Actividades 2017

Presentación do libro: Contrabando de miserias, de Melitón Rguez. Fernández, 29-09-17.

Contrabando_de_Miser_Cover_for_KindleO vindeiro venres 29 de setembro ás 19:30h. teremos na nosa biblioteca a presentación da obra “Contrabando de miserias”, de Melitón Rguez. Fernández. Trátase dunha novela centrada nas aldeas fronteirzas do norte de Portugal e España, onde o contrabando deixa de ser unha opción para converterse nunha obligación.

Melitón Rguez. Fernández: Escritor novel, nado na aldea de Peñaseita (Asturias),  entra en contacto coa realidade da fronteira Portuguesa-Española grazas a súa dona e aos contos e vivenzas que lle transmiten os maiores nas súas viaxes ao pobo natural desta.     No me resultó difícil plasmar en un relato la mayoría de las aventuras que me habían contado y, aunque en la realidad le habrían ocurrido a muchas personas, el guión exige concentrarlas todas en un solo personaje. En palabras do propio autor dice que non lle foi difícil plasmar nun relato a maioría das aventuras que me contaran e fabricar así unha historia sinxela que conta as vivenzas cotidianas dun dos anónimos habitantes de cualquiera aldea do norte de Portugal limítrofe con España.

Estacións en contos con Celtia Figueiras, 28/09/17

privamera porto do sonO vindeiro xoves 28 de setembro ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será “Contos na Primavera”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

Presentación do libro: Problemas con el insomnio, de Pablo J. G. Morales, 21-09-17.

portada02O vindeiro xoves 21 de setembro, ás 19:30h. teremos a presentación da obra “Problemas con el insomnio”, de Pablo José G. Morales.

En palabras do propio autor, é unha obra rebelde na que é a propia rebeldía a que fabrica a poesía.

Pablo José G. Morales: Nado en Venezuela en 1986, traballou coma productor e coproductor doutros escritores de diversos xéneros literarios. “Problemas con el insomnio” é a súa sexta obra poética.

Presentación: ‘Triple juego en Cuba’, de Bernar Freiría, 15-09-17.

triple-juego-en-cubaO vindeiro venres 15 de setembro a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, acollerá a presentación da obra ” Triple juego en Cuba’ de Bernar Freiría que é Catedrático de Filosofía e periodista, columnista de: La Opinión de Murcia, Faro de Vigo, La Opinión A Coruñae outros. Ten xa publicadas, con esta, tres novelas: “Cuarto de derrota” e “Los roedores” (Editorial Meteor).

Reseña da novela: Triple juego en Cuba tiene como paisaje de fondo la guerra de Cuba de 1895 a 1898. Sobre ese paisaje, sobresalen en primer plano las andanzas de Luciano ‘El Brega’, que se mueve como pez en el agua en medio de todos grupos interesados por hacerse con el control de Cuba. Luciano, nacido en una aldea gallega de la provincia de Ourense, se ve forzado a convertirse en adulto de golpe al morir su padre…..

Máis info: https://libros.com/crowdfunding/triple-juego-en-cuba/

Presentación: “La Humanidad Perdida”, de Lourdes Hervella, 24/08/17.

humanidad-perdidaO vindeiro xoves 24 de agosto ás 19:00h., teremos a presentación do libro “La Humanidad Perdida”, segunda entrega do que é a trioloxía da saga “Proyecto Madre” de Lourdes Hervella. Esta nova escritora verinesa, afincada en Cataluña, presentanos esta novela con tintes apocalípticos. Na súa forma de escribir podemos atopar referentes como Rosalía de Castro ou Bécquer e unha certa morriña pola terra.

Visita/Actividades cos/as niños/as de Cruz Roja en réxime de acollida, 19-07-17.

Como todos os anos, dentro do programa “Acollida Verán”, realizamos diversas actividades de visitas e conta contos cos/as nenos/as que Cruz Roja Verín atende nos meses estivales.

