUALIDADESO vindeiro venres 20 de abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará (de xeito anticipado ao 23 de abril Día do Libro) unha actividade de contacontos e manualidades.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 16 de abril.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

110 anos do Tranvía de Verín, exposición (sala exposicións) e conferencia (Auditorio) (24/04/2018)

CARTAZA Biblioteca Municipal do Concello de Verín organiza, conxuntamente coa SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega) e a Asociación Carrileiros de Ourense, dous eventos para conmemorar os 110 anos do Tranvía de Verín Cabreiroá: a exposición “110 Anos do Tranvía de Verín: Exposición conmemorativa” e a conferencia “Un tranvía que fixo historia” no Auditorio Municipal.

No acto de presentación estiveron presentes,  o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o tenente de alcalde e voceiro do grupo de goberno, Diego Lourenzo; a concelleira de Cultura, Emilia Somoza; o secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Paco Boluda, presidente da Asociación Carrileiros.

Diego Lourenzo destacou na súa intervención que “os verineses temos inserido no ideario colectivo a imaxe deste tranvía de tracción animal, que foi inaugurado no ano 1908 pola compañía Auga de Cabreiroá. Desde o grupo de goberno decidimos celebrar estes dous actos conmemorativos para por en valor, e evitar que non se esqueza esta parte tan relevante da nosa historia colectiva”.

Pola súa banda, Miguel Losada quixo agradecer a corporación municipal o seu interese  por mellorar Verín, “por mirar o pasado para tratar de mellorar o futuro da vila”. O secretario de SAGA explicou que devandita iniciativa busca chamar a atención sobre o que puido ser e non foi, pero que aínda é posible recuperar. “Aquel Verín que, dalgunha maneira, descarrilou dos tempos da historia e que pode volver a ser aquela vila pioneira, dinámica e moderna que era hai 110 anos”. Por último, Losada quixo agradecer o gran traballo de investigación realizado pola Asociación Carrileiros, sen o que non sería posible realizar estos actos conmemorativos.

Por último, Paco Boluda salientou a relevancia que tivo o tranvía de Verín, no que a historia industrial se refire, xa que foi dos primeiros que se implantaron en Galicia, e único en moitas das súas características.  “A exposición e a conferencia fan un percorrido pola historia deste tranvía pero, por encima disto, fano pola historia da modernidade de Verín. O que buscamos con esta iniciativa é concienciar a xente da importancia que tivo este medio de transporte e, tamén incentivar que, co tempo, volva a ser unha realidade que Verín volva a ver circular o seu tranvía”.

Na exposición, que abrirá as súas portas o 24 de Abril, ás 19:30 horas, os autores da investigación Francisco Boluda e Manuel Hernández (membros da Asociación Carrileiros) farán un percorrido pola historia do singular tranvía de tracción animal que unía Verín co Balneario de Cabreiroá nas primeiras décadas do século XX. A mesma, estará composta por distintos paneis deseñados por Paco Boluda. Devandita mostra estará aberta ao  público ata o 18 de maio.

Así mesmo, a conferencia que leva por título “Un tranvía que fixo historia”, será impartida o 27 de abril, ás 19:30 horas, por Paco Boluda, no Auditorio Municipal de Verín. Os asistentes o evento terán ocasión de transportarse (por medio da proxección de fotografías, planos orixinais e súa exposición oral) a unha viaxe á memoria de Verín nos anos de apoxeo da actividade balnearia na nosa comarca. Os autores ofrecerán a oportunidade de coñecer a fondo a historia e características da liña, a súa infraestrutura, as dependencias para o mantemento do tranvía e do tiro, ou os distintos tipos de vehículos utilizados para o transporte de viaxeiros e mercadorías.

 

 

Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?, contacontos e manualidades. (13/04/2018)

hay-algo-mas-aburrido-ser-princesa-rosaO vindeiro venres 13 de abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?”, baseada na obra homónima de Raquel Díaz Reguera.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades en forma de mural e tamén con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 9 de abril.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

“Día Internacional do Libro Infantil”, contacontos e manualidades. (06/04/2018)

Roberto Castro, voluntario da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2011.

