Actividades 2016

“Master Comellón”, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Teatro Calavera (23/12/2016).

mastercomellon1Todos os anos ao chegar estas datas do Natal, sempre queremos ter unha actividade especial. Nesta ocasión serán os amigos de Teatro Calavera, que voltan a nosa Biblioteca, coa continuación das aventuras e desventuras do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.

<<O Cociñeiro Anton e a pasteleira Tomasa volven nesta ocasión para contarnos como gañaron o Premio “Master Comellón”, grazas a súa orixinal receita “brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue”. Esta receita atopada nun antigo libro, lévaos a vivir a aventura máis aloucada para procurar o mellor chocolate>>.

Venres 23 de Decembro ás 18:00h. Duración de unha hora.

Máximo 40 socios/as da Biblioteca Municipal de Verín. Inscrición obrigatoria.

Débese informar aos responsables da Biblioteca sobre posibles alerxias alimentarias dos/as nenos/as.

Presentación do libro “A galeguidade e excelencia na obra de Cela” de D. Xosé Carlos Caneiro. (15/12/16).

caneiro-15-12-16O vindeiro xoves 15 de Decembro, ás 20:00h. a Biblioteca do Concello organiza a presentación do libro “A galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela”, do noso autor, Xosé Carlos Caneiro, editado pola Deputación de Ourense, que terá lugar no salón de actos do Concello de Verín.
O libro de Caneiro está centrado no estudo na obra de D. Camilo José Cela “Mazurca para dos muertos” e relación coa provincia de Ourense. Parte deste estudo xa foi presentado na nosa Biblioteca no ciclo temático a obra de D. Camilo José Cela no pasado mes de Setembro, actos realizados en colaboración coa Fundación Camilo José Cela.

 

Ceremonia de homenaxe aos nosos Voluntarios (05/12/2016).

cartel-do-acto-webO proxecto de Voluntariado na Biblioteca Municipal de Verín, cumplirá no vindeiro 2017, nove anos.

Deste xeito quixemos agracederlle aos nosos nenos e nenas Voluntarios a súa entrega, compromiso e ilusión, tendo un acto o Día Internacional do Voluntariado, no que contaremos, coma moderador do mesmo, a un vello amigo desta Biblioteca coma é D. Francisco López Barxas, exdirector xeral do Libro da Xunta de Galicia, xornalista e escritor.

Ademais a Biblioteca Municipal de Verín foi galardonada por este proxecto co ALTO PATROCINIO DO PARLAMENTO EUROPEO,  e o mismísimo Martin Schulz, rubricou a concesión do mesmo a maiores de enviar a nosa Biblioteca unha misiva moi agarimosa na que remarca a alegría de premiar un proxecto de Voluntariado de rapaces, combinado co eido cultural e onde arenga a nosa institución a seguir na senda do Fomento da Lectura entre as novas xeracións, en post unha sociedade informada e cultivada intelectualmente.

O acto terá lugar na Biblioteca do Concello de Verín ás 20:00h.

“O medo hai que entretelo”, contos con Raquel Queizás (29/11/2016).

narracion-oral-raquel-queizasO vindeiro sábado 29 de outubro, ás 12.00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Verín estará, a actriz e contadora de contos Raquel Queizás, para facer unha contada que leva por título “O medo hai que entretelo”, contos para superar os medos, e seguir celebrando na biblioteca, o Samaín, son actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é amiga da nosa Biblioteca e coñece ben o noso proxecto de Voluntariado, e ela mesma ofreceuse de xeito desinteresado a facer unha contada nas nosas instalacións.
A mesma está destinada nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos que deben vir acompañados, e terá unha duración aproximada de 40 minutos.
Para participar na mesma non é necesario inscribirse. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca www.bibliotecadeverin.es e nas redes sociais.

Ciclo adicado a D. Xesús Taboada Chivite. (do 21 ao 27 Novembro).

cartel-2-webCumpríndose corenta anos do fenecemento de D. Xesús Taboada Chivite, queremos facer unha semana temática a súa persoa.

Luns 21 inauguración, ata o sábado 26: Exposición fotográfica, obxectos i epistolar de D. Xesús Taboada Chivite.

Martes 22: Conferencia de D. Xulio Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico
Hora 19:30h. no salón de actos do Concello de Verín

Xoves 24: Conferencia de D. Ramón García Gómez
Hora 20:00h.. no salón de actos do Concello de Verín

Venres 25: Conferencia de D. Xesús Taboada Cid.
Hora 19:30h. no salón de actos do Concello de Verín

“O dinosaurio tragón”, contacontos e manualidades. (18/11/2016).

Lara Páez Rodríguez e Juan Carnero na realización dun contacontos na sala infantil, marzo 2015.

Lara Páez Rodríguez e Juan Carnero na realización dun contacontos na sala infantil, marzo 2015.

O vindeiro venres 18 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa “O dinosaurio tragón”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Actividade conxunta con FEMURO, na que será unha actividade integradora para nenos/as e ademais nos adiantaremos e leremos contos sobre o Día de Non Violencia contra as Mulleres.
Data: 18 de Novembro 2016, na Biblioteca do Concello de Verín de 18:00 a 19:30h.
Inscrición obrigatoria, máximo 20 nenos, de 3 a 9 anos.

“Magosto na Biblioteca”, contacontos e manualidades. (11/11/2016).

8O vindeiro venres 11 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Magosto’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e lendas, como as narradas polos/as avós/avoas ao carón da lareira, ademais de manualidades da mesma temática, elaboradas con castañas, noces e pintura tempera líquida. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Presentación do libro “Poldras, pasos, pasaderas…reminiscencias del Neolico”, de Maximino Fernández Sendín. (10/11/2016).

cartel-poldras-webEste trabajo es fruto de cinco años de investigación y, según explica el autor, se trata del primer libro sobre estos elementos de origen prehistórico, ya que hasta el momento solo existían pequeños trabajos, además reivindica el valor patrimonial e histórico de los pasos fluviales

En el libro que acaba de publicar recopila no solo los pasos existentes en Galicia, centrándose en los existentes en las comarcas de O Condado y A Paradanta, sino también los de otros puntos de la Península Ibérica y del resto del mundo. Así, recoge estructuras existentes en Australia, China o Inglaterra, entre otros.

