Presentación de “Cavilacións”, libro de Bieito Ledo.

20/12/2018 to 20/12/2018 19:30 - 20:30

Presentacion Bieito Ledo 20-12-18O vindeiro Xoves 20 de decembro, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, acollerá a partir das 19:30 horas, a presentación do novo libro de Bieito Ledo, que leva por título: “Cavilacións”, editorial Ir Indo, 2018. O escritor de Padroso (Xunqueira de Ambía), afincado en Vigo dende o ano 1975, volta con esta obra, que está composta por 55 pasaxes, a antropoloxía cultural das terras matrias, un libro de aconteceres que suscitan unha cavilación, tal e coma indica D. Xesús Alonso Montero no prólogo do mesmo.

Bieito Ledo: Nado en Padroso, Concello de Xunqueira de Ambía, no ano 1944, Estudou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense, acadando a licenciatura en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Moi ligado a nosa comarca, exerceu coma párroco na comarca de Vilardevós (Terroso), aínda que máis tarde colgou os hábitos e trasladouse a Vigo onde creou a libraría Ir Indo, (que no ano 1985 daría nome a súa editorial). Durante o periodo 1979-1985 é xerente/director da Editorial Galaxia. Do ano 1998 ao 2005, realiza o que considera o seu proxecto vital, a redacción da Enciclopedia Galega Universal. No ano 2006 publica a súa primeira obra literaria, “Aconteceres”, ao que seguirá “O meu reloxio”, destinado aos máis novos.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.