Presentación do libro “Amanecer”, da autora Doli Pereira

11/05/2017 to 11/05/2017 19:30 - 21:00

doli-pereiraO vindeiro 11 de maio, teremos a escritora de Verín Doli Pereira, coa súa nova obra “Amanecer”, a partir das 19:30 horas, na Biblioteca de Verín.

“Amanecer é a chamada da autora a non quedarse
anclado no recordo. Porque independentemente do tipo de situación que che ofrezca a vida, nunca se
pode avanzar senón se camiña noutra dirección. É espertar a tempo, para intentar mudar as cousas. Porque sempre amanece. Só depende de cada un que ese amencer sexa diferente.”

Doli Pereira, (Verín, 1975):
Doli Pereira, neste segundo traballo de poesía, intenta coa malloría dos seus versos transmitir o sentimento da valentia para intentar decir adeus as cousas negativas que pode ter a vida.
É o despertar ás situacións e sentimentos que transmiten ledicia e o adeus as sensacións negativas.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.