Presentación do libro: “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, obra de Carme Adán.

11/01/2019 to 11/01/2019 19:30 - 20:30

feminicidioO vindeiro venres 11 de xaniero, ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a presentación do último libro de Carmen Adán, “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, editorial Galaxia.

O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos. Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo. Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combatir.

carme-adanA Autora: Carme Adán (Donostia, 1966). Catedrática de Ensino Secundario de Filosofía no IES Politécnico de Vigo. Doutora en Filosofía pola USC cunha tese sobre Epistemoloxía Feminista en 2002. Presidenta da Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. No periodo 2005-2009 desempeñou o cargo de Secretaría xeral da Igualdade no goberno galego. Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galiza entre 2007-2009. Desde o 2009 ao 2016 foi deputada no Parlamento galego polo BNG.

Autora de obras de carácter didáctico como Autonomía e Heteronomía (1995) e Os feminismos (1995), colaboradora en obras colectivas como Estudios de lógica borrosa y sus aplicaciones (1993), Filosofía e Xénero (1996) e Género y Ciudadanía (1999). Traductora xunto con M Xosé Agra de Ecología y feminismo (1998). En 2003 publicou Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao cíborg, traducida ao castelán en 2006. En 2011 recopila en Cartografías do derrubo dous anos de actividade xornalística na sección de opinión do Xornal de Galicia. As súas publicacións recentes son: “Cyborg” en Barbarismos queer e outras esdrújulas (2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?” na Revista Andaluza de Antropología (2018) e “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica” en Violencia obstétrica (2018) e “Feminicidio. Unha nova orde patrialcal en temos de submisión” publicado na editorial Galaxia.

Na actualidade, coordena a sección de” Pensamento e Sociedade” do Consello da Cultura Galega; mantén como temas prioritarios de investigación a violencia contra as mulleres e a filosofía feminista.

Data: 4 de Xaneiro

Hora: 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.