Roberto Castro, voluntario da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2011.

O vindeiro venres 6 de abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará unha actividade de contacontos e manualidades co gallo do “Día Internacional do Libro Infantil”.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 2 de abril.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

O elefante comellón, contacontos e manualidades (23/03/2018)

elefante-comellonO vindeiro venres 23 de marzo, de 18:00 a 19:30h., teremos unha sesión de contacontos e manualidades, que levará por título “O elefante comellón”, titulo homonimo da obra infantil de Rafael Ordóñez e Marc Taeger.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade acorde coa contada. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 19 de marzo.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

“Cultos termais hispanos: A Galicia antiga”, conferencia do Profesor Francisco Díez de Velasco (16/03/2018)

Verin-Termal-webO venres 16, teremos a videoconferencia do do Profesor Francisco Díez de Velasco, que ven a pechar o ciclo do termalismo, cunha conferencia sobre “Cultos termais hispanos: A Galicia antiga”.

Contido da conferencia: Revisión da diversidade relixiosa e o cambio relixioso que se produxeron na Península Ibérica, cunha especial referencia á zona galaica, có impacto romano tomando os cultos termais como guía.
Revisarase o fenómeno da tendencia á abstracción relixiosa dende os cultos concretos coma o proceso partindo das divinidades indíxenas ata as plenamente romanas”.

Francisco Díez de Velasco:

Es catedrático de la Universidad de La Laguna (perfil: historia  de las religiones). Es doctor en Historia y Licenciado en Antropología Social y Cultural. De entre sus publicaciones destacan: Religiones en España: historia y presente (Madrid, Akal, 2012); Introducción a la Historia de las Religiones (3ª edición, Madrid, Trotta, 2002); Los caminos de la muerte (Madrid, Trotta,1995); Lenguajes de la religión (Madrid, Trotta, 1998), La historia de las religiones: métodos y perspectivas (Madrid, Akal, 2005), Breve historia de las Religiones (Madrid, Alianza, 2006, nueva edición 2014), Sobre el tema del termalismo antiguo destacaría Termalismo y religión. La sacralización del agua termal en la Península Ibérica y el norte de África en el mundo antiguo, Madrid, Servicio de publicaciones de la Universidad Complutense, 1998, 180 pp. (Monografías de Ilu nº1).  Es editor de la revista Bandue. Revista de la Sociedad Española de Ciencias de las Religiones. Coordina el grupo de investigación de la Universidad de La Laguna HISTOREL (Historia de las Religiones). Imparte las asignaturas de Historia de las religiones (Grado en Historia, ULL), Diversidad religiosa e integración cultural (Grado en Antropología, ULL) y teoría y metodología de la historia de las religiones (Máster en Ciencias de las Religiones UCM). Miembro del Instituto Universitario de Ciencias Políticas y Sociales de la Universidad de La Laguna y del Instituto de Ciencias de las Religiones de la Universidad Complutense. Es en la actualidad Investigador principal del proyecto “Bases teóricas y metodológicas para el estudio de la diversidad religiosa y las minorías religiosas en España” (HAR2016-75173-P) del Ministerio de Economía y Competitividad de España, 2017-2020. Es Académico Correspondiente de la Real Academia de la Historia.

 

 

“O Culto á Auga”, conferencia de D. Marco V. García Quintela e Dolores González de la Peña (15/0372018)

Baixo o título global “O Culto á Auga”, teremos o xoves 15 a dous conferenciantes que nos falarán sobre a visión do pasado máis remoto, as orixes ancestrais e o culto á auga, e o vinculo da auga e a relixiosidade. Para elo contaremos coa presenza do profesor D. Marco V. García Quintela e Dolores González de la Peña, Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerceu a docencia e actualmente dirixe o blog Arqueotoponimia, centrado na toponimia e na prehistoria.