Fernández Sendín incide en la enorme riqueza de pasos para cruzar los cauces fluviales existentes en Galicia y en Portugal. Explica que, en muchos casos, ya sufrieron importantes daños y solo permanecen en tramos fluviales poco accesibles, como puede verse en Covelo, por ejemplo, donde se conservan doce. «Pido que sean declarados Patrimonio de la Humanidad»

Biografía/Curriculum do autor: Maximino Fernández Sendin (Oviedo 1950)
Obras publicadas por el autor:
º Energía Solar, Si (1982)
º A Graña y los grañudos. Estudio histórico antropológico (1995)
º La clave de la felicidad (2000)
º Historia del pan, los cereales, los molinos y los hornos, desde la Prehistoria a los Tiempos Modernos ( 2002)
º Galicia. El cruceiro y su origen.
Cruceiro de Covelo ( 2003 )
º Alfonso I de la Amazonia. La increíble y veraz historia de Alfonso Graña el gallego que reinó entre las tribus jibaras el Alto Marañón (2005)
º Plantas y frutos medicinales. Todo sobre: la Carqueixa, Hierbabuena, Ruda, Manzanilla, Cirigueña (Celidonia) Manzana, Romero y Ajo (2012)
Colaborador habitual en diferentes medios de comunicación y articulista. Es propietario y director de la Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz (Galicia) Presidente del Centro de Estudios de A Paradanta y O Condado y Presidente del Jurado de los Premios Cumbres del Suido. Sus trabajos gozan de gran acogida entre estudiosos y todo tipo lectores así como de bibliotecas y universidades de diferentes países. Es, colaborador de la Real Academia de la Historia de España.

“Educar a través das Emocións”, Conferencia – Contacontos – Manualidades (04/11/2016).

cartel-educar-emocions-webEsta actividade que combina Conferencia – Contacontos – Manualidades, ten por público obxetivo a pais e tamén a docentes. Tamén ten coma obxetivo final que os pais veñan cos seus nenos á biblioteca, e veñan coñecer a nova sección da nosa Biblioteca de Verín “Emocións e sentimentos” adicada aos máis cativos e a outra nova sección: “Axuda aos pais”, e en definitiva que coñezan todos os servizos que a nosa instalación lles pode ofertar.

Teresa Santamarina: Mestre dende fai máis de 30 anos e agora é a directora do Centro Rural Agrupado de Monterrei. Tamén é autora do conto infantil “a bolboreta Doreta”, virá acompañada da tamén mestre Ángela Quintana Rodríguez.

Visita á Biblioteca dos/as alumnos/as de segundo de primaria do Colexio María Inmaculada. (3 e 4 de novembro).

6Dentro do conxunto de actividades da Biblioteca, sempre está presente achegar aos máis cativos a nosa instalación e mostrarlle todos os servizos que esta lles pode ofertar. Por esta razón sempre estamos dispostos para este tipo de visitas onde os/as nenos/as coñeceran os distintos espazos da biblioteca e os traballos que nela se realizan.
Esta visita está configurada para cincuenta alumnos/as para os días 3 e 4 de novembro.

Samaín, contacontos e manualidades, 28-10-16.

samain2016Con motivo da festa do Samaín, teremos unha sesión de contacontos e manualidades o venres 28 de outubro, para nenos/as de 3 a 9 anos, previa inscrición a partir do LUNS 24, cun límite de 20 nenos/as.

O horario da actividade será de 18:00h. a 19:30 horas.

 

Obradoiro de cabazas, 25 e 26 Outubro.

DSC00074Queres vir a facer unha cabaza que meta moito moito moito moito moito medo?
Os días 25 e 26 de Outubro, teremos un obradoiro de cabazas para socios da Biblioteca, de 18 a 19h.
Inscrición obrigatoria a partir do xoves 20 de Outubro, máximo 5 nenos por día, tendo que vir acompañados.

Día da Biblioteca, contacontos e manualidades, 21-10-16

24outubroO venres 21 de outubro, celebraremos de xeito anticipado o día da Biblioteca que é o 24 de outubro. Deste xeito teremos un obradoiro de manualidades e contacontos, para nenos/as de 3 a 9 anos, previa inscrición a partir do LUNS 17, cun límite de 20 nenos/as.

O horario da actividade será de 18:00 a 19:30 horas.

Espantallos, contacontos e manualidades, 14-10-16

maxresdefaultO vindeiro venres 14 de outubro, terá lugar na Biblioteca do Concello de Verín a actividade “Espantallos”, contacontos e manualidades para socios da Biblioteca .
Data: 14 de Outubro 2016, na Biblioteca do Concello de Verín de 18:00 a 19:30h.
Inscrición obrigatoria, aberta dende o luns 10 de outubro, máximo 20 nenos, de 3 a 9 anos.

Ti tamén chegarás a vello, contacontos e manualidades, 07-10-16

dia-dos-avosO día 7 de Outubro dende as 18:00h. ata as 19:30 h., a Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios e a Biblioteca Municipal de Verín, acollerá a actividade interxeracional que leva por título “Ti tamén chegarás a vello”. Consistirá na realización dunha manualidade conxunta (nenos e avós) e un contacontos posterior, namentres as persoas maiores terán lectura e charla-coloquio sobre diversos temas. A tarde rematará co reparto das manualidades realizadas que simbolizarán a solidariedade e compromiso de coidado que atestiguan os cativ@s cara os seus ancestros.