Visita/Actividades con los/as niños/as de FEMURO en régimen de acogida, 18-08-17.

Como todos os años, dentro do programa “Femuro Verán”, realizamos diversas actividades de visitas e conta contos cos/as nenos/as que FEMURO atende nos meses estivales.

Romaría, contacontos con Raquel Queizás, 13-08-17.

raquel-queizasA nosa veciña, amiga e magnífica contadora de contos, volta un ano máis as actividades da Biblio-Piscina, co seu novo espectáculo “Romaría”, que recolle a narración oral, onde as nosas lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo ás rapazas e aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.

Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo 13 de Agosto na Biblio-Piscina, de 18:00h a 19:00h, e está dirixido a nenos e nenas: a partir de 3 anos.

Actividade dentro do programa Ler Conta Moito. Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).

Cabaret Infantil Prodixio, con Iria Piñeiro, 06/08/17.

iria-pinheiroActividade de dinamización con música, teatro e danza, que terá lugar na Biblio-Piscina o vindeiro 6 de Agosto, ás 18:00h., dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos.

A actividade: As Irmáns Prodixio viaxan polo mundo desde que eran pequenas cunha maleta chea de curiosos obxectos que agochan as máis peculiares e divertidas historias. Son moitas as nenas e nenos que tiveron a sorte de coñecelas por todas partes, pero…só hai un detalle…nunca ninguén as viu xuntas nunha mesma habitación… Que curiosos poderes agochan As Irmáns Prodixio?

Actividade dentro do programa Ler Conta Moito. Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).

Biblio-Rúa (3, 11 e 23 de xullo e agosto).

biblio rua 2017Durante os días 3, 11, 23 (xullo-agosto), a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volveu saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral e dar a coñecer os servizos da biblioteca.
Durante as mañás desas seis xornadas, de 11 a 13 horas, voluntarios/as desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.
Así mesmo este verán 2017, tamén poremos á venda o libro “Contos e lendas do Val de Monterrei”.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de VerínAdemais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.

Biblio-Piscina 2017 (xullo e Agosto 2017, de luns a domingo).

CARTAZ-BIBLIOPISCINA-webA Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento, por noveno ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas descubertas de A Granxa, co obxecto de estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar.
Devandito servizo oferta un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas: castelán, galego e portugués -conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais -de distinta temática como historia, científica, saúde ou moda, entre outras-, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as do territorio da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.

bibliopiscinaEsta iniciativa estará atendida por persoal da Biblioteca de Verín e vinte e dous mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.

A Bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro (de luns a domingo), en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas (durante os sete días da semana). No ano 2016 este servizo abriuse ao público unhas 200 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.500. Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

Presentación da Tesis Doctoral “A realidade educativa no nordeste português e nas escolas castelhano-leonesas e galegas fronteiriças, através da memória oral, na época das ditaduras.” de Dona Marília Ruivo, 22 de xuño ás 19:30h. na Biblioteca de Verín.

O título da tese é: “A realidade educativa no nordeste português e nas escolas castelhano-leonesas e galegas fronteiriças, através da memória oral, na época das ditaduras.”  Os concelhos estudados foram: Chaves – Verín, Vinhais – A Mezquita, Vimioso – Alcañices e Miranda do Douro – Bermillo de Sayago.

“O mundo de Carliños”, con Luis Vallecillo, 21-06-17.

dossier-o-mundo-de-carliños-1024x661Unha proposta orixinal na que unha vez máis xuntamos a música e os monicreques para dar a coñecer a obra do autor homenaxeado este ano nas letras galegas: Carlos Casares…

Esta actividade realizarase o vindeiro mércores 21 ás 18h. na biblioteca do Concello de Verín e a mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

Contacontos de Flor Fernández, acompañada por Jose Manuel Salgado (16 de xuño ás 18:00h)

SONY DSC

Actividade de contos con música, onde escoitaremos de primeira man o conto de Flor Fernández “a perrita Ramona“. Dirixido aos/as socios/as da Biblioteca do Concello de Verín de 3 a 9 anos, para un máximo de 40 nenos/as, inscrición obrigatoria. Duración 40 min.