Contido da conferencia do profesor D. Marco V. García Quintela: As saunas da Idade do Ferro no Noroeste Peninsular

A relativa uniformidade das vivendas, rúas e murallas dos castros racha ca identificación de edificios destinados a saunas. Identificados os primeiros restos dende o século XVIII no norte de Portugal (a pedra formosa de Briteiros e a “cova” de Sanfins), non foi ata o período entre os anos 50 e 75 que finalmente se recoñeceron como destinados á función de saunas.
Coñécense uns 24 casos distribuídos por metades case que iguais entre a zona cantábrica e o territorio entre o Douro e o Miño (coa excepción da sauna de Armea, Santa Mariña de Augas Santas, Allariz, Ourense).
O seu estudo centrouse na acumulación de novos exemplos, escavacións, datacións…, pero levados a cabo dun xeito moi desigual, derivado isto de iniciativas de investigación particulares.
Na actualidade o debate mais forte xira en torno á cronoloxía, e derivado dela, a súa función. Pero, doutra banda, paralelos etnográficos amosan a complexidade cultural que pode estar detrás da construción e uso das saunas. Se engadimos a súa singularidade material, todo leva a consideralas o reflexo material dunha complexa concepción ideolóxica de tradición indo-europea e celta.
Xunto á exposición sobre a materialidade das saunas e as súas peculiaridades, intentarei ofrecer unha explicación do seu sentido ideolóxico baseándome nunha lectura minuciosa do rexistro material.

Marco V. García Quintela: Dende a miña tese doutoral tiven como obxecto de estudo principal as relacións entre o pensamento e a sociedade. Teño usado diversas fontes literarias (literatura clásica, crónicas medievais, haxiografía), ou testemuñas arqueolóxicas, sobre distintos períodos e zonas (Grecia arcaica, Roma primitiva, Hispania, Galicia protohistórica e cristián-primitiva, Galia protohistórica e Alto imperial), colaborando con especialistas de diferentes campos.

Desde hai quince años ocúpome das “topoloxías comparadas” aplicado ás relacións entre o espazo e o pensamento con tres libros publicados (Le pendu et le noyé des monts Albains, Bruseas: Atomus, 2007; Santuarios de a Galicia Céltica, Madrid: Abada, 2008, con M. Santos Estévez; en El Árbol de Guernica. Madrid: Abada, 2013, con F. Delpech). En particular, dende hai dez años, teño introducido a astronomía na cultura e na comprensión “topolóxica” dos procesos intelectuais en colaboración co astrofísico e arqueoastrónomo A.C. González García con quen teño asinado 17 traballos. Dúas subliñas téñenme ocupado especialmente: A primeira estuda a pegada arqueolóxica das cosmovisións, con traballos sobre as saunas da Idade do Ferro no NO de Hispania; sobre a “arquitectura ambigua” como unha forma de expresión relixiosa da Idade do Ferro; ou sobre a paisaxe cristián da Gallaecia.

A segunda, desenvolvida con A.C. González García, son estudios de astronomía na cultura (orientación esta que impregna parte da subliña anterior). Esta subliña tennos levado a estudar como se produce a cristianización do espacio-tiempo pagán na Gallaecia. Dela deriva a investigación sobre a Galia iniciada no 2014 con cinco artigos publicados e outros en prensa ou en preparación. Nesta subliña inclúese o libro propio Le mythe de fondation de Lugdunum en proceso de escritura.

A converxencia entre a construción da paisaxe cristián e os estudos sobre a Galia producese ó detectar, en ámbolos dous casos, expresións materiais da ideoloxía calendárica céltica a traverso da súa transformación. Na Galia, cando se insire no Imperio Romano baixo Augusto; en Gallaecia ó transformase en culto cristián ó hilo da construción das paisaxes cristiáns. O mínimo común denominador de ámbalas dúas transformacións sería, precisamente, o substrato celta.