A actividade estará dirixida a 20 socios/as da Biblioteca, de 3 a 9 anos, e os seus correspondentes avós, abríndose o prazo de inscrición o vindeiro luns 3 , podendo facela a citada inscrición na propia Biblioteca, por teléfono (988.41.36.24) ou por correo electrónico (biblioteca@verin.net).

Precisamos estar a carón das persoas maiores para ter conciencia da súa valía, do seu esforzo diario no coidado dos cativos, o espírito altruísta na súa economía, o sacrificio en horas de axuda os seus pais e nais dependentes, en definitiva, son o engranaxe vital no que se sustenta a “poboación activa”. Por todos estes motivos e moitos máis, debémoslle dar unha visibilidade a todo ese esforzo e agradecer, aínda que sexa dun xeito sinxelo, a súa constancia.

Traballar arreo na procura dun cambio cultural e social cara os maiores da bisbarra de Verín é un dos obxectivos de éxito cara o futuro inmediato. A sociedade terá que por en valor a este colectivo como recurso humán activo e capaz porque así o está amosando a realidade cotiá

Presentación “Albión Galaica”, libro de Miguel Losada, 06-10-16

albion-galaicaPrólogo de Rafa Quintía.
Este libro recolle as nosas experiencias, vivencias e conclusións xeneradas naquela viaxe de investigación que fixemos a Inglaterra e Gales no inverno do 2013. Certamente estamos ante un libro ameno, rogoroso, enormemente divulgativo e cheo de contidos interesantes que seguro serán do agrado de todos aqueles que gostan da historia e a antropoloxía. Tan só me quedan darlles os parabéns a Miguel Losada polo traballo ben feito e desexar que o libro teña unha longa vida e percorrido, polo menos tan longo como o que nós fixemos polas vellas terras e historias de Albión.

 

“Cela, cuestión de galeguidade”. Ciclo adicado a D. Camilo José, do 26 ao 30 de Setembro.

CARTEL-Cela-web-Cumpríndose o centenario do seu nacemento, dende a Biblioteca do Concello de Verín, en colaboración coa Fundación Camilo José Cela e a TVG, teremos unha serie de actividades para conmemorar ao nobel galego.

 

Ciclo adicado a D. Camilo José Cela, que contará coas seguintes actividades:

Semana de actividades na Biblioteca de Verín do 26 ao 30 de Setembro.
– Luns 26 Setembro: Exposición Fotográfica: “A vida de Cela en 19 imaxes”.

— Reunión do Club de Lectura para tratar a novela “La Colmena”.
– Mércores 28 Set. Visionado Documental da TVG: “Cela, cuestión de galeguidade”
(Salón de actos 19:30h)
– Xoves 29 Set. Conferencia D. Xosé Carlos Caneiro
(Salón de actos 19:30h) ver conferencia: https://www.youtube.com/watch?v=7vf-rIVFNTg

————————————————————————————-

Exposición sobre Manuel Rguez López . Emigrante galego e poeta obreiro, do 5 ao 16 de Setembro 2016.

manuel-rguez-lopez-webEsta mostra que estará na Biblioteca do Concello de Verín, coa colaboración da Secretaría de política linguística, pretende dar a coñecer e difundir a obra de Manuel Rodríguez López, emigrante galegoe poeta obreiro. Fillo predilecto de Paradela.
+ info: http://manuelrodriguezlopez.org/page/biografia

 

Presentación do libro “Tocábanos crecer” de Manuel López Cid, 02-09-2016

PORTADA-webTocábanos crecer eríxese sobre unha sorte de relatos curtos, os cales afondan nos matices humanos dende a mirada comprometida dunha literatura tan literal coma persoal. No trasfondo dos diversos textos pode adiviñarse a trama dunha case novela cuxo tema recurrente sería sempre o amor, en tódalas súas formas.

Manuel López Cid nado en Verín a principios de 1995 e estudante de Psicoloxía a tempo -case- completo, vén a presentar as páxinas do que representa un soño feito realidade: a publicación do seu primeiro libro.

Mariña. Contos nados no mar, contaconto de Raquel Queizás, 14-08-2016.

Un ano máis Raquel Queizás,a nosa contadora de contos máis famosa, volta ás piscinas de Verín, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.

A actividade levarase a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.

Mariña. Contos nados no mar

750foto01_Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar.  Agora comparte con nós todas as súas historias con nós e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).

 

Presentación do libro “Proyecto Madre” de Lourdes Hervella, 08/08/16

943739_222047718169385_7601

Lourdes Hervella

 O vindeiro Luns 8 de agosto ás 19:30h., teremos a presentación do libro “Proyecto Madre” de Lourdes Hervella. Esta nova escritora verinesa, afincada en Cataluña, presentanos unha novela con tintes apocalípticos. Na súa forma de escribir podemos atopar referentes como Rosalía de Castro ou Bécquer e unha certa morriña pola terra.

 

portadaV3Resumo: Barcelona, esa gran cidade cosmopolita xa non era o que fora tempo atrás. Unha nova e invasiva raza conseguiu reducir ós supervivintes humanos a un pequeno grupo que trata de atopar un lugar seguro onde voltar á sua vida normal. A sua esperanza reside en María, a dirixente de un grupo de supervivintes galego con base en Santiago de Compostela. A pregunta é ¿conseguirán cruzar todo o país e unir as suas forzas?

Cocer e cantar, espectáculo gastronómico musical con marionetas, 07-08-16.

Viravolta Títeres, da man de Anxo García Fernández, traenos este espectáculo o 7 de Agosto, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.

A actividade levarase a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.

“Cocer e cantar”:

553foto01_Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos.

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

 lercontamoitoColabora: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria (Programa LER CONTA MOITO).