 

Flor Fernández:

Flor Fernández Santamarina naceu en Estevesiños (Concello de Monterrei) en Abril de 1953, aínda que de pequena emigrou xunto aos seus pais ao País Vasco.

Tras unha década adicada ao fotoperiodismo, inicia a súa carreira como escultora e ceramista en 1995. Combina a escultura coa fotografía documental e artística e a literatura infantil.

No ano 2009 publicou a súa primeira obra de literatura infantil “Contos que no son contos” editado pola Asociación Galega de Arte e Cultura.

As súas obras figuran no Casino de Bermeo (Vizcaya), Escola de Inxeñeiros (Logroño), Concello de Basauri (Vizcaya), Concello de Verín (Ourense), Faro de Castro Urdiales (Cantabria), Museo Municipal de Ourense (Ourense), Casino de La Toja (Pontevedra) e Les Rencontres de Maubourguet (Francia).

PREMIOS:

-Premio Mención de Honor Certamen Internacional Acea´s 2003.

-Finalista no Premio de Artes Plásticas ‘Ayuntamiento de Basauri’ (Vizcaya).

-Premio mulleres artistas, Concello de Basauri (Bizcaya).

-Finalista foto-ilustración axenda, Concello Algete-Madrid (2008 y 2009).

Jose Manuel Salgado: Exdirector do Conservatorio Elemental de Música de Verín, é profesor de música que acompañou ao escritor Xosé Carlos Caneiro en múltiples ocasións en recitais e presentacións das súas obras, sobre todo destada é a súa colaboración no disco: “De bar en bar. Os poemas prohibidos”.

Presentación do Libro “Contos e Lendas do Val de Monterrei”, 15-06-17.
contos-lendas-val-monterreiObra conxunta de recollida da tradición oral na comarca de Monterrei, que foi dirixido por Xosé Carlos Caneiro fai xa 20 anos e que o conxunto de autores cederon tódolos dereitos en favor da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
Así mesmo colaboran nel moitos ilustradores de Verín, que cederon todos os dereitos en favor da Biblioteca de Verín.

A todos eles moitísimas grazas!!!!

“O outro Camiño de Santiago”, ciclo de conferencias, 1, 2, 8 e 9 de xuño.

  1. “A música do Camiño”, conferencia de Félix Castro Vicente, 1/06/17, ás 20h. no salón de actos da Biblioteca.

        Félix Castro Vicente, avogado, antropólogo, músico experto no Libro de San Cipriano e na figura de Romasanta (o homies lobo de Allariz) abordará, dun xeito divulgativo a         música medieval no Camiño de Santiago.

  1. “Erotismo no Camiño”, conferencia de D. Paco López Barxas, 2/06/17, ás 20h. no salón de actos da Biblioteca.

Nado en Ponte Barxas é Licenciado en filosofía e letras, Escritor, xornalista e exdirector xeral do Libro e das Bibliotecas na Xunta de Galicia. Ten editados máis de trinta obras, sumando ensaios, novela e obra infantil.

A súa conferencia estará centrada na “Erotismo no Camiño de Santiago”. Parte desta ponencia xa foi presentada no ano Xacobeo do 1993, dentro dos Cursos de Verán da Universidade Complutense de Madrid, celebrados no Escorial.

    3. “Templarios e o Santo Grial”, conferencia de D. José Luis Corral Lafuente, 08/06/17, ás 20:00h. no salón de actos da Biblioteca.

Nado en Zaragoza, é Profesor de Historia Medieval na Universidade de Zaragoza e acreditado como catedrático dende o ano 2009, é un dos máis significativos medievalistas en toda Europa, exercendo ademais de coma profesor, coma escritor, colaborador regular en prensa e en programas de radio e televisión, asesor histórico en guións cinematográficos, (o máis significativo foi: 1492: La conquista del paraíso de Ridley Scott).