Como xestor de ciencia coordino dende 2004 o grupo de investigación da USC, GI-1919 Síncrisis, Investigacións en Formas Culturais, o primeiro grupo da Universidade de Santiago de humanidades por produtividade científica en 2013-2015.

http://imaisd.usc.es/seccionproducion.asp?i=gl&s=-2-26-51. O grupo Síncrisis ten a categoría de Grupo de Referencia Competitiva outorgada pola Xunta de Galicia en base a criterios competitivos en convocatoria pública, así mesmo ten participado (2014-2015) na rede de financiamento autonómica e base competitiva “Consiliencia” en colaboración con grupos de ciencias da terra; e na actualidade (2017-2018), na rede “Patrimonio cultural: Servizos Históricos e Técnicos”. Entre 2007 e 2015 dirixín a serie de monografías do CSIC Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio http://www.incipit.csic.es/gl/Publicaciones.aspx. Dende xaneiro de 2013 son secretario do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC.

Sinopse da conferencia de Dolores González de la PeñaO baño das ánimas: introdución ó termalismo antigo como precedente pagán do Purgatorio.

No recente estudo de Sergio Ríos González sobre os baños castrexos do noroeste da Península Ibérica (Ménsua Ediciones, 2017) dedícase un amplo capítulo a negar a función transcendental del termalismo prerromano: “Os defensores da orixe prerromana e autóctona do termalismo castrexo descartan o seu mero carácter hixiénico ou lúdico, outorgándolle de forma más o menos explícita, un certo grado de transcendencia”. Segundo Ríos, estes autores consideran, sen argumentos sólidos, que o termalismo antigo é unha manifestación de carácter relixioso e cultual, ou vencéllano a ritos de paso e iniciación dende un enfoque antropolóxico.
Neste traballo pretendemos sumarnos ós autores mencionados por Ríos demostrando que efectivamente, o termalismo non foi concibido na antigüidade como unha mera actividade hixiénica, senón que integraba un complexo ritual de purificación destinado a obter a salus (termo que en latín significaba saúde física, pero tamén salvación espiritual). Proba delo é que en saunas e termas colocouse o sitio do primitivo Purgatorio, precisamente por conectar estes lugares co Inframundo, é dicir, ca xeografía mítica do Inferno pagán, O Alén.
Para elo abordarémola cuestión cun enfoque holístico:
I. Recompilando referencias clásicas sobre a localización do Purgatorio en saunas e termas, e analizando en detalle a lenda do martirio de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
II. Presentando a testemuño medieval da ordalía (xuízo de Dios) celebrada nas caldas do río Miño.
III. Propondo evidencias na onomástica: revisión filolóxica dos teónimos prerromanos Bormánico e Edovio.
IV. Revisando paralelos no mundo atlántico: as sweat houses irlandesas como lugar do Purgatorio de San Patricio.

Dolores González de la Peña: naceu en Ferrol en 1967. É Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerceu a docencia como profesora de Lengua Española e Lingüística General durante dous cursos académicos. Adscrita ó Departamento de Teoría da Literatura formou parte do equipo que desenvolveu o proxecto de investigación “Cronología de la Literatura Española” (editorial Cátedra), así mesmo, catalogou e informatizou os fondos bibliográficos da Fundación Camilo José Cela. Na actualidade traballa no sector da administración de empresas e é autora do blog Arqueotoponimia.

 

 

Os Directores – Médicos e os balnearios de Verín, conferencia de D. Juan A. Rguez. Sánchez e D. Fco. Javier de Jorge García-Reyes. (09/03/2018)

O venres día 9 de marzo teremos na Biblioteca do Concello de Verín a conferencia adicada a aqueles Directores-Médicos dos Balnearios de mediados do s.XIX e comezos do s.XX, con unha especial relevancia dos directores-médicos de Caldeliñas.