 

Homenaxe Joaquín Balboa, deportado de Mauthausen, 2, 3, 4 de Agosto 2016

homenaxe-a-joaquin-balboaJoaquín Balboa naceu en Estevesiños. Antonio Pérez naceu en Albarellos de Boborás. O seu compromiso político e os avatares da Historia leváronos a ser encerrados nos campos de exterminio nazi de Mauthausen e Buchenvald, respectivamente. A asociación cultural MONTERREI, CULTURA E TERRITORIO, quere facerlle xustiza a estes dous veciños, dar a coñecer a súa historia persoal (de Antonio soubemos que naceu en Albarellos de Boborás, e aínda que non lle faremos unha homenaxe oficial en Monterrei, seguiremos recuperando a súa memoria) e facer as xestións necesarias para organizar un acto de homenaxe público no val de Monterrei, para que o exemplo das súas vidas sirva de lección, para que nunca máis nós e as xeracións futuras teñamos que vivir unha experiencia semellante.

A Biblioteca do Concello de Verín colabora con estas xornadas, poñendo a disposición dos/as usuarios/as, obras que previamente nos fixo chegar a asociación cultural MONTERREI, CULTURA E TERRITORIO, que recollen o horror nazi.

Biblio-Piscina 2016, do 1 de Xullo ao 31 de Agosto.

IMG_2401A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento, por octavo ano consecutivo, o servizo da Bibliopiscina nas piscinas descubertas de A Granxa, co obxecto de estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar.
Devandito servizo oferta un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas: castelán, galego e portugués -conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais -de distinta temática como historia, científica, saúde ou moda, entre outras-, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as do territorio da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.

Cristina Barreira Barreira, voluntaria da BPM do Concello de Verín dende 2009. no servizo de Bibliopiscina no verán de 2013

Cristina Barreira Barreira, voluntaria da BPM do Concello de Verín dende 2009. no servizo de Bibliopiscina no verán de 2013

Esta iniciativa estará atendida por persoal da Biblioteca de Verín e vinte e dous mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.
 A Bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro (de luns a domingo), en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas (durante os sete días da semana). No ano 2015 este servizo abriuse ao público unhas 200 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.500. Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

Presentación do libro “Contos e lendas arraianas”, do autor José R. Cruz, 30-06-2016.

9788491210467José Rguez. Cruz é escritor, etnógrafo e colaborador da Biblioteca de xeito habitual, así que estamos encantados de presentar o seu novo libro “Contos e lendas arraianas”, da editorial xerais.

Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo.Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa.Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo. Organizada temáticamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega.

JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ (A Gudiña, 1956) centra os seus traballos de investigación etnográfica e histórica preferentemente en áreas do sueste da provincia de Ourense e a ambos os dous lados da raia galego-portuguesa. Da súa autoría son, entre outras, as publicacións “Máscaras de Entroido no Surleste Ourensán” (1998); “Así falan na Gudiña” (2000); “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste de Ourense” (2004) ou “A festa dos Maios en Marín” (2014), xunto con Clodio González Pérez, ademais de participar noutras obras de carácter colectivo como “Un futuro para a lingua” (2002), “Palabra por palabra, contos da Policía” (2003), “As Caras do Entroido Ourensán” (2009) etc.Tamén colabora asiduamente en xornais e revistas culturais como “O Sil”, onde publica desde hai tempo artigos relacionados co espazo fronteirizo que xebra Galicia e Portugal na súa sección «Crónicas Raianas».O seu labor de investigación sobre a vestimenta tradicional galega foi recoñecido co 1º Premio Antonio Fraguas nos anos 1998, 2002, 2003, 2005, 2010 e 2014 e co 2º Premio de Investigación Raigame da edición de 2007.

Presentación da reedición da “Guía de Monterrey” de D. Jesús Taboada Chivite, 27-06-2016.

CARTEL-webA asociación cultural “Monterrei, cultura e territorio”, reeditou a que é considerada a mellor guía do Castelo de Monterrei, que editara por vez primeira D. Xesús Taboada Chivite no ano 1968, e tivo reedicións sucesivas, chegando ata a 5ª edición, estando xa falecido o autor.

Tal e coma expresan os membros da asociación e a xuízo de todos os investigadores e etnógrafos, esta guía é un manual perfecto para entender a nosa fortaleza, que sigue plenamente vixente na actualidade, e que axuda a propios e foráneos a comprender o noso pasado.
Esta nova edición porase á venda en todas as librerías de Verín, así coma distintos puntos de referencia turística de Verín e comarca, cun prezo de 5 Euros.
A presentación realizarase o vindeiro mércores 29, ás 19:30 horas na Biblioteca do Concello de Verín, e nel participará a presidenta da asociación, Dña. Nieves Amado Rolán, o coordinador da edición, D. Fernando Serrulla Rech, e algún membro da familia Taboada Chivite.

Cantamos un Conto na Biblioteca?, 10-06-2016.

713foto02_Esta iniciativa porá o broche final ao ciclo de actividades realizado durante o curso 2015-2016. Un total de 60 iniciativas culturais e lúdicas, coma contacontos e manualidades, cursos de informática, relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros.

Dende fai máis de 6 anos, realizamos unha actividade especial para 50 socios/as, e así celebrar o fin do curso e despedirnos ata setembro dos/as nenos/as que nos estiveron acompañado durante todo o curso.
En concreto contaremos con Luís Vallecillo, cantante e cantador de contos, (www.luisvallecillo.es) e teremos un espectáculo de 1h. sen pais/nais.
O prazo de inscrición comezará o luns 6 de xuño, a partires das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.36.24, ou por mail: biblioteca@verin.net.

Presentación de la triloxía “Taimat”, do autor David Pintos, 06-06-2016.

Presentacion_libro_DavidPinO escritor vigués David Pintos, preséntanos a trioloxía “Taimat”, novela de corte de ficción, editada por Círculo rojo, que xa está na segunda edición.

