Presentación de Ficcionario, obra de Fran Guede, na Biblio-Piscina

03/08/2019 to 03/08/2019 18:00 - 19:00

cartazNa tarde do SÁBADO 3 de agosto, a partir das 18h., comezaremos a celebrar o décimo aniversario da nosa Biblio-Piscina, e por elo teremos a un bo amigo coma é Fran Guede, que realizará a presentación do libro “Ficcionario”, texto de Fran Guede e ilustracións de Alberto Carballo, editorial Autografía. A presentación deste libro está dirixida tanto a nenos e nenas coma a adultos.
O autor define a obra do seguinte xeito: <<Ficcionario, naceu un día no que as verbas que atopaba no diccionario (guerra, fame, xenofobia…) non me gustaban, e decidín facer un que tivera unhas palabras máis fermosas.
Neste caso non é necesaria a inscrición.

Lugar: Biblio-Piscina (Piscinas descubertas do Concello de Verín)

Hora: 18h.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.