Ten máis de vinte novelas, de caracter histórico, e outras tantas Obras historiográficas, moitas con referencias ao Camiño de Santiago do que se sinte un namorado.

A súa conferencia estará centrada na figura dos “Templarios e o Santo Grial”.

    4. “O outro Camiño de Santiago”, conferencia de Toti Martínez de Lezea, acompañada polo trovador e luthier Emilio Arias, ás 20:00h. no salón de actos da Biblioteca.

Toti Martínez de Lezea é actualmente unhas das escritoras vascas con máis presenza a nivel nacional e internacional, con máis de vinte novelas, a maioría delas de caracter histórico, con máis de cincuenta obras de caracter infantil, tamén é unha experta no Camiño de Santiago, sobre todo no seu paso por Euskadi e Navarra. Ela mesma defínese coma unha namorada desta ruta ancestral e da cantidade de cultura que deixou en cada paso.

“El jardín de la oca”, editado por Maeva, foi a súa obra máis representativa do Camiño de Santiago, e ven representar o cruce de distintos credos na ruta Xacobea.

+ info: http://martinezdelezea.com/

O luthier/trovador Emilio Arias, nado en Astorga, León, e moi vencellado a nosa cultura, defínese coma un músico que bebe das fontes tradicionais, que comezou a tocar a zanfona, o rabel e a gaita leonesa, recopilando e interpretando romances tradicionais e medievais, cantados ao son do instrumento coma os antigos xoglares e trovadores. Máis tarde fíxose luthier e os seus instrumentos son expostos en multitude de exposicións.

+ info: https://www.youtube.com/channel/UCVaANViIl4uU__SJtJfA8MQ

Toti Martínez de Lezea e Emio Arias, están incluídos xuntos no mesmo apartado, dado que presentan a conferencia “El otro Camino de Santiago”, onde Toti M. de Lezea vai contando curiosidades do Camiño, dende os seus orixes máis paganos ata o día hoxe, resaltando todo tipo de curiosidades.

Emilio Arias acompaña a Toti M. de Lezea, poñéndolle a música que se tocaba no Camiño de Santiago do século XII, con toda sorte de instrumentos, zamfona, rabel, etc…

Pódese ver un vídeo no canal de Youtuve de Emilio Arias interpretando xunto a Toti M. de Lezea o Romance de Don Gaiferos, do século XIII, (recuperado e publicado por vez primeira na obra ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía:

https://www.youtube.com/watch?v=2u_BufyU-1s

Contacontos e manualidades: Letras Galegas na aldea portuguesa de Cimo de Vila da Castinheira 19-05-17.

GALIÑA-AZUL O vindeiro 19 de maio, o persoal da Biblioteca Municipal de Verín xunto aos seus nenos Voluntarios/as (nenos de 9 a 17 anos), cruzarán a raia para celebrar unha sesión de contacontos e manualidades na aldea portuguesa de Cimo de Vila da Castinheira (distrito de Chaves –  Portugal), co gallo das Letras Galegas.
En concreto, serán dez nenos voluntarios e os dous técnicos municipais os que realizarán, na citada aldea portuguesa, unha actividade, de unha hora e media de duración, que consistirá na realización de manualidades, (unha galiña azul feita con materiais reciclados) e lectura de contos en galego (sobre todo centrado nos contos de Carlos Casares “A galiña azul”).

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, recibiu o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo” pola actividade programada na aldea portuguesa de Cimo de Vila da Castinheira para celebrar o Día das Letras Galegas, enfocada a promover a literatura galega e a diversidade lingüística e cultural.