David Pintos: nado en Vigo en 1973, residiu en Pontevedra, Barcelona e actualmente en Madrid onde é presentador do programa radiofónico art rock Subterránea, articulista e responsable comercial da revista Subterránea Art Rock Magazine, bloguero, crítico musical en diferentes medios e vinculado ao mundo do audio a nivel profesional dende o 1995.

 “A gran carreira de coches”, contacontos e manualidades, 03-06-2016.

coches-carton-jugueteO vindeiro venres, 3 de xuño, teremos unha sesión de conta contos e manualidades para 20 socios/as de 3 a 9 anos, de 18 a 19:30 horas, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
O prazo de inscrición comezará o luns 30, a partires das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.36.24, ou por mail: biblioteca@verin.net.

Presentación do libro “Beatriz y la loba”, autora Concha López Llamas, 01-06-2016.

portadaO vindeiro mércores 1 de xuño, teremos na Biblioteca do Concello de Verín a presentación do libro “Beatriz y la loba”, da autora Concha López Llamas, editorial Bohodón.

Trátase dunha novela que conta as vidas paralelas de Beatriz, unha rapaza nova de Zamora, do barrio de Olivares, e Oak, unha loba que naceu á beira da Serra da Cabrera. A violencia de xénero e de especie, que algunhos Homo Sapiens infrinxen as súas femias e os cánidos salvaxes, constitúen o fío que hilvana a vida de Beatriz e de Oak.

“O Sr. Sol na primavera”, contacontos e manualidades, 27/05/16

sol de primaveraO vindeiro venres, 27 de maio, teremos unha sesión de conta contos e manualidades para 20 socios/as de 3 a 9 anos, de 18 a 19:30 horas, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
O prazo de inscrición comezará o luns 23, a partires das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.36.24, ou por mail: biblioteca@verin.net.
Organizada e dirixida polo personal da Biblioteca e os/as Voluntarios/as.

Visita do grupo de Concilia e emprega de FEMURO, 30-06-2016.

Este é un dos programas sociais con máis peso dentro de FEMURO, xa que se ven desenvolvendo de forma ininterrompida dende o ano 2010 e ten gran relevancia porque acolle a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos menores de 3 anos, prestando unha atención máis especial a aquelas que sofren maior vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

+ info. do programa: http://www.femuro.org/programas-sociais/concilia-e-emprega/

Romanticismo na pintura”, conferencia de Nuria Álvarez Font, 25 e 26 de maio.

Turner-Lluvia-vapor-y-velocidadNuria Álvarez Font, faranos un achegamento ao romanticismo na pintura, una explosión de libertade e sentimentalismo, coñecendo o seu contexto histórico e as súas características xerais artistas e as súas obras.

Salón de actos da casa da cultura ás 19:30 horas.

 

Visita dos/as nenos/as do proxecto de FEMURO “reforzo e moito máis”, 10-03-2016.

Os nenos e nenas que participan no proxecto de FEMURO,  “reforzo e moito máis”, dende fai un ano, e que está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, visitan as instalacións da Biblioteca do Concello de Verín, intentando xerar un hábito nestes rapaces/zas con risco de exclusión social.

É unha actividade de apoio familiar na que participan 8 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos. Dita actividade e tódolos xoves, e fan reforzo escolar, obradoiros, xestión de emocións, habilidades sociais, animación á lectura…
A biblioteca do Concello de Verín colaborará co citado proxecto de FEMURO, incitado á lectura nestes nenos/as, coas visitas á biblioteca, lectura de contos e realización de manualidades.

Visita dos/as alumnos/as infantil do Colexio María Inmaculada,  (24 e 25 maio)

Cincuenta alumnos/as do Colexio María Inmaculada de Verín visitan a Biblioteca de Verín, nas xornadas do martes 24 e mércores 25,  dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

 

Visita dos/as alumnos/as infantil do Colexio María Inmaculada, 24 e 25 de maio.

3Cincuenta alumnos/as do Colexio María Inmaculada de Verín visitan a Biblioteca de Verín, nas xornadas do martes 24 e mércores 25 de maio, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

 

Sarabela Teatro: “Nola e María na Terra Cha”, 20/05/2016

678foto01_Dentro do programa LER CONTA MOITO, tendremos esta actividade infantil para nenos/as de 3 a 9 anos, para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado a Manuel María, de 18:00 a 19:00h. lercontamoito

Presentacion do libro “A EDREIRA. El ultimo bastión de la resistencia en Ourense” de José Dominguez González, 19/05/2016.

CARTEL LIBRO EDREIRAO escritor e xornalista, José Dominguez González., despois dun longo traballo de investigación documetal, presentanos nesta obra os sucesos ao carón da Edreira refuxio da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.
A presentación correrá a cargo de D. Fernando Serrulla Rech, que tamén colaborou nesta obra cos análisis criminolóxico e forense.

José Dominguez González tamén é o autor, entre outros libros “A cidade dos alemáns”, (coautor), Biblioteca de Autores Galegos del grupo ACSA; “O home do unto (Blanco Romasanta, historia real de una leyenda, (Coautor)”
SINOPSIS:
“Rota la unidad de acción de la Resistencia en Galicia desde el Congreso de los Vales de Casaio de julio del 46, el llamado Trienio Negro supuso a mediados de 1948 la necesidad de replegar la dirección de la II Agrupación (la de corte comunista) sus efectivos al interior de la montaña ourensana. Mientras los de la I Agrupación seguían en El Bierzo, Valdeorras y el sur de Lugo, 17 hombres y una mujer situaron su Cuartel General en la Casa da Edreira, en pleno corazón del Macizo Central ourensano, cuando la presión del Régimen se hizo insostenible. Así A Edreira se convirtió en el último bastión de la Resistencia en Ourense hasta arder por el fuego de los guardias y el Régimen a mediados del mes de marzo del 49.”

“O cempés bailarín”, contacontos e manualidades, 06/05/16

cien pies de cartulinaContacontos e manualidades, para socios/as de entre 3 a 9 años, previa inscripción para un total de 20 nenos/as. Horario da actividade: 18:00 a 19:30 h. Actividade sen pais/nais.