Sinopse da conferencia de D. Juan A. Rguez. Sánchez:

memoria-tecnica-Caldeliñas-Os factores que concorreron para facer da Hidroloxía Médica unha especialidade foron ben distintos ós doutras disciplinas vinculadas ó desenrolo hospitalario e tecnolóxico. Dende esta perspectiva, o seu proceso de profesionalización estivo marcado con máis frecuencia polas intervencións individuais dende o poder (a creación dun Corpo de Médicos-Directores de Baños, dunha cátedra o dun instituto de investigación) que polas necesidades e actuacións de aqueles que se dedicaron á clínica hidrolóxica.

memoria-tecnica-Caldelinas-As pautas de lexitimación impostas foron alleas á realidade do balneario, incapaces de adaptarse á súa evolución e ineficaces na conciliación dos intereses de empresas e médicos. O seu paradoxal efecto foi o de minar o desenrolo asociativo e científico da especialidade.

D. Juan A. Rguez. Sánchez: Doctor en Medicina y Profesor Titular de Historia de la Ciencia en la Universidad de Salamanca. Desde su tesis doctoral, una de sus principales líneas de investigación ha sido la historia de las aguas minero-medicinales, los balnearios, la hidrología médica y la hidroterapia tanto científica como alternativa. Algunos de sus trabajos sobre estos temas han sido reconocidos con algunos galardones nacionales como el Premio Hernández Morejón a su Historia de los Balnearios de la Provincia de Málaga o el Premio Uriach por su biografía del médico-director de Baños José Salgado y Guillermo. Ha publicado libros y artículos en los que ha tratado los balnearios de Andalucía o de Castilla y León, la institucionalización de la Hidrología Médica, la relación de los espacios balnearios con el nacimiento de la fisioterapia o los establecimientos hidroterápicos urbanos.

En el ámbito docente ha sido acreedor al Premio de Educación Médica de la Fundación Lilly.

En la actualidad sus investigaciones están más enfocadas a la historia de la poliomielitis, el síndrome post-polio y las enfermedades raras y olvidadas, siendo investigador principal del proyecto “Investigación, redes asistenciales y empoderamiento: respuestas sociales y científicas a las enfermedades raras en la Península Ibérica (1940-2015)” financiado por el Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. Es coordinador del Grupo de Investigación Hispanoluso en Historia de la Polio, Postpolio y Enfermedades Marginadas y de la Red Iberoamericana del mismo tema. En el mes de abril aparecerá el libro que coordina titulado Conocimiento y empoderamiento: las enfermedades raras y el síndrome post-polio.

  Sinopse da conferencia de D. Fco. Javier de Jorge García-Reyes: Conferencia centrada sobre mem-tecnica-Caldelinas-as memorias técnicas que os Directores Médicos dos Balnearios estaban obrigados a realizar tras cada campaña de balneario. Neste caso a conferencia estará centrada sobre todo sobre esas memorias técnicas dos Directores/Médicos do Balneario de Caldeliñas e que se custodian na Biblioteca da Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid.

D. Fco. Javier de Jorge García-Reyes:Director da Biblioteca da Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid.

 

“José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, promotor do avance da análise química”, conferencia de Elena Falqué, profesora Universidade de Vigo (08/03/2018)

O xoves 8 de marzo, a profesora Universidade de Vigo, Elena Falqué, impartirá a conferencia adicada á figura de D. José Casares Gil (1866-1961), internacionalmente recoñecido químico e farmaceutico galego, que modernizou o ensino e a práctica da química, polo que foi o precursor do desenrolo actual da Química en España.

casares_gil_joseNa presente conferencia farase un percorrido pola súa vida, con breves apuntes dos seus traballos en tres laboratorios (Facultade de Farmacia de Barcelona, Facultade de Farmacia de Madrid e o Laboratorio Central de Aduanas) e das súas viaxes e colaboracións con científicos de Alemaña, principalmente, Francia e Estados Unidos, que lle permitiu tecer unha importante rede internacional de contactos e que supuxo, xunto con numerosos compañeiros e alumnos, o inicio da escoa de investigación.
Foi autor do ‘Tratado de Análise Químico’ e unha das súas liñas de investigación estaba centrada na análise das augas minerais.