Esta actividade foi premiada co galardón do ALTO PATROCINIO DO PARLAMENTO EUROPEO,  polo presidente do Parlamento Europeo, o Sr. D. Antonio Tajani, quen comunicou por carta,  que: «a organización destes actos, ilustra a nivel local, o que é precisamente a Unión Europea, un continente onde as persoas están unidas pola súa diversidade cultural, e que a promoción da literatura galega e a diversidade lingüística, é o xeito de estreitar relacións e cooperacións transfronterizas entre nenos e xoves dos dous países».

 

Carlos Casares, ciclo de conferencias, 16 e 26 de maio.

DIA-DAS-LETRAS-GALEGASCo gallo do día das letras galegas, teremos un conxunto de conferencias de primer nivel, que nos darán a coñecer dende diversos puntos de vista ao escritor da Limia, que este ano adícase o Día das Letras Galegas.

  • Martes 16 maio: “Carlos Casares no País das Marabillas”,conferencia de Xosé Carlos Caneiro.
    Biblioteca de Verín ás 19:30h.
  • 26 maio: “Casares na intimidade”, conferencia de Xavier Casares e Manuel Mandianes.
    Biblioteca de Verín ás 19:30h.

Contacontos e manualidades: Letras Galegas, 12-05-17.

GALIÑA-AZULO vindeiro venres 12 de maio, celebraremos de xeito anticipado as o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, xunto aos/as socios/as máis novos/as, cunha sesión de contacontos e manualidades.
Coma sempre a inscrición é obrigatoria, sendo a actividade para un máximo de 20 socios/as de 3 a 9 anos, comezando ás 18:00 e rematando ás 19:30horas.

Presentación do libro “Amanecer”, da autora Doli Pereira, 11-05-17.

doli-pereiraO vindeiro 11 de maio, teremos a escritora de Verín Doli Pereira, coa súa nova obra “Amanecer”, a partir das 19:30 horas, na Biblioteca de Verín.

“Amanecer é a chamada da autora a non quedarse
anclado no recordo. Porque independentemente do tipo de situación que che ofrezca a vida, nunca se
pode avanzar senón se camiña noutra dirección. É espertar a tempo, para intentar mudar as cousas. Porque sempre amanece. Só depende de cada un que ese amencer sexa diferente.”

Doli Pereira, (Verín, 1975):
Doli Pereira, neste segundo traballo de poesía, intenta coa malloría dos seus versos transmitir o sentimento da valentia para intentar decir adeus as cousas negativas que pode ter a vida.
É o despertar ás situacións e sentimentos que transmiten ledicia e o adeus as sensacións negativas.

Visita do CEIP Princesa de España, 8 e 9 de maio.

visita-princesa-espana24-04Os pasados días 8 e 9 de maio, preto de 50 nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria, estiveron na nosa biblioteca, dentro do programa de visitas escolares ás instalacións municipais da Biblioteca, para coñecer de primeira man todos traballos e servizos que ofrece a nosa entidade.

 

Montañas dende o sentimento, conferencia de Daniel Boyano, 04-05-17.

PRESENTACION-DANIEL-BOYANOO vindeiro xoves 4 de maio ás 19:30h. o montañeiro, xeógrafo, fotógrafo e naturista Daniel Boyano Sotillo, virá a nosa biblioteca a mostrarnos a realidade dunha das súas últimas experiencias, coma foi o seu percorrido polo Himalaya.

 

Visita do IES Castro de Baronceli, 3 de maio.

5Actividade que estaba planificada para o día 22 de marzo e por cuestións metereolóxicas tivemos que realizala o 3 de maio para os 20 rapaces de 1º ESO, do IES Castro de Baronceli que restaban da vistia programada, dentro do conxunto de visitas escolares ás instalacións municipais da Biblioteca, para coñecer de primeira man todos traballos e servizos que ofrece a nosa entidade.

 

Fermín Penzol, A súa vida e a súa Fundación, 28/04/2017

Venres FERMINPENZOLDEBUXO28 de Abril, conferencia a cargo de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol en lembranza de D. Fermín Fernández Penzol Labandeira ás 19:30h na Biblioteca Municipal.