Organizada e dirixida polo personal da Biblioteca e os/as Voluntarios/as.

Manualidade: ciempés de cartulina con ollos.

Ciclo de conferencias “Crenzas antigas e Mitoloxía”, 4, 5, 11 e 12 de maio.

CARTEL-web4 de maio: “O libro de San Cipriano”. Conferencia de Felix Castro Vicente, antropólogo e músico.

5 de maio: Visionado Documental, “Sapos e Bruxas”, de Luis Pedreira. Charla-coloquio moderado por José R. Cruz.

11 de Maio: Conferencia “El mundo de la muerte, las almas y los difuntos” por Miguel Losada Pérez (SAGA)

12 de maio: Conferencia “Crenzas antigs e mitoloxía no norte peninsular”, por Toti Martínez de Lezea, escritora, tradutora, guionista, columnista y presentadora (ETB).

“Cervantes y Galicia”, conferencia de César Brandariz, 22/04/2016.

cesar-francisco-brandariz-escuderoA vida de D. Miguel de Cervantes é tan novelesca que alimenta contínuas revisiones.

César Brandariz, investigador da vida, persoaxe e obra de Cervantes, ofrécenos un riguroso estudo do autor coa obra máis publicada do mundo, tan só superada pola Biblia, deste xeito desvelará que aspectos tales coma topónimos, flora e fauna, e lugares descritos nesta obra universal son dificilmente visibles na Mancha.

César Brandariz, licenciado en ciencias empresariais e dereito, consultor en Estratexia, Marketing e Investigación de Mercados, xerente e vocal da asociación de antigos alumnos ICADE. Premios e recoñecementos profesionais avalan a súa traxectoria profesional, coma son: Premio Nacional de Marketing, (Revista Marketing Actualidad), Premio al mejor artículo sobre Marketing y Estrategia; Asociación Española de Opinión, Estudios de Mercado y Marketing (AEDEMO) Estudioso incansable da obra de Cervantes ten publicados as seguintes obras: “El Hombre que hablaba difícil”, editorial Ézaro (2011), Investigación que muostra os erros asentados sobre a vida de Cervantes e súa obra; “Cervantes Decodificado”, editorial Martinez Roca (Planeta)

Conferencia o vindeiro 22 de Abril, ás 19:30 h. na Biblioteca do Concello de Verín.

Día Internacional do Libro, contacontos e manualidades, 19/04/2016

CONTACONTOS-E-MANUALIDADESO vindeiro día 19 de abril teremos a conmemoración do Día Internacional do Libro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidades. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 10 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
Inscrición a partir do luns 11.
Visita do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA, 5 e 12 de abril.

2Cincuenta alumnos/as do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitan a Biblioteca de Verín Nas xornadas do luns 4 e martes 5, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA visitaran a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Día internacional do Libro Infantil, contacontos e manualidades, 19/01/2016

CONTACONTOS-E-MANUALIDADES

imaxe de Carlos Montero

O vindeiro venres 1 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contacontos e manualidades, neste caso en concreto unha fermosa flor en goma eva.
Esta actividade estará destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. O prazo de inscrición abrirase o luns 28 de marzo.

A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 10 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Ciclo de conferencias de novela negra, 30, 31 de marzo, 6, 7, 14 de abril.

ciclo-novela-negra-webA Biblioteca Municipal de Verín organiza o seu 2ª Ciclo de conferencias de Novela Negra.
Entre o 30 de marzo e o 14 de abril  terá lugar o segundo Ciclo de Novela Negra de Verín. Así o confirmaron esta mañá a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e o responsable dá Biblioteca Pública Municipal de Verín, Vicente Rodríguez Justo, nas instalacións da Biblioteca.

Devandita iniciativa está organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, coa colaboración da Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural (FEADER), O Retiro do Conde e D.O Monterrei,  e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento dá lectura e dinamización dá instalación municipal.
Tras o éxito obtido na edición do ano 2014, a Biblioteca Municipal de Concello de Verín retoma a súa iniciativa ampliando número de conferenciantes. “Este 2ª ciclo, que manterá a esencia do orixinal, ” -explica Emilia Somoza- “xurde co obxecto de aproximar aos/ás participantes, dá primeira man dos expertos conferenciantes, o traballo real dos profesionais que aparecen neste tipo de novela e, como nos podería ser de outra maneira, dos propios escritores especializados neste xénero narrativo”.
A segunda edición dá Semana de Novela Negra estará composta polas seguintes charlas:
•    “Metodoloxía da investigación” (30 Marzo), conferencia a cargo de D. Carlos Fernández Sueiro, policía xudicial da Garda Civil.
•    “Contra toda a historia da novela negra”, (31 de Marzo), conferencia de D. Diego Ameixeiras, xornalista, guionista de televisión e longametraxes, entre eles 18 comidas que recibiu o Premio Mestre Mateo ao mellor guión, e autor de case unha ducia de novelas de temática negra, como “Baixo mínimos”, “Conduce rápido” ou a última “A noite enriba” todas elas editadas por Xerais.
•    “O corpo do delito” (6 de Abril), conferencia a cargo de D. Fernando Serrulla Rech, médico forense do Hospital de Verín, membro da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicamento Legal de Galicia, autor de múltiples traballos.
•    “Linguaxes especiais dos/as delincuentes”, (7 de Abril), conferencia de D. José R. Cruz, escritor e policía nacional (en reserva) e D. Anxo Barreira o Ex comisario da policía nacional de Ourense. Esta conferencia versará sobre as xergas e linguaxes crípticos da delincuencia no cárcere e fóra dela.
•    “Escritor de novela Negra”, (14 de Abril), conferencia a cargo de Carlos González Reigosa, xornalista, analista político e director da axencia EFE en Madrid, ata fai moi pouco, cando se xubilou. Autor de miles de artigos, e máis dunha vintena de obras narrativas, sendo galardoado en 2008 co premio de narrativa Torrente Ballester pola obra “A vida do outro”.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse no teléfono 988 41 36 24, na web da Biblioteca, e no perfil da mesma en Facebook.

