Presentación das obras «O ALÉN DOS BARQUEIROS» de ANXO MUÍÑOS e «UN OTOÑO EN LA PAJARERA» de Mónica Graña.

13/12/2019 to 13/12/2019 19:30 - 20:30

presentacion-Biblioteca-VerinA Biblioteca do Concello de Verín terá o pracer de acoller a presentación de xeito simultáneo de «O ALÉN DOS BARQUEIROS» de ANXO MUÍÑOS e «UN OTOÑO EN LA PAJARERA» de Mónica Graña. O ensaio e a posesía estarán representados polos autores Anxo Muíños e Mónica  Graña respectivamente, nunha presentación moi orixinal.

«O ALÉN DOS BARQUEIROS» de ANXO MUÍÑO.

O sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar
os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa
plasmar nunha tese doutoral. O mito de Ulises buscando Itaca inspiralle facer unha
viaxe ata Lisboa en busca de crecemento persoal. Na fronteira un comandante sospeita que
o antropólogo é un espía soviético. En Portugal atopa a Salomé e continúan a andaina xuntos
escoitando mitos de árbores sagradas, monstros mariños, espítitos das augas, labirintos,
animais totémicos e barcos pantasmas.
«O alén dos barqueiros» non é un ensaio (mais éo), nin é un dicionario mitolóxico (xaora que
o é); pois é, outramente e por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa.
É dicir, unha novela en toda a extensión do concepto». Lionel Rexes.

Xosé Anxo Gómez Figueira (Anxo Muíños) nado en Taragoña, Rianxo (1966). A andaina social comezou na Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas da Galiza, AGENG (1990). Colabora coa Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial, FGPCMF (1994). Participa na fundación da Liga Céltica Galaica, LCG (1996) da que segue sendo membro. Traballou nos catamaráns da Deputación de Lugo e paralelamente comeza a documentarse sobre navegación fluvial (2009). Afincase en Cantabria e interesase pola mitoloxía cántabra (2013). Publica Ulín, unha obra  poética con un fío narrativo, fai alusión ao conflito do Ulster e a súa utópica resolución (2015). Entra en contacto coa Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA (2018).

«UN OTOÑO EN LA PAJARERA» de Mónica Graña.

El día ha amanecido cubierto de plumas.
Los pájaros han mudado sus alas por ramas.
Las han tirado al suelo, hechas hojarasca.
Y las calles se han vuelto asfalto blanco.

Mónica Graña o Mara Dres (A Estrada-Pontevedra, 1973)
Es una gallega tímida que encuentra en la poesía una forma de expresar lo que sería imposible con palabras, en este mundo de prisas, asfalto y prosa. Desde muy joven escribe intermitentemente relatos, cuentos y sobre todo poemas. Amante absoluta de la poesía, la música y la pintura.
Mara nació en las redes sociales, para aprender fuera de casa, para disfrutar del anonimato y mostrar la faceta más intimista de toda poesía y así crecer, en la calle, como una emigrante de su propia vida. Y porque así es Mónica, una persona sencilla, con mucho ruido dentro, mucho que contar, con una mirada cargada de curiosidad y dudas, buscando continuamente ese lugar llamado casa.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.