Elena Falqué: Licenciada en CC. Químicas (1990) e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (1996). Doutora en Química (1998), especialidade Química Analítica. Realizou gran parte da Tese Doutoral en Burdeos (Francia) e, posteriormente, fixo varias estadías postdoutorais en Oporto (Portugal).
Profesora Titular da Universidade de Vigo (2007).
Centrou a súa actividade investigadora no desenrolo das metodoloxías analíticas para a determinación de diversos compostos en diferentes matrices agroalimentarias (viños, augas, grelos, flores, algas, aceites, residuos de industrias alimentarias…), para caracterizalos e diferencialos de produtos similares ou con diferente orixe. Tamén para optimizalo proceso tecnolóxico de obtención, así como para garantir a calidade dos mesmos.

 

O fotógrafo Real Fernando Debas e as augas de Verín. Conferencia de D. Juan Antonio Fernández Rivero (02/03/2018)

Verin-Termal-web O vindeiro venres 2 de marzo, dará comezo un ciclo de conferencias adicadas ao Termalismo de Verín, cunha visión do seu pasado máis remoto (orixes ancestrais e o seu culto á auga, a súa relixiosidade) e o seu pasado máis recente centrado no tempo do explendor dos balnearios.

Deste xeito o venres D. Juan Antonio Fernández Rivero, impartirá la conferencia adicada a D. Fernando de Debas e Dujant, promotor do balneario Caldeliñas e Sousas.

Sinopse da conferencia: Fernando Juan Bautista Debas e Dujant (31-8-1842  a 22-6-1914) e  o seu irmán Pedro Edgardo (23-5-1845 a 28-12-1891) iniciáronse na fotografía en Moulins, a súa cidade natal na rexión de Auvernia, no centro de Francia.
souas-colmbina-caldelic3b1as-1892A principios de 1872 emprenden un proxecto máis ambicioso ao trasladarense a Madrid. O seu traballo non pasa desapercibido e dende os primeiros meses de 1873 van aparecendo novas na prensa encomiando o seus traballos. Fernando Debás, tras separarse do seu irmán, convértese en fotógrafo oficial da familia real.
Fernando, que gañou una fortuna coa fotografía, debeu ser tamén un home previsor que preparou unha alternativa de negocio a súa xubilación, xa que as novas preséntano como propietario do Balneario de Caldeliñas e o manancial de Sousas, en Verín, o cal adquiriu entre  1887-1888. Esta será a orixe, da lenda dos balnearios de Verín, que define o Verín da época como berce de centros balnearios á altura do de Vichy.

D. Juan Antonio Fernández Rivero (1956): Licenciado en Económicas pola Universidade de Málaga, é coleccionista e historiador de fotografía histórica. Como historiador realizou numerosas publicacións entre as que destacan: “Historia de a Fotografía en Málaga durante el século XIX” (1994), “Tres dimensiones en la historia de la fotografía: La imagen estereoscópica” (2004) e, xunto a súa esposa, tamén historiadora, Teresa García Ballesteros: “Descubriendo a Luis Masson. Fotógrafo en la España del XIX” (2017). Tamén impartiu cursos e conferencias relacionadas ca historia da fotografía, e desenvolveu actuacións de comisario en diferentes exposicións. Como coleccionista logrou reunir, dende mediados da década dos oitenta, unha das máis completas coleccións de fotografía histórica de España, con preto de 50.000 pezas orixinais. 

 

 

O animal fabuloso, contacontos e manualidades Interxeracional.(14/03/2018)

DSC09514O vindeiro mércores 14 de marzo, de 18 a 19:30h teremos na nosa Biblioteca a Nate Pazo (integrante da compañía Sarabela Teatro), coa posta en escea de “O animal fabuloso”, (conto adaptado do libro Olo-olo Iepu-iepu, de Paula Carballeira).