“A pita Marcelina”, contacontos e manualidades, 18/03/2016.

11O vindeiro venres, 18 de marzo, teremos unha sesión de contacontos e manualidades para 20 socios/as de 3 a 9 anos, de 18 a 19:30 horas, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

O prazo de inscrición comezará o luns 14, a partir das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.26.34, ou por mail: biblioteca@verin.net.

Irmandades da fala, conferencia do profesor Segade, 17/03/2016

Cumplíndose o centenario desta organización nacionalista galega (1916-1931), que levou a cabo actividades políticas e culturais en Galicia, o profesor Segade, impartirá unha conferencia sobre esta organización.

profesor-dr-segade

Profesor Dr. Segade (imaxe de http://www.aelg.gal)

Xosé Antonio Gómez Segade (Monterrei 20/08/1943):

  • Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en ambos casos con Premio Extraordinario.
  • Profesor Agregado en San Sebastián (1974), e posteriormente Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia (1976) e dende 1981 en Santiago de Compostela. De 1994 a 2004 Adjunct Professor no Master de PI no Franklin Pierce Law Center en Concord, N. H. USA.
  • Ampliou estudos no Instituto Max Planck de Propiedade Industrial en Munich (Alemania), e dende 1976 despregou unha intensa actividade académica e de investigación, en particular en España, Portugal, Alemania e os EUA. Resultado dese traballo foron, entre outros motivos, varios libros, máis de 130 artigos en revistas extranxeiras e nacionais, quince teses de doutoramento, participacións en cursos ou congresos, ou a codirección de ADI dende finais dos 80 ata 2010.
  • Cargos académicos e de responsabilidade en España e no estranxeiro, por exemplo, Decano da Facultade de Dereito de Santiago, Vicerreitor das Universidades de Valencia e Santiago de Compostela, ou Membro do Conselho Científico da Escola de Direito da Universidade do Minho en Braga (Portugal).
  • Pola súa especial vinculación co ámbito de traballo do IDIUS cabe lembrar que foi Director do IDIUS (1998-2006), Membro do Consello Asesor de Investigación da Oficina Europea de Patentes-OEP (1988-2008), ou Membro do Comité Científico de denominacións de orixe da UE (2000-2008). Actualmente, dende 2009, é Membro da Academia Europea de Patentes da OEP, do Comité Executivo da International Association for Teaching and Research in Intellectual Property (ATRIP), e Vicepresidente do Xurado da Publicidade en Madrid.
  • Árbitro en diversos asuntos con implicacións de Propiedade Industrial desenvolvidos na Cámara de Comercio Internacional en París.
  • Diversos premios e distincións no campo académico e científico, entre os que cabe salientar, o Premio Galicia de Investigación “Montero Ríos” concedido polo Goberno Autónomo Galego en 2002 pola súa traxectoria como profesor e investigador senior.

(información obtida integramente da web da Universidade de Santiago de Compostela: http://www.usc.es/gl/institutos/idius/gomezsegade.html)

“Contos do páxaro carpinteiro”, contacontos e manualidades, 11/03/2016.

DSC00415O vindeiro venres, 11 de marzo, teremos unha sesión de contacontos e manualidades para 20 socios/as de 3 a 9 anos, de 18 a 19:30 horas, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

O prazo de inscrición comezará o luns 7, a partir das 10:00h, ben na propia biblioteca, por teléfono 988.41.26.34, ou por mail: biblioteca@verin.net.

Visita dos/as nenos/as do proxecto de FEMURO “reforzo e moito máis”, 10-03-2016.

Os nenos e nenas que participan no proxecto de FEMURO,  “reforzo e moito máis”, dende fai un ano, e que está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, visitan as instalacións da Biblioteca do Concello de Verín, intentando xerar un hábito nestes rapaces/zas con risco de exclusión social.

É unha actividade de apoio familiar na que participan 8 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos. Dita actividade e tódolos xoves, e fan reforzo escolar, obradoiros, xestión de emocións, habilidades sociais, animación á lectura…
A biblioteca do Concello de Verín colaborará co citado proxecto de FEMURO, incitado á lectura nestes nenos/as, coas visitas á biblioteca, lectura de contos e realización de manualidades.
 
Visita do Centro de ensino C.E.I.P. O Castiñeiro de Laza, 03/03/2016.

3O vindeiro xoves, 3 de marzo, 12 nenos/as en Infantil e 16 en primaria, do colexio C.E.I.P. O Castiñeiro de Laza, realizará unha visita á Biblioteca do Concello de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.

Durante a mesma, estes menores coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita forma parte do plan de acercamento da instalación municipal aos/as escolares, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos dez anos, e en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, IES García Barbón e CEIP Princesa de España e o Colexio María Inmaculada.

Visita do I.E.S. García Barbón á Biblioteca, 02/03/2016.

visita-ies-garcia-b-bibliotecaO vindeiro 2 de marzo, os/as alumnos/as do Instituto García Barbón, dos ciclos medios de administrativo, realizarán unha visita á biblioteca, para aprender in situ o funcionamento da mesma, intentando facer un achegamenteo a súa rama profesional.

 

Presentación do libro: “El fútbol (no) es así”, de Manuel Mandianes Castro, 04/03/2016

futbol_es_asiLos cristianos tienen el templo, los judíos la sinagoga, los musulmanes la mezquita. Y todos ellos el estadio de futbol. El hombre, cuando deja de tener esperanza en el más allá, se consuela con supersticiones en el más acá. El fútbol es una máscara que oculta otra realidad de marcado carácter religioso.