[…] Libros sobre todo: sobre o viño, sobre a pesca, sobre as meigas, sobre os tesouros, sobre as aves.

E escoitando falar ó Fermín decateime de que esta interesantísima biblioteca, dun modo ou de outro, estaba destinada a Galicia. Non se debía perder, non se perdería. Na inefable sorrisa de Fermín estaba o seu destino.

Anxel Fole, Lugo 8/III/1981

Grial, Revista Galega de Cultura

Visita do CEIP Princesa de España, 24 e 25 de abril.

visita-princesa-espana24-04Os pasados días 24 e 25 de abril preto de 50 nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria, estiveron na nosa biblioteca, dentro do programa de visitas escolares ás instalacións municipais da Biblioteca, para coñecer de primeira man todos traballos e servizos que ofrece a nosa entidade.

 

Presentación dos resultados do proxecto : “Outeiro de Arnás e Alto do Circo”, 22-04-17

DSC01566O pasado 22 de abril deron a coñecer nas instalacións da Biblioteca Municipal os resultados da “Prospección Arqueolóxica dos sitios do Outeiro de Arnás e Alto do Circo” (Verín. Ourense), contando coa presenza de Rebeca Blanco – Rotea · João Fonte · José M. Costa García, quenes levarán a cabo dita presentación.

 

Presentación “La irresistible Silvia”, 21/04/2017

La irresistible SilviaO vindeiro 21 de Abril ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a presentación do libro “La irresistible Silvia” coa autora da Obra Raquel Pérez García, ed. Punto Rojo.

Esta obra Intenta dar respuesta a preguntas como:
¿Por qué nos sentimos fracasados si nos equivocamos?, ¿Dónde está el éxito personal o profesional? ¿Quién lo define? ¿Cuándo hay que saber perder? ¿Por qué necesito que otros me vean siempre como ganadora? ¿Qué hacer con mi vida profesional a los 43 años si tengo que empezar de nuevo?…Y otros muchos interrogantes que se plantean en el libro y a los que se pretende dar respuesta.

Al final del libro comprenderemos que nuestra actitud es la clave y que la actitud positiva es lo que nos permite caminar por la vida.

Raquel Pérez García:
Raquel Pérez es licenciada en Ciencias Políticas y Sociología por la Universidad Complutense de Madrid, doctora en Sociología de las Organizaciones por la UNED y Máster en RRHH por ICADE. Actualmente es profesora universitaria y ejerce como consultora de empresas en temas de desarrollo personal, carrera profesional y gestión de recursos humanos.

 

Contacontos “Día do Libro”, 20/04/2017

portalapices_rollos_papel_higienicoO vindeiro xoves 20 de Abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “portalapices”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

Presentación proxecto : “Outeiro de Arnás e Alto do Circo”, 17-04-17

95cca572-8526-4941-8062-e6b289637cf2O pasado luns, 17 de Abril ás 19:30h a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolleu a presentación do proxecto:” Prospección Arqueolóxica dos sitios do Outeiro de Arnás e Alto do Circo” (Verín. Ourense), contando coa presenza de Rebeca Blanco – Rotea · João Fonte · José M. Costa García, quenes levarán a cabo dita presentación.

 

Presentación do libro:” Mapa de accesos á acrópole de Monterrei” e o ” Catálogo dos canecillos da igrexa de Sta. Mª de Gracia”, 12/04/2017

Accesos-Monterrei-webO vindeiro 12 de Abril, contaremos con D. Fernando Serrulla Rech, que presentaranos: “Mapa e accesos á acropole de Monterrei” e tamén: “Catálogo dos Canecillos da Igrexa de  Sta. Mª de Gracia”, da que é coautor xunto a Jesús Herrero Marcos.

Todo o acto levarase a cabo na Biblioteca do Concello de Verín dende as 19:30 horas.