Esta actividade estará destinada a 30 socios/as, que deberán vir acompañados dos seus avós/avoas, debendo inscribirse a partir do luns 12, na biblioteca do Concello de Verín, por telf. (988413624), mail: biblioteca@verin.gal, ou ben acudindo a mesma.

O animal fabuloso

Sinopse: Nunha aldea pequena do corazón de África, un soño vai cambiar a paz da aldea. Un grupo de exploradores e exploradoras terán que ir na procura dun animal fabuloso e levalo á aldea… África é moi moi grande, pero neste conto, estará a maxia dos libros, que permite soñar e viaxar outros lugares, sen fumes e sen contaminación atmosférica e auditiva. A interactuación de toda a aleda, recórdanos o importante que é a convivencia, a memoria, a ética, saber escoitar e respectar os diferentes ritmos, gustos… Facer unha sociedade que acolle a todos os seus cidadáns e cidadás, sen importar a idade, o sexo e a súa condición.

 

Monterrei capital histórica do libro en galego. Dos manuscritos medievais á edición do libro en galego, conferencia de Víctor F. Freixanes e María Dolores Cabrera.(23/02/2018)

FreixanesO presidente da RAG (Real Academia Galega), dará unha visión global do libro en galego, partindo de Monterrei e a primeira imprenta de Galicia, ata chegar ao día de hoxe, e María Dolores Cabrera, licenciada en Filosofía e Letras, que formou parte da comisión que se encargou da primeira Lei do libro e da lectura, (2006), e ademais é Padroeira da Fundación Fermín Penzol centrarase nos fondos desta institución

Data da Conferencia: 23 de Febreiro ás 19:30h
Lugar Conferencia: Biblioteca do Concello de Verín

 

Érase que se era, un libro imaxinario (23/02/2018)

sabelaSabela de Sarabela Teatro, traenos esta divertida actividade de contacontos e manualidades, dirixida a socios da Biblioteca de 3 a 7 anos, previa inscrición. (MÉRCORES 28, de 18 a 19:30h.).

Os máis pequenos aprenderán que cando se sintan aburridos poden contar coa súa propia maxia. El lles ensinará como sacar do bolsillo máxico, un lápiz imaxinario co que pintar e xogar.
A intención é motivar á lectura por medio da oralidade e conseguir que os rapaces vexan no libro un instrumento de ocio ademáis de un “obxecto para estudar”
Durante 50 minutos empregaranse recursos expresivos vocais e corporais como a repetición, o canon, os cambios de ritmo, as onomatopeas, a incorporación de sons e elementos de atrezo, e a mímica corporal para ofrecer unha contada que implique os nenos e as nenas na escoita e na participación.
Empregando como técnica o “xogo dramático” se conseguirá que os nenos participantes teñan un dobre cometido: ser espectadores e actores dependendo do que a dinamizadora requira de eles.
Atención, lembrade: Inscrición obrigatoria, e máximo 30 socios.

 

Noreste Peninsular: Encrucillada de tradicións rupestres, conferencia de Beatriz Comendador.(19/01/2018)

imaxe-01

 O vindeiro venres 19 de xaneiro terá lugar a conferencia de Beatriz Comendador Rey e Lara Bacelar Alves.
Beatriz Comendador Rey é profesora e doutora da Universidade de Vigo do Departamento de Historia, Arte e Xeografía e pertence ao Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT).
Lara Bacelar Alves é profesora da Universidade de Coimbra, é investigadora integrada do Centro de Estudos Arqueolóxicos das Universidades de Porto e Coimbra (CEAUCP). Tanto Beatriz Comendador coma Lara Bacelar van presentar un gran avance na investigación na prehistoria do Alto Támega e que abre unha nova línea de investigación no sur de Galicia, en base ao achado de Bruno Rúa.
Esta actividade está organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Verín coa colaboración da Universidade de Vigo, Universidade de Coimbra.