Para entender la sociedad de nuestros días es necesario analizar el protagonismo que le concede al fútbol, que mueve miles de millones de euros, llena estadios inmensos cada domingo o cualquier otro día de la semana.

En este estudio se trata de sacar a la luz las estructuras esenciales sobre las que se apoya el fenómeno fútbol, abrirlo en canal; intentar descubrir qué hay detrás y en el fondo. El fútbol no es un fenómeno aislado, sino un elemento del mundo actual que solo significa algo dentro del conjunto y, a su vez, el conjunto gana significado si se entiende el fútbol.

Prólogo de Sergio Sauca, periodista de deportes de TVE.

MANUEL MANDIANES CASTRO, (Loureses, 1942).
manuel-mandianesDoctor en Antropología y en Teología por la Universidad de Estrasburgo y en Ciencias Políticas y Sociología por la Universidad española, es antropólogo del Consejo Superior de Investigaciones Científicas y autor de una docena de libros. Escribió, entre otras obras, Loureses, un village de la Galice; Las serpientes contra Santiago; Peregrino a Santiago, viaje al fin del mundo; El Valle de Josafat; O río do esquecemento, Raposiño e o cego y Viaxe sen retorno. Ha publicado más de cien artículos en revistas científicas y centenares de artículos en diferentes periódicos. Escribe una vez al mes en la sección «Tribuna Libre» del diario El Mundo y colabora con frecuencia en programas de radio y televisión.

“Caixa de Cartón”, contacontos e manualidades, 26/02/2016

titeres-con-cajasContacontos e Manualidades, socios/as de 3 a 9 anos. Hora: 17:00 a 18:30h, max. 20 nenos, inscrición obrigatoria a partir do luns 22 de febreiro.

 

 

Presentación do libro “Por que as sombras non teñen ollos” de Luis Manuel García Mañá, 22/02/2016

Nesta orixinalísima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

portada“Por que as sombras non teñen ollos”, editorial Xerais.

Resume do libro: O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar….

DSC07585LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: “De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense” (1986), “La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense” (1988), “Miño: ¿Existiu unha fronteira?” (1993), “As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio” (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro “Couto Mixto, unha república esquecida” (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: “As plumas do moucho” (1999); “O lume de Santo Antón” (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); “Menino morreu” (Xerais, 2003), “O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; e “Por que as sombras non teñen ollos” (Xerais 2015)

“Entroido na Biblioteca”, contacontos e manualidades, 08/02/2016

SONY DSCContacontos e manualidades para socios/as da biblioteca de 3 a 9 anos. Inscrición a partir do Luns 1 de febreiro. Horario de 17:00 a 18:30 horas.

Ven a escoitar contos da temática do entroido a facer manualidades e sobre todo ven disfrazado!!!!

 

Conferencia: O Entroido e a figura do Cigarrón, 26/01/2016

CARTELO vindeiro martes 26 de xaneiro a Biblioteca do Concello de Verín acollerá

a conferencia “O Entroido e a figura do Cigarrón”, a cargo dos etnógrafos D. José Rodríguez Cruz e D. Miguel Losada.
Hora: 19:30
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

 

 

Curriculum ponentes:

D. José Rodríguez Cruz:

O etnógrafo José Rodríguez Cruz naceu na veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. Autor de varios libros como: “Terras das Frieiras”, que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora, “Así falan na Gudiña” ou “Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca” (xunto co Padre Fontes no que se recolle boa parte dunha cultura ligada a mitos, crenzas ou celebracións relixiosas conservadas desde tempos inmemoriables polos habitantes do sur de Galicia e a rexión portuguesa de Tras-Os-Montes. Este escritor tamén conseguiu o XVI Premio de Investigación Antón Fraguas, polo seu traballo Indumentaria e fala (escolma de fraxeoloxía relacionada).

D. Miguel Losada:

Nado na Pobra de Trives no ano 1967. Licenciado en Dereito, Diplomado en Xestión Medioambiental e Técnico Proxectista en Aplicacións de Enerxía Solar. Cursou tamén estudos de Antropoloxía e actualmente cursa o Grado de Xeografía e Historia. É membro fundador e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega
(SAGA) onde, ademais de labores de investigación, opera tamén como realizador audiovisual, redactor
e tradutor da lingua francesa.
É redactor xefe da publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza e como investigador independente é autor de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas especializadas. É realizador numerosas pezas audiovisuais para o proxecto Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.
Contacontos e manualidades: “o tigre que perdeu as raias”, 18/01/16

 Lara Páez Rodríguez, Noa Lombao González, e Lucia Rodríguez Lozano e Lolita Castro, voluntarias da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2014.

Lara Páez Rodríguez, Noa Lombao González, e Lucia Rodríguez Lozano e Lolita Castro, voluntarias da BPM do Concello de Verín, nun contacontos na sala infantil no 2014.

O venres 22 de xaneiro teremos unha sesión de contacontos e manualidades, para nenos/as de 3 a 9 anos, previa inscrición a partir do LUNS 18 de xaneiro, cun límite de 20 nenos/as.

O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 h

 

 

 

 

 

 

 

Visita dos/as alumnos/as do IES García Barbón, 20/01/16

visitaCEIP-PRINCESA-ESPANA2O vindeiro 20 de xaneiro contaremos coa visita dos/as alumnos/as do IES García Barbón do ciclo superior de administración. Durante a mesma, coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita forma parte do plan de acercamento da instalación municipal aos/as escolares, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos dez anos, e en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza e CEIP Princesa de España.

Conferencia: Introducción á heráldica, a heraldica de Verín por Adolfo Taboada, 14-01-16

CARTELO vindeiro xoves 14 de xaneiro de 2016, terá lugar a conferencia: Introducción á heráldica, a heraldica de Verín por D. Adolfo Taboada Sanz, que estará acompañado por D. Fernando Serrulla Rech.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Verín

Hora: 20:00 h.

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.