 

“Estacións en contos con Celtia Figueiras”, 04/04/2017

bosquefantc381sticoO vindeiro venres 7 de Abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será “Contos na Primavera”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

 

Stand na Feira do Libro, 31 de Marzo, 1 e 2 Abril

banner6Achégate!  Os próximos días 31, 1 e 2 de Abril a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, xunto cos seus voluntarios, estará na praza da Mercé desprendendo cultura por mor da feira do libro e festividade do Lázaro. Que bonito que é ler!

 

 

 Alfonso Graña: Rei da Amazonia, ciclo de actividades, 27/03/17

cartaz-alfonso-grañaHai vidas que superan os guións de cine. Tras esta afirmación ofrecémosvos a posibilidade de vir coñecer a vida de aventura deste emigrante galego (Amiudal, Avión, 5 de marzo de 1878), que chegou a converterse en rei da Amazonia, proclamado así polas tribus Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica.

– Exposición fotográfica. (27 ao 31 marzo na Biblioteca Municipal).

– Conferencia D. Maximino Fernández. (Xoves 30 ás 19.30h. na Biblioteca Municipal).

– Visionado do Documental de RTVE. (Venres 31 ás 19:30h. no salón de actos).

 

  A sal da vida, contacontos e manualidades, 24/03/2017

9788467043709O vindeiro venres 24 de marzo, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “A sal da vida”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

Visita do IES Castro de Baronceli, 21 e 22 de marzo.

5Os pasados días 21 e 22 de marzo preto de 40 rapaces de 1º ESO, do IES Castro de Baronceli estiveron na nosa biblioteca, dentro do programa de visitas escolares ás instalacións municipais da Biblioteca, para coñecer de primeira man todos traballos e servizos que ofrece a nosa entidade.

 

 

  Un dragón na busca de princesa, contacontos e manualidades, 17/03/17

dragon-y-princes-844x632O vindeiro venres 17 de marzo, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “Un dragón na busca de princesa”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, con materiais reciclados.

Nesta ocasión queremos que sexa unha actividade compartida, onde tamén os/as pais/nais veñan a facer unha manualidade xunto cos/as seus/súas fillos/as.

A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

 

 O rato Tom e a ratiña Tomasa, contacontos e manualidades, 10/03/17

rato Tom e ratiña TomasaO vindeiro venres 10 de marzo, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “O rato Tom e a ratiña Tomasa “, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

 

  Presentación do libro: “Neste cais, para sempre”,  09/03/17

portada-neste-cais-para-semO vindeiro xoves 9 de marzo, ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a presentación do libro “Neste cais, para sempre”, de D. Ernesto Salgado Areias, editado por Graça Editores.

Esta novela, baseado en feitos verídicos, presenta unha linguaxe moi propia das xentes de Trás-os-Montes. Ao longo da obra, Ernesto Salgado Areias vai pincelando as páxinas da súa novela con historias sobre o Estado Novo portugués que vai dende a guerra colonial, á emigración passando pola prisión dos opositores ao réxime de Salazar. O avogado e escritor leva ao lector a reflexionar sobre un dos períodos máis dificiles da história de Portugal.

 

 Entroido na Biblioteca, contacontos e manualidades, 22/02/2017

 Lara Páez Rodríguez, Noa Lombao González, e Lucia Rodríguez Lozano e Lolita Castro, voluntarias da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2014.

O vindeiro mércores 22 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Entroido’, dentro do ciclo de actividades programadas para o Entroido 2017 e no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.  
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, manualidades. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca, por mail: biblioteca@verin.gal ou no teléfono 988-413624.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.

 

A porta dos contos, contacontos e manualidades, 10/02/17

Roberto Castro, voluntario da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2011.O vindeiro venres 10 de febreiro, teremos a actividade “A porta dos contos”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

 
 A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidade, con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal

 

Un Támega de conto, contacontos e manualidades, 03/02/17

DSC07916O vindeiro venres 3 de febreiro “Un Támega de conto”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624.

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.