 

“As Irmandades da Fala (1916-1931)”, presentación do libro e conferencia. (12/01/2018)

portada-webO vindeiro 12 de xaneiro o profesor da Universidade da Coruña, D. Uxío Breogán Diéguez Cequiel, presentará a súa obra, e dará unha pequena conferencia sobre a mesma: “As Irmandades da Fala (1916-1931)”, ed. Laiovento, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
O acto dará inicio ás 19:30h. e os/as asistentes, levarán coma agasallo un exemplar de “Murguía, Revista Galega de Historia”, na que é director Uxío-Breogán Diéguez Cequiel.

 

“Cristianismo Primitivo e os Manuscritos do Mar Morto”, conferencia de D. Antonio Piñero, moderada por D. Manuel Mandianes. (25/0172018)

anuncio-webEn 1945, muy cerca de la localidad de Nag Hammadi, situada en el Alto Egipto, unos campesinos encontraron en una cueva doce códices de papiro y fragmentos de otro, ocultos en unas vasijas selladas.

En 1947, en unas cuevas de Qumrán, cerca del mar Muerto, unos pastores hallaron siete rollos de pergamino con un total de más de novecientos manuscritos mientras buscaban una cabra perdida.

Ambos descubrimientos marcaron un antes y un después respecto al conocimiento sobre los orígenes y desarrollo del judaísmo y el cristianismo y abrieron el camino hacia unas líneas de investigación que cambiaron el modo de entender la historia de ambas religiones.

En esta obra, “Gnosis, Cristianismo primitivo y Manuscritos del Mar Muerto” (ed. Tritemio, 2016), el profesor Piñero, una de las máximas autoridades en cristianismo primitivo, nos ofrece un extraordinario estudio sobre el impacto de estos descubrimientos, especialmente en lo referido a la gnosis, una forma de pensamiento que, de modo discreto pero profundo, tuvo mucha influencia en el judeocristianismo antiguo.

El libro se complementa con el contenido íntegro de los textos gnósticos: el Evangelio de Felipe, el Evangelio de Judas y el Evangelio de la Verdad; así como de una selección de textos escogidos de los Manuscritos del mar Muerto.

Una obra imprescindible para cualquier lector interesado en profundizar en la historia del gnosticismo y en la importancia que para nuestra historia tuvieron el hallazgo de los Textos de Nag Hammadi y de los Manuscritos del mar Muerto.

Antonio Piñero Sáenz: (Chipiona, Cádiz, 1941) catedrático de Filoloxía Grega da Universidade Complutense de Madrid, especializado en lingua e literatura do cristianismo primitivo.

É autor e escritor de numerosas obras no eido do cristianismo e xudaísmo. Xunto ao seu prestixio internacional coma investigador, destaca a súa faceta de comunicador, atestiguada por millóns de persoas, sobre todo pala paixón que transmite, outorganlle un fluír único a súa mensaxe.

Está considerado un académico experto de renome internacional en temas relacionados con mundo hebreo do século I e có Novo Testamento.

Na súa obra de investigación destaca a obra “Los cristianismos derrotados” (2007, editorial Edaf, Madrid)  polo que acadaou o Premio Finis Terrae, (primer premio de investigación), e en novela destaca a novela histórica, escrita conxuntamente con José Luis Corral: “El trono maldito”, (Planeta, 2014)

A conferencia de D. Antonio Piñero estará moderada por un vello amigo da nosa Biblioteca coma é o Dr. Manuel Mandianes Castro, antropólogo e teólogo.

Hora: 19:30h.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Verín.

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín

 

“Animais de papel”, contacontos e manualidades.(18/01/2018)

wbvetpzbO vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “Animais de papel”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 15 de xaneiro.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

Inscrición obrigatoria.

 

“O pingüino que quería vivir na Biblioteca”, contacontos e manualidades.(11/01/2018)

MANUALIDADES 12-01 PINGÜINOO vindeiro venres 12 de xaneiro ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “Pingüino que quería vivir na Biblioteca””, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade, con materiais reciclados e cartulina e goma eva. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 8 de xaneiro.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

Inscrición obrigatoria.

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.